Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Curso monográfico: Valle-Inclán textos e contextos (1895-1920) (no Campus de Lugo esta materia, impartida pola profª Patiño Eirín, ten o seu propio programa e obxectivos)
1) Acceder ao coñecemento da traxectoria literaria de Ramón del Valle-Inclán (1866-1936) con especial enfase no período 1895-1920, a través do estudo e análise das súas obras máis senlleiras, ampliando deste xeito o coñecemento parcial que o alumno/a xa tiña a partires da súa aprendizaxe da materia “Literatura española: do Realismo á Xeración de 1914”.
2) Preparar aos alumnos para que enfronten o estudo da obra de Valle-Inclán coa axuda dos métodos filolóxicos adecuados.
3) Ler e analizar as obras literarias representativas do escritor galego de forma rigorosa. con métodos que permiten a comprensión crítica dos textos.
4) Aprofundar na obra de Valle-Inclán nun período clave da súa traxectoria, con especial atención ao proceso de renovacíon da súa narrativa e do seu teatro.
Valle-Inclán textos e contextos (1895-1920)
1.- Introducción: estado da cuestión dos estudos valleinclanianos.
2.- A traxectoria de Valle-Inclán (1866-1920). Etapas bio-bibliográficas. Sistema de escritura e publicación. Valle-Inclán e a prensa.
3.- A obra narrativa de Valle-Inclán. Modernismo e modernidade. Hacia unha poética revolucionaria.-Recursos narratolóxicos.- Estratexias de escritura e publicación.
3.1. Primeiros contos. Reedicións. As coleccións.
3.2. O modernismo literario: Sonatas. Flor de Santidad.
3.3. Os ciclos históricos. Da serie carlista ao ciclo isabelino. Diálogo intertextual.
3.4. La Media Noche. Postulados narratolóxicos innovadores. A súa proxección na obra posterior: Tirano Banderas e El Ruedo Ibérico.
4.- Valle-Inclán home de teatro.- A difícil relación de Valle-Inclán co teatro do seu tempo.- Unha data chave: 1912.-A recepción do teatro de Valle-Inclán. Códigos xenéricos. Teatro para leer ou representar. Interdiscursividade. O fenómeno da transmodalización.
4.1. Primeiras obras: Cenizas. El Marqués de Bradomin, obra “collage”
4.2. O ciclo das Comedias Bárbaras
4.3. O teatro en verso.
4.4. As farsas. O camiño hacia o “esperpento”.
5.- Poesía e ensaio. La Lámpara Maravillosa, tratado de estética.
Obras de lectura obrigatoria:
1. Narrativa breve: selección de contos e novelas curtas: «La Niña Chole», «A Media Noche», «Un Cabecilla» (ed. Femeninas / Jardín Umbrío).
2. Teatro: Águila de Blasón; Voces de Gesta; La Marquesa Rosalinda.
3. Novela: Sonata de Estío e Sonata de Otoño. Los Cruzados de la Causa. I. La Guerra Carlista. La Media Noche.
SECCIÓN PRÁCTICA
-Presentación do programa: organización das prácticas. Comentarios de textos e controles. Traballos puntuais escritos: tipoloxía e calendario.
▪ Repertorios bibliográfícos.
▪Lectura e comentario de textos de Valle-Inclán de carácter teórico-crítico: “Modernismo”, “Breve noticia de mi estética cuando escribí este libro”, “Breve Noticia” (en La Media Noche, 1917).
▪ Material de traballo complementario: edicións orixinais (fondo reserva da USC, Sede Cátedra Valle-Inclán e Archivo Digital Valle-Inclán / 1888-1936)), textos de prensa, entrevistas, epistolario, algún manuscrito.
▪ Análise de pasaxes dos textos que figuran como lecturas no programa (problemas textuais, estudo de variantes entre textos, comentarios, etc.).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
a) As edicións das obras de Valle Inclán anteriores a 1936 están dixitalizadas en www.archivodigitalvalleinclan.es
b) Todas as obras citadas no programa están editadas en Alianza Editorial polo GIVIUS, en Espasa-Calpe (Colección Austral/Clásicos Castellanos) e no Círculo de Lectores (por diversos especialistas).
c) Unha selección de 14 títulos pode verse tamén na col. La Voz de Galicia, editadas polo GIVIUS.
d) Todas obras citadas no programa están publicadas en Obras completas (Madrid: Biblioteca Castro, ed. GIVIUS / Fundación José Antonio de Castro, 2017-2018, 5 vols.); e na Obra completa (Espasa, 2002).
2. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
SERRANO, Javier y A. de JUAN BOLUFER, Bibliografía general de Ramón del Valle-Inclán, Santiago: Servicio de Publicacións da Universidade, 1995.
__________, “Bibliografía sobre Ramón del Valle-Inclán (1995-2000)”, en Anuario Valle-Inclán, I / ALEC, 26, issue 3, 2001. Actualizaciones anuales (2006-2020).
ALBERCA, Manuel y Cristóbal GONZÁLEZ, Valle-Inclán. La fiebre del estilo. Madrid, Espasa-Biografía, 2002.
CABAÑAS VACAS, P., Teoría y práctica de los géneros dramáticos en Valle-Inclán (1899-1920). Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1995.
CARDONA, Rodolfo y A. ZAHAREAS, Visión del esperpento. Teoría y práctica de los esperpentos de Valle-Inclán, M., Castalia, 1982 (2ª ed.) / Re-Visión del esperpento como realidad estética y metáfora histórica. Madrid: ADE, 2013.
DIAZ-PLAJA, G., Las estéticas de Valle-Inclán (1965), Madrid, Gredos, 1972.
DOUGHERTY, D., Valle-Inclán y la II República, Valencia, Pre-textos, 1986.
FERNÁNDEZ ALMAGRO, M., Vida y Literatura de Valle-Inclán (1943), M., Taurus, 1966 (reed. Urgoiti Editores, Pamplona, 2007, prólogo de Cristina Viñes Millet).
FICHTER, W.L., Publicaciones periodísticas de D. Ramón del VI anteriores a 1895, México, El Colegio de México, 1952.
GARLITZ, V.M. El centro del círculo: La lámpara Maravillosa. Santiago: Biblioteca de Cátedra Valle-Inclán, Servizo de Publicación da USC, 2007.
GONZALEZ DEL VALLE, L., La ficción breve de Valle-Inclán. Hermeneutica y estrategias narrativas, Barcelona, Anthropos, 1990
_________. La canonización del diablo. Baudelaire y la estética moderna en España, Madrid, Verbum, 2002.
HORMIGÓN, J.A., Valle-Inclán: Biografía cronológica y epistolario. Madrid: ADE, 2006-2007 (vol. I y II: Biografía 1866-1936; vol. III: Epistolario).
IGLESIAS FEIJOO, L. et al. (eds.) Valle-Inclán y el “Fin de Siglo”. Actas del Congreso Internacional (Santiago, octubre, 1995), Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, 1997.
JUAN BOLUFER, A. de, La técnica narrativa en Valle-Inclán, Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, Lalia 13, 2000.
LAVAUD, Eliane (ed.). La singladura narrativa de VI (1888-1915), La Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 1991 (trad. de VI du journal au roman (1888-1915), Paris, Klincksieck, 1980)
LAVAUD, Jean Marie, El teatro en prosa de Valle-Inclán (1899-1914), B., PPU, 1992.
LYON, J., The Theatre of Valle-Inclán, Cambridge, Cambridge University Press, 1983.
MASCATO REY, Rosario, Valle-Inclán poeta moderno no canonizado. A Coruña: Servizo de Publicacións da UDC, 2013.
NUÑEZ SABARÍS, X., “Femeninas”: historia textual y estrategias narrativas, Santiago: Universidade, 2005.
RISCO, A., La estética de Valle-Inclán (1966), Madrid, Gredos, 1975.
RUBIO JIMÉNEZ, J., Valle-Inclán, caricaturista moderno. Nueva lectura de Luces de bohemia, Madrid, Fundamentos-Resad, 2006.
SANTOS ZAS, M., Tradicionalismo y literatura en Valle-Inclán (1889-1910), Colorado-Boulder, Society of Spanish and Spanish-American Studies, 1993.
__________ “Valle-Inclán (1866-1936)”. Portal “Cátedra Valle-Inclán”, BVMC, 2009. http://www.cervantesvirtual.com/portal/catedravalleinclan/
_________. Con el alba; El Cuaderno de Francia de Valle-Inclán. Manuscrito inédito e Valle-Inclán. Facsímil. Estudio y edición. Santiago: Biblioteca da Cátedra Valle-Inclán/Servizo Publicacións da USC, 2016.
SANTOS ZAS, M. et al. (eds.), Valle-Inclán (1898-1998): Escenarios (Seminario Internacional, Santiago, noviembre y diciembre, 1998), Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, 2000.
SERRANO ALONSO, J., VI: Artículos completos y otras páginas olvidadas, M., Istmo, 1987 (vid. sus "Tablas cronológicas").
____. Los cuentos de Valle-Inclán. Estrategias de la escritura y genética textual, Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, Lalia Serie Maior 3, 1996.
____. Conferencias completas de Ramón del Valle-Inclán. Lugo: Axac, 2017.
VALLE-INCLÁN, Javier del, José Monleón y Carlos Reigosa. Valle-Inclán en Compostela. A derradeira estadía en Galiza, ed. revisada: Xerais, Vigo, 2016.
VALLE-INCLÁN, Joaquín del (ed.), Valle-Inclán. Inédito: Sevilla. La muerte bailando, Bradomín expone un juicio, La marquesa Carolina y Bradomín. Epistolario. Madrid: Espasa-Calpe, 2008.
_____. Ramón del Valle-Inclán. Genial, antiguo y moderno. Madrid: Espasa Libros, 2015.
VALLE-INCLAN, Joaquín y Javier del (eds.), Ramón María del VI. Entrevistas, conferencias y cartas, Valencia, Pre-Textos, 1994.
VAUTHIER, Bénédicte y Margarita SANTOS ZAS (eds.). La Media Noche. Visión estelar de un momento de guerra y Un día de guerra (visión estelar). Estudio y edición. Santiago: Biblioteca de la Cátedra Valle-Inclán, 2017, 3 vols.
VILLANUEVA, Darío. Valle-Inclán, novelista del modernismo, Valencia, Tirant-Lo-Blanch, 2005.
ZAMORA VICENTE, A., Las "Sonatas" de Valle-Inclán, Madrid, Gredos, 1955.
Recursos online:
As edición orixinais do autor (prensa e libro), anteriores a 1936, ponden consultarse e “baixarse” en: www.archivodigitalvalleinclan.es (PDF) e transcritas (TXTs) nesta BD, que contén 80.000 imaxes / 4.500 documentos: obras, epistolario, relatorios, artículos, axentes ou institucións)
Portal Institucional da CÁTEDRA VALLE-INCLÁN: contén 31 obras do escritor, dixitalizadas (anteriores a 1936): http://www.cervantesvirtual.com/portales/catedra_valle_inclan/
-Neste curso monográfico o alumno/-a, a tenor do estudado nel e das destrezas adquiridas no comentario e análise das obras seleccionadas de Valle-Inclán, deberá ter a capacidade de ubicalas na traxectoria do autor e valorar a súa aportación e significado tanto no contexto da Literatura española do seu tempo, como no eido europeo do periodo bisagra entre os séculos XIX e XX.
-Coñecimento dos instrumentos e dos métodos filolóxicos adecuados ao análise e a interpretación dos textos valleinclanianos.
-Precisión no uso da terminoloxía crítica.
-Uso correcto das fontes da materia e da bibliografía específica de /sobre o autor estudado.
Ademáis do seguimento das clases expositivas de carácter teórico, o do seu debido aproveitamento por parte de alumno/a, as clases interactivas fomentarán participación activa na aula con cometarios de textos seguidos de debates.
Igualmente tratarase de organizar actividades complementarias (vgr. visita aos fondos bibliográficos do autor na USC e a sede da Cátedra Valle-Inclán ou visitas museos valleinclanianos ou documentais TV adicados a Valle-Inclán). Eventualmente darase a posibilidade de programar conferencias impartidas por algún recoñecido especialista na obra de Valle-Inclán.
No dominio discente, a actitude participativa dos alumnos concretarase na realización de comentarios de textos, controles de lectura escritos no aula e/ou traballos escritos, breves (2/3 folios), pautados, programados e realizados fora da aula, cuxo número e prazos supedítase aos escenarios previstos no plan de continxencia (ver Observacións)
Os alumnos, desde principio de curso, dispoñen no Campus Virtual de materiais que se utilizan para as clases teóricas e interactivas ao longo do mesmo: 1.1. guións / esquemas dos temas teóricos. 1.2. guións correspondentes ás obras de obrigada lectura, que orienten a análise crítica das obras, acompañados dunha bibliografía básica. 1.3. En apoio destas lecturas poderase contar cos estudos preliminares das edicións recomendadas (unha selección) neste programa. 1.4. Selección de textos para comentarios (pasaxes narrativos ou teatrais ) nas clases interactivas; 1.5. Textos teórico-doctrinais do propio autor.
Concíbese este curso cun sistema de avalición continua, valorada nun 100% da calificación final. Cada alumno terá que render contas da súa lectura, estudo e análise das obras / textos de lectura obrigatoria, detalladas neste programa. Para avaliar ese rendemento:
a) Faranse na aula comentarios de textos “doctrinais” e /ou de pasaxes das obras do programa; asemade, faranse traballos breves (2-3 folios), pautados e programados con anticipación, con distintos enfoques e obxectivos, das lecturas propostas, realizados en clase ou fora da aula.
b) Cada alumno terá como mínimo catro notas, cuxa media será o 100% a cualificación final da materia na primeira oportunidade.
No caso de que esa cualificación media non acadase un aprobado (5), e, polo tanto, non asuperase a materia na primeira oportundiade, terá que realizar nas datas oficiais, correspondentes á SEGUNDA OPORTUNIDADE, unha proba de carácter teórico-práctico (40%), que fará igualmente media coa obtida na primeira oportunidade (60%).
A asistencia é obrigatoria, e un número de ausencias sen xustificar, que supere o 25% das horas de docencia, implicará o suspenso final.
No caso de existir algún impedimento para asistir ás clases (enfermidade, traballo incompatible co horario lectivo, etc.), o alumno/a haberá de presentar unha "Exención" de docencia para que así conste aos efetos oportunos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala.
De acordo co tipo de actividades programadas: Presenciais [sesións expositivas] (32 horas), sesións de seminario (16 horas), titorías (3 hora), e avaliacións (3 horas)], o que supoñen un total de 54 horas de traballo de aula.
As actividades NON PRESENCIAIS [estudo e preparación de actividades programadas (40 horas), elaboración de traballos (20), lecturas complementarias (20) e preparación de exames (20)], estímase o traballo persoal do alumno en 100 hora
A recomendación máis importante (e esixencia ineludible) é a lectura íntegra, analítica e crítica, de cada unha das obras do corpus estipulado como obrigatorio. Moi oportuno vai ser que o alumno/a traia á clase un ejemplar de cada lectura persoalizado.
Para cursar esta materia faise necesario acadar un nivel B2 en lingua española (alumnos de intercambio).
PLAN DE CONTINXENCIA:
–ESCENARIO 2 (Distanciamento):
Metodoloxía do ensino: a docencia presencial manterase como tal ou pasará a ser virtual (tanto síncrona como asíncrona), seguindo as directrices das autoridades universitarias. Accesibilidade aos materiais docentes por vía telemática (Aula virtual). Ver supra apartado Metodoxía.
Sistema de avaliación: A forma de obter a cualificación que depende da avaliación continua (100%) non experimentará máis variacións que as que poidan derivar da decisión das autoridades universitarias sobre docencia presencial ou virtual. A proba da segunda oportunidade, que fará media coa cualificación obtida na avaliación continua, pasarán a realizarse de xeito virtual.
–ESCENARIO 3 (Peche de instalación):
Metodoloxía do ensino: a docencia presencial pasará a ser virtual (tanto síncrona como asíncrona). Accesibilidade aos materiais docentes por vía telemática (Aula virtual). Ver supra Metodoloxía.
Sistema de avaliación: A forma de obter a cualificación que depende da avaliación continua (100%) non experimentará máis variacións que as que poidan derivarse do feito de pasar a un sistema de docencia enteiramente virtual. A proba da seguna oportunidade, que fará media coa cualifidción obtida na avaliación continua, pasarán a realizase de forma virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Margarita Santos Zas
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811808
- Correo electrónico
- margarita.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C05 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C05 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | B05 |
20.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D10 |
20.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
23.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
23.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D10 |