Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Proporcionarlle aos estudiantes competencias lingüísticas que lles permitan confrontarse a situacións de comunicación cotiás.
- Adquirir os coñecementos indispensables para lograr unha comunicación eficaz (oral e escrita) no ámbito empresarial.
- Participar en conversacións profesionais con certa fluidez.
- Comprender e utilizar documentos auténticos.
- Utilizar o vocabulario específico do ámbito empresarial.
- Adquirir coñecementos básicos do sector empresarial e da comunicación profesional.
- Utilizar recursos para mellorar as comunicacións escritas.
- Elaborar cartas e correos electrónicos en función das distintas circunstancias.
- Ter unha visión clara e estructurada da empresa.
MÓDULO 1. FRANCÉS ESPECÍFICO DO SECTOR EMPRESARIAL
CV e entrevistas. A carta de motivación. Os diferentes tipos de empresas en Francia e o seu funcionamento - organigrama.
MÓDULO 2. A COMUNICACIÓN PROFESIONAL
A comunicación no ámbito empresarial. Os escritos profesionais (a carta comercial, administrativa, o correo electrónico). As estratexias de comunicación escrita. A comunicación telefónica.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
PENFORNIS, J.-L : (2004), Vocabulaire progressif du français des affaires, Paris, Clé International.
PENFORNIS, J.-L (2010), Communication progressive du française des affaires, Paris, Clé International.
PENFORNIS, J.-L. (2011), Français.com, cahier d'exercices (Niveau intermédiaire), Paris, Clé International
PENFORNIS, J.-L (2013), Affaires.com, cahier d'exercices (Niveau avancé), Paris, Clé International (2e éd).
O Francés da empresa (Módulos 1 e 2)
BALLE, F. et al. (2002), 500 trucs pour mieux communiquer au travail, 2e éd. mise à jour, Paris, Larousse (Guides pratiques).
BAS, L. (2005) : La correspondance commerciale française, Paris, Nathan.
CLOOSE, É. (2009): Le français du monde du travail. [PUG. 44 CLO 1]
COMMEIGNES, J.D.- et FAYET, M. (2006), Méthodes de communication écrite et orale, Paris, Dunod. [41 FAYE 1]
DAHAN, L. et MOREL, P. (2004): Maîtrisez le Français commercial en 40 dossiers, Paris, Pocket. [44 DAH 1]
FAYET, M. (2008), Modèles types de lettres et courriers électroniques (1CD audio), Paris, Éditions d'Organisation. [S.R. 1020 1/2]
SÁNCHEZ-MACAGNO, M.-O. et CORADO, L. (1999-2000): Faire des affaires en français : analyser, s’entraîner, communiquer, Paris, Hachette. [FRE 134 1/2. Interc. Lugo Humanidades]
DICIONARIOS/LÉXICOS
BINON, J. et al. (2000): Dictionnaire d’apprentissage du français des affaires, Paris, Didier. (Dentro Francés 480)
CHAPRON, J. et GERBOIN, P. (1997): Dictionnaire économique, commercial et financier: espagnol-français/français-espagnol. Paris, Pocket. (F.B. 525A)
Dictionnaire en français des affaires (DAFA) : http://www.projetdafa.net/
EuroDicAutom: http://iate.europa.eu
MARTÍN MAS, F. (2003): Aspectos del léxico económico-empresarial (español-francés y francés-español), Universidad de Murcia. (44 MAR-M1)
PIERRE, C. et LE POULLOUIN, M.L. (2007): Lexi tourisme espagnol-français, Casteilla. [O PIE 1]
Esta materia require que os estudiantes posúan un nivel intermedio en lingua francesa (nivel B2 esixido). Partindo deste feito, o obxectivo é adquirir as competencias lingüísticas necesarias que lle sirvan ó estudiante a desenvolverse en situacións profesionais relacionadas co sector empresarial e turístico. Poderá adquirir as ferramentas esenciais para mellorar a comunicación en ámbolos dous sectores mediante a adquisición dun léxico específico e a aplicación práctica de xogos de rol. Traballaranse especialmente a comprensión e a expresión orais.
Pedagoxía activa e participativa que reúne a aprendizaxe dos contidos e a realización de actividades: exercicios de aplicación, estudios de casos, simulacións, etc. As horas presenciais céntranse na explotación de documentos auténticos ou fabricados cunha funcionalidade didáctica e en diálogos nos que os estudiantes deberán enfrentarse a situacións profesionais cotiás. Introdúcese o léxico específico insistindo nas expresións mais problemáticas para os hispanofalantes.
Material de clase:
Módulos temáticos que serán postos á disposición dos estudiantes para o seu posterior desenvolvemento nas clases presenciais. Utilizarase este material conxuntamente con outras obras de referencia (dicionarios, léxicos, etc.) segundo as necesidades. A bibliografía recomendada é indispensable para facilitar a aprendizaxe da terminoloxía específica.
ESTA MATERIA ESTÁ INTEGRADA NA PLATAFORMA VIRTUAL DA USC NA QUE OS ESTUDIANTES PODERÁN DESCARGAR OU VISUALIZAR O MATERIAL DE APOIO QUE CONSIDEREN OPORTUNO. O USO DO CORREO, FORO OU CALENDARIO CONVÉRTENSE EN INSTRUMENTOS EFICACES PARA GARANTIZAR O BO FUNCIONAMENTO DO CURSO E O ÉXITO DA AVALIACIÓN CONTINUA.
1ª Oportunidade (ordinaria):
1.- Avaliación continua:
-Esixe a participación activa dos estudiantes nas clases presenciais.
-Traballos, exercicios correspondentes a cada módulo:
Módulo 1: 40%
Módulo 2: 40%
PROBA ORAL: 20%
A nota final será a media resultante dOS TRES ÍTEMS SEGUNDO as ponderacións indicadas. Para superar a materia requírese unha nota mínima de 4/10 nas probas de cada módulo, pero a media global será de 5/10.
2.- Examen oficial (MAIO) para os estudiantes con exención de docencia: 80% da nota + proba oral (20% da nota).
2ª Oportunidade (extraordinaria):
Avaliación final:
1.- Para os estudiantes que teñen suspensa a avaliación continua e/ou para os que teñen exención de docencia oficial:
- Examen final (data oficial): PROBA ESCRITA (70%) + PROBA ORAL (30%)= 100% da nota.
O nivel de gramática (expresión, redacción e ortografía) será tido en conta na avaliación das probas, tarefas e actividades (escritas e orais).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
3h/semana (6 créditos: 2 CM + 4 TD)
Una hora de traballo persoal por cada hora de clase presencial (3x1=3 horas por semana) distribuídas da seguinte forma:
1h/semana de CM (clase maxistral/sesión teórica).
2h/semana de TD (sesións interactivas).
3h/semana de traballo persoal fora de clase (exercicios, preparación e realización de tarefas e exames, etc.)
Requírese que os estudiantes posúan un nivel intermedio en lingua francesa (B2) de tal xeito que poidan mais facilmente familiarizarse co léxico e as expresións do francés específico (FOS).
Os estudiantes que opten pola modalidade de avaliación continua (recomendado) DEBERÁN asistir con regularidade ás clases presenciais e participar activamente nas actividades propostas. As repetidas ausencias inxustificadas ou a non entrega dos traballos darán lugar a unha suspensión da avaliación continua. Neste suposto, o estudiante só poderá optar á 2ª Oportunidade (agás os estudiantes con dispensa oficial de asistencia).
Plan de Continxencia
Con carácter xeral, nun escenario de distanciamento social (escenario 2) ou peche das instalacións (escenario 3), prevense medidas de adaptación da docencia, que pasará a ser completamente ou parcialmente de carácter virtual, ben con mecanismos síncronos, ben con asíncronos. A avaliación continua formativa pasará a ser considerada ben como único criterio de avaliación, ben combinada con probas finais, que serán preferentemente de carácter telemático. A proba final sera obrigatoria para os alumnos non aptos na avaliación continua.
Nuria Rodriguez Pedreira
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Teléfono
- 881811837
- Correo electrónico
- nuria.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Francés | C02 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Francés | D05 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Francés | D05 |
24.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D05 |
24.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D05 |