Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal é familiarizar ao estudiante coas nocións básicas necesarias para o estudio do léxico e o seu uso. En xeral, o curso fíxase os obxectivos seguintes:
- Coñecer a morfoloxía do francés e as diferencias entre a morfoloxía gramatical e a morfoloxía léxica.
- Proceder á identificación e á segmentación en morfemas.
- Coñecer os procedimentos de formación de palabras, en particular a derivación e a composición.
- Identificar e analizar as relacións léxicas.
- Comprender a especificidade do léxico e a súa problemática.
UNIDADE 1. Morfoloxía gramatical
1. Palabras e morfemas
1.1. A palabra.
1.2. A estrutura morfolóxica das palabras.
2. Morfoloxía gramatical e morfoloxía léxica.
2.1. Morfemas gramaticais e morfemas léxicos.
2.2. Afixos flexionais e afixos derivacionais.
2.3. A concordancia.
UNIDADE 2. Morfoloxía léxica
1. Morfoloxía e léxico.
2. Palabras complexas e palabras construídas.
3. A derivación afixal.
4. A conversión.
5. A composición.
6. Siglas e abreviacións.
UNIDADE 3. Semántica léxica
1. As relacións de significado no léxico.
1.1. A estruturación semántica do léxico.
1.2. Monosemia, polisemia e homonimia.
1.3. A sinonimia.
1.4. A hiponimia.
1.5. A antonimia.
2. Sintaxe e léxico.
BIBIOGRAFÍA BÁSICA
*GARDES-TAMINE, J. (2010), La grammaire. 1. Phonologie, morphologie, lexicologie. Méthodes et exercices corrigés, Paris, Armand Colin, 4e éd. revue et corrigée (chapitres 2 et 3). [F.B: 7620 A/B/C]
*TOURNIER, J. et TOURNIER, N. (2009), Dictionnaire de lexicologie française, Ellipses Marketing. [44-3 TOU 1]
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Para as unidades 1 e 2:
APOTHELOZ, D. (2002), La construction du lexique français. Principes de morphologie dérivationnelle, Paris, Ophrys (Collection L'essentiel français).
GAUDIN, F. et GUESPIN, L. (2000), Initiation à la lexicologie française. De la néologie aux dictionnaires, Bruxelles, Duculot. [44-3 GAU.-1]----Para a unidade 2.
*HUOT, H. (1992), Morphologie. Forme et sens des mots du français, Paris, Armand Colin (chapitres 1, 2, 5, 6, 7, 8). [44 HUO 4]
TOURATIER, C (2002), Morphologie et morphématique. Analyse en morphèmes, Aix-en-Provence, PUP. [41 TOU 3/44 TOU.C1]
Para a unidade 3:
ELUERD, R. (2000), La lexicologie, Paris, PUF, (Collection « Que sais-je ? »). [41 ELU 2].
GAUDIN, F. et GUESPIN, L. (2000), Initiation à la lexicologie française. De la néologie aux dictionnaires, Bruxelles, Duculot. [44-3 GAU.-1].
*LEHMANN, A. et MARTIN-BERTHET, F. (2013), Lexicologie : sémantique, morphologie et lexicologie, Paris, Armand Colin, 4éd. [41 LEH A1]
MORTUREUX, M.-F. (2001), La lexicologie entre langue et discours, Paris, Armand Colin (Collection Campus Linguistique). [41 MORT 1]
*NIKLAS-SALMINEN, A. (1997), La lexicologie, Paris, Armand Colin. [41 NIK 1]
PICOCHE, J. (1977), Précis de lexicologie française, Paris, Nathan. [44-3 PIC 2]
POLGUÈRE, A. (2003), Lexicologie et sémantique lexicale. Notions fondamentales, Les Presses de l'Université de Montréal. [44 POLG 1]
Ó remate do semestre os estudiantes posuirán as competencias seguintes:
-Comprensión das estruturas e dos mecanismos morfolóxicos e léxicos.
-Análise das relacións entre léxico e sintaxe.
-Reflexión sobre a adquisición do léxico francés e os procedementos de formación de palabras.
-Reflexión sobre a adquisición de ferramentas fundamentales para a análise morfolóxica e lexicolóxica.
-Toma de conciencia da existencia dunha interferencia e interdependencia dos niveis lingüísticos.
-Toma de conciencia das regras que rexen na creación léxica.
-Reflexión sobre os límites dunha sistematización do léxico.
As clases presenciais divídense en CM (clase maxistral) e TD (clases interactivas) cuxos contidos son sometidos á avaliación. Propóñense recursos didácticos (material de apoio, tests, exercicios de aplicación, etc.) que servirán de axuda aos estudiantes ó longo da súa aprendizaxe. As actividades e/ou lecturas propostas pola profesora (especificadas na guía docente do curso 2019/2020), así coma os contidos do programa, serán obxecto de avaliación.
ESTA MATERIA ESTÁ INTEGRADA NA PLATAFORMA VIRTUAL DA USC NA QUE OS ESTUDIANTES PODERÁN DESCARGAR OU VISUALIZAR O MATERIAL DE APOIO QUE CONSIDEREN OPORTUNO. O MANEXO DA PLATAFORMA RESULTA IMPRESCINDIBLE PARA GARANTIZAR O BO FUNCIONAMENTO DO CURSO E O ÉXITO DA AVALIACIÓN CONTINUA.
AVALIACIÓN CONTINUA :
A avaliación continua é a mellor maneira de aprobar a materia. A participación, os exercicios e/ou outras actividades (fichas de lectura, resumos...) terán a mesma ponderación co exame final (convocatoria ordinaria), a saber, 50% para cada modalidade (TD= traballos dirixidos (50%) + examen escrito (50%) = 100%).
EXAMEN FINAL (100%):
Haberá un exame final (convocatoria extraordinaria) para os estudiantes suspensos na 1ª oportunidade ou para aqueles que non se someteron a avaliación continua (100% da nota).
ESTUDIANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA
Os estudiantes con dispensa oficial de asistencia terán dúas oportunidades de examen (100% da nota): ordinaria (maio) e extraordinaria (xullo).
Para os repetidores:
Aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que para os non repetidores.
Observación sobre Probas fraudulentas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Considerarase fraudulenta a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ó público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas ós autores e das fontes
Materia de 6 créditos ECTS distribuidos da forma seguinte ó longo do semestre (en torno a 14 semanas de clase): 1h/semana de CM (clase maxistral) + 2h/semana de clases interactivas ou seminarios. En total 3h semanais de clases presenciais ás que hai que engadir 3 horas suplementarias de traballo persoal. Un total de 6h de traballo persoal por semana (para cada estudiante) adicadas ó estudo da materia.
Suxerimos a modalidade de avaliación continua como o mellor modo de acadar os obxectivos previstos no programa e de aprobar a materia.
Plan de Continxencia COVID-19
Con carácter xeral, nun escenario de distanciamento social (escenario 2) ou peche das instalacións (escenario 3), prevense medidas de adaptación da docencia, que pasará a ser completamente ou parcialmente de carácter virtual, ben con mecanismos síncronos, ben con asíncronos. A avaliación continua formativa pasará a ser considerada ben como único criterio de avaliación, ben combinada con probas finais, que serán preferentemente de carácter telemático. A proba final será obrigatoria para os estudantes non aptos na avaliación continua.
Nuria Rodriguez Pedreira
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Teléfono
- 881811837
- Correo electrónico
- nuria.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Francés | C01 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Francés | C06 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Francés | C06 |
24.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
24.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
23.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |
23.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
28.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
28.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |