Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta materia é ofrecer ao alumno unha competencia gramatical e comunicativa equiparable ao nivel A1 do “Marco común europeo de referencia para as linguas” (vid. Contidos).
Este nivel garante autonomía en contextos comunicativos básicos.
I.- Competencias comunicativas (nivel A1).
1.- Escoitar: comprensión de textos breves, pronunciados lentamente, sobre temas cotiáns.
2.- Ler: comprensión de textos breves de tipo descritivo, informativo e regulativo.
3.- Falar: capacidade para saber presentarse e soster unha conversación sinxela sobre necesidades ou instrucións.
4.- Escribir: capacidade para crear textos breves de carácter descritivo o informativo.
* Complemento gramatical: adxectivos posesivos, demostrativos ("questo" e "quello"), numerais (cardinais ata "cento"; ordinais ata "dodicesimo"), exclamacións e interxeccións ("scusa, scusi, scusate, per favore, grazie, prego, buongiorno, buonasera, arrivederci, ciao").
II. Fonoloxía e grafía.
1.- Sistema fonolóxico.
2.- Sistema gráfico.
III- Contidos gramaticais
Tema 1.- O artigo.
1.1.- Artigo determinado.
1.2.- Artigo indeterminado.
1.3.- Artigo partitivo.
Tema 2.- O substantivo.
2.1.- Masculinos e femininos.
2.2.- Singular e plural.
Tema 3.- O adxectivo.
3.1.- Xénero e número.
3.2.- Formas especiais con troncamento o elisione ("bello").
3.3.- Concordancia do adxectivo cualificativo.
3.4.- Adxectivos posesivos.
3.5.- Adxectivo e pronomes indefinidos e de cantidade (troppo, tanto, poco, molto, nessuno).
3.6. Adxectivo e pronomes demostrativos (questo, quello).
Tema 4.- O pronome.
4.1.- Pronome persoal suxeito.
4.2.- Pronome persoal complemento átono e tónico.
4.3.- Partícula "ne".
Tema 5.- O verbo.
5.1.- Presente de indicativo dos verbos regulares ("cantare, temere, partire/finire").
5.2.- Presente de indicativo dos verbos auxiliares e irregulares ("essere~esserci, avere / andare, bere, cogliere, dare, dovere, fare, piacere, potere, rimanere, salire, sapere, sedere, stare, tenere, udire, uscire, valere, venire, volere").
5.3. Verbi in -isc.
5.4.- Pretérito perfecto composto de indicativo.
5.5.- Verbos reflexivos (usos básicos).
5.6.- Usos impersoais dos verbos ("si").
5.7.- Imperativo de 2ª persona sing./pl.
Tema 6.- Preposiciones.
6.1. Preposiciones simples.
6.2. Contracción de preposicións e artigos.
IV. Léxico
Expresións habituais; os animais; a natureza; a comida; o corpo; a casa.
1. Manuales de uso obligatorio:
- Birello, M. - Vilagrasa, A., "Bravissimo 1. Libro dello studente", Firenze, Bulgarini, 2012. (ISBN 978-84-8443-848-9)
- Morel, M. - Bologna-Tollemer, E. - Sarian, C., "Bravissimo 1. Quaderno degli esercizi", Firenze, Bulgarini, 2012. (ISBN 978-84-8443-972-1)
2. Libro de lectura obrigatoria:
- Nanetti, S., "La Festa dell’uva", Casa delle lingue, Barcelona, 2014. (ISBN 978-84-1605-703-0)
3. Bibliografia de consulta e recomendada:
- Galasso, S. - Trama, G., "Italiano in cinque minuti. Esercizi rapidi sulla grammatica e sul lessico", Alma Edizioni, Firenze, 2010.
- Sensini, Marcello, "Le forme della lingua", Milano, Mondadori, 2010.
- Tartaglione, R. - Benincasa, A, "Grammatica della lingua italiana per stranieri" (A1/A2). Regole, esercizi letture e test, Alma Edizioni, Firenze, 2015.
4.- Dicionarios
4.1. Dicionarios bilingües
ARQUÉS, R. - PADOAN, A., Grande dizionario Spagnolo-Italiano Italiano-Spagnolo, Bologna, Zanichelli, 2012.
AA.VV., Il Dizionario MEDIO Spagnolo-Italiano Italiano-Spagnolo, Milano, Garzanti.
CALVO RIGUAL C. – GIORDANO, A., Diccionario compacto italiano español español italiano, Barcelona, Herder, 2011.
GONZÁLEZ, I. (dir.), Dicionario Italiano-Galego, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2000 http://www.cirp.es/pub/docs/varios/dicItaGal.pdf
4.2 Dicionarios monolingües
AA.VV., Grande dizionario di italiano, Milano, Garzanti linguistica.
Dizionario Garzanti della lingua italiana
http://www.garzantilinguistica.it/index.html
DE MAURO, T. (dir.), Grande dizionario italiano dell’uso, Torino, UTET, 2000, 6 voll.
Dizionario De Mauro della lingua italiana
https://dizionario.internazionale.it/
SABATINI, F. – COLETTI, V., DISC: Dizionario Italiano Sabatini Coletti, Milano, Rizzoli-Larousse, 2008
http://dizionari.corriere.it/dizionario_italiano/
TRECCANI online
http://www.treccani.it/vocabolario/
ZINGARELLI, N., Lo Zingarelli. Vocabolario della lingua italiana, Bologna, Zanichelli.
Comprender e utlizar expresións familiares de uso cotián e fórmulas moi comúns para resolver necesidades concretas. Presentarse a si mesmo e aos demais e ser quen de facer preguntas sobre datos persoais e responder a preguntas similares (o lugar onde se vive, as persoas que se coñecen, as cousas que se posúen). Ser quen de interactuar de modo sinxelo, a condición de que o interlocutor fale lenta e claramente.
Nas clases expositivas alternaranse explicacións de contido gramatical con lecturas e exercicios prácticos, mentres que nas clases interactivas se traballará o aspecto comunicativo da lingua mediante diálogos, coloquios situacionais, descricións, etc. En ambos os dous casos prevese a participación constante e activa dos alumnos.
Na aula virtual indicaranse os argumentos do programa e os exercicios de repaso dos temas tratados en clase.
A avaliación realizarase segundo os seguintes parámetros:
Proba de comprensión oral: 10%
Exame escrito: 40%
Exame oral: 20%
Avaliación continua mediante a entrega de traballos de carácter argumentativo-expositivo: 30%
Os temas obxecto dos traballos para a avaliación continua serán especificados polos profesores durante as clases.
A falta de entrega de ditos traballos implicará a perda da puntuación porcentual na avaliación final
Importante
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
1. Para poder presentarse ao exame oral, o estudante deberá obter unha nota igual ou superior a 5 no exame escrito (nota non ponderada).
2. Para superar o exame oral esixirase unha lectura correcta dun fragmento do libro de lectura obrigatoria e a resposta a preguntas relacionadas cos temas comunicativos previstos no programa.O profesor poderá utilizar o material (textos, fotos, artículos, etc.) que considere mais oportuno para a avaliación oral.
3. Quen supere o exame escrito, pero non o oral, na sesión ordinaria poderá manter a nota e presentarse soamente ao exame oral na sesión extraordinaria, despois de telo comunicado ao docente.
4. Os criterios de avaliación serán os mesmos para os estudantes con exención oficial de asistencia.
Con esta materia acádanse seis créditos. Catro horas e media semanais de estudo persoal, ademais das tres horas de clase, deberían ser suficientes para superala.
É recomendable estudar todos os días e, se é posible, ver ou escoitar películas, programas televisivos, cancións, etc. en italiano.
Lémbrase aos alumnos que o profesor poderá porse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha electrónica da USC.
Detállanse a continuación as adaptacións que terán lugar no caso de se dar os Escenarios 2 e 3.
Estado de alarma (plan de continxencia)
Situación 2: distanciamento
Metodoloxía de ensinanza
Ás clases presenciais alternaranse as clases virtuais, de forma síncrona , de acordo coas disposicións propostas polas autoridades universitarias. Se fose necesario, serán utilizados os medios a disposición na aula virtual da materia e a plataforma Teams, tanto para as clases impartidas de forma non presencial coma para a entrega dos traballos válidos para a avaliación final.
O sistema de avaliación non sufrirá modificacións con respecto á situacion 1. Se fose necesario as probas finais levaranse a cabo de forma telemática.
Situación 3: peche das instalacións
Metodoloxía de ensinanza
As clases serán impartidas virtualmente e de forma síncrona. Serán utilizados os medios a disposición na aula virtual da materia e a plataforma Teams, tanto para as clases impartidas de forma non presencial coma para a entrega dos traballos válidos para a avaliación final.
O sistema de avaliación non sufrirá modificacións con respecto á situación 1, pero as probas finais levaranse a cabo de forma telemática.
Benedict Buono
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Teléfono
- 881811868
- Correo electrónico
- ben.buono [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marilena Ceccarelli
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Correo electrónico
- marilena.ceccarelli [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_05 (Roi-Z) | Italiano | C05 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_03 (Gar-Mar) | Italiano | C05 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_04 (Mei-Rod) | Italiano | C06 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_01 (A-Carr) | Italiano | C05 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_02 (Cas-Fran) | Italiano | C06 |
Venres | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Italiano | D09 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | C09 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (Cas-Fran) | C09 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (Mei-Rod) | C09 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-Carr) | C09 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (Gar-Mar) | C09 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (Roi-Z) | C09 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (Cas-Fran) | C10 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (Mei-Rod) | C10 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-Carr) | C10 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (Gar-Mar) | C10 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (Roi-Z) | C10 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | C10 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | C11 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (Cas-Fran) | C11 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (Mei-Rod) | C11 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-Carr) | C11 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (Gar-Mar) | C11 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (Roi-Z) | C11 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | C12 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (Cas-Fran) | C12 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (Mei-Rod) | C12 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-Carr) | C12 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (Gar-Mar) | C12 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (Roi-Z) | C12 |
15.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (Cas-Fran) | C11 |
15.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 (Mei-Rod) | C11 |
15.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-Carr) | C11 |
15.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (Gar-Mar) | C11 |
15.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_05 (Roi-Z) | C11 |
15.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
15.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C12 |
15.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (Cas-Fran) | C12 |
15.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 (Mei-Rod) | C12 |
15.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-Carr) | C12 |
15.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (Gar-Mar) | C12 |
15.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_05 (Roi-Z) | C12 |