Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia dá continuación ao proceso de aprendizaxe do Alemán como lingua estranxeira levándoo ao nivel B2.1 do MRE. Neste curso prestarase unha atención especial á linguaxe científica e ao traballo con textos científicos en lingua alemá. Un dos obxectivos máis importantes é o de ofrecerlles aos estudantes un apoio eficaz para a preparación do Traballo de Fin de Grao.
1. Ler e comprender textos científicos
1.1 Tipos de textos científicos
1.2 O estilo dos textos científicos
1.3 Estruturas léxicas e gramaticais
1.4 Técnicas de lectura
2. Traballar con textos científicos
2.1 Procura e documentación de fontes científicas
2.2 Citar e parafrasear
2.3 Extraer notas e resumir
3. Planificar e preparar un traballo científico
4. Presentar/defender un traballo personal
Os textos obxecto de análises e comentario facilitaránselle ao alumnado a través da Aula Virtual.
BAYERLEIN, Oliver, BUCHNER, Patricia (2013): CAMPUS DEUTSCH- Lesen. München: Hueber. BAYERLEIN, Oliver (2014): CAMPUS DEUTSCH- Präsentieren und Diskutieren. München: Hueber.
BUCHNER, Patricia, BAYERLEIN, Oliver (2015): CAMPUS DEUTSCH- Schreiben. München: Hueber.
FANDRYCH, Christian, THURMAIR, Maria (2011): Textsorten im Deutschunterricht. Linguistische Analyse aus sprachdidaktischer Sicht. Tübingen: Narr.
FÜGERT, Nadja, RICHTER, Ulrike A. (2015): Wissenschaftssprache verstehen. Stuttgart: Klett HERINGER, Hans Jürgen (1995): Grammatik und Stil: Praktische Grammatik des Deutschen. Berlin, Cornelsen.
REIMANN, Monika, DINSEL, Sabine (2005): Großer Lernwortschatz Deutsch als Fremdsprache: Deutsch-Spanisch. Ismaning, Hueber.
Grammatiken:
CASTELL, Andreu (1997): Gramática de la lengua alemana. Madrid, Editorial Idiomas.
FANDRYCH, Christian und Ulrike Tallowitz (2012): Klipp und Klar: gramática práctica de alemán Stuttgart, Klett.
FUNK, Hermann, Michael König und Lutz Rohrmann (2010): Lextra - Deutsch als Fremdsprache. Kompaktgrammatik: A1-B1. Berlin, Cornelsen.
HABERMANN, Mechthild, DIEWALD, Gabriele, THURMAIR, Maria (2015): Duden Grundwissen Grammatik. Fit für den Bachelor. Berlin: Dudenverlag.
HOBERG, Rudolf und Ursula Hoberg (2004): Der kleine Duden. Gramática del alemán. Madrid: Editorial Idiomas.
Wörterbücher:
Diccionario Moderno Alemán. Editorial Langenscheidt. Diccionario avanzado: español-alemán/ deutsch- spanisch Klett VOX. Editorial VOX. Diccionario grande: español-alemán / alemán-español. Editorial Langenscheidt. Langenscheidts Großwörterbuch Deutsch als Fremdsprache. Editorial Langenscheidt. Einsprachiges Lernerwörterbuch für Deutsch als Fremdsprache)
- Competencias comunicativas correspondentes ao nivel B 2.1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
- Coñecer o léxico, as estruturas gramaticais e os recursos discursivos do alemán propios do ámbito cientifico-académico.
- Coñecer as características dos tipos de texto máis relevantes no ámbito cientifico-académico.
- Saber planificar e preparar un traballo científico
As actividades deste curso teñen unha orientación teórico-práctica. Tras unha fase introdutoria inicial, o traballo concéntrase na análise e comentario de textos científicos escollidos de diversos tipos. Durante o curso os/ as participantes realizarán unha serie de exercicios prácticos no marco dos diferentes puntos do programa, os cales levarán a cabo de maneira individual ou en grupos.
No caso de que non fose posible realizar todas as sesións da materia en modo presencial, as sesións semanais levaranse a cabo de forma virtual na plataforma MSTeams e combinaranse con actividades síncronas e asíncronas na plataforma Moodle (Aula Virtual). Cf. as indicacións no aptdo. “ Observacions” ao final da páxina.
1. Avaliación continua: 40% da nota final
Avaliaranse a asistencia regular e a participación activa nas actividades de aprendizaxe así como a entrega dunha serie de tarefas en prazo e forma.
2. Probas finais: examen escrito 40% da nota final, examen oral 20% da nota final
Ao exame oral só se poderán presentar aqueles estudantes que aproben o exame escrito. Para aprobar a materia é necesario obter unha avaliación positiva tanto no exame escrito como no oral.
Para o alumnado con dispensa oficial de asistencia ás clases a avaliación basearase no exame final: 100% da nota final (exame escrito: 70%, exame oral: 30%). Para aprobar a materia é necesario obter unha avaliación positiva tanto no exame escrito como no oral.
Para a primeira e segunda oportunidade rexen as mesmas condicións.
Para aqueles casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no artigo 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
No caso de que non fose posible realizar as probas finais en modo presencial, levaranse a cabo de forma virtual nas plataformas MSTeams
3 horas semanais de clase
6 horas semanais de traballo individual
Plan de continxencia para os escenarios 2 e 3 das “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso académico 2021-2022”.
No caso de que as autoridades pertinentes decretaran os escenarios 2 ou 3 do Plan de continxencia as actividades docentes adaptaranse ás directrices establecidas pola USC e aos parámetros acordados polo centro. As actividades que non poidan executarse de modo presencial desenvolveranse de modo virtual recorrendo ás ferramentas institucionais postas a disposición pola USC (principalmente as plataformas MSTeams y Moodle); combinaranse actividades de carácter síncrono e asíncrono.
Do mesmo xeito, no escenario 3 e, se fose necesario, tamén no escenario 2, as probas finais escritas e orais realizaranse en modo virtual a través de Moodle e/ou MSTeams.
Para aqueles casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no artigo 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Laura Alina Stupperich
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | C03 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Alemán | D06 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Alemán | D06 |
18.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
18.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | C09 |
13.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | C09 |
13.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |