Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxetivos específicos da asignatura son os seguintes:
- Definición de mito e matización deste concepto na súa aplicación ao imaxinario da Idade Media.
- Estudiar os principais mitos medievais nas tradicións culturais occidentais en función da evolución histórica.
- Contextualización histórica, actualización e funcionalidade cultural dos mitos creados na Idade Media.
1. O concepto de mito na Idade Media. Mitos históricos, políticos e literarios medievais. Aspectos xerais da súa proxección en épocas posteriores e na actualidade.
2. O mito clásico: a guerra de Troia, Eneas.
3. O mito do Grial.
4. A tradición sobre Tristán e Isolda.
5. Dous mitos nacionais en Europa: o Cid e Xoana de Arco.
6. Un falso mito medieval: Vlad Tepes e a lenda de Drácula.
A presente bibliografía é meramente orientativa. O profesor proporcionará outros títulos máis precisos nas horas de clase.
Alphandéry, P. - Dupront, A., La Cristiandad y la idea de Cruzada, México, F.C.E., 1959-62.
Alvar, C., El rey Arturo y su mundo. Diccionario de mitología artúrica, Madrid, Alianza Tres, 1991.
__ , De los caballeros del Temple al Santo Grial, Madrid, Sial/Trivium, 2010.
Aragón Fernández, Mª A., Literatura del Grial: siglos XII y XIII, Madrid, Síntesis, 2003.
Auerbach, E., Mímesis. La representación de la realidad en la literatura occidental, Mexico, 1975.
Avalle, D’A. S., Dal mito alla letteratura e ritorno, Firenze, Sansoni, 1990
Ayala Martínez, C. de, Las Cruzadas, Madrid, Silex, 2004.
Baumgartner, E. - Harf-Lancner, L. (eds.), Entre fiction et histoire: Troie et Rome au Moyen Âge, Presses de la Sorbonne Nouvelle, Paris, 1997.
Goy-Blanquet, D. (ed.), Joan of Arc, a saint for all reasons: studies in myth and politics, Aldershot, Ashgate, 2003.
Berthelot, A., Arthur et la Table Ronde. La force d’une legende, Paris, Gallimard, 1996.
Bettini, M., Il mito di Enea: immagini e racconti dalla Grecia a oggi, Torino, Einaudi, 2013.
Boutet, D., Charlemagne et Arthur ou le roi imaginaire, Paris, Champion, 1992.
Brugnolo, F. – Capelli, R., Profilo delle letterature romanze medievali, Roma, 2011.
Casas Rigall,J., La materia de Troya en las letras romances del siglo XIII hispano, Santiago de Compostela, Universidade, 1999.
Cazacu, M., Vlad III Drácula, Buenos Aires, El Ateneo, 2003.
Chevalier, J. - Gheerbrant, A., Dictionnaire des symboles. Mythes, rêves, coutumes, gestes, figures, couleurs, nombres, Paris, Laffont, 1969.
Cirlot, V., Figuras del destino. Mitos y símbolos de la Europa medieval, Madrid, Siruela, 1995.
Cotterell, A., Mitos: diccionario de mitología universal, Barcelona, Ariel, 2008.
Curtius, E. R., Literatura Europea y Edad Media Latina, 2 vols., trad. española México, Fondo de Cultura Económica, 1954.
Di Girolamo, C. di, La letteratura romanza medievale, Bologna, 1994.
Dallapiazza, M., Tristano e Isotta: la fortuna di un mito europeo, Trieste, Parnaso, 2003.
Duby, G., Los procesos de Juana de Arco, Granada-Valencia, Universidad de Granada-Universidad de Valencia, 2005.
Eliade, M., Mito y realidad, Madrid, Guadarrama, 1973
Flori, J., Caballeros y Caballería en la Edad Media, Barcelona, Paidos, 2001.
García Gual, C., Historia del rey Arturo y de los nobles y errantes caballeros de la Tabla Redonda: análisis de un mito literario. Madrid, Alianza Editorial, 1983.
__ , Mitos, viajes, héroes, Madrid, Taurus, 1981.
Graf, A., Miti, leggende e superstizioni del Medioevo, Milano, Mondadori, 1984
Grimal, P., Diccionario de la mitología griega y romana, Barcelona, Labor, 1966 (trad. da 3a ed. francesa).
Le Goff, J., L’imaginaire médiéval, Paris, Gallimard, 1985
Lévi-Strauss, C., Mito y significado, Madrid, Alianza, 1990.
__ , Mythologiques, Paris, Plon, 2 vols., 1964-66.
Loomis, R. S., Arthurian Literature in the Middle Ages, Oxford, 1959.
Mancini, M., La letteratura francese medievale, Bologna, Il Mulino, 1997.
Märtin, R. P., Los Drácula: Vlad Tepes, el Empalador y sus antepasados, Barcelona, TUsquets, 2000.
Seznec, J., Los dioses de la antigüedad en la Edad Media y el Renacimiento, trad. española, Madrid, Taurus, 1983.
Vàrvaro, A., Literatura románica de la Edad Media: estructura y formas, Barcelona, 1983.
- Distinción teórica do concepto de mito na Idade Media e na época actual, cos seus correspondientes matices, e destreza metodolóxica para a súa correcta aplicación ás diversas tradicións culturais.
- Adquisición de coñecementos sobre a constitución e evolución dos mitos na cultura e a literatura medievais a través da distinción dos conceptos de 'continuidade' e 'innovación'.
- Adquisición de capacidade crítica sobre a pervivencia na actualidade dos mitos literarios en lingua romance xerados e/ou desenvolvidos na etapa medieval.
- Capacidade para establecer relacións sincrónicas e diacrónicas, literarias e históricas, entre os diversos aspectos tratados na programación.
AVISO: AS NORMAS QUE SE INDICAN AQUÍ SON DE APLICACIÓN ÚNICAMENTE NUN CONTEXTO DOCENTE LIBRE DE CORONAVIRUS. EN CASO DE NOVOS BROTES DA PANDEMIA, APLICARÁNSE NO SEU LUGAR OS PROTOCOLOS INDICADOS NO APARTADO DE OBSERVACIÓNS
O curso terá como eixo a serie de sesións expositivas e presenciais nas que o profesor impartirá clases con contidos que os alumnos deberán asimilar e demostrar a súa comprensión coa participación activa na clase. A parte interactiva, presencial tamén, basearase en lecturas a partir de textos seleccionados polo profesor, que poderán consistir en documentos enteiros, fragmentos escollidos ou ensaios sobre cuestións teóricas ou teórico-prácticas relacionadas coa asignatura.
Como alternativa ou complemento, tamén está prevista para esta parte interactiva a realización de exposicións ou traballos sobre algún dos puntos do programa. O carácter oral ou escrito, individual ou en grupo de todas estas tarefas poderá cambiar en función do número dos estudiantes e das incidencias na marcha do curso, e poderán realizarse probas orais ou escritas como método de control desta parte. Corresponde ao profesor determinar en cada momento o seu número e natureza exactos.
Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas suscitadas polas explicacións dadas polo profesor ou a preparación dos comentarios, aínda que tamén se poden utilizar para consultar calquera aspecto de interese para o alumno. Todos os estudantes deberán acudir a estas titorías, que serán parcialmente virtuais.
Tanto as sesións expositivas como as interactivas terán carácter presencial, pero baixo condicións debidamente xustificadas, ata o 10% da docencia poderá ser virtual.
AVISO: AS NORMAS QUE SE INDICAN AQUÍ SON DE APLICACIÓN ÚNICAMENTE NUN CONTEXTO DOCENTE LIBRE DE CORONAVIRUS. EN CASO DE NOVOS BROTES DA PANDEMIA, SE APLICARÁN NO SEU LUGAR OS PROTOCOLOS INDICADOS NO APARTADO DE OBSERVACIÓNS
A nota da asignatura procederá nun 90% dos traballos, orais e/ou escritos, que teña que realizar o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita.
As intervencións voluntarias de tipo persoal que teñan interese para o desenvolvemento da asignatura se valorarán co 10% restante da cualificación final.
O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais consistirá na realización dun único exame final presencial. O seu valor será do 100% da nota da asignatura. Este será tamén o único criterio de avaliación para os alumnos presenciais que tiveran faltado a un 20 % ou máis das clases e para os que non acadaran unha media de 5 na realización dos diferentes traballos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Sesións presenciais (expositivas e interactivas): 45 horas.
Sesións de titorías personalizadas: 15 horas.
Total sesións: 60 horas.
Horas de traballo non presenciais do alumno (estimativo): 90 horas.
Total: 150 horas.
As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo do alumno. A organización desta parte é da enteira responsabilidade do estudante.
Seguir puntualmente o itinerario da materia, asistir ás titorías cando sexa necesario, realizar os traballos ordenados polo profesor e asistir a clase.
PLAN DE CONTINXENCIA
METODOLOXÍA:
ESCENARIO 2 (CONFINAMENTO PARCIAL POR CORONAVIRUS): De xeito xeral, manterase o plantexamento das actividades expositivas e interactivas indicado no apartado correspondente, pero coas seguintes alteracións: en caso de que a docencia expositiva se deba impartir parcialmente de xeito virtual, tanto o profesor como os estudantes seguirán neste escenario as leccións do curso de xeito síncrono (é dicir, no horario habitual das clases) pola plataforma Teams. Pola súa banda, a docencia interactiva deberá impartirse de xeito presencial nun 50% como mínimo; de ser necesario, o resto se impartirá virtualmente por Teams. A asistencia a clase é obrigatoria, calquera que sexa a súa modalidade. As titorías serán atendidas de xeito exclusivo tamén por esta plataforma.
Para o desenvolvemento das clases virtuais, o profesor proporcionará aos alumnos elementos de aprendizaxe (materiais libres de dereitos que se poidan atopar en internet, por exemplo) como complemento das clases expositivas e / ou para a realización das tarefas interactivas. Estas últimas serán levadas a cabo de acordo cun calendario flexible establecido polo profesor en función das circunstancias da docencia neste escenario. As tarefas interactivas serán preferiblemente de carácter individual, pero se fomentará o traballo colaborativo. En calquera caso, o profesor promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
ESCENARIO 3 (CONFINAMENTO TOTAL POR CORONAVIRUS): De xeito xeral, manterase o plantexamento das actividades expositivas e interactivas indicado no apartado correspondente, pero coas seguintes alteracións: en caso de que a docencia expositiva se deba impartir totalmente de xeito virtual, tanto o profesor como os estudantes seguirán as leccións do curso, de xeito síncrono (é dicir, no horario habitual das clases), pola plataforma Teams. A docencia interactiva deberá impartirse enteiramente nestas mesmas condicións. Todas as titorías tamén se atenderán por este sistema. A asistencia a clase é obrigatoria, mesmo na modalidade telemática.
Para o desenvolvemento das clases virtuais, o profesor proporcionará aos alumnos elementos de aprendizaxe (materiais libres de dereitos que se poidan atopar en internet, por exemplo) como complemento das clases expositivas e para a realización das tarefas interactivas. Estas últimas serán levadas a cabo de acordo cun calendario flexible establecido polo profesor en función das circunstancias da docencia neste escenario. As tarefas interactivas serán preferiblemente de carácter individual dada a situación de aillamento, pero se fomentará o traballo colaborativo. En calquera caso, o profesor promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
SISTEMA DE AVALIACIÓN:
ESCENARIO 2 (CONFINAMENTO PARCIAL POR CORONAVIRUS):
A nota da asignatura procederá nun 90% dos traballos, orais e/ou escritos, presenciais ou telemáticos, que teña que realizar o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita.
As intervencións voluntarias de tipo persoal, tanto a nivel presencial como telemático, que teñan interese para o desenvolvemento da asignatura valoraranse co 10% restante da cualificación final.
O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais consistirá na entrega por correo electrónico, na data oficial da proba final, dun traballo cun grao moito maior de complexidade que o dos efectuados en clase. As súas características serán anunciadas polo profesor coa antelación suficiente, e o seu valor será do 100% da nota da asignatura. Este será tamén o único criterio de avaliación para os alumnos presenciais que tiveran faltado a un 20 % ou máis das clases.
O criterio de avaliación para os alumnos que asistiran regularmente ás clases pero que non fixeran parte dos traballos ou ningún deles ou suspenderan todos os traballos ou parte deles, a proba final consistirá na entrega ao profesor das tarefas pendentes ou dunha nova versión das suspensas, segundo o caso. O envío farase por correo electrónico na data marcada oficialmente para a proba final. O seu valor terá un peso porcentual calculado en relación co conxunto dos traballos obrigatorios da materia.
A avaliación se efectuará sempre sobre o programa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ESCENARIO 3 (CONFINAMENTO TOTAL POR CORONAVIRUS):
A nota da asignatura procederá nun 90% dos traballos, orais e/ou escritos que teña que realizar telemáticamente o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita.
As intervencións voluntarias de tipo persoal que teñan interese para o desenvolvemento da asignatura valoraranse co 10% restante da cualificación final.
O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais consistirá na entrega por correo electrónico, na data oficial da proba final, dun traballo cun grao moito maior de complexidade que os efectuados en clase. As súas características serán anunciadas polo profesor coa antelación suficiente, e o seu valor será do 100% da nota da asignatura. Este será tamén o único criterio de avaliación para os alumnos presenciais que tiveran faltado a un 20 % ou máis das clases telemáticas.
O criterio de avaliación para os alumnos que asistiran regularmente ás clases telemáticas pero que non fixeran parte dos traballos ou ningún deles ou suspenderan todos os traballos ou parte deles, a proba final consistirá na entrega ao profesor das tarefas pendentes ou dunha nova versión das suspensas, segundo o caso. O envío farase por correo electrónico na data marcada oficialmente para a proba final. O seu valor terá un peso porcentual calculado en relación co conxunto dos traballos obrigatorios da materia.
A avaliación se efectuará sempre sobre o programa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Santiago Lopez Martinez-Moras
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811790
- Correo electrónico
- santiago.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | B05 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | B05 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | B06 |
31.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |
31.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |
02.07.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |
02.07.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |