Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer os principios e conceptos básicos da lingüística textual e da gramática textual
• Iniciarse na aplicación dos métodos de análise textual e recoñecer a súa utilidade
• Comprender a complexidade da comunicación e o interese de analizar as producións comunicativas como unidades complexas
• Saber utilizar as ferramentas da gramática textual para a análise lingüística de textos
• Comprender a utilidade dos coñecementos de gramática textual na produción de textos
• Coñecer a bibliografía fundamental sobre o tema
• Iniciarse na elaboración de traballos de análise lingüística
I. Introdución
• Unidades lingüísticas, unidades comunicativas e unidades textuais
• As unidades comunicativas
• Do enunciado ó texto
II. A Gramática textual
• Propiedades do texto
• Adecuación
• Coherencia
• Cohesión
• Informatividade
III. Tipoloxía textual
• O establecemento de tipoloxías textuais
• Textos e produción lingüística: as tipoloxías textuais
IV. Gramática textual e composición de textos
• Gramática textual e redacción de textos
• O proceso de redacción
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Albadalejo, Tomás & Antonio García Berrio. 1982. “La lingüística del texto”, en F. Abad e A. García Berrio (eds.), Introducción a la lingüística. Madrid: Alhambra, pp. 217-260.
Bernárdez, Enrique. 1982. Introducción a la lingüística del texto. Madrid: Espasa-Calpe.
Bernárdez, Enrique (ed.). 1987. Lingüística del texto. Madrid: Arco/Libros.
Castellà, Josep Maria. 1992. De la frase al text. Teories de l’us linguistic. Barcelona: Empúries.
Cassany, Daniel. 2007. Describir el escribir. Barcelona: Paidós.
Cuenca, Maria Josep. 2008. Gramàtica del text. Barcelona: Bromera.
Fávero, Leonor Lopes / Ingedore G. Villaça Koch. 1998. Lingüística textual: introdução. São Paulo: Cortez Editora.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón. 2003. Gramática da Lingua Galega. IV. Gramática do Texto. Vigo: A Nosa Terra.
Halliday, Michael A. K. 1989. Spoken and Writen Language. Oxford: Oxford University Press.
Halliday, Michael A. K. & Ruqaiya Hassan. 1976. Cohesion in English. London: Longman.
Jeandillou, Jean-François. 2006. L’analyse textuelle. Paris: Armand Colin.
Johnstone, Barbara. 2002. Discourse Analysis. Malden, Mass. / Oxford: Blackwell.
Ramallo, Fernando. 2000. "Pragmática", en F. Ramallo / G. Rey Doval / X. P. Rodríguez Yáñez (eds.), Manual das ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, pp. 443-512.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Beaugrande, R. de / W. U. Dressler. 1981. Introduction to Text Linguistics. London: Longman. Trad. esp. Introducción a la lingüística del texto. Barcelona: Ariel, 1997.
Cuenca, Mª J. 1992. Teories gramatical i ensenyament de llengües. Valencia:Tàndem.
Dosil, B. 2015. Escrita doada. Consellos para redactar ben. Vigo: Xerais.
Koch, I. Villaça. 2002. A coesão textual. São Paulo: Contexto.
Koch, I. Villaça. 2002. Desvendando os segredos do texto. São Paulo: Cortez Editora.
Koch, I. Villaça / L.C. Travaglia. 1989. Texto e coêrencia. São Paulo: Cortez.
Pérez Colomé, Jordi. 2011. Como escribir claro. Barcelona: UOC.
Prat Ferrer, Juan José. 2015. Manual de escritura académica. Madrid: Paraninfo.
Pinker, S. 2014. The Sense of Style: The Thinking Person's Guide to Writing in the 21st Century. New York: Viking. Versión en español: 2019. El sentido del estilo. Madrid: Capitan Swing.
Os alumnos deben adquirir a capacidade para analizar textos, orais e escritos, descubrindo as secuencias que os compoñen, a súa estrutura e as unidades lingüísticas que contribúen á cohesión. Ademais, deben demostrar a súa capacidade para recoñecer e avaliar a calidade dos textos escritos.
• Capacidade para recoñecer a utilidade da análise das unidades superiores de comunicación
• Capacidade para identificar as propiedades das unidades textuais
• Capacidade para realizar análises textuais empregando os coñecementos adquiridos
• Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na análise e na produción de textos
• Capacidade para comprender e interpretar criticamente as lecturas sobre o tema
• Capacidade para extraer aplicacións prácticas dos coñecementos adquiridos na materia
• Capacidade para elaborar comentarios de textos a partir dos modelos suxeridos
• Capacidade para identificar nos textos os problemas vinculados coa coherencia, cohesión e informatividade
• Capacidade para expresarse correctamente en exposicións orais e escritas
As actividades programadas para esta materia indícanse de xeito detallado na guía docente que está a disposición dos alumnos no Campus virtual USC (http://cv.usc.es/).
A descrición das actividades que se realizarán é a seguinte:
- Exposición de contidos teóricos e metodolóxicos nas aulas expositivas
- Lectura e comentario crítico de textos
- Análise e comentario de textos escritos
- Presentación de traballos escritos sobre as lecturas e sobre tarefas propostas polo profesor
- Titorías individuais e en grupo
- Elaboración dun traballo escrito
- Probas escritas sobre os contidos das materias
Esta materia utilizará para a súa docencia o Campus virtual USC.
A avaliación da materia realizarase a partir dos criterios que se indican para os distintos sistemas de presencialidade.
1. SISTEMA PRESENCIAL
1.1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE
• A participación nas clases. Valorarase a participación cualitativa e cuantitativa do alumno nas actividades realizadas na aula.
• O coñecemento dos contidos da materia, que se avaliará por medio dun exame escrito que se poderá realizar antes do exame final da materia. Este exame ou o exame final, no seu caso, terá un valor dun 70% sobre a nota global. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5 neste exame para superar a materia.
• As actividades das sesións de seminario e as actividades obrigadas. O profesor valorará as actividades e exercicios realizados polos alumnos nas horas presenciais e nas non presenciais (redacción do proxecto, redacción e revisión de textos, comentario de textos, etc.). Ademais valorará, de ser o caso, as exposicións obrigatorias que se fagan nas sesións de seminario. Nestes traballos valorarase o contido, a presentación, a corrección da expresión (redacción, claridade expositiva etc.) e a orixinalidade. A avaliación destas actividades suporá un 30% da nota global. Os alumnos que non presenten estas actividades no prazo indicado serán cualificados cun 0 (cero), agás que documenten unha causa xustificada. Neste caso, o profesor indicará o novo prazo de entrega. É imprescindible obter unha cualificación global do conxunto de actividades igual ou superior a 5.
1.2. SEGUNDA OPORTUNIDADE
• Actividades do curso (20% da cualificación global): aqueles alumnos que deban acudir á segunda oportunidade deben ter entregadas en prazo todas as actividades de carácter obrigatorio realizadas ó longo do curso.
• Exame escrito dos contidos da materia (80% da cualificación global): os alumnos deben superar a proba escrita cunha nota igual ou superior a 5 (cinco).
2. SISTEMA NON-PRESENCIAL
Os estudantes que obteñan a dispensa de asistencia a clase por parte da Xunta de Facultade e a acrediten debidamente (tamén os estudantes repetidores que así o desexen ou aqueles que non poidan asistir a clase por razóns debidamente xustificadas sobrevidas ao longo do curso) rexeranse polo seguinte sistema de avaliación, tanto na primeira como na segunda oportunidade:
• Exame escrito dos contidos da materia na data oficial marcada polo decanato (70% da cualificación global). A valoración do exame escrito rexerase polos mesmos criterios que os sinalados para os alumnos que asisten ás clases. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5 para superar a materia.
• Actividades obrigatorias (30% da cualificación global). O profesor determinará os traballos que o alumno deberá realizar e os prazos de entrega destas actividades, en calquera caso sempre antes do día 14 de maio. O incumprimento dos prazos de entrega suporá unha cualificación dun 0 (cero). É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5 para superar a materia.
Para acollerse a este sistema é imprescindible que os alumnos se poñan en contacto co profesor antes do 15 de febreiro. Despois desta data só serán considerados como alumnos non presenciais aqueles que documenten unha causa xustificada para o atraso.
OBSERVACIÓNS
1. Dado que se segue un sistema de avaliación continua, os estudantes que conten con dúas ou máis cualificacións non serán avaliados como non-Presentados, independentemente de que non asistan ao exame final. Isto tamén é aplicable aos estudantes que seguen un sistema non-presencial e teñan entregados tres ou máis dos traballos requiridos.
2. Tanto nos traballos escritos como nas intervencións orais os alumnos deben demostrar un dominio alto do galego. En consecuencia, na cualificación de exames, traballos escritos e exposicións repercutirán negativamente as faltas cometidas.
3. No caso de que os alumnos obteñan unha media de 5 ou superior pero non teñan aprobada a materia por non cumpriren o requisito establecido (mínimo de 5 no exame), a cualificación que se lles outorgará será de 4,9 (suspenso).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (https://cutt.ly/3pBmug3).
Actividades presenciais Horas
• Sesións expositivas 16
• Seminarios 32
• Titorías 2
• Avaliación 3
Total 53
Actividades non presenciais
• Estudo e preparación de actividades 45
• Realización de traballos 20
• Lecturas 15
• Preparación de exames 15
Total 100
No Campus virtual USC porase a disposición dos alumnos as actividades que se desenvolverán nas aulas e tamén parte dos materiais complementarios.
Os alumnos deben respectar as datas de entrega das actividades.
Xulio Sousa Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811866
- Correo electrónico
- xulio.sousa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Vitor Miguez Rego
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- vitor.miguez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C11 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C11 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | Galego | C05 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | Galego | C05 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | Galego | C05 |
29.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
29.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C09 |
29.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C09 |
29.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C09 |
29.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C10 |
29.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C10 |
29.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C10 |
29.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |
03.07.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
03.07.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C09 |
03.07.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C09 |
03.07.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C09 |