Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Acadar un coñecemento panorámico das principais etapas da historia da narrativa galega dende a posguerra aos nosos días, da singularidade da súa configuración discursiva e do seu contexto de producción e recepción.
-Coñecer en profundidade un conxunto de obras consideradas canónicas ou que permiten unha reflexión máis ampla sobre cuestións específicas do desenvolvemento da narrativa galega.
BLOQUE 1. O ALBOREXAR DA PROSA FICCIONAL EN GALEGO
1. 1. Antonio López Ferreiro: "O castelo de Pambre". Recoméndase esta edición; Santiago, Sotelo Blanco, 2005.
1. 2. Francisco Álvarez de Nóvoa e a súa alternativa modernizadora: análise do limiar "Dous parrafeos" e dalgún conto de "Pé das burgas" na aula.
1. 3. As coleccións de narrativa breve, un proxecto estratéxico no programa ideolóxico-cultural das Irmandades e Nós
BLOQUE 2. DA POSGUERRA AOS NOSOS DÍAS
2. 1. A RECONSTRUCCIÓN DO DISCURSO NARRATIVO NA GALICIA DO FRANQUISMO, UNHA TAREFA DE INDIVIDUALIDADES.
Álvaro Cunqueiro e "Merlín e familia".
2. 2. A NARRATIVA DO EXILIO:
-"A esmorga", de Eduardo Blanco Amor (aconséllase unha edición recente, na que aparezan restaurados os cortes impostos pola censura na de 1959)
-A asimilación das novidades técnicas e formais en "Remuíño de sombras" de Xosé Neira Vilas (1973)
2. 3. A NOVA NARRATIVA GALEGA:
"Percival e outras historias" de X. L. Méndez Ferrín (1958)
2. 4. A DÉCADA DOS 70:
A novela de iniciación sentimental. "Adiós María" (1971) de Xohana Torres.
BLOQUE 3. DE 1980 ÓS NOSOS DÍAS. A NARRATIVA, NA PROCURA DA SÚA MAIORÍA DE IDADE
3. 1. Aspectos sistémicos e socioliterarios.
3. 2 Un amplo abano de propostas narrativas:
-"Ilustrísima" (1980) de Carlos Casares
-"Polaroid" de Suso de Toro (1986)
-"Un millón de vacas" de Manuel Rivas (1989)
NOTA. Enténdese que os estudantes coñecen xa as obras literarias de lectura obrigatoria nas materias de literatura galega de cursos anteriores.
Ademais da bibliografía básica (manuais de historia da literatura galega, diccionarios, etc.), recoméndase a seguinte bibliografía selecta:
Carro, X.: A obra literaria de E. Blanco-Amor, Vigo, Galaxia, 1993.
Forcadela, M.: Manual e escolma da Nova Narrativa Galega, Santiago, Sotelo, 1993.
Franco Grande, X. L.: Os anos escuros.I. A resistencia cultural da xeración "da noite" (1954-60), Vigo, Xerais, 1985.
González-Millán, X.: A narrativa galega actual (1975-84), Vigo, Xerais, 1996.
González-Millán, X.: Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación, Vigo, Galaxia, 1991.
González-Millán, X.: Literatura e sociedade en Galicia (1975-90), Vigo, Xerais, 1994.
Monteagudo, H.: Carlos Casares, un contador de historias. Vida e obra. Vigo, Galaxia, 2017.
Noia, C.: A nova narrativa galega, Vigo, Galaxia, 1992.
Rodríguez, Francisco, Eduardo Blanco Amor. O desacougo da nación negada, Pontevedra, Cumio, 1993.
Tarrío, A.: Álvaro Cunqueiro ou os disfraces da melancolía, Vigo, Galaxia, 1989.
Vilavedra, D.: “De Polaroid a Tic-tac ou como ser posmoderno pasando por Otero Pedrayo”, En Grial nº 127, 1995. pp. 333-43.
Vilavedra, D.: "La narrativa gallega de los 80, una década de búsqueda", Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca IV, UNED, 1996.
Vilavedra, D.: Sobre narrativa galega contemporánea, Vigo, Galaxia, 2000.
Vilavedra, D.: "Introducción" a O castelo de Pambre de Antonio López Ferreiro. Santiago, Sotelo Blanco, 2005. pp. XLII-LXVII.
Vilavedra, D.: “Cartografiando la narrativa gallega contemporánea: la posición de Manuel Rivas y Suso de Toro en el sistema literario actual”. En Voces de Galicia: Manuel Rivas y Suso de Toro, Sadi Lakhdari coord., París, Indigo, 2012. pp. 20-41
Vilavedra, D.: “Valencias identitarias e canon literario: o caso de Manuel Rivas”. En Antípodas. Journal of hispanic and galician studies, XVIII, 2007.
Vilavedra, D.: A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica dende 2010. Vigo, Galaxia, 2010
Vilavedra, D.: "La obra literaria de Manuel Rivas: notas para una lectura macrotextual”, En Romance notes nº 51, I, 2011, pp. 87-96.
Vilavedra, D.: “Cartografiando la narrativa gallega contemporánea: la posición de Manuel Rivas y Suso de Toro en el sistema literario actual”. En Voces de Galicia: Manuel Rivas y Suso de Toro, Sadi Lakhdari coord., París, Indigo, 2012. pp. 20-41
VVAA: Carlos Casares, a semente aquecida da palabra. Santiago, Consello da Cultura Galega, 2003.
VVAA: Grial nº 196. ·Carlos Casares, nun país de palabras". 2012
VVAA: Grial nº 213."Seis achegas a Carlos Casares". 2017
O alumnado debe, ao remate do curso:
-ter un coñecemento panorámico do proceso por medio do cal se foi constituíndo o discurso narrativo galego, dende as orixes ata o punto de inflexión que supuxo a chegada da autonomía política.
- ser quen de identificar as singularidades, e os principais fitos, que caracterizan ese proceso.
-ter lidos os textos obrigatorios, ser quen de formular propostas interpretativas sobre eles e hipótesis sobre calquera outro texto da época, a partir do seu coñecemento global desta
-ser quen de ler, entender, sintetizar e valorar críticamente textos críticos sobre a narrativa da época
Combinaranse as sesións expositivas co comentario das obras que figuran como obrigatorias no programa (vid, supra) e outros textos que a profesora lle achegue ao alumnado.
É IMPRESCINDIBLE, para un correcto aproveitamento das clases, ter realizadas as lecturas literarias cando se expliquen eses textos e autores na aula ou, cando menos, realizalas en paralelo.
Aplicable tanto na 1ª como na 2ª oportunidade. O alumnado será avaliado por:
1. Exame teórico-práctico no que se terá que demostrar que o coñecemento do programa. Realizaranse nas datas que marque o centro.
Ata 7 puntos (70% da avaliación total).
2. Participación na clase e valoración do aproveitamento por medio de comentarios das obras de lectura obrigada, da bibliografía que se lles mande ler ou de traballos que puntualmente se lles poida encomendar, ata un máximo de 3 tarefas.
Ata 3 puntos (30% da avaliación total). Esta porcentaxe terá efectos positivos na calificación final só cando a nota do exame sexa como mínimo un 5
O alumnado que obteña unha dispensa de asistencia a clase, ou que por circunstancias persoais (que deben ser comunicadas á profesora nas primeiras semanas do curso, NON ao final) non poida asistir ás clases presenciais de forma habitual, poderá obter o 30% adicado á valoración da participación por medio dun traballo ou traballos que se entregarán por escrito e cuxos temas e enfoques se pactarán previamente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Trátase dunha materia de 6 créditos que prevé logo 150 horas de traballo do alumno.
Actividades presenciais:
-sesións expositivas: 2 h. por semana
-sesións de seminario 1 h. por semana
Actividades non presenciais dirixidas (lecturas): 50 h.
Actividades non presenciais libres (estudo): 50 h.
Recoméndase unha asistencia regular e puntual ás clases co fin de poder asimilar progresivamente a información e de participar na aula.
O alumnado debe asegurarse no comezo de curso que pode dispor en calquera momento dos 3 escenarios previstos de acceso libre ás obras de lectura obrigatoria.
Respecto á asistencia, aplicarase a normativa xeral da USC. Xa que logo, non se valorará a maiores por ser obrigatoria.
PLAN DE CONTINXENCIA
ESCENARIO 2:
METODOLOXÍA
A docencia presencial convivirá coa virtual (a través da aplicación Teams, na plataforma virtual da USC), segundo a fórmula establecida pola Facultade. Reforzarase o material ofrecido no Campus Virtual, con vídeos gravados con explicacións da profesora. As probas finais serán preferentemente de carácter telemático.
A profesora garantirá o acceso á bibliografía imprescindible para o desenvolvemento da materia.
A docencia interactiva poderá ser sustituída por tarefas de lectura e comentario crítico de materiais bibliográficos complementarios (proporcionados pola profesora).
A docencia non presencial (fixada segundo criterios que determine a Facultade) impartirase a través de Teams e de materiais complementarios accesibles na aula virtual
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Prevense un máximo de 3 tarefas (vid. supra “metodoloxía”), cuxa entrega por escrito se planificará por medio da aula virtual, cada unha dela computable por un 10% da nota final.
Para aprobar a materia é imprescindible obter unha cualificación de 5 no exame final que seguirá a valer o 70% da nota total e que se realizará telematicamente.
ESCENARIO 3:
METODOLOXÍA
A docencia será completamente de carácter virtual, a través da aplicación Teams, na plataforma virtual da USC, ben con mecanismos síncronos (clases expositivas e interactivas), ben con asíncronos (titorías personalizadas). Reforzarase o material ofrecido no Campus Virtua, con vídeos gravados con explicacións da profesora. As probas finais serán de carácter telemático
A profesora garantirá o acceso á bibliografía imprescindible para o desenvolvemento da materia.
A docencia interactiva será sustituída por tarefas de lectura e comentario crítico de materiais bibliográficos complementarios (proporcionados pola profesora).
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Prevense un máximo de 3 tarefas (vid. supra “metodoloxía”), cuxa entrega por escrito se planificará por medio da aula virtual, cada unha dela computable por un 10% da nota final.
Para aprobar a materia é imprescindible obter unha cualificación de 5 no exame final que seguirá a computar o 70% da nota total e que se realizará telematicamente.
Dolores Vilavedra Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811884
- Correo electrónico
- dolores.vilavedra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D08 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D08 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | D12 |
18.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
18.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D10 |
18.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
18.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D11 |
22.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
22.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D11 |