Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
a) Adquirir unha formación básica en contidos metodolóxicos e didácticos relacionados co ensino de ELE.
b) Adquirir os recursos básicos para organizar e programar o labor docente nas clases de ELE.
c) Poñer en práctica os coñecementos adquiridos.
1. Adquisición de segundas linguas
2. Métodos e enfoques no ensino de idiomas
3. Ensino/aprendizaxe de competencias en ELE
4. Desenvolvemento e integración das destrezas lingüísticas
5. Programación de unidades didácticas
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
1. Obras de referencia
Baralo, M. (1999): La adquisición del español como lengua extranjera, Madrid, Arco/Libros.
Cestero Mancera, A. Mª. e I. Penadés Martínez (eds.) (2017): Manual del profesor de ELE, Alcalá de Henares, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Alcalá. [https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-5638].
García Santa-Cecilia, A. (2000): Cómo se diseña un curso de lengua extranjera, Madrid, Arco Libros.
González Piñeiro, M., Guillén Díaz, C. y J. M. Vez (2010): Didáctica de las lenguas modernas. Competencia plurilingüe e intercultural, Madrid, Síntesis.
Martín Peris, E. (coord.) (2015): La formación del profesorado de español. Innovación y reto, Madrid, Difusión.
Melero Abadía, P. (2000): Métodos y enfoques en la enseñanza/aprendizaje del español como lengua extranjera, Madrid, Edelsa.
Muñoz-Basols, J., E. Gironzetti y M. Lacorte (eds.) (2019): The Routledge handbook of Spanish language teaching: metodologías, contextos y recursos para la enseñanza del español L2, Milton Park, Abingdon, Oxon, Routledge.
Nussbaum, L. y M. Bernaus (eds.) (2001): Didáctica de las lenguas extranjeras en la Educación Secundaria Obligatoria, Madrid, SíntesisPastor Cesteros, S. (2004): Aprendizaje de segundas lenguas. Lingüística aplicada a la enseñanza de idiomas, Publicaciones de la Universidad de Alicante.
Richards, J. C. y Th. S. Rodgers (1986): Approaches and Methods in Language Teaching, Cambridge University Press. Trad. esp. de José M. Castrillo y María Condor, Enfoques y métodos en la enseñanza de idiomas, Cambridge University Press, Sucursal en España, 2003, 2ª edición actualizada.
Ruiz Bikandi, U. (ed.) (2000): Didáctica de la segunda lengua en educación infantil y primaria, Madrid, Síntesis.
Sánchez Lobato, J. e I. Santos Gargallo (dirs.) (2004): Vademécum para la formación de profesores. Enseñar español como segunda lengua (L2) / lengua extranjera (LE), Madrid, SGEL.
Simón Cabodevila, Teresa y Edith Aurregoechea Montenegro (2017): Destrezas orales: expresión e interacción en ELE. UNED, colecc. Biblioteca del profesor. [https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-5237].
Santos Gargallo, I. (1999): Lingüística aplicada a la enseñanza-aprendizaje del español como lengua extranjera, Madrid, Arco/Libros.
2. Dicionarios terminolóxicos
Instituto Cervantes (Centro Virtual Cervantes). Diccionario de términos clave de español como lengua extranjera.
http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/diccio_ele/default.htm
Palacios Martínez, I. M. (dir.) (2019): Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas. https://www.dicenlen.eu/es.
3. Recursos na rede
Centro Virtual Cervantes (CVC), en http://cvc.cervantes.es
Centro Virtual Cervantes (CVC), en http://cvc.cervantes.es
Indexador de Corpus de Aprendices de Español, en http://repositorios.fdi.ucm.es/corpus_aprendices_español
Marco común europeo de referencia para las lenguas: aprendizaje, enseñanza, evaluación, en http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/default.htm
Portfolio Europeo de las Lenguas (PEL), en http://sepie.es/iniciativas/portfolio/espana.html
1. Competencias básicas e xerais
CB2. Capacidade para elaborar argumentos e defendelos, así como para propoñer solucións a problemas lingüísticos.
CB3. Capacidade para reunir e interpretar datos lingüísticos relevantes co fin de emitir xuízos reflexivos.
CB4. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5. Capacidade para aplicar de forma autónoma en estudos posteriores as habilidades de aprendizaxe adquiridas.
CG1. Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análises específicas para o estudo lingüístico avanzado do español.
CG2. Habilidade para aplicar os coñecementos e métodos adquiridos na identificación e resolución de problemas, tanto no ámbito dos estudos lingüísticos como no ámbito profesional.
CG3. Capacidade de reflexión e pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos.
CG5. Capacidade de abstracción, síntese e análise para extraer ideas xerais a partir da observación e descrición dos datos.
CG6. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións da lingua española a un público especializado e non especializado.
CG7. Dominio da expresión oral e escrita en español en diferentes contextos de uso.
CG8. Habilidade para manexar ferramentas informáticas e redes cooperativas que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9. Habilidade para o traballo cooperativo en contextos multiculturais e multilingües.
CG10. Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
2. Competencias específicas do Grao en Lingua e Literatura Españolas que se adquiren nesta materia
CE1. Dominio das bases teóricas, enfoques e recursos de análise do ámbito da lingüística.
CE5. Capacidade para recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE14. Capacidade para recoñecer as variedades internas da lingua española (temporais, espaciais, sociais e situacionais).
CE16. Habilidade para manexar novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua española.
CE17. Habilidade para empregar ferramentas de busca de recursos bibliográficos no estudo da lingua española.
CE18. Desenvolvemento da competencia comunicativa en contextos académicos.
CE19. Adquisición de estratexias que faciliten a realización de estudos filolóxicos posteriores.
3. Competencias específicas da materia
a) Capacidade para reflexionar sobre que significa aprender unha lingua estranxeira.
b) Capacidade para reflexionar sobre as propias crenzas relacionadas co papel do profesor, do alumno e da lingua no proceso de ensino e aprendizaxe.
c) Dominio dos principais fundamentos metodolóxicos nos que se basea actualmente o ensino de linguas.
d) Capacidade para avaliar e seleccionar materiais didácticos de ELE que faciliten e motiven a actividade docente.
e) Adquisición de criterios didácticos prácticos e ben fundamentados para planificar as clases, cun enfoque integrador dos contidos e aplicando unha variada tipoloxía de actividades e recursos.
f) Desenvolvemento de diferentes técnicas e habilidades para a actuación docente na aula, con distintos agrupamentos e recursos.
g) Manexo da terminoloxía específica no ámbito do ensino de ELE.
h) Respecto pola diversidade lingüística e cultural na aula e fóra da aula.
O curso ten unha dobre vertente teórico-descritiva e práctica. Nas sesións expositivas as profesoras desenvolverán os temas do programa; as sesións de seminario dedicaranse á resolución e comentario de exercicios e á reflexión e discusión sobre cuestións concretas do temario.
O curso dispón dunha aula virtual con materiais e recursos necesarios para o desenvolvemento dos temas e a realización das prácticas.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A avaliación será continuada, de acordo cos seguintes aspectos, criterios, instrumentos e peso:
(i) Aspecto: lectura dun artigo sobre un aspecto dos contidos programáticos que se facilitará en pdf. Criterios: comprensión e reflexión crítica sobre o contido. Instrumentos: control de lectura. Peso: 15%. Entrega a mediados de outubro.
(ii) Aspecto: actividade de busca, selección e valoración crítica de recursos na rede para o ensino e aprendizaxe de ELE. Criterios: adecuación e interese do contido, capacidade argumentativa e expositiva, presentación. Instrumentos: valoración e cualificación polas profesoras. Peso: 20%. Entrega a mediados de novembro.
(iii) Aspecto: posta en práctica dos coñecementos adquiridos mediante a planificación e deseño dunha clase de ELE. Criterios: coherencia e adecuación aos contidos, orixinalidade, desenvolvemento e presentación. Peso: 40%. Entrega o derradeiro día de clase.
(iv) Aspecto: grao de asimilación dos contidos da materia. Criterios: control das respostas a un cuestionario. Instrumentos: cualificación en función do número de respostas acertadas. Peso: 25%. Entrega entre a terceira e cuarta semana de decembro.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Manteranse as cualificacións das probas superadas na primeira oportunidade e deberanse recuperar as suspensas, mantendo o peso e criterios da primeira oportunidade.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado con dispensa de asistencia terá que realizar as seguintes probas:
(i) Planificación, deseño e presentación dunha clase de ELE (60%).
(ii) Cuestionario online sobre os contidos da materia (40%).
Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira coma na segunda oportunidade, e será xestionado a través do campus virtual da materia.
Nota: para los casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o que se indica na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes y de revisión das cualificacións.
As actividades non presenciais ocuparanlle ao alumno 96 horas de traballo, o que, sumado ás 54 horas de traballo na aula supón 150 horas, equivalentes a 6 créditos ECTS.
PLAN DE CONTINXENCIA
A incertidume da actual situación sociosanitaria non permite asegurar unha única modalidade de docencia para o desenvolvemento do curso 2020-2021, polo que a USC deseñou tres posibles escenarios que dean cabida ás continxencias que se poidan producir ao longo do curso. No escenario 1 aplicarase a metodoloxía e sistema de avaliación que figuran incluídos nas epígrafes precedentes do programa. A seguir detállanse os procedementos que se aplicarán nos escenarios 2 e 3.
Escenario 2
Combinarase a docencia presencial coa virtual de acordo cos criterios establecidos polo centro. Os horarios programados oficialmente manteranse independentemente do sistema docente.
Algunhas actividades de carácter práctico poderían ser solicitadas e entregadas a través do recurso tarefa do campus virtual.
Na modalidade virtual, os recursos docentes serán tanto síncronos como asíncronos, para o que se utilizarán as ferramentas dispoñibles no campus virtual e en Teams.
Tanto na modalidade presencial coma virtual, deseñarase actividades e tarefas que fomenten a autonomía do alumno. Procurarase alternar o traballo individual e o cooperativo, e incentivar a discusión o debate. Asemade, poderíanse por a disposición do alumno probas de autoavaliación que lle permitan controlar o seu propio proceso de aprendizaxe.
Escenario 3
Impartirase docencia virtual, tanto síncrona como asíncrona, utilizando os recursos do campus virtual e a ferramenta Teams. Os horarios programados oficialmente manteranse independentemente do sistema docente. Incluirase artigos en pdf e facilitarase bibliografía específica dispoñible online, entre outros recursos didácticos.
As actividades programadas deberán ser entregadas telematicamente. Asemade, poderíanse realizar cuestionarios de autocomprobación sobre os contidos temáticos da materia. Para fomentar a aprendizaxe cooperativa, poderíase utilizar o foro de discusión.
No escenario 2 terán prioridade as titorías por vía telemática, e no 3 serán unicamente telemáticas.
Canto ao sistema de avaliación, nos escenarios 2 e 3 será o mesmo que no escenario 1, pero a xestión das probas realizarase a través do campus virtual.
Nota: para los casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o que se indica na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes y de revisión das cualificacións.
A lingua de docencia será o español.
Para cursar esta materia recoméndase que os alumnos non nativos teñan un dominio instrumental avanzado da lingua española, correspondente ao nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia.
Marta Blanco Dominguez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811765
- Correo electrónico
- marta.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C02 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D12 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D12 |
15.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D03 |
15.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D03 |