Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudar, a través dun enfoque histórico, as principais etapas, movementos, autores e obras da Literatura Hispanoamericana ata o século XIX..
2. Exercitarse no comentario de textos literarios da etapa estudada para identificar os rasgos temáticos, formais e estilísticos propios das letras hispanoamericanas.
3. Coñecer e manexar os principais materiais documentais e fontes bibliográficas (primarias e secundarias) para acadar autónomamente un máis profundo dominio da disciplina.
4. Coñecer as características e particularidades básicas da cultura hispanoamericana do século XIX (históricas, intelectuais, artísticas) a través dos seus textos literarios.
5. Comprender e valorar a contribución hispanoamericana do século XIX ao conxunto das culturas hispánica e ocidental.
SECIÓN PRIMEIRA: O PERÍODO COLONIAL NA AMÉRICA HISPANA
TEMA 1. Introdución aos estudos literarios latinoamericanos
Contidos Teóricos.
Fundamentación histórica e teórica da literatura hispanoamericana. As literaturas indíxenas.
Contidos Práticos
Lectura e comentario duhna Seleción de textos:
--“Unidad y diversidad” de José Luis Martínez; “La pluralidad cultural” de G.R Coulthard; “Encuentro de culturas” de R. Bareiro (en César Fernández Moreno,
América latina en su literatura, México, Siglo XXI, 2000.)
--Mostras das literaturas indíxenas (en Antología de textos)
TEMA 2. A crónica de Indias
Contidos Teóricos.
Introdución aos xéneros cronísticos.
Contidos Práticos.
Lectura e comentario dunha Seleción de textos da antoloxía.
TEMA 3 Renacemento e Barroco hispanoamericanos.
Contidos Teóricos
Lírica e épica renacentista e barroca.
Contidos Práticos.
Lectura e comentario de Seleción de textos poéticos da antoloxía
Sor Juana Inés de la Cruz, poesía lírica
Ángel Rama: La ciudad letrada, Hanover, Ediciones del Norte, 1984, capítulos 1 y 2.
SECIÓN SEGUNDA: A LITERATURA HISPANOAMERICANA DO SÉCULO XIX
TEMA 4. A literatura do Romanticismo
Os inicios: a transición desde o neoclasicismo; romanticismo europeo e americano; os xéneros (poesía, teatro, prosa).
Os proscritos arxentinos: Echeverría, Sarmiento e Mármo.
A poesía gauchesca: dos inicios ao Martín Fierro.
O historicismo: Enriquillo, leyenda histórica dominicana de Galván.
Romanticismo e costumbrismo no conto: Roa Bárcena e Altamirano.
A poesía romántica: Gómez de Avellaneda, Pérez Bonalde, Caro e Pombo.
O paradigma da novela romántica: Cecilia Valverde de Valdés e María de Isaacs.
O ensaio: Montalvo e Mera.
A prosa romántico-costumbrista: Palma.
TEMA 5. Realismo e naturalismo na novela e no cuento
Narrativa chilena: os contos de Lillo e Gana.
A “Xeración do 80” arxentina: novelas e contos de Wilde.
O naturalismo: Cambaceres: Sin rumbo; Gamboa: Santa.
A novela histórica: Acevedo Díaz e Javier de Viana.
TEMA 6. As narradoras
Gertrudis Gómez de Avellaneda e a novela romántica antiesclavista: Sab.
Juana Manuela Gorriti e o conto romántico.
Flora Tristán e a autobiografía: Peregrinaciones de una paria.
Mercedes Cabello de Carbonera e a reflexión naturalista: La novela moderna.
Clorinda Matto de Turner: indianismo, romanticismo e naturalismo: Aves sin nido.
Tema 7. A recepción
A recepción en España e en Europa da narrativa hispanoamericana do século XIX.
O maxisterio dos narradores decimonóninos nos escritores do século XX.
Versións e guións cinematográficos.
A impartición da totalidade da materia está suxeita ás limitacións de tempo e á importancia relativa de cada tema dentro do programa. As profesoras poderán valorar estas circunstancias e aplicar un criterio selectivo ao temario, dedicando maior atención aos autores e obras que consideren oportunos.
Bibliografía básica
Seleción de textos ilustrativos de etapas, autores e obras do periodo colonial, a cargo das docentes, e que será posto a dispor do alumnado a través do Campus Virtual.
Sor Juana Inés de la Cruz, Poesía lírica, Cátedra, (ed. de González Boixo)
Esteban Echeverría, El matadero. Cátedra, (ed. de Leonor Fleming)
Jorge Isaacs, María, Cátedra (ed. Donald McGrady).
Eugenio Cambaceres, Sin Rumbo, Cátedra (ed. Teodosio Fernández)
Gertrudis Gómez de Avellaneda, Sab, E. Mellen Press (ed. de Luis Martul), Cátedra (ed. de José Servera).
Antología crítica del cuento hispanoamericano (1830-1920), Alianza (ed. de José Miguel Oviedo), I. Romanticismo (pp. 33-148); II. Realismo / Naturalismo (pp. 149-234).
Bibliografía complementaria
ABELLAN, José Luis, La utopía de América, Barcelona, Anthropos, 1992.
BALSEIRO, José Agustín, Expresión de América, Madrid, Gredos, 1970.
FERNÁNDEZ, Teodosio, et al., Historia de la literatura hispanoamericana. Madrid, Universitas, 1995.
FERNÁNDEZ MORENO, César (Comp.), América Latina en su literatura, México, Siglo XXI, 1972.
GALEANO, Eduardo, Las venas abiertas de América Latina, México, Siglo XXI, 1971.
HENRIQUEZ UREÑA, Pedro, Las corrientes literarias en la América hispánica, México, F.C.E., 1949.
HENRÍQUEZ UREÑA, Pedro, Obra crítica, México, F.C.E., 1960. (incluye “Seis ensayos en busca de nuestra expresión”).
MADRIGAL, Luis Iñigo, Historia da literatura hispanoamericana. Madrid, Cátedra, 1996.
OVIEDO, José Miguel, Historia de la literatura hispanoamericana. Madrid, Alianza, 1997. Vol. 1, "De los orígenes a la emancipación" e vol. 2, "Del romanticismo al modernismo".
PIZARRO, Ana (coord.), La literatura latinoamericana como proceso, Buenos Aires, CEAL, 1985.
RAMA, Ángel, La ciudad letrada. Hanover, Nueva Jersey: Ediciones del Norte, 1984.
REYES, Alfonso, “Valor de la literatura hispanoamericana”, Obras completas, t. XI (en Última Tule), México, FTEMA.
SOBREVILLA, David, "Transculturación y heterogeneidad" Revista de Crítica Literaria Latinoamericana, Año XXVII, Nº 54. Lima- Hanover, 2do. Semestre del 2001, pp. 21-33.
Competencias Xerais
1. Capacidade de estudo organizado (e distribuido ao longo dun cuadrimestre) dos contidos conceptuais dunha materia e de relacionalos con outros adquiridos nas materias cursadas anteriormente.
2. Aptitude para percibir as características da materia a través das súas manifestacións documentais.
3. Valoración da contribución da literatura hispanoamericana ao conxunto das culturas hispánica e ocidental.
Competencias específicas:
1. Coñecemento, seleción, clasificación e síntese das fontes bibliográficas da disciplina, que permitan ao alumnado autonomía na súa aprendizaxe.
2. Perfecionamento da análise crítica coa práctica do comentario de textos literarios hispanoamericanos ata o século XIX.
As clases desenvolveranse segundo o horario fixado pola Facultade, de maneira presencial e/ou síncrona, a través da aplicación MSTeams, para algunhas sesións. As antoloxías de textos incluidos na bibliografía básica estarán a disposición dos alumnos no campus virtual. Eventualmente, e sempre con aviso anticipado no “foro” da aula virtual, pódense anunciar clases expositivas telemáticas en datas concretas.
As clases expositivas seguirán os temas propostos a través dunha panorámica histórica das épocas e periodos estudados. As profesoras realizarán unha presentación dos contextos histórico-culturais e da traxectoria dos principais xéneros, tendencias ou escolas, autores e obras da literatura hispanoamericana ata o século XIX.
As clases interactivas aplicarán os seguintes procedementos:
1º. Lectura e comentario (escrito) de textos literarios: o alumno debe ser capaz de captar os aspectos temáticos, formais e estilísticos para comprender o seu sentido en todas as súas dimensións (como texto autónomo e como produción artística no seu momento histórico).
2ª. Discusión de textos críticos (seleccionaranse entre a bibliografía e anunciaranse por adiantado). As profesoras proporán cuestións para a discusión na clase.
3º. Exposicións orais sobre temas sinalados previamente, de maneira individual ou en grupo.
A avalicación da asignatura basearase nun exame (70%) e nos comentarios, traballos e actividades (30%), como parte da avaliación continua. Mantéñense as mesmas condición para a segunda oportunidade.
Os alumnos con dispensa de asistencia realizarán un exame final (100%).
Estes críterios son aplicables a cualquera dos tres escenarios previstos no Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22 (1. Normalidade adaptad, 2. Distanciamento, 3. Peche das instalacións).
CAMPUS DE LUGO
Dado que a materia, en extinción, non ten dereito á docencia no Campus de Lugo, a cualificación dependerá exclusivamente do exame (100%).
En tódolos casos, na realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións”.
Sesións expositivas 32 horas
Sesións de seminario 16
Sesións de titoría programada 3
Sesións de avaliación 3
Traballo autónomo do alumno 100
TOTAL 154
Espérase que o alumno prepare adecuadamente as clases (debe ler as obras e textos con anterioridade á presentación dos temas) e que teña unha participación activa, informada e pertinente nas CLASES PRÁCTICAS (INTERACTIVAS).
Recoméndase revisar ou poñerse ao día nas técnicas de comentario de textos, incluíndo cuestións de métrica e recursos retóricos, e planificar o estudo e as actividades desde principio de curso.
Horario (primeiro cuadrimestre)
Clases expositivas: luns, de 13 a 15 h.
Clases interactivas: martes, de 13 a 14 h. (grupo 1) e de 14 a 15 (grupo 2)
Plan de continxencia
Escenario 2. Distanciamiento (restricciones parciales de la presencia física).
A docencia expositiva realizarase total ou parcialmente de maneira virtual, con procedementos síncronos, a través do sistema TEAMS. Para facilitar o traballo do alumno, poranse á súa disposición os materiais necesarios na aula virtual.
A docencia interactiva poderá combinar os sistemas presencial e telemático, garantizando para a primeira o 50% das horas interactivas totais.
Mantense o sistema de avaliación descrito no apartado correspondente (único para os tres escenarios).
Escenario 3. Peche das instalacións
Tanto a docencia expositiva como a interactiva desarrollaranse completamente de modo virtual, no horario establecido pola facultade, a través do sistema TEAMS, que se complementaría co material para prácticas posto a disposición na aula virtual.
Mantense o sistema de avaliación descrito no apartado correspondente (único para os tres escenarios).
Maria Soledad Perez-Abadin Barro
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811797
- Correo electrónico
- msoledad.perez-abadin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Jose Alonso Veloso
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811802
- Correo electrónico
- mariajose.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lua Garcia Sanchez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811974
- Correo electrónico
- lua.garcia.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C07 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C07 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | C02 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | C02 |
18.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
18.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D10 |
18.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D10 |
18.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
18.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
18.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
13.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
13.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D10 |
13.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D10 |