Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudar a etapa medieval da literatura galega, centrándonos nos diferentes xéneros e nas particularidades métricas, retóricas e temáticas que os caracterizan como tales, así como nos autores máis representativos e textos sobranceiros.
Continuar o estudo da literatura galega medieval iniciado na materia de "Introdución á Literatura Galega, 1" na que se establecían as bases analíticas nas que agora se profundizará.
Coñecer os movementos e feitos literarios da etapa estudada, as súas orixes e caracterización.
Estudar os aspectos compositivos comúns das cantigas medievais galego-portuguesas.
Ler, analizar e establecer a caracterización dos principais xéneros líricos medievais.
Estudar os elementos característicos dos xéneros con menor presenza nos cancioneiros.
Ler e analizar a lírica medieval galega de temática relixiosa, e establecer as súas relacións coa lírica profana.
Situar no contexto europeo, ler e caracterizar as manifestacións en prosa literaria desta etapa medieval, e as especiais circunstancias da súa produción.
Coñecer os principais xéneros, obras e autores representativos da lírica epigonal.
Adquirir os coñecementos técnicos e a terminoloxía correspondente para a realización de comentarios literarios de textos medievais.
Con todas estas actividades non só se pretende a capacitación do alumno na materia mediante a asimilación de coñecementos pertinentes, senón tamén fomentar hábitos intelectuais, de reflexión, de capacidade crítica, de achegamento á lectura e de comunicación que son os obxectivos xerais e básicos do ensino.
1. Introdución
1.1. O marco histórico. Galicia no contexto hispánico nos séculos XII ao XV: a política, a sociedade e a cultura
1.2. A literatura medieval: comunicación/recepción, difusión e transmisión
1.2.1. O texto medieval, entre a oralidade e a literacidade
1.2.2. Manuscritos: produción e reprodución
1.2.3. Autoría e obra na Idade Media
2. A lírica trobadoresca
2.1. A tradición manuscrita: os cancioneiros e a súa transmisión
2.2. A lírica trobadoresca no seu contexto histórico, social e cultural. O amor cortés
2.3. Xénese, implantación e difusión: periodización, cortes e autores máis relevantes. Trobadores e xograres
2.4. Caracterización e estrutura da cantiga trobadoresca. Texto e música
2.5. A cantiga de amor
2.5.1. A relación coa cansó provenzal: a expresión do amor
2.5.2. Estrutura, formas e estilo
2.6. A cantiga de amigo
2.6.1. Orixinalidade da cantiga de amigo
2.6.2. Retórica e composición: paralelismo e leixa-pren
2.6.3. Temas, motivos, símbolos: a natureza e o mar
2.6.4. Modalidades xenéricas: cantiga de santuario, alba, bailada
2.7. A cantiga de escarnio e de maldicir
2.7.1. Caracterización xeral: ironía, humor e parodia
2.7.2. A sátira: xéneros e temas. O sirventés. Tensións sociais e polémicas literarias
2.8. Os xéneros menores
2.8.1. Outros xéneros de temática amorosa: pastorela, lai
2.8.2. Os xéneros dialogados: a tenzón
2.8.3. Outros xéneros: pranto, cantiga de seguir
3. A lírica epigonal
3.1. A transmisión textual
3.2. A evolución temática e retórica
3.3. Principais autores e obras
4. As Cantigas de Santa María
4.1. Os manuscritos
4.2. As fontes
4.3. A autoría
4.4. Macroestrutura
4.4.1. Organización do proxecto
4.4.2. Elementos visuais, textuais e paratextuais
4.4.3. Tipos de cantigas (narrativas e de loor)
4.5. Modelos métricos e estróficos
5. A prosa
5.1. Consideracións previas: o uso literario da prosa e as traducións
5.2. Os textos de carácter histórico: as crónicas
5.2.1. Crónica Xeral e Crónica de Castela
5.2.2. Xeral Estoria
5.2.3. Crónica de Iria
5.3. Os romances
5.3.1. A materia de Troia
5.3.2. A materia de Bretaña
5.3.3. A materia carolinxia
5.4. A haxiografía (Milagres de Santiago)
Lecturas obrigatorias: Selección de textos que se lle facilitará ó alumnado
Bibliografía básica
Brea, Mercedes (coord.) (2000): Literatura. A Idade Media. A Coruña.
Lanciani, Giulia / Giuseppe Tavani (coord.) (1993): Dicionário da literatura medieval galega e portuguesa. Lisboa.
Lapa, Manuel Rodrigues (1977): Lições de literatura portuguesa. Época medieval. Coimbra.
Pena, Xosé Ramón (2013): Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853. Vigo: Xerais.
A lírica: textos
Airas Freixedo, X.B. (2003): Antoloxía da lírica galego-portuguesa. Vigo.
Arias Freixedo, Xosé Bieito (2017): Per arte de foder. Cantigas de escarnio de temática sexual. Berlín: Frank & Timme.
Gonçalves, Elsa (1983): A lírica galego-portuguesa. Textos escolhidos. Lisboa.
Beltrán, V. / C. Alvar (1989): Antología de la poesía gallego-portuguesa. Madrid.
Brea, M. (coord.) (1996): Lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela.
Cohen, Rip (2003): 500 Cantigas d’ Amigo. Porto.
Lapa, M. Rodrigues (1970): Cantigas d’escarnho e de maldizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses. Vigo.
Lopes, Graça Videira (ed. coord.) (2016): Cantigas medievais galego-portuguesas. Corpus integral profano. Lisboa: Biblioteca Nacional de Portugal / Instituto de estudos medievais / Centro de Estudos de Sociologia e Estética Musical, 2 volumes.
Michaëlis de Vasconcellos, C. (1904): Cancioneiro da Ajuda, 2 vols. Halle.
Monteagudo, H. (2013): «En cadea sen prijon». Cancioneiro de Afonso Páez. Poesía galega postrobadoresca (1380-1430ca.). Xunta de Galicia.
Nunes, J. J. (1972): Cantigas d’Amor dos trovadores galego-portugueses. Lisboa.
Nunes, J. J.(1973): Cantigas d’Amigo dos trovadores galego-portugueses. 3 vols. Lisboa.
Polín, Ricardo (1997): Cancioneiro galego-castelán (1350-1450). Corpus lírico da decadencia. A Coruña.
Recursos en rede
Projeto littera, Cantigas Medievais Galego-Portuguesas: http://cantigas.fcsh.unl.pt/
Base de datos da Lírica profana galego-portuguesa: http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=MEDDB2
Bibliografía básica
Beltrán, V. (1995): A cantiga de amor. Vigo: Xerais.
Brea, M. / P. Lorenzo Gradín (1998): A cantiga de amigo. Vigo.
Corral Díaz, Esther (coord.) (2010): Guía para o estudo da lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela.
Lanciani, G. / G. Tavani (1995): As cantigas de escarnio. Vigo.
Menéndez Pidal, R. (1983): Poesía juglaresca y juglares. Madrid.
Oliveira, António Resende de (1995): Trobadores e xograres. Contexto histórico. Vigo.
Polín, R.(1994): A poesía lírica galego-castelá (1350-1450). Santiago de Compostela.
Tavani, G. (1986): A poesía lírica galego-portuguesa. Vigo.
CSM:
Fidalgo, E. (coord.) (2003) As cantigas de loor de Santa María (edición e comentario). Santiago de Compostela.
Mettmann, W.: (1959-1972): Afonso X, o Sabio. Cantigas de Santa María. [Coimbra], 4 vols. Reed.: Vigo, 2 vols., 1981. Reed.: Madrid, 3 vols., 1986, 1988, 1989.
Montoya, J. (19972): Alfonso X el Sabio. Cantigas. Madrid, 1988.
Parkinson, Stephen (2015): Alfonso X, the Learned. Cantigas de Santa Maria. An Anthology. Cambridge: Modern Humanities Research Association.
Fidalgo, E. (2002): As cantigas de Santa María. Vigo: Xerais.
A prosa
Lorenzo, Ramón (1975/1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. 2 vols. Ourense.
Lorenzo, R. (1985): Crónica Troiana. A Coruña.
Lorenzo, R. (2004): Miragres de Santiago. Valencia.
Lorenzo Gradín, Pilar / Susana Tavares de Pedro (2017): O fragmento galego do Livro de Tristan: nova edición paleográfica e crítica. Alessandria: Edizioni dell'Orso.
Martínez López, R. (1963): General Estoria. Oviedo.
Parker, K. M. (1975): Historia Troyana. Santiago.
Pensado Tomé, J. L. (1962): Fragmento de un Livro de Tristán galaicoportugués
Souto Cabo, J A (2001): Crónica de Santa María. Santiago
Bibliografía básica (prosa)
Castro, Ivo (1998): “O fragmento galego do Livro de Tristan”, en Dieter Kremer (ed.): Homenaxe a Ramón Lorenzo.Vigo: Galaxia, vol. I, 135-149.
Faulhaber, Charles B. (1997): “Sobre la cultura ibérica medieval: las lenguas vernáculas y la traducción”, en José Manuel Lucía Megías (ed.): Actas del VI Congreso Internacional de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval. Alcalá de Henares, 12-16 de septiembre de 1995. Alcalá de Henares: Universidad de Alcalá de Henares, 588-97.
García Gual, Carlos (19882): Primeras novelas europeas. Madrid: Itsmo.
Gutiérrez García, Santiago / Pilar Lorenzo Gradín (2001): A literatura artúrica en Galicia e Portugal na Idade Media, Santiago de Compostela: Universidade.
López Martínez-Morás, Santiago (2007): “Aparición e florecemento da prosa medieval galega”, en A. I. Boullón Agrelo (ed.): Na nosa lyngoage galega: A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 447-472. Ed. en liña: http://consellodacultura.org/mediateca/extras/lyngoage_galega_2.pdf
Lorenzo, Ramón (1998): “A prosa galega medieval”, en Anna Ferrari (ed.): Filologia classica e filologia romanza: esperienze ecdotiche a confronto. Spoleto: Centro italiano di Studi sull’Alto Medioevo, 121-136.
Lorenzo, Ramón (2000): “Prosa medieval”, en Mercedes Brea (coord.): A Idade Media. A Coruña: Hércules de Ediciones, 365-429.
Lorenzo, Ramón (2002): “La interconexión de Castilla, Galicia y Portugal en la confección de las crónicas medievales y en la transmisión de textos literarios”, Revista de Filología Románica 19, 93-123.
Monteagudo, Henrique (1994): “A Crónica galega dos reinos de León e Castela na historia e na historiografía galegas”, en Trevor J. Dadson / R. J. Oakley / P. A. Odber de Baubeta (eds.): New frontiers in Hispanic and Luso-Brazilian scholarship. Como se fue el maestro: for Derek W. Lomax in memoriam. Lewiston: The Edwin Mellen Press, 33-55.
Recursos en rede
Dicionario de Dicionarios do Galego Medieval: http://sli.uvigo.es/ddd/index.html
Projeto littera, Cantigas Medievais Galego-Portuguesas: http://cantigas.fcsh.unl.pt/
Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa: http://glossa.gal/
Base de datos da Lírica profana galego-portuguesa: http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=MEDDB2
The Oxford Cantigas de Santa Maria database: http://csm.mml.ox.ac.uk/index.php?p=poem_list
Coas competencias pretendemos a capacitación en aspectos do perfil dos estudos, pero tamén o dominio dalgunha capacidade xenérica susceptible de aplicarse a unha actividade intelectual que constituirá o futuro ámbito de traballo do alumno.
Por iso, á par do dominio da temática específica, traballaremos a comunicación verbal mediante a participación nas clases interactivas onde se desenvolverán comentarios de textos e de obras, lecturas dirixidas e intervencións relacionadas cos traballos escritos que deberán entregar os alumnos. Esta competencia tamén se practicará nas titorías específicas, co comentario persoal do traballo proposto pola profesora e o seguimento dos temas das clases expositivas.
Esta actividade debe fomentar, así mesmo, o desenvolvemento da comunicación interpersoal e debe servir de estimulación intelectual coa que se practicará a capacidade crítica e de argumentación e defensa de opinións, e servirá tamén de automotivación para o estudo. Cremos que é importante na formación dun profesional dunha actividade eminentemente social.
Favorecemento da expresión escrita mediante a realización dos traballos citados que servirá tamén para a potenciación das competencias referidas na actividade anterior.
A materia desenvolverase en clases expositivas, de contido teórico, nas que os profesores presentarán os temas do programa. Haberá tamén sesións interactivas de carácter práctico nas que se levarán a cabo actividades diversas relacionadas coas exposicións teóricas. Estas prácticas revestirán diversas modalidades pero incidirán, sobre todo, no comentario de textos do que se aprenderá sistematización, conceptos e vocabulario. Tamén se farán lecturas guiadas de textos.
O alumnado terá ó seu dispor unha antoloxía de textos preparada polos profesores que exemplifican a creación literaria do período estudado. É necesario que a coñeza ben, integramente, pois dará lugar á elaboración de comentarios e traballos persoais que serán presentados por escrito e poderán ser utilizados para o debate nas clases.
Utilizarase o campus virtual para proporcionar informacións e contidos relevantes para a progresión do curso e, de ser necesario, para realizar exames.
Primeira oportunidade
A. Avaliación continua
Os estudantes deberán elaborar dous comentarios ao longo do curso, facer un traballo obrigatorio e presentarse a dous exames, amais de participar activamente nas aulas. Perderán a posibilidade deste tipo de avaliación a todo o conxunto da materia se as súas ausencias superan as cinco horas por cada unha das partes. A puntuación será deste xeito:
1. Asistencia e participación nas aulas: 5%.
2. Elaboración de dous comentarios escritos (10% cada un deles, de cadansúa parte da materia): total, 20%.
3. Traballo de curso obrigatorio: 25%. Para poder facer media o traballo deberá obter unha cualificación mínima de 4.Deberá axustarse ás convencións dos traballos académicos (en canto á presentación, estruturación, citas, referencias bibliográficas, etc.) e, por suposto, á corrección lingüística.
4. Exames: 50% (un por cada parte da materia, 25% + 25%). Para facer media co resto das notas cada un dos exames deberá obter unha nota mínima de 4. Se non se chega esa nota, cumprirá repetir o exame.
B. Avaliación para o alumnado con dispensa de asistencia
A puntuación será deste xeito:
1. Traballo de curso obrigatorio: 30%.
2. Exame: 70%.
O traballo de curso obrigatorio deberá ser fixado, de acordo co profesor ou coa profesora, non despois do mes de marzo. No exame será preciso obter neste unha puntuación mínima de 6 sobre dez para poder aprobar a materia.
Segunda oportunidade
Os estudantes que non superen a materia por avaliación continua deberán facer o exame na primeira convocatoria. Conservarán a nota da asistencia, dos comentarios e mais do traballo (60% da nota final), se este foi avaliado positivamente (se a avaliación é negativa, deberán revisalo segundo as indicacións do profesor ou profesora). O exame final contará o 50% da nota.
IMPORTANTE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións:
«Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes»
Horas presenciais expositivas: 32
Horas presenciais interactivas: 16
Titorías personalizadas: ......... 3
Sesións de avaliación: ........... 3
Horas de traballo dirixido: ..... 21
Horas de traballo autónomo:.. 75
A materia é ampla de contidos, así que a recomendación esencial é que o alumno realice un traballo diario de lecturas e de estudo da temática para poder levar adiante o curso con orde e aproveitamento.
PLAN DE CONTINXENCIA
Escenario 2
Metodoloxía da ensinanza
Se existen restricións parciais á presencialidade física, a docencia efectuarase parcialmente a través da plataforma institucional Teams de forma síncrona, igual cás titorías.
Sistema de avaliación
Dado que a avaliación é continua, non haberá cambios. Os exercicios entregaranse a través das plataformas institucionais, o mesmo cós exames, se non poden realizarse presencialmente.
Escenario 3
Metodoloxía da ensinanza
A docencia pasará a ser telemática e síncrona a través de Teams, coma as titorías. As tarefas e os exames disporanse por medio do campus virtual da USC e/ou por Teams.
Sistema de avaliación
Dado que a avaliación é continua, non haberá cambios. Tódolos exercicios e probas se realizarán a través das plataformas institucionais.
Ana Isabel Boullon Agrelo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811812
- Correo electrónico
- ana.boullon [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xose Henrique Monteagudo Romero
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811831
- Correo electrónico
- henrique.monteagudo [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | D10 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C12 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C12 |
18.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
18.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
11.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
11.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D10 |