Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Como segunda parte do módulo de formación básica en lingua latina, o obxectivo da materia é completar o coñecemento básico desa lingua comezado na materia “Lingua Latina 1”. Iso quere dicir:
- Mellorar a capacidade de lectura e comprensión de textos latinos de pouca ou media dificultade.
- Completar o coñecemento xeral da gramática latina, especialmente no relativo aos aspectos sintácticos.
- Ampliar o dominio de vocabulario básico.
Estes obxectivos serán acadados mediante a utilización do chamado "Direct Method", é dicir, co uso dun manual e dunha metodoloxía baseados na inmersión na lectura de textos dun progresivo nivel de dificultade.
XERAIS:
- Lectura e comprensión de textos latinos de dificultade media
- Adquisición de vocabulario básico
- Repaso xeral de gramática: estudo específico da sintaxe básica
- Lecturas obrigatorias
ESPECÍFICOS:
Lectura e traballo sobre un manual baseado en Appleton, R. B. – Jones, W. H. S.: Pons tironum, G. Bell and Sons, London 1914. Sobre esta base redactouse un libro de lectura e exercicios que será de obrigado seguimento.
Ademais diso, en función do nivel previo do estudante, estableceranse unhas lecturas obrigatorias tomadas de outros "readers" creados para tal efecto. Con iso preténdese familiarizar ao estudante coas estruturas, o léxico e os modismos da lingua latina e reforzar certos aspectos gramaticais.
Como complemento, e de cara a unha introdución no latín literario, o/a profesor/a lerá e comentará un día á semana poemas tomados do Liber de Catulo.
II.- ASPECTOS GRAMATICAIS QUE SE REFORZAN:
1.- Tipos de oracións: declarativas, imperativas, interrogativas
2.- Sintaxe nominal. Sintaxe dos casos
3.- Sintaxe verbal
4.- Estruturas oracionais complexas
O manual básico será o Pons Tironum de Appleton e Jones na súa versión modificada para a ocasión. Ademais deste manual de uso obrigatorio, os/as estudantes poden recorrer á consulta e uso dos manuais habituais.
LECTURAS OBRIGATORIAS:
Como mínimo, deberanse ler por completo dous destes tres "readers", dos que se farán dúas probas de comprobación de lectura.
Na primeira o alumnado deberá escoller unha das seguintes opcións (dispoñibles na biblioteca):
-Piso Ille Poetulus, de Lance Piantaggini. [Signatura na biblioteca: 4Zm-127]
-Tiberius et Gallisena ultima, de Lance Piantaggini. [Signatura na biblioteca: 4Zm-123]
Na segunda, todo o alumnado deberá ler (dispoñible en: https://vivariumnovum.it/risorse-didattiche/pratica-didattica/libri-sco…):
-Ritchie, F.: Fabulae faciles, a first Latin reader, containing detached sentences and consecutivestories, with notes and a vocabulary, Longmans, Green, and Co.,London 1898.
MANUAIS DE SINTAXE:
- Ernout, A. - Thomas, F., Syntaxe latine, Paris, Klincksieck, 1989
- Bassols de Climent, M., Sintaxis latina, Madrid, CSIC, 1992
- Rubio, L., Introducción a la sintaxis estructural del latín, Barcelona, Ariel, 1984
- Serbat, G., Les structures du latin, Paris, Picard, 1994
- Valentí Fiol, E., Sintaxis latina, Barcelona, Bosch, 1999
As/os estudantes deberán completar a adquisición e dominio dos elementos básicos da lingua latina. Deberán, polo tanto:
- Adquirir un vocabulario básico desta lingua que lle permita ler e comprender textos latinos de dificultade media.
- Ser capaz de ler e comprender textos latinos de dificultade media, e de analizar e valorar os diversos aspectos deses textos.
- Recoñecer estruturas sintácticas básicas e saber utilizalas, así como coñecer e utilizar as súas equivalencias funcionais.
Haberá unha parte eminentemente práctica dedicada aos exercicios, sobre todo de control das lecturas, e á insistencia nos esquemas gramaticais, e outra de meirande empeño na lectura do manual de Pons Tironum. Isto complementarase coa lectura e comentario semanal dun poema de Catulo.
A participación dos estudantes será requisito inexcusable para o desenvolvemento das aulas. A profesora será quen guíe as lecturas, as interprete e explique aspectos de gramática, historia da lingua, literatura, mitoloxía, relixión e vida cotiá conforme sexan esixidos polas lecturas.
En calquera caso, sexa cal sexa o escenario de desenvolvemento da docencia, a Aula Virtual será un mecanismo fundamental no desenvolvemento do curso.
O curso será avaliado mediante un sistema mixto de avaliación continua e exame final. Daquela, os/as estudantes deberán constatar unha asistencia mínima ás aulas dun 85%. A asistencia activa, con control das lecturas e participación nos exercicios da aula, xunto con calquera outra actividade que o profesorado encargue para entregar, valerá un 60% da nota. O restante 40% obterase mediante a proba final de comprensión lectora dun texto, que ten carácter obrigatorio para poder superar a materia e na que se debe acadar unha nota mínima de 3 sobre 10.
Os estudantes con dispensa oficial de docencia presentaranse a unha proba final consistente na comprensión lectora dun texto e máis nunha serie de preguntas e exercicios de gramática e de control das lecturas feitas ao longo do curso. Dita proba será o 100% da cualificación final.
Se por algunha razón, algún alumno ou alumna ten algunha coincidencia horaria con outra materia, ou calquera problema análogo ou similar, será esencial que se poña en contacto co profesor a principio de curso (en ningún caso cando o curso estea xa avanzado). O docente indicaralle o modo de proceder.
Ademais disto, tódolos estudantes que non superen a avaliación continua, ou ben a proba final, poderán concorrer á proba da segunda oportunidade, que valerá o 100% da nota e será de similares características á proba final completa (comprensión lectora, exercicios de gramática, control de lecturas).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Un bo manexo e comprensión dos textos latinos de calquera período esixe un traballo continuado día a día.
É aconsellable que o estudante dedique polo menos unha hora diaria para o seguimento e preparación das clases. A lectura constante dos "readers", co seu crecente nivel de dificultade, pode ser de grande axuda para introducirse na lingua latina dun xeito natural.
- Asistencia regular activa e participativa ás aulas coa realización das actividades que se propoñan.
- Lectura asidua dos textos obxecto de estudo
- Retención do léxico, peza fundamental para a aprendizaxe de calquera lingua.
Miguel Giadás Quintela
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811851
- Correo electrónico
- miguel.giadas.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Adrian Boullosa Fraga
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- adrian.boullosa.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | Galego | C04 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | Galego | C04 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | Galego | C04 |
Martes | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C11 |
Mércores | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C11 |
03.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
03.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C11 |
03.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C11 |
03.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C11 |
03.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C12 |
03.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C12 |
03.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C12 |
03.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C12 |
08.07.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
08.07.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C11 |
08.07.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C11 |
08.07.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C11 |