Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivo xeral: que os estudantes adquiran nocións correctas sobre esta etapa literaria e os seus principais autores e obras, no proceso xeral da súa formación nos estudos sobre a literatura española, con criterios filolóxicos e históricos.
Obxectivos específicos:
Preparar ao estudante para afrontar cos instrumentos adecuados e os métodos filolóxicos, textuais e históricos oportunos, o estudo da literatura do século XV e da poesía do século XVI e a análise e interpretación dalgúns dos seus textos máis significativos.
Iniciar ao alumno na metodoloxía básica da investigación e a crítica literarias, a partir das obras comprendidas no programa da asignatura.
Presentar un panorama profundo dos principais xéneros, autores, obras e correntes literarias do século XV e da poesía do século XVI, no seu desenvolvemento histórico e nos seus específicos marcos socio-culturais co seu carácter interdisciplinar.
Comprobar como no ámbito da literatura do século XV e da poesía do século XVI prodúcese a revolución do Humanismo renacentista, aséntanse o racionalismo e o individualismo, consolídanse xéneros e formas novas e asimílanse as influencias das literaturas grecolatina e italiana.
TEMARIO
PRELIMINARES
Marco histórico dos séculos XV e XVI: fitos e etapas
A historia nos textos: lectura e análise de fragmentos significativos
LITERATURA DO SÉCULO XV
PROSA
1. Panorama xeral da prosa do século XV
2. Prosa de ficción. Cárcel de amor
3. Prosa intelectual. Arcipreste de Talavera o Corbacho
POESÍA
1. Poesía culta
Os cancioneiros e o amor cortés
Santillana, Mena e Manrique
2. Poesía tradicional: lirica e romanceiro
LA CELESTINA
1. Texto
2. Autoría
3. Xénero literario
4. Temática: amor e maxia
5. Fontes
6. Continuacións e recepción
POESÍA DO SÉCULO XVI
INTRODUCCIÓN
1. Contexto cultural: Renacemento e Humanismo
2. Coordenadas xerais da poesía do século XVI
-periodización e escolas
-imitatio e modelos clásicos
-petrarquismo
-xéneros poéticos
POETAS FUNDAMENTAIS
1. Garcilaso de la Vega e os xéneros poéticos
2. Fray Luis de León e a oda horaciana
3. Fernando de Herrera, poeta e teórico do manieirismo
4. Visión xeral doutros poetas: corrientes progana e relixiosa-espiritual
A impartición da totalidade da materia está suxeita ás limitacións de tempo e á importancia relativa de cada tema dentro do programa. Os profesores poderán valorar estas circunstancias e aplicar un criterio selectivo ao temario, dedicando maior atención aos autores e obras que consideren oportunos.
LECTURAS
Antoloxía de textos da literatura do século XV, facilitada a través da aula virtual.
Fernando de Rojas: La Celestina. (Crítica, Cátedra, Castalia, Espasa).
Garcilaso de la Vega: Poesía castellana completa (ed. Rivers, Castalia); Obra poética y textos en prosa (ed. Morros, Crítica).
Fray Luis de León: Poesía (ed. Alcina, Cátedra; Ramajo Caño, Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores, RAE).
Poesía lírica del Siglo de Oro (ed. Blecua, Cátedra). [selección*]
El soneto español en el Siglo de Oro (ed. Rivers, Akal).
BIBLIOGRAFÍA XERAL
Ademais da recomendada no curso, poden consultarse:
F. Rico y A.D. Deyermond (dir. y coord.), Historia y crítica de la literatura española.
Tomo I. Edad Media.
Tomo I/1: primer suplemento, Barcelona, Editorial Crítica.
F. López Estrada, Introducción a la literatura medieval española, Madrid, Gredos.
J. Mª Díez Borque, coord., Historia de la literatura española. Tomo I: La Edad Media, Madrid,
Taurus.
A. D. Deyermond, Historia de la literatura española. Tomo I: La Edad Media, Barcelona, Ariel
F. Rico y F. López Estrada (dir. y coord.), Historia y crítica de la literatura española.
Tomo II y suplº. Siglos de Oro: Renacimiento, Barcelona, Crítica.
F. Pedraza, Manual de literatura española II. Renacimiento, Cénlit.
J. Canavaggio, dir., Historia de la literatura española, II. El siglo XVI, Ariel.
J.M.Díez Borque, dir., Historia de la literatura española II. El Renacimiento y el Barroco (siglos XVI-XVII), Madrid, Taurus, 1982.
L. Rodríguez Cacho, Manual de Historia de la Literatura Española. 1. Siglos XIII al XVII, Madrid, Castalia, 2009.
J. García López, E. Fosalba, G. Pontón, Historia de la literatura española. 2. La conquista del clasicismo, Barcelona, Crítica, 2013.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
-Alonso, Álvaro, La poesía italianista, Madrid, Laberinto.
-Alvar, Carlos y José M. Lucía Megías, Diccionario filológico de literatura medieval española: textos y transmisión, Madrid, Castalia, 2002.
-Boletín bibligráfico de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval, 1 (1987) y ss.
-Canavaggio, Jean, dir., Historia de la literatura española. I. La Edad Media, Barcelona, Ariel, 1994.
-Corominas, Joan (1973): Breve diccionario etimológico de la lengua castellana, Madrid, Gredos, 1973 , 3ª ed.
-Curtius, Ernst Robert (1948): Literatura europea y Edad Media latina, trad. de M. Frenk y A. Alatorre, México, FCE, 1955 (1948, 1ª edición).
-García de Cortázar, José Angel (1981): La época medieval, en Miguel Artola, dir., Historia de España Alfaguara II, Madrid, Alianza-Alfaguara, 1981, 8ª ed.
-Gómez Redondo, Fernando (1999): Historia de la prosa medieval castellana. II. El desarrollo de los géneros. La ficción caballeresca y el orden religioso, Madrid, Cátedra, 1998.
-Lacarra, María Eugenia, ed. (1991): Evolución narrativa e ideológica de la literatura caballeresca, Bilbao, Universidad del País Vasco, 1991.
-Lapesa, Rafael (1981): Historia de la lengua española, Madrid, Gredos, 1981, 9ª ed. (1942, 1ª ed.).
-Manero, M. Pilar, Introducción al estudio del petrarquismo en España, Barcelona, PPV, 1987.
-Menéndez Peláez, Jesús, Historia de la literatura española. I. Edad Media, León, Everest, 1993.
-Meregalli, Franco, coord., Storia della civiltà letteraria en Spagna I, Turín, UTET, 1990; versión española, Historia de la literatura española. I. Desde los orígenes al siglo XVII, Madrid, Cátedra, 1990.
Pérez-Abadín, S., La oda en la poesía española del siglo XVI, Santiago, USC, 1995.
Prieto, A., La poesía española del siglo XVI, Madrid, Cátedra, 1984-1987, 2 vols.
Viña Liste, José Mª, Cronología de la literatura española. I. Edad Media, Madrid, Cátedra, 1991.
Estudos particulares sobre poesía do Renacimento
-Poden encontrarse nos xerais, ademais dos recomendados na clase.
- Afrontar, cos métodos e instrumentos adecuados e actualizados, o estudo da literatura española do século XV e a poesía do XVI nos seus textos e contextos.
- Coñecer os procedementos e dominar os conceptos (históricos, culturais, lingüísticos, estructurais, retóricos, métricos) para analizar os textos máis representativos da época.
- Ler coa súa particular prosodia e interpretar con soltura textos do período estudado.
- Enfocar o coñecemento das etapas matrices da literatura española con vistas ao posterior estudo das seguintes épocas a ela vinculada, a fin de comprobar o carácter orgánico e histórico do sistema literario español.
- Confeccionar de modo claro e ordenado notas persoais, guións e esquemas.
- Ensaiar técnicas didácticas que poidan ser útiles para un futuro exercicio profesional e incitadoras á reflexión e á lectura crítica persoal.
Facilitarase a materia por escrito a través da aula virtual.
Os documentos inclúen los temas da asignatura, comentarios de textos e materiais complementarios, de lectura e consulta recomendables. Así mesmo, proporcionaranse resúmenes dos principais temas, que poden servir de guía no seu estudo.
A asistencia ás clases e a consulta da aula virtual deben estar precedidas por a lectura das obras literarias do programa.
Recoméndase a práctica do comentario de textos e a lectura de artigos e libros sobre os diferentes temas, como medio de ampliar as explicacións de clase.
Tanto na primeira como na segunda oportunidade, e en calquera dos tres escenarios posibles (presencial, semipresencial e virtual), a materia evaluarase mediante un exame final (100%). Dita proba consistirá nun tema que o alumno deberá desenvolver, con posibilidade de consultar os textos de lectura e estudos sobre eles (apuntes, artigos, libros). Cada proposta estará personalizada e o alumno disporá do tempo adecuado para realizala e demostrar nela que adquiriu os coñecementos e competencias para superar a asignatura. De producirse o terceiro escenario (peche das instalación), só quedarían comprendidos como temas e obras obxecto de avaliacion os explicados de maneira presencial durante o período previo.
De maneira voluntaria, o alumno poderá engadir a realización dun traballo ou a participación en actividades en grupo, como a representación ou recitado dalgunha obra do programa. Os resultados servirán para subir a nota, sempre que o exame estea aprobado. O resultado desta actividade complementaria manterase para a segunda oportunidade. Nesta opción, o exame puntuará un 80% e o traballo e as actividades individuais ou en grupo un 20%.
As mesmas condicións afectan aos alumnos con dispensa de asistencia.
CAMPUS DE LUGO
Dado que a materia, en extinción, non ten dereito a docencia no Campus de Lugo, a calificación dependerá exclusivamente do exame.
En todos os casos, na realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Distribución de horas
Expositivas: 30
Interactivas: 15
Titorías: 2
Avaliación: 3
Traballo autónomo do alumno: 100
As horas de traballo autónomo adicaránse fundamentalmente á lectura dos textos obrigatorios, realización de comentarios de texto, a o estudio da materia e a preparación das clases presenciais.
Horas de traballo autónomo.
52 horas de lectura comprensiva das obras literarias.
12 horas de lectura de bibliografía secundaria para a ampliación da materia.
12 horas de realización de comentarios de texto y/o preparación de trabajos en equipo
24 horas de estudio da materia e preparación exame.
Total: 98-100 horas
- Lectura anticipada das obras literarias, para seguir adecuadamente as explicacións.
- Lectura das obras críticas, complemento indispensable na preparación dos temas.
- Realización de comentarios de texto como medio de profundizar nos textos.
Horario (primeiro cuadrimestre)
Clases expositivas: martes, de 13 a 14 h.
Clases interactivas: luns, de 11 a 12 h. (grupo 1) e de 12 a 13 (grupo 2)
Plan de continxencia
Escenario 2: distanciamento
Metodoloxía do ensino
Durante o período en que se manteña a situación de distanciamento, as sesión presenciais previstas oficialmente se desenrolarán do seguinte xeito:
1. As clases expositivas: impartiranse de xeito presencial, se é posible garantir o distanciamento. Se o volume de alumnos matriculados así o aconsella, estas sesións poderán impartirse virtualemente, a través de Microsoft Teams. Poderíanse facilitar aos estudantes materiais complementarios adicionais, a través do campus virtual e/ou aplicación institucionais.
2. As clases interactivas: se é posible, desenvolveranse presencialmente, nos grupos máis pequeños establecidos de forma oficial. Adicionalmente, se porán a disposición dos estudantes materiais que lles permitan comprender e analizar os textos seleccionados para o comentario na aula, incluidos na antoloxía que teñen á súa disposición.
3. No que atinxe ás titorías, serán virtuais. Atenderase aos estudantes a través do correo electrónico, o foro e o servizo de mensaxería da aula virtual e/ou a videoconferencia, para un adecuado seguimento da materia.
4. A docencia virtual consistirá nunha combinación das posibilidades síncrona e asíncrona.
Avaliación
As probas de avaliacion previstas manteranse, adaptando aos espazos e aos grupos se fose preciso, para garantir o distanciamento.
Escenario 3: peche das instalacións
Obras de lectura obrigatoria
Os estudantes que non poidan ter acceso as edicións recomendadas das obras de lectura obrigatoria que se correspondan coa parte do temario aínda non impartida poderán ler outras edición dispoñibles en internet; para ilo, facilitaranse os enlaces correspondentes a través da aula virtual da materia ou material dixital ao efecto.
Metodoloxía do ensino
Durante o período no cal non sexa posible desenvolver as sesións presenciais previstas oficialmente, serán sustituidas polas seguintes actividades e/ou materiais:
1. As clases expositivas: se poderá facilitar aos estudantes unha síntese dos temas da materia non abordados na aula, a través do campus virtual e/ou aplicacións como Microsoft Teams. Por medio desta última plataforma, poderanse realizar sesións a través de videoconferencia.
2. As clases itneractivas: se porán a disposición dos estudantes materiais que lles permitan comprender e analizar os textos seleccionados para o comentario na aula, incluídos na antoloxía que teñen á súa disposición. Poderanse tamén organizar sesións de videoconferencia a través de Teams.
3. No que atinxe ás titorías, serán virtuais. Atenderase aos estudantes a través do correo electrónico, o foro e o servizo de mensaxería da aula virtual e/ou a videoconferencia, para un adecuado seguimento da materia.
4. A docencia virtual consistirá nunha combinación das posibilidades síncrona e asíncrona.
Avaliación
O sistema de avaliación, que se modificaría se se produxese o peche das instalacións e a imposibilidade de impartir docencia e facer probas presenciais, será non presencial. Dita proba consistirá nun tema que o alumno deberá desenvolver, con posibilidade de consultar os textos de lectura e estudos sobre eles (apuntes, artigos, libros). Cada proposta estará personalizada e o alumno disporá do tempo adecuado para realizala e demostrar nela que adquiriu os coñecementos e competencias para superar a asignatura. Só quedarían comprendidos como temas e obras obxecto de avaliacion os explicados de maneira presencial durante o período previo.
Na segunda oportunidade, os estudantes terán que realizar todas as actividades non presenciais establecidas ao efecto na aula virtual da materia, nos prazos que se determinen.
CAMPUS DE LUGO
Polo xa indicado, no Campus de Lugo e por extinción da materia, non haberá docencia e a avaliación farase segundo indícase no apartado “Sistema de avaliación”.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
Maria Soledad Perez-Abadin Barro
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811797
- Correo electrónico
- msoledad.perez-abadin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Lucio Rial Cebreiro
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- lucio.rial.cebreiro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | D11 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | D11 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C11 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C11 |
21.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
21.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C01 |
21.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C01 |
16.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
16.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
16.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |