Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Preparar ao alumno para que afronte o estudo do teatro e a prosa do século XVII coa axuda dos métodos filolóxicos axeitados, e a través da análise e interpretación dos máis salientables autores e obras.
2) Proporcionar bases e métodos rigurosos para o estudo da historia literaria, a asimilación dos seus principais conceptos e o correcto aproveitamento dos repertorios bibliográficos e os seus complementos informáticos no estudo do teatro e a prosa do século XVII.
3) Ofrecer coñecementos e habilitar a capacidade para:
a) Coñecer o teatro e a prosa españolas do século siglo XVII nos seus principais xéneros, autores e obras.
b) Profundizar no estudo persoal da prosa e o teatro do século.
c) Xerarquizar correctamente os contidos académicos esenciais e accesorios.
d) Realizar de xeito ordeado notas, guións e esquemas que faciliten o estudo.
e) Avanzar no hábito de lectura reflexiva e analítica.
f) Profundizar no comentario literario de textos.
g) Mellorar a expresión oral e escrita.
h) Estimular o espírito crítico e o xuízo estético.
SECCIÓN TEÓRICA
I. A ESPAÑA DO SÉCULO XVII. Panorama histórico, cultural e literario.
II. PANORAMA DA PROSA NO SÉCULO XVII. Narrativa de ficción e prosa didáctica. Principais características, autores e obras.
III. A NARRATIVA DE CERVANTES.
Lectura obrigatoria: O Quijote, ed. de F. Rico, Barcelona Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores; ed. de F. Rico, Madrid, RAE; ed. de F. Sevilla Regueiro e A. Rey Hazas, en Obra completa, n.º 4-5, Madrid, Alianza.
Lecturas complementarias:
Novelas ejemplares, ed. de J. García López, Barcelona, Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores; H. Sieber, Madrid, Cátedra; ed. de F. Sevilla Regueiro e A. Rey Hazas en Obra completa, n.º 6-11, Madrid, Alianza; ed. de J. F. Avalle-Arce, Madrid, Castalia.
Los trabajos de Persiles y Sigismunda, ed. de J. F. Avalle-Arce, Madrid, Castalia; ed. de C. Romeiro, Madrid, Cátedra.
IV. A NARRATIVA PICARESCA NO SÉCULO XVII: evolución, características, principais autores e obras.
Lectura obrigatoria:
Francisco de Quevedo: El Buscón, ed. de F. Cabo, Madrid, Real Academia Española-Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores.
Lectura complementaria:
Mateo Alemán: Guzmán de Alfarache, ed. de F. Rico, Barcelona, Planeta; ed. de J. Mª. Micó, Madrid, Cátedra; ed. L. Gómez Canseco, Madrid, Real Academia Española-Galaxia Gutenberg.
V. O XÉNERO LUCIANESCO: orixes, características, evolución autores e obras.
Lectura obrigatoria:
Francisco de Quevedo: Sueño del Infierno, Los sueños, ed. de I. Arellano, Madrid, Cátedra.
Lecturas complementarias:
Francisco de Quevedo: Los sueños, ed. de I. Arellano, Madrid, Cátedra; ed. de I. Arellano e Mª. C. Pinillos, Madrid, Espasa-Calpe.
Luis Vélez de Guevara: El diablo cojuelo, ed. de R. Valdés, Barcelona, Crítica; ed. da. R. Fernández e I. Arellano, Madrid, Castalia.
VI. PANORAMA DO TEATRO NO SÉCULO XVII: Lope de Vega, El arte nuevo de hacer comedias e a renovación teatral. O curral de comedias. Principais xéneros, escolas, autores e obras.
VII. O TEATRO DE LOPE DE VEGA.
Lecturas obrigatorias:
Lope de Vega: El caballero de Olmedo, ed. F. Rico, Madrid, Cátedra. Biblioteca Virtual Cervantes.
Lope de Vega: Fuenteovejuna, ed. A. Blecua, Madrid, Alianza Editorial; ed. F. López Estrada, Madrid, Castalia; ed. J. Mª. Marín, Madrid, Cátedra.
Lecturas complementarias:
Lope de Vega: El Arte nuevo de hacer comedias, en J. M. Rozas, "Significado y doctrina del Arte nuevo de Lope de Vega", Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2002; ed. Evangelina Rodríguez Cuadros, Madrid, Castalia, 2012.
Tirso de Molina: El burlador de Sevilla, ed. de I. Arellano, Madrid, Espasa-Calpe.
VIII. O TEATRO DE CALDERÓN DE LA BARCA
Lectura obrigatoria:
Calderón de la Barca: La vbida es sueño, ed. de J.Mª. Ruano de la Haza, Madrid, Castalia; ed. de C. Morón, Madrid, Cátedra; ed. Luis Iglesias Feijoo, en Calderón de la Barca, Primera Parte de comedias, Madrid, Biblioteca Castro, 2006.
Lectura complementaria:
Calderón de la Barca: El gran teatro del mundo, ed. de J. J. Allen e D. Ynduráin, Barcelona, Crítica; ed. de E. Frutos Cortés, Madrid, Cátedra.
SECCIÓN PRÁCTICA
Programa de actividades:
1. O comentario de textos do Século de Ouro.
2. Comentario: o Quijote
3. Comentario: o Quijote.
4. Comentario: o Buscón.
5. Comentario: o Buscón.
6. Comentario: os Sueños.
7. Comentario: os Sueños.
8. Comentario: o Arte nuevo de hacer comedias.
9. Comentario: o Arte nuevo de hacer comedias.
10. Comentario: El caballero de Olmedo.
11. Comentario: El caballero de Olmedo e Fuenteovejuna.
12. Comentario: Fuenteovejuna.
13. Comentario: La vida es sueño.
14. Comentario: La vida es sueño.
PRIMARIA
Lope de Vega, Fuente Ovejuna. El caballero de Olmedo, ed Maria Grazia Profeti, Madrid, Biblioteca Nueva, 2001.
Lope de Vega, El caballero de Olmedo, ed. Francisco Rico, Madrid, Cátedra.
Lope de Vega, El caballero de Olmedo [en línea], ed. Francisco Rico, http://www.cervantesvirtual.com/obra/el-caballero-de-olmedo--0/
Lope de Vega, Fuente Ovejuna, ed. Donald McGrady, Barcelona, Crítica (colección Clásicos y Modernos), 2002.
Lope de Vega, Fuente Ovejuna [en línea], ed. Rinaldo Froldi, http://www.cervantesvirtual.com/obra/fuente-ovejuna--1/
Pedro Calderón de la Barca, La vida es sueño, ed. Fausta Antonucci, Barcelona, Crítica (Colección Clásicos y Modernos), 2008.
Pedro Calderón de la Barca, La vida es sueño, ed. José María Ruano de la Haza, Madrid, Castalia.
Pedro Calderón de la Barca, La vida es sueño [en línea], ed. José María Ruano de la Haza, http://aix1.uottawa.ca/~jmruano/lves.pdf
Pedro Calderón de la Barca, La vida es sueño [en línea], ed. Evangelina Rodríguez Cuadros, http://www.cervantesvirtual.com/obra/la-vida-es-sueno--0/
Pedro Calderón de la Barca, El gran teatro del mundo, ed. Enrique Rull, Debolsillo.
Pedro Calderón de la Barca, El gran teatro del mundo. El gran mercado del mundo, ed. E. Frutos Cortés, Madrid, Cátedra.
Pedro Calderón de la Barca, El gran teatro del mundo, ed. de J. J. Allen y D. Ynduráin, Barcelona, Crítica. [edición en línea: http://www.rae.es/Imagenes/textos/Biblioteca_Clasica/Version_beta/GranT…
Miguel de Cervantes, El Quijote, ed. Francisco Rico, Madrid, Alfaguara-RAE (edición conmemorativa).
Miguel de Cervantes, El Quijote, ed. Francisco Rico, Barcelona, Crítica / Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores. [edición en línea: http://cvc.cervantes.es/obref/quijote/indice.htm]
Miguel de Cervantes, El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, ed. Luis Andrés Murillo, Madrid, Castalia.
Francisco de Quevedo, La vida del Buscón, ed. Fernando Cabo, Barcelona, Crítica (Colección Clásicos y Modernos).
Francisco de Quevedo, La vida del Buscón. ed. Fernando Cabo, Barcelona, Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores-Real Academia Española.
Francisco de Quevedo, Historia de la vida del Buscón, ed. Ignacio Arellano, Madrid, Espasa Calpe (colección Austral).
Francisco de Quevedo, Historia de la vida del Buscón [en línea], http://www.cervantesvirtual.com/obra/historia-de-la-vida-del-buscon--0/
SECUNDARIA
Manuais:
Alborg, Juan Luis: Historia de la Literatura española. El Barroco, Madrid, Gredos, 1970.
Domínguez Caparrós, J., Métrica española, Madrid, Síntesis, 1993.
Pedraza, Felipe y Rodríguez Cáceres, Milagros: Manual de Literatura española, III. Barroco. Introducción. Prosa y Poesía, Pamplona, Cenlit, 1980.
Pedraza, Felipe y Rodríguez Cáceres, Milagros: Manual de Literatura española, IV. Barroco. Teatro, Pamplona: Cenlit, 1980.
Platas Tasende, Ana María: Diccionario de términos literarios, Madrid, Espasa Calpe, 2000.
Quilis, A., Métrica española, Barcelona, Ariel, 19969.
Ruiz Pérez, Pedro: El siglo del arte nuevo (1598-1691), en Historia de la literatura española, vol. 3, Barcelona, Crítica, 2010.
Varios autores: en Historia y crítica de la literatura española. Siglos de Oro. El barroco, coordinación de Bruce Wardropper y edición general de Francisco Rico, Barcelona, Crítica, 1983.
Varios autores: en Historia y crítica de la literatura española. Siglos de Oro. El barroco, Primer suplemento, coordinación de Aurora Egido y edición general de Francisco Rico, Barcelona, Crítica, 1992.
Para alcanzar os obxectivos, utilizaranse conceptos claves da teoría literaria (Poética) antiga e moderna, coa vista posta na evolución dos xéneros teatrais e narrativos no século XVII.
O estudante deberá adquirir a pertinente destreza para enfrontarse a textos da época cunha perspectiva crítica, que o conduza a destacar os elementos fundamentais de calquera obra do período estudado.
No ámbito da docencia, as clases teóricas fundamentaranse na exposición da profesora. As clases prácticas ou interactivas basearanse na análise de textos. Non obstante, a separación total entre teoría e práctica resulta imposible e aínda improcedente, polo que estarán sempre relacionadas. En ambos os dous casos, a profesora facilitará as oportunas orientacións académicas e bibliográficas, tanto nas aulas coma nas titorías.
No ámbito da aprendizaxe, nas clases teóricas preténdese e esperase a participación activa do alumno. Valoraranse as súas intervencións tanto na formulación de preguntas ou ampliacións sobre as leccións, coma nas posibles respostas a cuestións que as profesoras poidan formular sobre a explicación. Nas clases prácticas a participación resulta igualmente básica, e tamén será obrigatoria a asistencia e a realización das actividades programadas.
A asignatura está constituida polas clases teóricas e as prácticas, reflectidas ambas na avaliación da aprendizaxe. As calificacións non dependerán só da asimilación dos contidos, senon tamén do traballo persoal desenvolvido, a madurez e o aproveitamento demostrados, así como da correcta ortografía e expresión. A asistencia a clase, obrigatoria tanto nas sesións expositivas como nas interactivas, será controlada na aula e resultará imprescindible para a superación da materia.
O sistema de avaliación, idéntico nas dúas oportunidades, será o seguinte:
– A avaliación continua, baseada nas actividades e probas que se realicen ao longo do curso, supoñerá o 40% da calificación.
– O exame final, que terá lugar no día e a hora establecidos oficialmente para as dúas oportunidades, representará o 60% da nota final da asignatura.
– Para presentarse ao exame final e superar a asignatura será necesario ter realizado as actividades que se determinen para a avaliación continua.
– Na segunda oportunidade de xullo o sistema de avaliación será o mesmo.
– Os alumnos con dispensa oficial de asistencia a clase serán avaliados a través do exame final, que só no seu caso supoñerá o 100% da calificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
TEMPO ORIENTATIVO DE ESTUDO
ACTIVIDADES PRESENCIAIS
Sesións expositivas 32 h.
Sesións de seminario 16 h.
Sesións de tutoría programada 3 h.
Sesións de evaluación 3 h.
TOTAL DE HORAS EN ACTIVIDADES PRESENCIAIS 54 h.
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
Estudio e preparación de actividades programadas 40 h.
Elaboración de traballos 20 h.
Lecturas complementarias 20 h.
Preparación de exámenes 20 h.
TOTAL DE HORAS EN ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS 100 h.
Dado que o traballo da lectura e coñecemento dos textos nin pode, nin debe ser acumulado en poucos días, recoméndase inicialo dende o principio do curso e levar un seguimento semanal do realizado.
A asistencia a clase considérase imprescindible para ir familiarizándose cos aspectos de cada tema e as orientacións pertinentes, así como para poder levar a cabo intervencións.
As titorías permitirán aclarar aqueles puntos en que un estudante desexe resolver dúbidas concretas ou afondar nalgún aspecto.
Recoméndase realizar un repaso dos conceptos adquiridos na materia "Crítica literaria", sobre todo no referente á narrativa e teatro.
Plan de continxencia
Escenario 2: distanciamento
Metodoloxía da ensinanza
Durante o período no que se manteña a situación de distanciamento, as sesións presenciais previstas oficialmente se desenvolverán do seguinte xeito:
1. As clases expositivas: impartiranse de xeito presencial, se é posible garantir o distanciamento. Se o volume de alumnos matriculados así o aconsella, estas sesións poderían impartirse virtualmente, a través de Microsoft Teams. Se podería facilitar aos estudantes materiais complementarios, a través do campus virtual e/ou aplicacións institucionais.
2. As clases interactivas: se é posible, se desenvolverán presencialmente, nos grupos máis pequenos establecidos de xeito oficial. Adicionalmente, a profesora poderá poñer a disposición dos estudantes materiais que lles permitan comprender e analizar os textos seleccionados para o comentario na aula, incluidos na antoloxía que teñen á súa disposición.
3. No que atingue ás titorías, serán virtuais. A profesora atenderá aos estudantes a través do correo electrónico, o foro e o servizo de mensaxería da aula virtual e/ou a videoconferencia, para un axeitado seguimento da materia.
Avaliación
As probas de avaliación previstas manteranse, adaptando os espacios e os grupos se fose preciso, para garantir o distanciamento.
Escenario 3: peche das instalacións
Obras de lectura obrigatoria
Os estudantes que non poidan ter acceso ás edicións recomendadas das obras de lectura obrigatoria que se correspondan coa parte do temario aínda non impartida poderán ler outras edicións disponibles en internet; para iso, facilitaranse os enlaces correspondentes a través da aula virtual da materia ou material dixital ao efecto.
Metodoloxía da ensinanza
Durante o período no que non sexa posible desenvolver as sesións presenciais previstas oficialmente, serán sustituidas polas seguintes actividades e/ou materiais:
1. As clases expositivas: se poderá facilitar aos estudantes unha síntese dos temas da materia non abordados na aula, a través do campus virtual e/ou aplicacións como Microsoft Teams. Por medio desta última plataforma, se poderán realizar sesións a través de videoconferencia.
2. As clases interactivas: a profesora poderá poñer a disposición dos estudantes materiais que lles permitan comprender e analizar os textos seleccionados para o comentario na aula, incluidos na antoloxía que teñen á súa disposición. Se poderán organizar tamén sesións de videoconferencia a través de Teams.
3. Adicionalmente, e para aplicar os mencionados contidos teóricos e prácticos, os alumnos realizarán, nas datas establecidas ao efecto no campus virtual da materia, algún exercicio relacionado cos temas non concluidos na aula. As tarefas, consistentes esencialmente en comentarios literarios, non requerirán a consulta de fontes bibliográficas que non se atopen a disposición dos alumnos.
4. No que atingue ás titorías, a profesora ofrecerá atención aos estudantes a través do correo electrónico, o foro e o servizo de mensaxería da aula virtual e/ou videoconferencia, para un axeitado seguimento da materia.
Avaliación
O sistema de avaliación, que se podería modificar no escenario 3 se se producise o peche das instalacións e a imposibilidade de impartir docencia e facer probas presenciais, consistiría nunha avaliación non presencial sen proba final (avaliación continua), en ambas oportunidades. Rexiríase polos seguintes criterios específicos:
1. Formará parte da calificación final o período no que se desenvolveu a docencia de xeito presencial, con clases teóricas e prácticas, no que se inclúen a asistencia a clase e os exames ou actividades realizadas de xeito obrigatorio.
2. Tamén se tomará en consideración a posible actividade realizada de xeito virtual desde o peche, en forma de exercicios avaliables e obrigatorios, que os estudantes entregarán a través da aula virtual, nos prazos establecidos ao efecto.
3. A avaliación dos alumnos con dispensa de asistencia a clase se baseará na realización dos exercicios avaliables e obrigatorios establecidos na aula virtual, que só no seu caso representarán o 100% da calificación obtida.
4. Na segunda oportunidade, os estudantes terán que ter realizado todas as actividades non presenciais establecidas ao efecto na aula virtual da materia, nos prazos que se determinen.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
Maria Jose Alonso Veloso
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811802
- Correo electrónico
- mariajose.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antía Tacón García
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811974
- Correo electrónico
- antia.tacon.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C12 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C12 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | C12 |
13:30-14:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | C11 |
18.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
18.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D08 |
18.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D08 |
18.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D09 |
18.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
18.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D09 |
18.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D10 |
18.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D10 |
18.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
22.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C12 |
22.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C12 |
22.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C12 |