Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir conceptos e recursos para:
(a)	reflexionar sobre a interacción comunicativa en diversos contextos;
(b)	valorar a fluidez e eficacia comunicativa;
(c)	analizar os diferentes patróns comunicativos culturais nas comunidades e nas relacións interpersoais;
(d)	xestionar conflitos ligados á comunicación intercultural;
(e)	deseñar materiais comunicativos para a docencia de linguas nos actuais contextos multiculturais.
TEMA 1. O ámbito da Pragmática intercultural. 
1.1.	Inicios e evolución da Pragmática. O ámbito da Pragmática intercultural. Relacións e conexións con outras disciplinas.
1.2.	A pragmática: unha disciplina para o estudo da acción e a interacción comunicativa. Compoñentes da comunicación. A enunciación.
1.3.	Pragmática contrastiva e análise da comunicación intercultural.
1.4.	As principais dimensións da comunicación intercultural. A comunicación verbal e non verbal en diferentes culturas.
TEMA 2. O estudo pragmático das prácticas comunicativas interculturais.
2.1.	Actos de fala. Definición. Enunciados constatativos e realizativos. Actos locutivos, ilocutivos e perlocutivos. Tipos de actos ilocutivos. A indirección na comunicación intercultural.
2.2.	Interpretación e inferencia. O principio de cooperación e as máximas conversacionais. A universalidade do principio de cooperación?
2.3.	Cortesía. Diferencias comunicativas e valores socioculturais.
2.4.	Quendas de fala. A xestión da conversa en contextos multilingües e interculturais.
TEMA 3. Aplicacións da Pragmática intercultural. 
3.1.	Os recursos pragmáticos como instrumentos para valorar a eficacia comunicativa e detectar conflitos comunicativos. Os novos perfís profesionais.
3.2.	Os problemas de comunicación intercultural nas empresas e servizos públicos.
3.3.	Aplicacións da pragmática intercultural á elaboración de materiais para o ensino de linguas en contextos multiculturais.
1. Introducións á Pragmática, panorámicas e dicionarios
ESCANDELL VIDAL, Mª Victoria (1996): Introducción a la pragmática. Barcelona: Ariel.
GUTIÉRREZ ORDÓÑEZ, Salvador (1996): Presentación de la Pragmática. León: Universidad de León.
HERNÁNDEZ SACRISTÁN, Carlos (1990): "Pragmática". En Ángel López García et alii: Lingüística general y aplicada. Valencia: Universitat de València. 243-272.
LEECH, Geoffrey N. (1983): Principles of Pragmatics. London: Longman. Tradución española de Felipe Alcántara Iglesias: Principios de Pragmática. Logroño: Universidad de La Rioja. 1998.
LEVINSON, Stephen C. (1983): Pragmatics. Cambridge: Cambridge University Press. Tradución española de África Rubiés Mirabet: Pragmática. Barcelona: Teide. 1989.
LÓPEZ FERRERO, C. et al., (2023): Estudios del discurso. The Routledge Handbook of Spanish Language Discourse Studies. New YorK: Routledge. 
MEY, Jacob L. (1993): Pragmatics. An Introduction. Cambridge: Blackwell. 20022.
NAKAYAMA, T.K. y otros (eds./2010): The handbook of critical intercultural communication, Oxford: Wiley-Blackwell
ÖSTMAN, Jan-Ola and Jef VERSCHUEREN (2010): Handbook of pragmatics. .Amsterdam: J. Benjamins
PAYRATÓ, Lluis (2018): Introducción a la Pragmática. Madrid: Síntesis.
REYES, Graciela (1995): El abecé de la pragmática. Madrid: Arco Libros.
VERSCHUEREN, Jef (1999): Understanding Pragmatics. London: Arnold. Tradución española de Elisa Baena Pedraza & Marta Lacorte: Para entender la Pragmática. Madrid: Gredos. 2002.
VERSCHUEREN, Jef & Marcella BERTUCCELLI-PAPI (eds.) (1987): The Pragmatic Perspective: selected papers from the 1985 International Pragmatics Conference. Amsterdam: John Benjamins.
2. Introducións á comunicación intercultural
ASANTE, Molefi Kete et alii (eds.) (2008): The Global Intercultural Communication Reader. New York: Routledge.
GRUPO CRIT (2003): Claves para la comunicación intercultural. Análisis de interacciones comunicativas con inmigrantes. Castellón: Universitat Jaume I.
GUDYKUNST, William & Young Yun KIM (1992): Communicating with Strange. New York: Mcgraw Hill Higher Education.
HERNÁNDEZ SACRISTÁN,Carlos (1999): Culturas y acción comunicativa. Introducción a la pragmática intercultural. Valencia: Octaedro.
KOTTHOFF, Helga & Helen SPENCER-OATEY (eds.) (2007): Handbook of Intercultural Communication. Berlin: Mouton de Gruyter.
MARTIN, Judith, Thomas NAKAYAMA & Lisa FLORES (eds.) (2001): Readings in Intercultural Communication: Experiences and Contexts. Boston: McGraw Hill.
MARTÍN ROJO, Luisa (2010): Constructing inequality in multilingual classrooms. Berlin: Mouton de Gruyter.
MARTÍN ROJO, L. & Joan Pujolar (2021): Claves para entender el multilingüismo contemporáneo. Zarogoza: UOC.
PAN, Yuling, Suzanne Wong SCOLLON & Ron SCOLLON (2002): Professional Communication in International Settings. Malden, Massachusetts: Blackwell.
PREGO VÁZQUEZ, G. & ZAS VARELA, L. (2023): Superdiversidad lingüística en los nuevos contextos multilingües. Una mirada etnográfica y multidisciplinar. Madrid/Frankfurt: Iberoamericana/Vervuert.
PILLER, Ingrid (2011): Intercultural Communication: A Critical Introduction. Edinburgh: Edinburgh University Press.
RAGA GIMENO, Francisco (2005): Comunicación y cultura. Propuestas para el análisis transcultural de las interacciones comunicativas cara a cara. Madrid/Frankfurt: Iberoamericana/Vervuert.
RODRIGO ALSINA, M. (1999): Comunicación intercultural. Barcelona: Anthropos.
SCOLLON, Ron & Suzanne Wong SCOLLON (2000): Intercultural Communication: A Disc
(1)	O estudante debe ser capaz de aplicar os procesos pragmáticos desde unha perspectiva transcultural.
(2)	Comprensión e análise do contorno cultural e das diversas formas de comunicación e interacción.
(3)	Coñecemento da comunicación intercultural e da sensibilidade cara á comunicación con persoas de diversas culturas no mundo global.
(4)	Capacidade para analizar as diferenzas na comunicación multilingüe e intercultural e as súas manifestacións en diversos contornos.
(5)	Comprensión dos procesos de produción e interpretación propios da interacción entre falantes de diversas linguas e culturas en contextos variados (escolar, sanitario, administrativo, etc.).
(6)	Aplicación da competencia intercultural a diversos contextos multiculturais.
(7)	Habilidades para valorar a eficacia comunicativa dos diferentes recursos lingüísticos en función das coordenadas contextuais e socio-culturais.
(8)	Aplicar os coñecementos pragmáticos a ámbitos profesionais como: a tradución e o trasvase comunicativo, a mediación intercultural, a mediación e planificación comunicativa, a docencia de linguas ou a elaboración de materiais didácticos
A materia distribuirase en tres horas semanais: dúas horas de sesións expositivas e unha sesión seminario (1 hora). Ademais, desenvolveranse dúas titorías programadas en grupos reducidos co obxectivo de guiar o traballo autónomo dos alumnos.
1ª OPORTUNIDADE (Datas fixadas pola Secretaría da Facultade): Realizarase por avaliación continua: o 50% da cualificación corresponderá ás actividades e traballos realizados e/ou programados nas sesións interactivas. O 50% restante corresponderá á realización dun exame. Para poder avaliarse na primeira oportunidade é obrigatoria a asistencia e participación a un 70% das aulas.
2ª OPORTUNIDADE (Datas fixadas pola Secretaría da Facultade): Efectuarase exclusivamente a través dun exame que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e ás sesións seminario). 
Aqueles estudantes que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase e, polo tanto, non poidan seguir a avaliación continuada, poderán avaliarse de toda a materia mediante un exame nas dúas oportunidades nas datas marcadas pola Secretaría do Decanato.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TIPO DE SESIÓN	HORAS PRESENCIAIS	HORAS NON PRESENCIAIS	HORAS TOTAIS
SESIÓNS EXPOSITIVAS	------ 32------------------	 64-------------- 	 96
SESIÓNS SEMINARIO	------------ 16----------------	 32-------------- 	 48
SESIÓNS TITORÍA GRUPO	--------3 --------------------- 3 -----------------------6
HORAS TOTAIS PRESENCIAIS + NON PRESENCIAIS: 150
A asistencia á clase é fundamental para o seguimento da materia. O traballo constante é o factor clave. 
(1)	As explicacións detalladas dos contidos do programa no aula facilitan a aprendizaxe. A información recibida directamente na clase pódese converter en coñecemento automaticamente coa vantaxe da interacción na dinámica das sesións de seminario.
(2)	Sustentar os contidos proporcionados na aula mediante a consulta de fontes bibliográficas específicas para cada tema. A autoaprendizaxe, que será guiada nas titorías programadas, é importante; e a lectura selectiva segundo as pautas marcadas para cada apartado dos temas fornece os mecanismos de autocoñecemento e reflexión crítica.
(3)	A posta en práctica dos conceptos e das técnicas de análise é imprescindible para asentar e madurar a preparación na materia mediante a realización dos exercicios propostos.
(4)	O estudo é un proceso continuado con resultados de aprendizaxe paulatina e dilatados no tempo.
Os textos dos programas que teñen validez legal para os profesores desta materia son as versións en galego e castelán (elaboradas por eles mesmos)
Gabriela Prego Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811776
- Correo electrónico
- gabriela.prego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Luns | |||
|---|---|---|---|
| 11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C01 | 
| 12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C01 | 
| Martes | |||
| 11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C01 | 
| 13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D05 | 
| 13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D05 | 
| 13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D06 | 
| 13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D06 | 
| 11.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D05 | 
| 11.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D05 |