Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Afondar no coñecemento da fonética da lingua galega.
• Ampliar o coñecemento da compoñente fonolóxica da lingua galega.
• Coñecer os fundamentos da produción e da percepción da fala.
• Afondar no coñecemento dos conceptos e métodos da fonética acústica.
• Coñecer e ser capaz de utilizar técnicas instrumentais para a análise fonética, e en particular os métodos de análise da fonética acústica.
• Saber realizar análises espectrográficas de vogais e de consoantes empregando programas informáticos especializados.
• Coñecer os conceptos básicos e os métodos da fonoloxía estrutural, da fonoloxía xenerativa e da teoría da optimidade.
• Aplicar os métodos da fonoloxía a problemas da lingua galega.
• Ampliar a competencia fonética, activa e pasiva, da lingua galega, co coñecemento dos sons e dos sistemas fonolóxicos das variedades (estándar e non estándar) da lingua galega.
• Eliminar prexuízos sobre as variedades lingüísticas e reflexionar sobre as bases e as consecuencias da discriminación lingüística.
1. Fonética
1.1. Fonética articulatoria, fonética auditiva e fonética acústica
1.2. Fonética articulatoria
1.2.1. A voz
1.2.2. Articulación
1.3. Fonética acústica
1.3.1. A física do son
1.3.2. Espectro e espectrograma
1.4. Tecnoloxías da fala: nocións básicas de recoñecemento automático de fala e síntese de voz
2. Os sons do galego
2.1. Descrición articulatoria e acústica dos sons da lingua
2.1.1. Vogais e semivogais
2.1.2. Soantes
2.1.3. Fricativas e oclusivas
2.2. Acento e entoación
2.3. Variedades lingüísticas
2.3.1. Estándar oral e variedades non estándar
2.3.2. A lingua dos medios e da actividade pública
3. Fonoloxía
3.1. A teoría fonolóxica: a fonoloxía estrutural
3.1.1. Trazos fonolóxicos e oposicións
3.2. A fonoloxía xenerativa
3.2.1. Regras
3.2.2. Estrutura dos segmentos fonolóxicos
3.2.3. Sílaba
3.2.4. Acento
3.2.5. Fonoloxía prosódica
4. A Teoría da Optimidade
4.1. Compoñentes: GEN e EVAL. As constricións.
4.2. Sílaba e acento
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Fernández Planas, Ana María (2005): Así se habla. Nociones fundamentales de fonética general y española. Apuntes de catalán, gallego y euskara. Barcelona: Horsori.
Gussenhoven, Carlos & Heike Jakobs (1998): Understanding phonology. London / New York: Arnold.
Hayes, Bruce (2009): Introductory phonology. Chichester, UK: Wiley-Blackwell.
Martínez Celdrán, Eugenio (1998): Análisis espectrográfico de los sonidos del habla. Barcelona: Ariel.
Martínez Celdrán, Eugenio (2002): Introducción á fonética. O son na comunicación humana. Vigo: Galaxia.
Vidal Figueroa, Tiago (2000): “Fonética e fonoloxía”. F. Ramallo & G. Rei-Doval & X. P. Rodríguez Yáñez (coords.): Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, 629-719.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Castro, Obdulia (1998): Aproximación a la fonología y morfología gallegas. New Orleans: University Press of the South.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (1998): Gramática da lingua galega. Vol. 1: Fonética e fonoloxía. Vigo: A Nosa Terra.
International Phonetic Association (1999): Handbook of the International Phonetic Association: a guide to the use of the International Phonetic Alphabet. Cambridge: Cambridge University Press.
Jonhson, Keith (1997): Acoustic and auditory phonetics. Oxford: Blackwell.
Kreiman, Jody & Diana Sidtis (2011): Foundations of voice studies. An interdisciplinary approach to voice production and perception. Malden, MA / Oxford: Wiley Blackwell.
Ladefoged, Peter (2000): Vowels and consonants. An introduction to the sounds of languages. Oxford: Blackwell [+1 CD-ROM].
Martínez Celdrán, Eugenio & Ana M. Fernández Planas (2007): Manual de fonética española. Articulaciones y sonidos del español. Barcelona: Ariel.
Mateus, María Helena & Ernesto d’Andrade (2000): The phonology of Portuguese. Oxford: Oxford University Press.
McCarthy, John J. (ed.) (2004): Optimality theory in phonology: a reader. Oxford: Blackwell.
Regueira, Xosé L. (2002): "A sílaba en galego: lingua, estándar e ideoloxía". R. Lorenzo (ed.): Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza.
Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Xerais.
Veiga, Amable (1976): Fonología gallega. Valencia: Bello.
Percibir, distinguir e saber explicar as características acústicas e articulatorias dos sons das diferentes variedades do galego.
Coñecer e saber utilizar o Alfabeto Fonético Internacional.
Coñecer os métodos e técnicas da fonética instrumental.
Saber interpretar espectrogramas e curvas de intensidade e de F0.
Saber realizar análises espectrográficas de vogais empregando programas informáticos especializados.
Coñecer os principios e os métodos da fonoloxía xenerativa e da teoría da optimidade, e ser capaz de utilizalos para resolver problemas da fonoloxía galega.
Ser capaz de realizar unha descrición fonética e fonolóxica dun texto oral.
Saber analizar a variación fonética e fonolóxica nun texto oral e relacionala con variables sociolingüísticas e sociolóxicas.
As clases expositivas consisten na explicación dos conceptos e procedementos dos diferentes modelos teóricos estudados, e posteriormente na súa aplicación a problemas da fonética e da fonoloxía do galego. Nelas fomentarase a intervención activa das alumnas e alumnos.
Nas clases expositivas levarase a cabo a audición de textos e fragmentos de producións orais de diferentes variedades da lingua galega, para a discriminación e a identificación de sons e de compoñentes fónicos, a transcrición fonética de textos orais e a discusión de problemas que requiran a aplicación dos conceptos e técnicas estudados. Tamén se requirirá a lectura de textos de fonética e de fonoloxía para seren analizados e comentados nas clases sucesivas.
As prácticas de laboratorio desenvólvense na aula de informática, e nelas o alumnado utilizará os recursos de internet e outros recursos informáticos propios para afianzar os coñecementos das clases teóricas e para poñelos en práctica, mediante a gravación e a análise de secuencias fónicas, incluído o tratamento estatístico dos datos obtidos.
Esta materia dispón dunha aula virtual no campus virtual da USC, onde as alumnas e alumnos poderán encontrar materiais, gráficos, esquemas, arquivos de powerpoint, etc., utilizados nas aulas, así como outros complementarios. Nesa aula virtual estará habilitado tamén un foro de discusión e consulta e a través dela poderán realizarse actividades e probas.
A avaliación desta materia realizarase determinando o grao de consecución dos obxectivos mediante o seguimento do traballo feito nas clases teóricas e prácticas e a realización dunha proba escrita na data e lugar fixada oficialmente.
Desde xeito, as compoñentes da avaliación, os criterios e os instrumentos para a súa determinación, así coma a súa importancia relativa no resultado final serán:
I) Avaliación continua (50%):
a) Asistencia e participación: participación activa nas clases, debates e comentarios (orais e escritos), seguimento comprensivo da materia (determinado por medio da observación, notas do profesor e cuestionarios específicos), prácticas entregables: 25%
b) Realización dun traballo en grupo (de tema libre, acordado co profesor): 25%.
II) Probas presenciais (50%):
a) Exame oral: competencia activa e pasiva (produción e recoñecemento) dos sons da fonética galega: 10%
b) Proba final: comprensión e dominio dos coñecementos teóricos e prácticos e a súa aplicación: 40%
A asistencia activa ás clases teóricas e prácticas é un elemento relevante para a obtención dos resultados académicos desexados. Para poder optar ao 25% da cualificación por este concepto, será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 75% das clases programadas. Unha asistencia ás clases de entre o 50% e o 75% só permitirá obter o 50% desta cualificación. Unha asistencia menor a un 50% das clases programadas non dará dereito a cualificación por este concepto, mais en casos xustificados poderá compensarse coa realización dun traballo individual escrito, que se concertará a principio do cuadrimestre co profesor.
A proba escrita constará de varias preguntas sobre fonética e fonoloxía, e nela deberá mostrarse unha correcta comprensión dos conceptos básicos da materia, así como a capacidade para aplicar os métodos e conceptos aprendidos a diferentes cuestións de fonética e fonoloxía do galego.
A corrección lingüística é un requisito imprescindible, tanto no que se refire á lingua escrita (corrección ortográfica e gramatical, adecuación expresiva) como á lingua oral (corrección e adecuación fónica). As cualificacións das prácticas e exames escritos e das exposicións e intervencións orais poderán verse reducidas se este requisito non se cumpre.
Na segunda oportunidade aplicaranse os mesmos criterios de avaliación. Dado que nesta convocatoria soamente se realiza unha proba escrita e o exame oral, o exame escrito contará como máximo o 40% da nota e o exame oral o 10%. Manteranse, no seu caso, as demais cualificacións obtidas durante o período de clases.
O alumnado con dispensa de asistencia ás clases deberá realizar un traballo escrito, así como algúns traballos e prácticas concretas dirixidas polo profesor, e realizar o exame escrito. As valoracións serán de 25% para os traballos e prácticas encargados polo profesor, 25% para o traballo escrito de tema escollido pola alumna ou alumno dentro dos contidos da materia, 10% para o exame oral e 40% para o exame final escrito.
O alumnado que repita curso poderá estar exento da asistencia ás clases, sempre que nalgún curso anterior mantivese unha asistencia regular. Nese caso, poderá manter a parte de avaliación continua obtida. En todo caso, poderá repetir ou entregar novos traballos, exercicios e prácticas, para completar a avaliación correspondente ao traballo continuado. Igualmente, poderá realizar un traballo individual, pactado co profesor a comezos do semestre.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais (docencia teórica e práctica, titorías personalizadas e exame): 54
Horas de traballo autónomo do alumno (lectura de bibliografía, estudo e elaboración de materiais): 96
Dado que esta materia está orientada cara a unha formación fundamentalmente práctica (aplicada), a aprendizaxe memorística resulta de pouca utilidade. A asistencia e a participación nas clases é, en cambio, vivamente recomendada para poder comprender os conceptos fundamentais da fonética e da fonoloxía, así como a súa aplicación a problemas concretos da lingua galega, necesarios para superar a materia.
Esta materia consta de dúas partes diferenciadas, unha centrada na fonética e outra na fonoloxía. Ambas as disciplinas son de carácter moi diferente polo obxecto de estudo e polos métodos empregados. Aínda que nunha primeira aproximación os estudantes consideran máis difícil (por descoñecida) a fonética acústica, a experiencia de anos anteriores mostra que na parte de fonoloxía, por operar con conceptos abstractos e con modelos teóricos complexos, é onde os estudantes encontran problemas máis importantes. Recoméndase, por tanto, a lectura de bibliografía de apoio (recollida na sección “Bibliografía”) de maneira especial para esta segunda parte.
Xose Luis Regueira Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811984
- Correo electrónico
- xoseluis.regueira [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D08 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D08 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Galego | C04 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Galego | C04 |
18.01.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C07 |
18.01.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
18.01.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C07 |
17.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C01 |
17.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C01 |
17.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |