Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
As materias do Grao en Lingua e Literatura Españolas pertencen fundamentalmente ás áreas de Literatura Española e Hispanoamericana e de Lingua Española, xunto con disciplinas complementarias adscritas a outras áreas (Teoría da Literatura, Lingüística Xeral, etc.). Esta Literatura Española Medieval: dende as orixes ó século XIV constitúe unha profundización no período fundacional das letras españolas, logo do panorama anticipado en Introducción á historia da literatura española. A asignatura, pois, supón o exame da produción literaria española desde as súas orixes ata 1400 no seu desenvolvemento histórico e nos seus específicos marcos socioculturais, cos obxectivos de:
— Preparar ó alumno para que afronte, cos instrumentos e métodos filolóxicos apropiados, o estudo da Literatura Española Medieval no seu curso histórico deica o século XIV, da man da análise e interpretación dalgúns dos seus textos máis significativos.
— Proporcionar bases de rigor no uso e aplicación de conceptos técnicos de historia literaria, así como no aproveitamento dos útiles bibliográficos e os seus complementos audiovisuais para o estudo da materia.
SECCIÓN TEÓRICA
I. A IDADE MEDIA. A Idade Media en España: panorama histórico, cultural e literario. Conceptos básicos.
II. ÉPICA TRADICIONAL. Teorías sobre a xénese e desenvolvemento da épica tradicional. Poemas conservados, reconstruídos e hipotéticos. O Cantar de Mio Cid.
1. LECTURA OBRIGATORIA: Cantar de Mio Cid, eds. Montaner (RAE), Michael (Castalia). LECTURA COMPLEMENTARIA: Épica medieval española, ed. de C. e M. Alvar, Madrid, Cátedra, 1991.
III. MESTER DE CLERECÍA. Xograría e clerecía. Principais autores e obras. O Libro de Alexandre. A produción de Gonzalo de Berceo. Os Milagros de Nuestra Señora.
2. LECTURA OBRIGATORIA: Gonzalo de Berceo, Milagros de Nuestra Señora, eds. Bayo e Michael (Castalia), Gerli (Cátedra), Baños (RAE), Cacho (Espasa).
LECTURA COMPLEMENTARIA: Libro de Alexandre, eds. Casas Rigall (RAE o Castalia), García (Crítica), Cañas (Cátedra o Turner).
IV. PROSA DO S. XIII. Prosa historiográfica, didáctica e técnica; orixes da narrativa de ficción. A obra del Alfonso o Sabio. A Estoria de España e a General estoria.
LECTURAS COMPLEMENTARIAS: Alfonso X, Prosa histórica, ed. de B. Brancaforte, Madrid, Cátedra, 1990 / Sendebar, ed. Lacarra (Cátedra) / Leyenda del Caballero del Cisne, ed. Querol (Castalia).
V. A POESÍA DO S. XIV E O LIBRO DE BUEN AMOR. Do Mester de Clerecía á poesía do Trescentos. Principais autores e obras. Juan Ruiz e o Libro de Buen Amor.
3. LECTURA OBRIGATORIA: Juan Ruiz, Libro de Buen Amor, eds. Blecua (Cátedra), Gybbon Monypenny (Castalia), Joset (Taurus), Salvador e Joset (Espasa). LECTURAS COMPLEMENTARIAS: Sem Tob, Proverbios morales, eds. Díaz e Mata (Cátedra), Shepard (Castalia), García Calvo (Alianza) / Pero López de Ayala, Libro rimado del palacio, eds. Bizzarri (RAE), Orduna (Castalia), Adams (Cátedra).
VI. PROSA DO S. XIV. Prosa historiográfica, didáctica, técnica e narrativa de ficción. Don Juan Manuel e o Conde Lucanor. Os libros de cabaleirías e El Caballero Zifar.
LECTURAS OBRIGATORIAS: 4. Juan Manuel, El conde Lucanor, eds. Serés (Galaxia Gutenberg o Crítica), Blecua (Castalia).
5. El caballero Zifar, eds. González (Cátedra), González Muela (Castalia), Cárdenas (Turner).
LECTURA COMPLEMENTARIA: Pero López de Ayala, Crónica del rey don Pedro e del rey don Enrique, ed. de G. Orduna e J. L. Moure, Buenos Aires, SECRIT, 1994-1997, 2 vols.
VII. TEATRO. Orixes. O problema da existencia dun teatro castelán primitivo. A Representación de los Reyes Magos.
LECTURA OBRIGATORIA: 6. Representación de los Reyes Magos, en Antología del teatro medieval castellano, Pérez Priego (Crítica), Álvarez Pellitero (Espasa), Surtz (Taurus). LECTURA COMPLEMENTARIA: Teatro medieval. 1. El drama litúrgico, ed. de Eva Castro, Barcelona, Crítica, 1997.
SECCIÓN PRÁCTICA
1. O comentario de textos
2. Lectura e comprensión dun texto medieval
3. Exercicio de crítica textual
4. Control de lectura: Cid
5. Comentario: Cid
6. Comentario: Milagros I
7. Control de lectura: Milagros
8. Comentario escrito: Milagros II
9. Comentario: Libro de Buen Amor
10. Control de lectura: Libro de Buen Amor
11. Control de lectura: Lucanor
12. Comentario escrito: Lucanor
13. Comentario: Zifar
14. Control de lectura: Zifar
BÁSICA
PRIMARIA
Na sección de contidos quedan indicadas as edicións recomendadas das obras de lectura obrigatoria e complementaria.
SECUNDARIA
-Alvar, Carlos y José M. Lucía Megías, Diccionario filológico de literatura medieval española: textos y transmisión, Madrid, Castalia, 2002.
-Canavaggio, Jean, dir., Historia de la literatura española. I La Edad Media, Barcelona, Ariel, 1994.
-Deyermond, Alan, Historia de la literatura española. I. Edad Media, Barcelona, Ariel, 1973.
-Deyermond, Alan, Historia y crítica de la literatura española. 1. Edad Media, Barcelona, Crítica, 1980. Con un Primer suplemento, 1991.
-Díez Borque, José María, dir., Historia de la literatura española I. La Edad Media, Madrid, Taurus, 19802.
-Lacarra, María Jesús y Juan Manuel Cacho Blecua, Historia de la Literatura Española I. Entre oralidad y escritura: la Edad Media, Barcelona, Crítica, 2012.
-López Estrada, Francisco, Introducción a la literatura medieval española, Madrid, Gredos, 19835.
-Meregalli, Franco, coord., Storia della civiltà letteraria en Spagna I, Turín, UTET, 1990; versión española, Historia de la literatura española. I. Desde los orígenes al siglo XVII, Madrid, Cátedra, 1990.
-Rozas, Juan Manuel et alii, eds., Historia de la literatura española de la Edad Media y del Siglo de Oro, Madrid, UNED, 1995, 5ª ed.
-Viña Liste, José Mª, Cronología de la literatura española. I. Edad Media, Madrid, Cátedra, 1991.
COMPLEMENTARIA
A bibliografía complementaria será proporcionada ó fío do desenvolvemento de cada un dos temas do programa.
A asignatura pretende brindar coñecementos e habilitar a capacidade de:
— Profundar persoalmente no estudo crítico da literatura española medieval
— Progresar no hábito de lectura comprensiva e analítica,
— Xerarquizar os contidos académicos esenciais e accesorios,
— Confeccionar clara e ordenadamente notas, esquemas e guións de traballo
— Cultivar a expresión oral e escrita,
— Estimular o espírito crítico e o sentido estético.
ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
No ámbito docente, as clases expositivas xirarán arredor da lección maxistral, mentres que as clases interactivas se basearán no comentario de textos e o control de lecturas. De acordo coa normativa oficial da USC, en ambos casos a asistencia é obrigatoria, agás nas circunstancias de dispensa oficial, que deberá ter sido solicitada polo pertinente cauce oficial, ou de matrícula sen dereito a docencia. Como complemento, os docentes subministrarán oportunas orientacións académicas e bibliográficas, tanto nas aulas como nas titorías.
No dominio discente, nas clases expositivas agárdase do estudiante a participación activa nas sesións, tanto en demanda de aclaracións e ampliacións durante como a raíz das cuestións concretas que o profesor plantexe expresamente ó fío da explicación. Nas clases interactivas, onde a actitude participativa resultará igualmente básica, será obligada a realización de dous comentarios de texto escritos e de cinco controis de lectura, segundo as indicacións precisas que os docentes proporcionarán nas aulas.
Na maior parte das actividades empregaráse a Aula Virtual como cauce para transmitir materiais complementarios.
Os estudantes con dispensa oficial de escolaridade están exentos das actividades presenciais. Así mesmo, esta materia está extinguida no Campus de Lugo, de xeito que os seus estudantes non teñen dereito a docencia.
ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
O conxunto da asignatura está consituído por clases expositivas e interactivas, cun peso na cualificación final do 60% e o 40% respectivamente, como norma xeral.
Na primeira oportunidade, a parte teórica esixe afrontar un exame final presencial, que terá lugar o día establecido oficialmente polo centro. No que atinxe á sección interactiva, será requisito a participación regular nas actividades programadas, todas obrigatorias. A cualificación desta parte dependerá non só das notas parciais nas distintas actividades avaliadas, senón tamén da actitude participativa do estudante nas sesións de clase.
Na segunda oportunidade, o exame final presencial terá lugar o día fixado oficialmente polo centro. Para a parte práctica conservarase a nota obtida no desenvolvemento do curso.
Os estudantes con dispensa oficial ou sen dereito a docencia serán avaliados só mediante os exames finais, que suporán o 100% da cualificación tanto en primeira como en segunda oportunidade.
En todos os casos, na realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TEMPO DE ESTUDO
Sesións expositivas: 32
Sesións interactivas: 16
Sesións de titoría programada: 3
Sesións de avaliación: 3
Traballo autónomo do estudante: 96
TRABALLO AUTÓNOMO
52 horas de lectura comprensiva de obras literarias
11 horas de lectura de bibliografía secundaria
11 horas de realización de comentarios de texto ou preparación de traballos en equipo
22 horas de estudo da materia e preparación de exames
Total: 96 Horas
Nos tres escenarios docentes e discentes posibles, dado que o traballo de lectura e análise dos textos non pode nin debe ser acumulado en poucos días, recoméndase o esforzó sostido desde principio do curso.
As titorías permitirán aclarar dúbidas ou profundar nalgún aspecto. En caso de confinamento, a atención será telemática, a través da Aula Virtual ou o correo electrónico.
PLAN DE CONTINXENCIA
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
Metodoloxía da ensinanza
Segundo as circunstancias, no ámbito docente combinaranse clases presenciais e non presenciais. Estas últimas serán pautadas de acordo co calendario da materia, e esixirán a lectura analítica de textos e materiais subministrados través da Aula Virtual, con carácter asíncrono. No dominio discente, agárdase do estudante a participación activa nas sesións presenciais, tanto en demanda de aclaracións e ampliacións coma a raíz de aspectos concretos suscitados, e tamén a participación nas actividades non presenciais mediante a Aula Virtual ou o correo electrónico.
No seu caso, os estudantes con dispensa de escolaridade ou sen dereito a docencia poderán seguir o curso axudándose dos materiales presentados na Aula Virtual.
Sistema de avaliación
Como norma xeral, a cualificación derivará da media das notas nas actividades interactivas e as probas finais, segundo unha proporción variable dependente das circunstancias, que se especifica de seguido.
Primeira oportunidade
Se for posible realizar todas as probas interactivas programadas, a cualificación desta parte suporá o 40% da nota final. No caso de faltar algunha destas probas evaluables, a porcentaxe na cualificación axustaríase mediante unha regra de tres.
Para a proba final da sección expositiva preséntanse dúas alternativas:
a) Elaboración de un, dous ou tres comentarios de texto de obras obrigatorias do programa, en cantidade inversamente proporcional ó número de exercicios interactivos realizados, segundo o docente especificará no seu caso. Estes exercicios, que se remitirán por correo electrónico, serán asíncronos mais cun prazo límite de entrega.
b) Exame final, que será presencial se a legalidade vixente o permite, e non presencial e síncrono se as circunstancias fosen outras.
Como norma xeral, se as probas interactivas se realizan integramente, o peso proporcional desta proba final, en calquera das alternativas de avaliación, será do 60%. Noutros casos, a proporción variaría segundo a devandita regra de tres.
Segunda oportunidade
Na segunda oportunidade, manterase a cualificación de actividades interactivas pero se repetirán ben o exame final, ben os comentarios deficientes.
Nas dúas oportunidades, os estudantes con dispensa de escolaridade ou sen dereito a docencia serán avaliados só mediante exame final
En todos os casos, na realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
Metodoloxía da ensinanza
De acordo co calendario oficial da materia, os docentes pautarán as actividades correspondentes a cada tema, baseadas na lectura analítica de textos literarios e materiais complementarios subministrados a través da Aula Virtual, con carácter asíncrono.
Os estudantes con dispensa de escolaridade ou sen dereito a docencia poderán seguir o curso de igual xeito.
Sistema de avaliación
Primeira oportunidade
Se o centro estivese pechado de principio a fin do período da materia, a cualificación dependerá dunha destas alternativas de avaliación, unha prioritaria e outra excepcional:
a) Avaliación prioritaria: elaboración de catro comentarios de texto de obras obrigatorias do programa, segundo as directrices docentes. Estes exercicios, que se remitirán por correo electrónico, serán asíncronos mais cun prazo límite de entrega.
b) Avaliación excepcional: exame final, só para aqueles estudantes que, motivadamente, consideren máis beneficiosa esta opción consonte a súa circunstancia persoal. Esta proba será telemática e síncrona.
Se o centro só estivese parcialmente pechado durante o período da materia, a cualificación dependería da media ponderada das notas de actividades interactivas realizadas e as probas finais, estas coas dúas opcións anteditas. Neste caso, dentro da avaliación a base de comentarios, o estudante elaborará un, dous ou tres destes exercicios, segundo a proporción de actividades interactivas evaluadas e clases presenciais recibidas. Analogamente, a cualificación final considerará proporcionalmente as notas interactivas e dos comentarios de texto, segundo a ponderación variable mencionada no “Escenario 2”.
Segunda oportunidade
Co centro pechado de principio a fin, a avaliación seguirá o establecido para a primeira oportunidade. Se a facultade estivese pechada só durante un tempo, manterase a cualificación das actividades interactivas realizadas, que fará media cos comentarios na mediante comentarios ou con exame final, segundo a ponderación variable establecida no “Escenario 2”.
Nas dúas oportunidades, os estudantes con dispensa de escolaridade ou sen dereito a docencia serán avaliados só mediante exame final telemático e síncrono.
En todos os casos, na realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Juan Casas Rigall
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811903
- Correo electrónico
- juan.casas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C10 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C10 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | D11 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | D11 |
20.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D08 |
20.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D08 |
20.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
20.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D09 |
20.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D09 |
20.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
27.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D08 |
27.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D08 |
27.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |