Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Adquisición dun vocabulario e dunhas estructuras necesarios para comprender e expresarse nun francés simple, claro, matizado e preciso, a pesar dalgunhas faltas.
Coñecemento de nocións básicas de fonética para dominar as normas fonéticas e ortográficas do francés.
Coñecemento de nocións de gramática descriptiva e normativa que servirán de base para a adquisición de novos conceptos no bloque de gramática francesa.
A.- Fonética e ortografía:
1.- Nocións xerais: Descripción articulatoria do vocalismo e do consonantismo francés. Regras de correspondencia fonográficas.
2.- A “liaison”. O encadeamento. A elisión. Os signos auxiliares gráficos.
B.- Morfoloxía e sintaxe:
1.- O nome. Definición externa e interna. Subclases. Variación en xénero: marcas gráficas e fonéticas. Variación en número: marcas gráficas e fonéticas.
2.- O adxectivo cualificativo. Definición externa e interna. Variación en xénero: marcas. Variación en número: marcas. Variación en grao. Funcións e colocación. Concordancia.
3.- Os determinantes. Caracterización xeral.
3.1.- Os artigos: definido, indefinido e partitivo.
3.2.- Os numerais e os indefinidos.
4.- Os pronomes. Caracterización xeral.
4.1. Os pronomes persoais. Autonomía e funcións.
4.2. Os pronomes adverbiais. Funcións. Complementariedade cos pronomes persoais.
5.- O verbo
5.1.- As conxugacións. Marcas de persoa, número, tempo e modo.
5.2.- A voz activa e a voz pasiva.
5.3.- Auxiliares de tempo e de voz pasiva. Concordancia do participio.
5.4.- Perífrasis verbais: pasado reciente e futuro próximo.
6.- A frase simple. Orde de palabras.
C.- Libro de lectura obrigatoria:
Antoine de Saint-Exupéry (1999): Le Petit Prince. Paris, Gallimard Coll. Folio.
D.- MANUAIS DE CLASE:
- BESCHERELLE, L.-M. : La conjugaison pour tous. Paris, Hatier, 2007.
- LE NOUVEAU BESCHERELLE. L’art de conjuguer. Paris, Hatier.
- BESCHERELLE 3. La Grammaire pour tous. Paris, Hatier, 1990.
- LEROY-MIQUEL, C. et A. GOLLIOT-LÉTÉ : Vocabulaire progressif du français. Niveau intermédiaire. Paris, Clé International, 1997.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- AAVV: Les 500 exercices de grammaire B1, Hachette (avec corrigés), 2013.
- BERARD, E. LAVENNE, C. : Grammaire utile du français. Paris, Hatier, 1991.
- BESCHERELLE, L.-M. : La conjugaison pour tous. Paris, Hatier, 2006.
- DELATOUR, Y. et al. : Grammaire du français. Cours de civilisation française de la Sorbonne. Paris, Hachette, 1991
- GRÉGOIRE, M. et O. THIÉVENAZ : Grammaire progressive du français avec 600 exercices. Niveau intermédiaire (Nouvelle édition). Paris, Clé International, 2003.
- GREVISSE, M. & GOOSSE, A. : Le bon usage. Paris, Duculot, 2008.
- OUGHLISSI, E., Vocabulaire. Tests clé. Niveau intermédiaire. París, Clé International, 2003.
- POISSON-QUINTON, S., MIMRAN, R. et MAHÉO- LE COADIC, M. : Grammaire expliquée du français. Niveau intermédiaire. Livret d'exercices, Paris, Cle international/VUEF, 2002.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- ABBADIE, Ch., CHOVELON, B. & MORSEL, M.-H. : L'expression française écrite et orale. Grenoble, PUG et Nuxos Publishing technologies, 2007-2014.
- DENIS, D. et A. SANCIER-CHATEAU : Grammaire du français. Paris, Libraire Générale Française, 1994
- TEYSSIER, B. et al. : Nouvelle grammaire du français. Paris, Hachette, 2004.
PRÁCTICA
- POISSON-QUINTON, S., Expression écrite. Niveau 1. París, Clé International, 2004.
- STRUVE-DEBEAUX, A. : Maîtriser la Grammaire française. Grammaire pour étudiants de FLE/FLS. Éditeur : Belin
- VIGNER, G., L’exercice dans la classe de français. Paris, Hachette, 1984.
DICCIONARIOS
- Grand Dictionnaire français - espagnol, espagnol – français. Paris, Larousse, 2007.
- BERTAUD DU CHAZAUD, H. : Dictionnaire des synonymes. Paris, Les Usuels du Robert, 1989.
- BOUSSINOT, R. : Dictionnaire Bordas. Synonymes, analogies et antonymes. Paris,.Bordas/SEJER, 2007.
- HANSE et BLAMPAIN : Nouveau dictionnaire des difficultés du français moderne. Bruxelles, De Boeck/Duculot, 2005
- REY, A.(dir.) : Le Nouveau Petit Robert de la langue française. Paris, Le Robert, 40ème éd., 2007.
RECURSOS ELECTRÓNICOS:
Los Imprescindibles:
www.rfi.fr (« Apprendre le français »)
www.cavilamenligne.com (« Boîte à outils » > « Activités en ligne »)
www.tv5.org (« Langue française » > « Apprendre le français »)
Otros:
http://www.fse.ulaval.ca/Grammaire-BEPP
http://grammaire.reverso.net/ Grammaire française interactive
http://www.leconjugueur.com/frconjonline.php
http://www.lepointdufle.net
http://www.appuifle.net/gramma.htm
http://platea.pntic.mec.es/~cvera/ressources/recursosfrances.htm
http://www.synapse-fr.com/grammaire/GTM_0.htm
O alumno debe acadar un nivel B1. Debe ser capaz de producir enunciados sinxelos e coherentes manexando un vocabulario usual. Debe ser capaz de comprender textos sobre cuestións que lle son coñecidas, tanto escritos como orais. E debe ser capaz de resolver problemas de morfoloxía e sintaxe francesas correspondentes aos aspectos estudados.
A orientación teórica dada na clase será descriptivo-normativa. Presentación por parte do profesor de aspectos
teóricos, conceptos e procedimentos propios dunha temática e explicación das cuestións plantexadas polo alumno.
O estudante será requerido para que a poña en práctica tanto mediante exercicios e composicións orais e escritas, que deberá preparar, como mediante dictados, que contribuirán a afianzar a sua ortografía e a súa comprensión oral.
Apoio docente no CAMPUS VIRTUAL (https://cv.usc.es): As explicacións e os exercicios de aplicación estarán dispoñibles na aula virtual coa antelación suficiente para que os estudiantes poidan familiarizarse cos contidos que se van a exponer na clase. Polo tanto, faise necesario un bo dominio da ferramenta como medio de traballo fora da aula.
I.- CONVOCATORIA ORDINARIA
1) Avaliación continua 30% do total
Rexistro de actividades parciais ao longo do curso: Realización de maneira individual ou en grupos, de exercicios, fichas de traballo, dictados, resumos, traduccións, fichas de vocabulario, etc.
2) Proba final escrita: 40% do total
Proba final de desenvolvemento escrito. Descrición: Verificación da adquisición de competencias en que o alumno expresa de forma individual e por escrito os coñecementos, aplicacións ou xuízos que se lle soliciten mediante probas de diferente tipo: preguntas de desenvolvemento, opción múltiple, análise ou comentario de textos e imaxes, etc.
Constará de unha parte teórica e unha parte práctica. Cada unha delas debe ter unha cualificación de 5/10. De non ser así, o alumno será cualificado como suspenso e a nota será a da parte suspensa.
3) Proba final oral: 30% do total
Proba final de realización oral. Descrición: Verificación e avaliación de coñecementos, de destrezas orais e auditivas, de exposición e comunicación a través da modalidade de entrevista, de diálogo sobre os contidos do libro de lectura obrigaorio. Para aprobar a materia o alumno deberá superar cada apartado da avaliación (avaliación continua e proba final). O suspenso nalgún deles implicará o suspenso de toda a materia.
II.- CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Os alumnos que non superen o exame final na convocatoria ordinaria pero si superasen o apartado da avaliación continua poderán conservar esta nota, pero unicamente para a 2ª convocatoria. O exame final será obrigatorio para todos os estudantes, mesmo para quen superase esta proba na convocatoria ordinaria.
Os alumnos que non superen o apartado da avaliación continua na convocatoria ordinaria e os alumnos que xa se examinaron dúas veces (convocatoria ordinaria +unha convocatoria extraordinaria) ou máis, terán que realizar e aprobar dúas probas: o exame final escrito (80% da avaliación final) e outra proba específica que lles permita o 20% relativo a avaliación continua: test, resumo, presentación oral, etc. É necesario superar cada apartado da avaliación final para aprobar a materia.
ESTUDIANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA
Os estudiantes con dispensa oficial de asistencia terán dúas oportunidades de examen (100% da nota): ordinaria (maio) e extraordinaria (xullo). Mesmas condicións nambas oportunidades que as aplicadas na 2ª oportunidade ós estudiantes sin dispensa.
Observación sobre Probas fraudulentas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Considerarase fraudulenta a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ó público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas ós autores e das fontes
Por cada hora presencial, o alumno deberá dedicar dúas horas ao estudo da asignatura.
Un traballo diario e continuado dos estudantes. Asistencia regular ás clases teóricas e prácticas. A participación activa poderá axudarvos a repasar as nocións de gramática e a mellorar a vosa expresión oral e escrita. Recomendacións: lecturas en francés (libros, cómics, documentais, etc.).
Plan de Continxencia COVID-19
Con carácter xeral, nun escenario de distanciamento social (escenario 2) ou peche das instalacións (escenario 3), prevense medidas de adaptación da docencia, que pasará a ser completamente ou parcialmente de carácter virtual, ben con mecanismos síncronos, ben con asíncronos. A avaliación continua formativa pasará a ser considerada ben como único criterio de avaliación, ben combinada con probas finais, que serán preferentemente de carácter telemático. A proba final sera obrigatoria para os alumnos non aptos na avaliación continua.
Nuria Rodriguez Pedreira
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Teléfono
- 881811837
- Correo electrónico
- nuria.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cedric Aurelien Pleuvry
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Francés | C08 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | Francés | D10 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Francés | C08 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | Francés | D09 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | Francés | D10 |
21.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | D09 |
21.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | D09 |
21.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
21.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | D09 |
21.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | D10 |
21.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | D10 |
21.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | D10 |
21.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
21.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | D14 |
21.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | D14 |
21.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D14 |
21.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | D14 |
24.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | D09 |
24.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | D09 |
24.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | D09 |
24.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |