Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia está concibida como continuación da formación práctica en lingua alemá a un nivel avanzado. As actividades están enfocadas a desenvolver as destrezas da expresión oral e escrita, e da comprensión lectora e auditiva, co fin de alcanzar unha competencia comunicativa integral a un nivel correspondente ao B2.2 do MCER.
O contido e a estrutura do curso baséanse no método: Perlmann-Balme, M. /Schwalb, S. (2014): Sicher! B2.2. Halbband 2.
O estudo e o exercicio práctico centraranse en
- o vocabulario e as expresións relacionadas coa comunicación sobre a sociedade, a vida universitaria, a educación e a vida profesional;
- a análise de estruturas gramaticais complexas;
- as pautas de interacción da comunicación oral que se usan no comentario e o debate de situacións da vida social;
- a lectura e produción de textos de diversa índole;
- a comprensión de documentos auditivos e audiovisuais;
- o debate sobre aspectos socioculturais dos países de fala alemá e o desenvolvemento das competencias interculturais;
I. Bibliografía básica:
Perlmann-Balme, M. /Schwalb, S. (2014): Sicher! B 2.2. Halbband 2. Kurs und Arbeitsbuch + CD. Hueber Verlag. ISBN: 978-3-19-701207-0
De ser oportuno, poñerase ao dispor do alumnado ao comezo de cada tema máis material de estudo.
II. Bibliografía complementaria:
a. Gramáticas e libros de exercicios
BUSCHA, Joachim et. al. (1998), Grammatik in Feldern: ein Lehr- und Übungsbuch für Fortgeschrittene. Ismaning : Verlag für Deutsch.
CASTELL, A. (1997): Gramática de la lengua alemana, Madrid.
CASTELL, A./BRAUCEK, B. (2002): Verbos alemanes. Diccionario de conjugación y complementación, Madrid.
CASTELL, A. /BRAUCEK, B. (2000): Ejercicios. Gramática de la lengua alemana, Madrid.
ENGEL, U. (2009): Deutsche Grammatik. Neubearbeitung. München.
FANDRYCH, CH./THURMAIR, M. : (2011): Textsorten im Deutschunterricht. Linguistische Analyse aus sprachdidaktischer Sicht, Tübingen.
HALL, K./SCHEINER, B (2000): Übungsgrammatik DaF für Fortgeschrittene, München.
HELBIG, G./BUSCHA, J. (2001): Deutsche Grammatik, Berlin.
HELBIG, G./BUSCHA, J. (2001): Übungsgrammatik Deutsch, Berlin.
HERINGER, H.J. (1995): Grammatik und Stil. Praktische Grammatik des Deutschen, Berlin.
REIMANN, Monika, DINSEL, Sabine (2005), Grosser Lernwortschatz Deutsch als Fremdsprache: Deutsch-Spanisch (Un completo vocabulario para el aprendizaje de la lengua alemana: alemán-español). Ismaning, Hueber.
SCHMITT, Richard, Deutsch üben 4/1. Weg mit den typischen Fehlern! München, Hueber.
SCHMITT, Richard, Deutsch üben 4/2. Weg mit den typischen Fehlern! München, Hueber.
b. Dicionarios
Diccionario Moderno Alemán. Langenscheidt.
Diccionario avanzado: español-alemán/ deutsch- spanisch Klett VOX. VOX.
Diccionario grande: español-alemán / alemán-español. Langenscheidt,
Langenscheidts Großwörterbuch Deutsch als Fremdsprache. Langenscheidt.
Os dicionarios en rede presentaranse en clase.
III. Páxinas web:
http://www.goethe.de
http://www.stk.tu-darmstadt.de/jcal/index.htm
http://dw-world.de
http://www.ralf-kinas.de/
PROG@MM. Interaktives Lernsystem zur Grammatik des Deutschen. IdS Mannheim.
http://hypermedia.ids-mannheim.de/programm/index.html
O profesor achegará ao alumnado ao longo do curso unha serie de materiais atendendo á evolución do curso.
Destrezas produtivas e receptivas en Alemán como lingua estranxeira a nivel B2.2
Competencias prácticas no manexo de dicionarios, gramáticas e recursos dixitais de lingua alemá
A metodoloxía adoptada fundaméntase nas pautas dun ensino comunicativo e orientado ao alumnado. Os contidos específicos presentaranse en situacións comunicativas e mediante textos ou materiais audiovisuais. A fase práctica, que constitúe a parte central da materia, consiste na aplicación das estruturas aprendidas en actividades didácticas enfocadas ao desenvolvemento das distintas habilidades e destrezas lingüísticas. As actividades presenciais complementaranse con exercicios e tarefas presentados na plataforma Moodle (Campus Virtual) que se realizarán de modo individual ou colectivo. A organización e presentación dos contidos baséase no libro de texto “ Sicher! Deutsch als Fremdsprache B2.1“ e outros materiais complementarios que se poñerán á disposición do alumnado ao comezo de cada unidade didáctica.
No caso de que non fose posible realizar todas as sesións da materia en modo presencial, as sesións semanais levaranse a cabo de forma virtual na plataforma MSTeams e combinaranse con actividades síncronas e asíncronas na plataforma Moodle (Aula Virtual). Cf. as indicacións no aptdo. “ Observacions” ao final da páxina.
1. Avaliación continua: 50% da nota final
Avaliaranse a asistencia regular e a participación activa nas actividades de aprendizaxe así como a entrega dunha serie de tarefas en prazo e forma.
2. Probas finais: examen escrito 30% da nota final, examen oral 20% da nota final
Ao exame oral só se poderán presentar aqueles estudantes que aproben o exame escrito. Para aprobar a materia é necesario obter unha avaliación positiva tanto no exame escrito como no oral.
Para o alumnado con dispensa oficial de asistencia ás clases a avaliación basearase no exame final: 100% da nota final (exame escrito: 70%, exame oral: 30%).Para aprobar a materia é necesario obter unha avaliación positiva tanto no exame escrito como no oral.
Para a primeira e segunda oportunidade rexen as mesmas condicións.
Para aqueles casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no artigo 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
No caso de que non fose posible realizar as probas finais en modo presencial, levaranse a cabo de forma virtual nas plataformas MSTeams e/ou Moodle. Cf. as indicacións no aptdo. “Observacións“ ao final da páxina.
Por cada hora presencial o alumnado debería dedicar dúas horas de traballo autónomo fóra da aula (50 horas presenciais/100 horas de traballo autónomo).
Recoméndase que os estudantes consulten nas horas de titoría os seus problemas específicos de aprendizaxe.
Plan de continxencia para os escenarios 2 e 3 das “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso académico 2020-2021”
No caso de que as autoridades pertinentes decretaran os escenarios 2 ou 3 do Plan de continxencia as actividades docentes adaptaranse ás directrices establecidas pola USC e aos parámetros acordados polo centro. As actividades que non poidan executarse de modo presencial desenvolveranse de modo virtual recorrendo ás ferramentas institucionais postas a disposición pola USC (principalmente as plataformas MSTeams y Moodle); combinaranse actividades de carácter síncrono e asíncrono.
Do mesmo xeito, no escenario 3 e, se fose necesario, tamén no escenario 2, as probas finais escritas e orais realizaranse en modo virtual a través de Moodle e/ou MSTeams.
Barbara Lubke
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811835
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | D14 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Alemán | D14 |
14:00-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Alemán | D14 |
26.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
26.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | C01 |
29.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | C08 |
29.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |