Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral desta materia é o estudo e análise crítica da literatura inglesa dos séculos XVI e XVII, así como as competencias de expresarse oralmente e por escrito sobre os textos literarios dese período.
Literatura inglesa dos séculos XVI y XVII:
1. Contexto histórico, social e cultural.
2. A prosa dos séculos XVI e XVII (análise dunha selección de textos).
3. Drama Xacobino: Introdución.
4. William Shakespeare.
5. As Comedias. O Mercader de Venecia.
6. As obras históricas. Ricardo III.
7. As traxedias. Macbeth.
8. As obras pastorais. A Tempestade.
Bibliografía básica:
Fontes primarias (lectura obrigatoria):
-William Shakespeare(Preferiblemente Cambridge, pero tamén é posible Oxford ou Penguin).
-Braunmuller, A.R. ed. Macbeth. New York: Cambridge University Press, 2008.
-Orgel, Stephen. ed. The Tempest. Oxford Shakespeare: Oxford University Press, 2008.
-Siemon, James R. ed. King Richard III. The Arden Shakespeare, 3rd series. London: Arden, 2009.
Fontes secundarias (lectura recomendada):
Historias de Literatura Inglesa:
-Alexander, Michael. A History of English Literature. London: Macmillan, 2000.
-Carter, Ronald and John McRae, The Routledge History of Literature in English.
Britain and Ireland. 2ª edición. London & New York: Routledge, 2006.
-Rogers, Pat. The Illustrated History of English Literature. Oxford: Oxford University Press, 1987.
-Sanders, Andrew. The Short Oxford History of English Literature. Oxford: Oxford
University Press, 1994.
Sobre o teatro de Shakespeare:
-Chernaik, Warren. The Cambridge Introduction to Shakespeare´s History Plays. Cambridge UP, Cambridge, 2007.
-De Grazia, Margaret and Stanley Wells (eds.) The Cambridge Companion to Shakespeare. Cambridge, Cambridge University Press, 2001.
-Dollimore, Johnathan and Alan Sinfield, eds. Political Shakespeare. New Essays in Cultural Materialism. Manchester: Manchester UP, 1985.
-Garber, Marjorie B. Dream in Shakespeare. From Metaphors to Metamorphosis. New Haven: Yale UP, 1974.
-Hartnoll, Phyllis and Peter Found (eds.) The Concise Oxford Companion to the Theatre. Oxford, Oxford University Press, 1992.
-Hidalgo, Pilar, Aránzazu Usandizaga, Rafael Portillo y Bernd Dietz. Historia Crítica del Teatro Inglés. Alcoy, Editorial Marfil S.A., 1988.
-Maguire, Laurie E. Studying Shakespeare: A Guide to the Plays. Oxford: Blackwell, 2004.
Miola, Robert S. (ed.) Macbeth. A Norton Critical Edition. W.W: Norton & Company. New York and London, 2004.
-Scott Kastan, David (ed.) A Companion to Shakespeare. Oxford, Blackwell, 1999.
-Sinfield, Alan (ed.) Macbeth: Contemporary Critical Essays. Macmillan, London, 1992.
-Smith, Emma. Shakespeare´s Histories. Blackwell. Oxford, 2004.
-Stanton, Sarah and Martin Banham (eds.) The Cambridge Guide to Theatre. Cambridge. Cambridge University Press, 1996.
-Wells, Robin H. Shakespeare's Politics and the State. London: Macmillan, 1986.
-Wells, Stanley, ed. The Cambridge Companion to Shakespeare's Studies. Cambridge: Cambridge UP, 1986.
Recursos electrónicos:
Obras de Shakespeare para lectura:
http://shakespeare.mit.edu/
Para as obras de Shakespeare que se estudiarán na materia:
http://www.sparknotes.com/shakespeare/tempest/
https://www.sparknotes.com/shakespeare/richardiii/
https://www.sparknotes.com/shakespeare/macbeth/
https://www.sparknotes.com/shakespeare/merchant/
Recoméndase especialmente o apartado ‘study questions’
Como escribir un comentario de texto:
https://www.sparknotes.com/shakespeare/macbeth/how-to-write-literary-an…
Moi recomendable en todos os escenarios pero moito máis nos escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións):
Servizo EzProxy (acceso remoto a 12000 títulos de revistas, máis de 51000 títulos de libros electrónicos e 42 bases de datos, todos eles accesibles a través de reBUSCa e Pórtico):
https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/utilidades/ezproxy.html
As destrezas e habilidades a desenvolver polo/a alumno/a nesta materia son as seguintes:
Lectura, comprensión e análise de textos literarios.
Competencia para escribir ensaios críticos.
Competencia para realizar presentacións orais sobre temas literarios.
Relacionar os textos literarios coa sociedade na que se produciron.
Dominio das ferramentas e conceptos necesarios para a análise literaria.
Competencias básicas, xerais e específicas da materia na memoria verificada do título en: http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/graos/grao_ingles/grao_ingles.ht…, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, CG5, CG6, CG7, CG8, CG9, CE5, CE6, CE7, CE8, CE9, CE10
Clases expositivas: 2 horas por semana nas que as profesoras presentan o contexto histórico, social e cultural dos textos literarios a analizar. Presentación de aspectos biográficos dos autores e da súa obra.
Seminarios: 1 hora por semana na que o alumnado analiza unha selección de textos literarios.
Titorías: discusión das dúbidas que lles xurdiron ao alumnado durante la realización das tarefas encomendadas.
Tarefas escritas.
Presentacións orais.
Uso de materiais audiovisuais e de internet para máis información sobre os autores e a súa obra.
Uso da Aula Virtual para avisos e material de lectura.
No caso de que se decrete algún dos escenarios de continxencia aplicarase o indicado no apartado de observacións baixo o epígrafe ‘Plan de continxencia’”.
Exame final: 50% da cualificación final.
Tarefas encomendadas: 50% da cualificación final (avaliación continua).
IMPORTANTE: É absolutamente necesario acadar mínimo un 2.5 de 5 no exame para que faga media coa nota da avaliación continua. Se non se acada este mínimo no exame, suspéndese a materia.
Os textos literarios débense ler en inglés e os exames e tarefas deben escribirse tamén en inglés. O uso correcto da lingua inglesa terase en conta na avaliación.
Aqueles/ as estudantes que estean exentos oficialmente de asistencia a clase ou repetidores/ as serán avaliados/ as en base ao exame final que computará o 100% da nota final, tanto na primeira como na segunda oportunidade. EXCEPCIÓN: aqueles/as estudantes que repitan a materia e QUE POIDAN ASISTIR A CLASE poderán optar por facer a avaliación continua (50% da nota final da materia) e o exame final (50% da nota final da materia) ou por presentarse só ao exame (100% da nota final da materia). Ademais, deberán comunicar a súa decisión á coordinadora da materia antes do 31 de outubro.
A nota da avaliación continua gárdase para o exame da segunda oportunidade.
O sistema de avaliación será o mesmo na primeira e na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións: "A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes". Polo tanto, a detección do máis mínimo plaxio suporá un cero na materia e tomaranse as medidas disciplinarias establecidas.
No caso de que se decrete algún dos escenarios de continxencia aplicarase o indicado no apartado de observacións baixo o epígrafe ‘Plan de continxencia’”.
O alumnado debe ler os textos literarios obrigatorios antes do seminario correspondente.
Agárdase do alumnado que faga unha selección das lecturas recomendadas para a preparación tanto das tarefas como do exame final.
Número total de horas de estudo: 99
Escenario 1 (normalidade adaptada):
A asistencia a clase é obrigatoria. Recoméndase encarecidamente unha participación moi activa na clase.
Leranse os textos literarios obrigatorios antes do seu seminario correspondente.
Seleccionaranse varias das lecturas recomendadas para ampliar coñecementos sobre este período literario.
Recoméndase tanto o traballo individual como o traballo en grupo.
Recoméndase aclarar todas as dúbidas na clase e en horario de titorías.
Recoméndase completar a comprensión do período literario e os seus escritores-as mediante películas, documentais, información en internet, etc.
Escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións):
As recomendacións son as mesmas que para o escenario 1 (normalidade adaptada) aínda que é moi importante que o alumnado estea atento ás mensaxes que reciban do profesorado na aula Virtual e no seu e-mail corporativo con respecto a indicacións sobre a docencia, as tarefas, etc.e que completen o seu estudo cos materiais on- line recomendados.
A asistencia a clase nos 3 escenarios é obrigatoria
Plan de continxencia:
Metodoloxía:
No caso de que as autoridades pertinentes decretasen os escenarios 2 (distanciamento) ou 3 (peche das instalacións) a metodoloxía adaptarase ás directrices establecidas pola USC e aos parámetros acordados polo centro, de modo que as actividades docentes que non poidan executarse de modo presencial desenvolveranse de modo virtual recorrendo ás ferramentas institucionais postas a disposición pola USC, combinando actividades de carácter síncrono (principalmente a través da plataforma TEAMS) e/ou asíncrono (principalmente a través de TEAMS ou Moodle) dependendo do tipo de actividade.
As titorías realizaranse por vía telemática. IMPORTANTE: Non se respostarán aqueles correos electrónicos que non procedan do enderezo corporativo do alumno/a (enderezo da USC) en ningún dos tres escenarios
Sistema de avaliación:
Na modalidade de docencia semipresencial (escenario 2) manterase, sempre que sexa posible, o mesmo sistema de avaliación que no escenario 1 (normalidade adaptada). En caso de non ser posible e no caso do escenario 3 as probas presenciais substituiranse por probas telemáticas ( síncronas ou asíncronas, orais ou escritas) utilizando as ferramentas institucionais.
IMPORTANTE:
Normas básicas na aula:
1- O uso de teléfonos móbiles está totalmente prohibido. Invitarase a saír da aula a todo/a aquel/aquela estudante que utilice o seu teléfono móbil durante a clase.
2- Os/as estudantes deberán chegar á aula non máis tarde de 10 minutos despois do inicio da clase. En caso contrario, o/a estudante non poderá acceder á aula.
3- O/a estudante deberá dirixirse á profesora polo seu nome de pila completo ou de calquera outra xeito que a profesora considere apropiado.
Cristina Mouron Figueroa
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811832
- Correo electrónico
- cristina.mouron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuela Palacios Gonzalez
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811892
- Correo electrónico
- manuela.palacios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Vanesa Roldan Romero
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C12 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C12 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | Inglés | C07 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | Inglés | C07 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | Inglés | C12 |
21.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C11 |
21.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C11 |
21.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | C11 |
21.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C11 |
21.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C12 |
21.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C12 |
21.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | C12 |
21.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C12 |
16.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C12 |
16.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C12 |
16.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C12 |
16.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C12 |