Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Proporcionar ao estudantado coñecementos sobre o contexto social, cultural e político do Movemento Romántico nas Islas Británicas e nos Estados Unidos.
-Estudar as innovacións ideolóxicas e estéticas propiciadas polos artistas románticos.
-Aprender a distinguir as características principais do Movemento Romántico nas Islas Británicas das peculiaridades do Romanticismo nos Estados Unidos.
-Familiarizar ao estudantado cos principais xéneros e autores Románticos e coas obras máis representativas da literatura inglesa e norteamericana.
-Identificar unha serie de características que axuden a describir a estética e a temática romántica nunha manifestación artística.
-Estudar documentos alternativos relacionados co desenvolvemento do Romanticismo en Norteamérica e en Gran Bretaña.
-Aprender a establecer conexións entre manifestacións artísticas diversas.
-Aplicar novas perspectivas ao estudo do Romanticismo (cuestións de xénero literario, perspectiva de xénero, ecocrítica, etc.)
-Aprender a escribir textos críticos (ensaios, recensións, etc.) sobre diversas manifestacións artísticas do Romanticismo.
-Reflexionar sobre o impacto do Romanticismo (formas e temas) na sociedade actual.
Introducción: Contexto socio-histórico e cultural nas Islas Británicas e nos Estados Unidos.
1. Innovacións ideolóxicas e estéticas.
2-O Romanticismo na tradición literaria en lingua inglesa
3-Xéneros, autores e obras representativas do Movemento Romántico nas Illas Británicas.
4-Xéneros, autores e obras representativas do Movemento Romántico nos Estados Unidos.
5-Diferenzas e similitudes entre o Romanticismo Británico e o Estadounidense
Bibliografía Básica:
Butler, Marilyn. Romantics, Rebels and Reactionaries: English Literature and Its Background 1760-1830. Oxford University Press, 1981.
Curran, Stuart, ed. The Cambridge Companion to British Romanticism. Cambridge University Press, 2000.
Ferber, Michael, ed. A Companion to European Romanticism. Blackwell Publ., 2005.
Newman, Lance, Joel Pace and Chris Koenig-Woodyard, eds. Transatlantic Romanticism: An Anthology of British, American and Canadian Literature, 1767-1867. Longman, 2006. Wu, Duncan, ed. Romanticism: A Critical Reader. Blackwell, 1996.
Wu, Duncan. 30 Great Myths about the Romantics. Blackwell, 2015
Bibliografía Complementaria:
Ferguson, Frances. Solitude and the Sublime: Romanticism and the Aesthetics of Individuation. Routledge, 1992.
Peer, Larry H., Diane Long Hoeveler, eds. Romanticism: Comparative Discourses. Ashgate, 2006.
Rogier, Alexander. Fracture and Fragmentation in British Romanticism. Cambridge University Press, 2010.
Wu, Duncan, ed. Romanticism: An Anthology. Blackwell, 2000.
COMPETENCIAS BÁSICAS: CB1, CB2, CB3, CB4 e CB5
COMPETENCIAS XERAIS: CG1, CG8
Os/as estudantes reciben CLASES EXPOSITIVAS, participan en SEMINARIOS INTERACTIVOS, e en TITORÍAS (en grupo e individuais). Nas sesións expositivas introdúcese o contexto ideolóxico, social e literario do período a estudar. Os seminarios están adicados a comentarios orais e por escrito nos que os/as discentes han de participar activamente. Nas titorías o estudantado avalía o traballo feito e ten a oportunidade de consultar e aclarar dúbidas.
Posibilidade de uso da PLATAFORMA VIRTUAL que oferta a USC para o ensino e a aprendizaxe.
Avaliación continua (40%) e proba final (60%). Polo tanto, a asistencia e a participación nas diferentes actividades é moi importante.
Cada actividade na que participe o/a estudante será tida en conta para a calificación final.
Tódolos estudantes deben entregar as actividades en tempo e forma. De non ser así estarían renunciando ao 40% da nota final.
O sistema de avaliación aplícase ás convocatorias de maio/xuño e xullo.
A asistencia e participación son obligatorias e se teñen en conta para a avaliación final. Os/as estudantes deben ter en conta a Normativa de Asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
Alumnos/as con dispensa oficial: proba final 100%
Alumnos/as repetidoras: poderán escoller entre dúas opcións: a. proba final 100%; b. avaliación continua 40% + proba final 60%. Se a opción escollida é a primeira (a. proba final 100%), o/a estudante deberá comunicallo á profesora dentro das dúas primeiras semanas de clase. De non ser así se aplicará a segunda opción (b. avaliación continua 40% + proba final 60%)
O fraude académico será penalizado. En caso de realización fraudulenta de exercizos ou probas, será de aplicación o art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Anímase ao estudantado a adicar como mínimo unha hora antes de cada clase á revisión dos principais puntos tratados en sesións previas. Ocasionalmente tamén terán que facer unha serie de lecturas obligatorias que se comentarán nos seminarios como exemplo dos aspectos teóricos tratados en clase.
A profesora anima ao estudantado a adicar unhas tres horas semanais a preparar a asignatura -lecturas, actividades, revisións.
Anímase aos/as estudantes a asistir e participar activamente en clase, a revisar e completar as súas notas, e a traballar en grupo.
A "Guía Docente e Material Didáctico" da asignatura proporcionará unha información moito máis detallada e estará a disposición do estudantado no Campus Virtual.
Margarita Estevez Saa
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811839
- Correo electrónico
- margarita.estevez.saa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antía Román Sotelo
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- antia.roman.sotelo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C06 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C06 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | D10 |
30.05.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
30.05.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
03.07.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
03.07.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |