Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Que o alumno coñeza os principais cambios fonéticos producidos no paso do latín ás linguas románicas, tanto no plano segmental coma no suprasegmental.
Que o alumno se decate de que os cambios fonéticos teñen lugar seguindo determinadas regularidades.
Que o alumno teña coñecemento dos cambios fonéticos que diferencian con claridade a Romania oriental da Romania occidental.
Que o alumno, a partir da análise dos cambios fonéticos producidos, saiba situar un texto medieval no territorio románico ao que pertence.
Que o alumno comprenda que por debaixo das regularidades dos cambios hai moitas veces loitas de tendencias distintas.
Tema 1.- Do latín ás linguas románicas. Os trazos suprasegmentais: o acento.
Tema 2.- Do latín ás linguas románicas. As vogais tónicas (1): constitución dos distintos sistemas vocálicos protorromances.
Tema 3.- Do latín ás linguas románicas. As vogais tónicas (2): a ditongación nas linguas románicas.
Tema 4. A influencia das consoantes veciñas sobre o vocalismo. A nasalización.
Tema 5.- Do latín ás linguas románicas. As vogais átonas.
Tema 6.- Do latín ás linguas románicas. Os ditongos latinos.
Tema 7.- O sistema consonántico do latín clásico
Tema 8.- Do latín ás linguas románicas. As consoantes simples en principio de dicción: os fonemas bilabiais. O fonema labiodental /f/. Os fonemas velares. Os grupos consonánticos en principio de dicción.
Tema 9.- Do latín ás linguas románicas. O sistema consonántico: as consoantes simples en medio de dicción. . Evolución das consoantes xeminadas interiores. As consoantes xeminadas /nn/ e /ll/. Grupos consonánticos en medio de dicción.
Tema 10.- Do latín ás linguas románicas. As consoantes en final de dicción: consoantes primarias (-m,-n, -s, -t, -l, -d, -r, -c); consoantes finais secundarias e terciarias.
Manuais:
Bec, Pierre (1970-71). Manuel pratique de philologie romane, 2 vols., Paris: Picard.
Chaussée, F. de la (1974), Initiation à la phonétique historique de l'ancien français, Paris: Klincksieck.
García, Constantino -Dir - (1977). Lingüística románica, Madrid: UNED
Holtus, Günter, Metzeltin, Michael, y Schmitt, Christian (Coords.) (1998-2005), Lexikon der Romanistischen Linguistik (LRL), 8 vols., Tübingen: M. Niemeyer.
Lausberg, Heinrich (1985). Lingüística románica, 3.ª reimp., 2 vols., Madrid: Gredos.
Maiden, Martin, Smith, John Charles, Ledgeway, Adam –Eds.– (2011). The Cambridge history of the romance languages, Cambridge: Cambridge University Press.
Sánchez Miret, Fernando (2001). Proyecto de gramática histórica y comparada de las lenguas romances, 2 vols., München: Lincom Europa.
Renzi, Lorenzo, y Andreose, Alvise (2003). Manule di lingüistica e filologia romanza, Bologna: Il Mulino
Martinet, A. (1974) Economía de los cambios fonéticos, Madrid, Gredos.
Tekavcic, P. (1980), Grammatica storica dell'italiano, 3 vols., Il Mulino. Bologna, (1ª ed. de 1972), 2ª ed.
Dicionarios
BLOCH, O. & WARTBURG, W. von (1975), Dictionnaire étymologique de la langue française . 6è éd., Paris: Presses Universitaires de France.
CIORANESCU, A. (1958), Diccionario etimológico rumano, La Laguna: Biblioteca Filológica, Universidad de La Laguna,.
COROMINAS, J. & PASCUAL, J.A. (1980 ss.), Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico (DCECH), 6 vols., , Madrid: Gredos.
MACHADO, J.P. (1977) Dicionário etimológico da língua portuguesa, 3 vols., (1ª ed. 1952-1959), 2ª ed., Lisboa: edit. Confluência.
MEYER-LÜBKE, W. (3ª ed., 1935), Romanisches Etymologisches Wörterbuch (REW), Heidelberg: Carl Winter).
WARTBURG, W. von (1928 ss.), Französisches Etymologisches Wörterbuch. Eine Darstellung des galloromanischen Wortschatzes, Heidelberg & Lichtenhahn: Bonn-Berlin-Basel).
1. O alumno deberá ser quen de explicar as diferenzas fundamentais existentes entre o latín e o conxunto das linguas románicas no plano suprasegmental.
2. O alumno deberá ser capaz de distinguir os cambios fonéticos que son continuación de tendencias xa vixentes no latín vulgar dos que se produciron en época máis tardía no interior de cada unha das linguas románicas.
3. Sobre un texto románico concreto o alumno será capaz de localizar os fenómenos fonéticos que permiten adscribilo á Romania oriental ou á Romania occidental.
4. Coñecido o étimo e o seu resultado regular nunha lingua románica, o alumno estará en condicións de explicar os cambios fonéticos producidos na súa evolución e situalos cronoloxicamente.
5. Coñecido o étimo e un resultado románico, o alumno será capaz de discriminar se este resultado é un cultismo ou é patrimonial.
6. O alumno será capaz de localizar espacialmente a vixencia dos resultados de cada un dos subsistemas vocálicos do latín vulgar.
7. O alumno terá capacidade para explicar as prinicipais innovacións que se produciron no subsistema consonántico das linguas románicas con respecto ao do latín.
Combinarase a explicación teórica de cada un dos temas do programa co comentario práctico de textos, nos que os alumnos irán aplicando os coñecementos adquiridos na parte teórica.
As titorías serán de dous tipos: a) titorías conxuntas nas que os alumnos serán orientados na realización das distintas actividades que se programen para realizar en grupo; b) individuais, nas que se fará un seguimento particularizado da evolución de cada alumno.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación do alumno levarase a cabo mediante un proceso de avaliación continua e a realización dun traballo:
1. A asistencia diaria, a participación activa nas clases e a realización dos labores de cada sesión suporán o 70% da cualificación final.
2. O 30% restante da cualificación final virá dado pola valoración dun traballo sobre algún tema relacionado co programa, que o alumno exporá e defenderá na clase.
Os alumnos que teñan dispensa de asistencia terán a obriga de presentar un traballo escrito, que lle será asignado polo profesor, que será valorado de 0 a 3 puntos, e realizarán un exame sobre o contido do programa, que será valorado de 0 a 7 puntos.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Exame escrito, con cuestións relativas ao temario da materia, valorado de 0 a 10 puntos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Recoméndase que o alumno dedique unhas seis horas de traballo semanais á preparación desta materia.
É unha materia que para a maioría dos alumnos vai resultar novidosa, e que esixe unha dedicación continuada, polo que se recomenda ao alumno que non deixe a súa preparación para os días anteriores á data do exame.
En caso de non ser posible o desenvolvemento presencial das clases, seguirá tendo vixencia este programa, e o profesor facilitará por medios telemáticos os materiais que faciliten o traballo de preparación do temario.
PLAN DE CONTINXENCIA
METODOLOXÍA:
ESCENARIO 2 (DISTANCIAMENTO POR CORONAVIRUS): De xeito xeral, manterase o plantexamento das actividades expositivas e interactivas indicado no apartado correspondente, pero coas seguintes alteracións: en caso de que a docencia expositiva se deba impartir parcialmente de xeito virtual, tanto o profesor como os estudantes seguirán neste escenario as leccións do curso de xeito síncrono (é dicir, no horario habitual das clases) pola plataforma Teams. Pola súa banda, a docencia interactiva deberá impartirse de xeito presencial nun 50% como mínimo; de ser necesario, o resto se impartirá virtualmente por Teams. A asistencia a clase é obrigatoria, calquera que sexa a súa modalidade. As titorías serán atendidas de xeito exclusivo tamén por esta plataforma. Para o desenvolvemento das clases virtuais, o profesor proporcionará aos alumnos elementos de aprendizaxe (materiais libres de dereitos que se poidan atopar en internet, por exemplo) como complemento das clases expositivas e / ou para a realización das tarefas interactivas. Estas últimas serán levadas a cabo de acordo cun calendario flexible establecido polo profesor en función das circunstancias da docencia neste escenario. As tarefas interactivas serán preferiblemente de carácter individual, pero se fomentará o traballo colaborativo. En calquera caso, o profesor promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
ESCENARIO 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS): De xeito xeral, manterase o plantexamento das actividades expositivas e interactivas indicado no apartado correspondente, pero coas seguintes alteracións: en caso de que a docencia expositiva se deba impartir totalmente de xeito virtual, tanto o profesor como os estudantes seguirán as leccións do curso, de xeito síncrono (é dicir, no horario habitual das clases), pola plataforma Teams. A docencia interactiva deberá impartirse enteiramente nestas mesmas condicións. Todas as titorías tamén se atenderán por este sistema. A asistencia a clase é obrigatoria, mesmo na modalidade telemática. Para o desenvolvemento das clases virtuais, o profesor proporcionará aos alumnos elementos de aprendizaxe (materiais libres de dereitos que se poidan atopar en internet, por exemplo) como complemento das clases expositivas e para a realización das tarefas interactivas. Estas últimas serán levadas a cabo de acordo cun calendario flexible establecido polo profesor en función das circunstancias da docencia neste escenario. As tarefas interactivas serán preferiblemente de carácter individual dada a situación de aillamento, pero se fomentará o traballo colaborativo. En calquera caso, o profesor promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
SISTEMA DE AVALIACIÓN:
ESCENARIO 2 (DISTANCIAMENTO POR CORONAVIRUS): A nota da asignatura procederá nun 90% dos traballos, orais e/ou escritos, presenciais ou telemáticos, que teña que realizar o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita. As intervencións voluntarias de tipo persoal, tanto a nivel presencial como telemático, que teñan interese para o desenvolvemento da asignatura valoraranse co 10% restante da cualificación final. O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais consistirá na entrega por correo electrónico, na data oficial da proba final, dun traballo cun grao moito maior de complexidade que o dos efectuados en clase. As súas características serán anunciadas polo profesor coa antelación suficiente, e o seu valor será do 100% da nota da asignatura. Este será tamén o único criterio de avaliación para os alumnos presenciais que tiveran faltado a un 20 % ou máis das clases. O criterio de avaliación para os alumnos que asistiran regularmente ás clases pero que non fixeran parte dos traballos ou ningún deles ou suspenderan todos os traballos ou parte deles, a proba final consistirá na entrega ao profesor das tarefas pendentes ou dunha nova versión das suspensas, segundo o caso. O envío farase por correo electrónico na data marcada oficialmente para a proba final. O seu valor terá un peso porcentual calculado en relación co conxunto dos traballos obrigatorios da materia. A avaliación se efectuará sempre sobre o programa. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ESCENARIO 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS): A nota da asignatura procederá nun 90% dos traballos, orais e/ou escritos que teña que realizar telemáticamente o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita. As intervencións voluntarias de tipo persoal que teñan interese para o desenvolvemento da asignatura valoraranse co 10% restante da cualificación final. O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais consistirá na entrega por correo electrónico, na data oficial da proba final, dun traballo cun grao moito maior de complexidade que os efectuados en clase. As súas características serán anunciadas polo profesor coa antelación suficiente, e o seu valor será do 100% da nota da asignatura.