Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 280 Horas de Titorías: 20 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Filoloxía Catalá, Lingua Española, Lingüística Xeral, Literatura Española, Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Segundo se establece no artigo 12 do Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, e posteriores modificacións, as ensinanzas de Grao concluirán coa elaboración e defensa dun TFG, que deberá realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título. Tales competencias están recollidas nas memorias de verificación correspondentes.
O Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela (en diante, Regulamento da USC), aprobado polo Consello de Goberno de 10 de marzo de 2016, indica que o TFG consistirá na elaboración dun traballo académico orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados nas titulacións de grao e incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, redacción, presentación e defensa. Por traballo orixinal enténdese un traballo de elaboración propia no que se citen debidamente as fontes que se tiveron en conta para a súa realización.
O TFG do Grao en Lingua e Literatura Españolas realizarase baixo a supervisión dun/dunha titor/a académico/a, que se encargará de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados. Debe ser persoal docente e investigador con docencia no título, agás persoal en formación, profesores/as leitores/as e aquelas figuras que teñan un contrato que remate antes da finalización do curso académico en que se matricule o TFG.
O TFG da titulación de Grao en Lingua e Literatura Españolas tense que adecuar aos contidos do Maior e, así mesmo, debe ser redactado e defendido en castelán.
O tema concreto do TFG debe adecuarse á oferta de liñas temáticas vixente no curso académico 2019-2020. A cada estudante adxudícaselle, previa solicitude, unha liña temática e mais un/unha titor/a. Posteriormente, o/a estudante, coa orientación do titor/a, delimita o título do TFG e elabora un resumo, que deben ser aprobados pola Comisión de Títulos de Grao da Facultade de Filoloxía. A oferta de liñas temáticas e titores/as para o curso 2019-2020 estará disponible na Web da Facultade desde xullo de 2019.
Tal e como se indica na Memoria do título de Grao en Lingua e Literatura Españolas, a extensión do TFG será, a modo orientativo, de entre 65.000 e 120.000 caracteres con espazos, excluídos apéndices.
Dadas as peculiaridades desta materia, resulta imposible especificar unha bibliografía xeral básica para todos os TFG que se van desenvolver. En todo caso, tal e como se establece no artigo 12 da Normativa de TFG das titulacións de grao da Facultade de Filoloxía, o traballo debe incluír un apartado de bibliografía consultada.
• Ser capaz de definir os obxectivos do traballo.
• Ser capaz de deseñar e organizar as tarefas para alcanzar os obxectivos previstos e desenvolver o traballo de acordo cos mesmos.
• Saber buscar e seleccionar información relevante.
• Facer uso dos coñecementos adquiridos ao longo dos estudos que sexan pertinentes para o obxecto do traballo, e integrar con eles a nova información conseguida.
• Ser capaz de organizar a información e presentala de forma clara, sistemática e precisa, para que sexa comprendida por outras persoas.
• Saber identificar as limitacións e/ou carencias do traballo realizado e propoñer suxestións de cara ao futuro.
• Dominar a expresión oral e escrita en distintos contextos.
Tal e como xa se indicou, o TFG realizarase baixo a supervisión dun/dunha titor/a académico/a, que se encargará de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados. O labor do/a titor/a será orientar, asesorar e planificar as actividades do/a estudante, facer un seguimento do traballo e supervisar o seu progreso. En función da natureza do TFG, fixará varias sesións de titoría co fin de discutir o plan inicial de traballo, os resultados parciais das diferentes fases de elaboración e o resultado final. Se o/a estudante simultanea a realización do TFG cunha estadía de mobilidade, debe consensuar co/a titor/a a forma na que se velará polo cumprimento dos obxectivos fixados.
O/A estudante solicitará a defensa do TFG a través da súa Secretaria Virtual no prazo fixado a tal fin no calendario de TFG para cada unha das oportunidades.
A avaliación do TFG realízase por un ou varios tribunais formado(s) por tres profesores/as que impartan docencia na titulación, excluído o/a titor/a, e que cumpran os mesmos requisitos esixidos para ser titor/a (persoal docente e investigador con docencia no título de Grao en Lingua e Literatura Españolas, agás persoal en formación, profesores/as leitores/as e aquelas figuras que teñan un contrato que remate antes da finalización do curso académico en que se matricule o TFG). Deberá nomearse un suplente para cada Tribunal.
A defensa do TFG realizarase de forma pública e presencial ante o Tribunal e consistirá nunha exposición e unha quenda de preguntas e respostas. Na exposición, o/a estudante deberá presentar, nun tempo aproximado de 10 minutos, os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu TFG, para o cal pode empregar os medios que considere oportunos. Seguirá unha breve quenda de valoracións, comentarios ou preguntas por parte do Tribunal ás que o/a estudante deberá contestar nun tempo aproximado de 10 minutos. En ningún caso o acto de presentación e avaliación pública poderá prolongarse máis de 25 minutos para cada TFG.
A cualificación dos traballos realizarase conforme a criterios que permitan comprobar a consecución das competencias asociadas á titulación. O Tribunal de avaliación realizará un informe, segundo o modelo aprobado na CTG e recollido na Guía Docente, no que avaliará os seguintes aspectos:
a) Calidade do TFG: cumprimento dos obxectivos propostos, adecuación e desenvolvemento das tarefas formuladas, metodoloxía, dificultade e conclusións.
b) Presentación escrita do TFG: presentación xeral, claridade expositiva, estruturación e corrección gramatical e ortográfica.
c) Presentación oral e defensa: concisión, claridade expositiva, capacidade de debate, defensa argumental, propiedade e corrección no uso da lingua.
O informe do/a titor/a será tido en consideración no momento de cualificar o traballo.
A cualificación final outorgada ao TFG polo Tribunal obterase de acordo coa seguinte ponderación:
a) Contido: 65%.
b) Presentación escrita: 15%.
c) Presentación oral: 20%.
No caso de que se dea unha das seguintes circunstancias, o TFG será cualificado como suspenso (0):
a) Cando os seus contidos non se adecúen aos do Maior correspondente e/ou se afasten manifestamente dos recollidos no resumo aprobado no seu día pola CTG.
b) Cando reproduza totalmente, ou nunha parte substancial, un traballo realizado polo/a alumno/a noutras materias ou actividades da titulación (autoplaxio).
c) Cando non sexa orixinal en todo ou nunha parte substancial (plaxio).
Tal e como sinala o artigo 12.2 do Regulamento da USC, o Tribunal que detecte que un TFG está plaxiado, en todo ou en parte, debe poñelo en coñecemento da Reitoría co fin de que se inicien as accións disciplinarias que procedan, de conformidade coa normativa vixente nesta materia.
Segundo a normativa de avaliación vixente, unha vez celebrada a última oportunidade para a presentación dos TFG da titulación correspondentes ao curso académico, e tendo en conta os traballos presentados, o Tribunal poderá outorgar Matrícula de Honra a aqueles TFG que obtiveran unha cualificación igual ou superior a 9, sen que o número de Matrículas de Honra poida exceder do 5% do alumnado matriculado no TFG do título de Grao en Lingua e Literatura Españolas no correspondente curso académico. Se o número de estudantes é inferior a 20, poderase outorgar unha Matrícula de Honra.
Cando se constitúa máis dun Tribunal para avaliar os TFG do Grao en Lingua e Literatura Españolas, será a CTG, a proposta dos diferentes tribunais, quen, unha vez celebradas as defensas de todos os traballos correspondentes ao curso académico, outorgue as cualificacións de Matrícula de Honra que correspondan.
Este sistema será válido para as dúas oportunidades a que dá dereito a matrícula do TFG.
"O centro está estudando a incorporación do sistema de avaliación por titor/a ou titor/a e tribunal, ou dun novo sistema de avaliación. De ser aprobado polo centro e autorizado polos órganos pertinentes, formularase o novo sistema, incluíndo as distintas porcentaxes que nutren a cualificación e a repartición entre titoría e tribunal".
Na Memoria de verificación do Grao en Lingua e Literatura Españolas atribúeselle a cada crédito un valor de 25 horas de traballo do estudante, polo que ao TFG, materia de 12 créditos, correspóndenlle 300 horas de dedicación.
Santiago Fernandez Mosquera
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811815
- Correo electrónico
- santiago.fernandez.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carlos Jesus Folgar Fariña
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 982824751
- Correo electrónico
- carlos.folgar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Soledad Perez-Abadin Barro
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811797
- Correo electrónico
- msoledad.perez-abadin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Casas Rigall
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811903
- Correo electrónico
- juan.casas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Belen Lopez Meirama
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811821
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Angel Eugenio Abuin Gonzalez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811770
- Correo electrónico
- anxo.abuin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Jesus Gil Gonzalez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- aj.gil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Inmaculada Mas Alvarez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811768
- Correo electrónico
- inmaculada.mas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Teresa Diaz Garcia
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811767
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Marta Blanco Dominguez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811765
- Correo electrónico
- marta.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Tomas Eduardo Jimenez Julia
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811871
- Correo electrónico
- tomaseduardo.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Milagros Fernandez Perez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811799
- Correo electrónico
- magos.fernandez.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Fernando Cabo Aseguinolaza
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811807
- Correo electrónico
- fernando.cabo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Margarita Santos Zas
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811808
- Correo electrónico
- margarita.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Jose Rodriguez Espiñeira
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811814
- Correo electrónico
- mjose.rodriguez.espineira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Victoria Vazquez Rozas
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811813
- Correo electrónico
- victoria.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Gabriela Prego Vazquez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811776
- Correo electrónico
- gabriela.prego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cesar Pablo Dominguez Prieto
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811801
- Correo electrónico
- cesar.dominguez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Paula Santalla Del Rio
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811908
- Correo electrónico
- mpaula.santalla [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Pablo Gamallo Otero
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881816426
- Correo electrónico
- pablo.gamallo [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Jose Alonso Veloso
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811802
- Correo electrónico
- mariajose.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Paulo Gatica Cote
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- paulo.gatica [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva