Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Coñecer, a través dun enfoque histórico, as principais etapas, movementos, autores e obras da Literatura Hispanoamericana do século XX.
2.- Exercitarse no comentario de textos literarios da etapa estudada para identificar os matices temáticos, formais e estilísticos máis frecuentes e salientrables das letras hispanoamericanas.
3.-Coñecer e manexar os principais materiais documentais e fontes bibliográficas (primarias e secundarias) para acadar autónomamente un máis profundo dominio da disciplina.
4.- Descubrir as características e particularidades básicas da cultura hispanoamericana do século XX (históricas, intelectuais, artísticas) a través dos seus textos literarios.
5.-Comprender e valorar a contribución hispanoamericana do século XX ao conxunto das culturas hispánica e occidental.
CAMPUS DE SANTIAGO
O CONTO
1. A traxectoria do conto hispanoamericano do século XX a través das correntes narrativas
2. Os contos de Cortázar
A NOVELA (1): OBRAS REPRESENTATIVAS DAS PRINCIPAIS CORRENTES
1. El Señor Presidente, de Miguel Ángel Asturias
2. El Reino de este mundo, de Alejo Carpentier
3. El astillero, de Juan Carlos Onetti
4. El túnel, de Ernesto Sábato
5. Aura, de Carlos Fuentes
A NOVELA (2): EXPOÑENTES DO BOOM
1. Cien años de soledad, de García Márquez
2. El Siglo de las Luces, de Alejo Carpentier
2. Rayuela, de Julio Cortazar
3.Sobre héroes y tumbas, de Ernesto Sábato
4.Conversación en la Catedral, de Mario Vargas Llosa
5. La Casa de la Laguna, de Rosario Ferré
A POESÍA
1. O modernismo
2. Visión xeral da poesía hispanoamericana do século XX
CAMPUS DE LUGO
Tema 1.- O Modernismo Hispanoamericano
1.1.- Introdución ao movemento modernista.
1.2.- José Martí, poemas e contos selecionados (aula virtual)
1.3.- Rubén Darío, Azul, Cantos de vida y esperanza.
1.4.- Poemas de finais do Modernismo (aula virtual)
Tema 2. A narrativa rexionalista e de vangarda
2.1.- A novela da revolución mexicana Los de debajo de Mariano Azuela
2.2.- A narrativa de vangarda. Textos seleccionados (aula virtual)
Tema 3. A nova narrativa hispanoamericana
3.1- O realismo maravilloso. Carpentier. El reino de este mundo
3.2- Narrativa do cono sur: A literatura fantástica. Borges “El Aleph” (aula virtual)
3.3- O realismo marabilloso trascendido: Juan Rulfo Pedro Páramo.
Tema 4.- Dende o “boom” ás últimas correntes da narrativa hispanoamericana
4.1.- Os anos 60. O boom: características, autores.
4.2.- Julio Cortázar. Contos seleccionados (aula virtual)
4.3.- Carlos Fuentes. Contos seleccionados (aula virtual)
4.4.- García Márquez. Cien años de soledad
4.5. As últimas tendencias narrativas do século XX. Vargas Llosa Pantaleón y las visitadoras Fernando Vallejo, La virgen de los sicarios
Tema 5.- A poesía hispanoamericana do século XX
5.1.- O vanguardismo poético en Hispanoamérica: Huidobro, Guillén, Borges, Vallejo, Pablo Neruda, , Gabriela Mistral (Antología de Oviedo)
5.2. La poesía hispanoamericana dende mediados do século XX. Octavio Paz, Ernesto Cardenal, Roque Dalton, José Emilio Pacheco (Antoloxía de Oviedo)
NOTA (COMÚN A ÁMBOLOS DOUS PROGRAMAS)
A impartición da totalidade da materia está suxeita ás limitacións de tempo e á importancia relativa de cada tema dentro do programa. As profesoras poderán valorar estas circunstancias e aplicar un criterio selectivo ao temario, dedicando maior atención aos autores e obras que consideren oportunos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
-R. Darío, Azul... Cantos de vida y esperanza. Cátedra, 1995.
-J. L. Borges selección de cuentos.
-Mariano Azuela: Los de abajo
M. A. Asturias, El Señor Presidente (ed. A. Lanoël-d’Aussenac). Cátedra, 1997.
-J. Rulfo, Pedro Páramo, Cátedra, 1995 // El Llano en llamas. Cátedra, 1997.
- E. Sábato, El túnel (ed. A. Leiva). Cátedra, 2008 // Sobre héroes y tumbas. Seix Barral, 1983
-A. Carpentier, El reino de este mundo. Alianza, 2009 // El siglo de las luces (ed. de L. Martul), Akal, 2008.
-J. Cortázar, selección de cuentos. // Rayuela (ed. de A. Amorós). Cátedra, 2008 // Cuentos completos. Alfaguara, 2004-2007.
-C. Fuentes, selección de cuentos. “Aura”, en Cuerpos y ofrendas. Alianza, 2004 // La muerte de Artemio Cruz. Cátedra, 2000.
-G. García Márquez: Los funerales de la mamá grande. Plaza y Janés, 1998 // Cien años de soledad. Cátedra, 1987.
-M. Vargas Llosa: Pantaleón y las visitadoras. Alfaguara, 2004 // Conversación en la Catedral. Seix Barral, 1983.
J. C. Onetti, El astillero, ed. J. M. García Ramos). Cátedra, 2003.
-Fernando Vallejo: La Virgen de los sicarios. Alfaguara, 1998.
-Elena Poniatowska Hasta no verte Jesús mío, Alianza, 2014.
-Rosario Ferré, La Casa de la Laguna, New York, Vintage Español, 1997.
-Selección de poemas de Huidobro, Guillén, Borges, Vallejo, Pablo Neruda, Octavio Paz, Ernesto Cardenal, Roque Dalton, José Emilio Pacheco, Gabriela Mistral, Delmira Agustini y Alfonsina Storni (Antología de la poesía hispanoamericana contemporánea de José Olivio Jiménez).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aínsa, Fernando. Historia de la literatura hispanoamericana. Siglo XX. T. Barrera (coord.). Madrid, Cátedra, 2008.
Brushwood, John. La novela hispanoamericana del siglo XX. Una vista panorámica. México, FCE, 1984.
Debicki, Andrew, Poetas hispanoamericanos contemporáneos. Punto de vista, perspectiva, experiencia, Madrid, Gredos, 1976.
Fernández, Teodosio, La poesía hispanoamericana del siglo XX, Madrid, Anaya, 1991.
Fernández Moreno, César, América Latina en su literatura. México, Siglo XXI y UNESCO, 1972.
Gálvez, Marina, La novela hispanoamericana del siglo XX. Madrid, Cincel, 1981.
González Echeverría, Roberto y Puppo Walker, E. Historia de la literatura hispanoamericana (vol. II). Madrid: Gredos, 2010.
Jiménez, José Olivio, ed., Antología de la poesía hispanoamericana contemporánea, 1914-1987, Madrid, Alianza, 1993.
Oviedo, José Miguel, ed., Antología crítica del cuento hispanoamericano del siglo XX, Madrid, Alianza,
1992 (2 vols.)
Oviedo, José Miguel, Historia de la literatura hispanoamericana, Madrid, Alianza, 1997-2003 (4 vols.).
Rama, Ángel, Transculturación narrativa en América Latina, México, siglo XXI, 1982.
Shaw, Donald, Nueva narrativa hispanoamericana, Madrid, Cátedra, 1981.
Sucre, Guillermo, La máscara, la transparencia. Ensayos sobre poesía hispanoamericana, México, Fondo de Cultura Económica, 1985.
Villanueva, D. Y Viña Liste, J.M., Trayectoria de la novela hispanoamericana actual. Madrid, Espasa Calpe, 1991.
VV.AA. La poesía nueva en el mundo hispánico. Madrid: Visor, 1994.
Yurkiewich, Saúl, Fundadores de la nueva poesía latinoamericana, Barcelona, Ariel, 1984.
1.- Capacidade de estudo organizado (e distribuido ó longo dun cuatrimestre) dos contidos conceptuais duhna materia e de relacionalos con outros adquiridos nas materias cursadas anteriormente.
2.- Aptitude para percibir as características da literatura hispanoamericana do século XX a través das súas manifestacións documentais.
3.- Posta en valor da contribución hispanoamericana do século XX ao conxunto das culturas hispánica e occidental.
4.- Coñecemento, selección, análise, clasificación e síntesis das fontes bibliográficas da disciplina que permitan ao alumno autonomía na aprendizaxe da mesma.
Competencia específica:
5.- Perfeccionamento da análise crítica ca práctica do comentario de textos literarios hispanoamericanos do século XX. Para esto é necesario o reforzo do hábito de lectura e a sistematización da práctica do comentario.
CAMPUS DE SANTIAGO
Tomaranse como punto de partida a lectura, o estudo e o comentario das obras, como medio de entender os diferentes movementos e correntes literarios dos diferentes países.
Para coñecer de maneira exhaustiva as características e evolución da narrativa hispanoamericana do século XX en todas a súas etapas e xéneros, recomendanse os capítulos correspondentes dos volumes 3 e 4 da Historia de la literatura hispanoamericana (1997-2003) de José Miguel Oviedo, incluida na bibliografía.
Os núcleos dedicados ao conto e á poesía teñen como lecturas de referencia as antoloxías editadas, respectivamente, por Oviedo (1992) e Jiménez (1993), indicadas na bibliografía.
O núcleo titulado A NOVELA (1) comprende as novelas cortas de lectura obrigatoria. Na aula virtual proporciónanse as ferramentas para o seu estudo: comentario xeral da obra, bibliografía e suxerencias para que o alumno elabore comentarios sobre elas.
O núcleo titulado A NOVELA (2) abarca cinco obras extensas, das cuais se facilitará unha antoloxía de fragmentos representativos. Esta lectura parcial e as explicaciónS de clase servirán para orientar ao alumno na elección dunha delas, que deberá ler na súa versión integral e preparar coa axuda da bibliografía. Para a proba final, a novela elixida será posta en relación cunha das novelas cortas de lectura obrigatoria e cun conto. Nestas tres obras basearase a disertación adaptada ao epígrafe dun enunciado amplo que se proponga.
As clases interactivas promoverán a discusión e intervención dos alumnos, a partir dun texto, obra ou tema que se propoña para un debate.
CAMPUS DE LUGO
As clases desenvolveránse según o horario fixado pola Facultade. Estará operativa un aula virtual para a materia. Os materiais que constituen a bibliografía básica estarán a disposición dos alumnos por medio do campus virtual (presentacións, libros, artigos, páxinas web, etc.). Eventualmente, e sempre con aviso anticipado no “foro” da aula virtual, pódense anunciar clases expositivas telemáticas en datas concretas.
As clases práticas poderán centrar a sua actividade en diversas actividades a criterio da profesora, que o anunciará oportunamente:
1º.- Leitura e comentario (escrito) de textos literarios:
2ª.- Discusión de textos críticos (seleccionaránse entre a bibliografía e anunciaránse por adiantado). A profesora plantexará cuestións para a discusión nas clase.
3º.- Exposicións orais sobre temas sinalados previamente. O alumnado deberá preparar un guión sobre a leitura e repartir copias aos compañeiros/-as da aula.
Estos exercicios poderán ser plantexados como actividades de traballo individual y/o en grupo.
4º.- As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial. Poderanse programar por vía telemática, previo acordo profesora e alumno.
CAMPUS DE SANTIAGO
(Sistema de avaliación común aos escenarios 1, 2 e 3)
A avalicación da asignatura basearase nun exame (70%) e nos comentarios, traballos e actividades (30%), como parte da avaliación continua. Mantéñense as mesmas condición para a segunda oportunidade.
Os alumnos con dispensa de asistencia realizarán un exame final (100%).
Estes críterios son aplicables a cualquera dos tres escenarios previstos no Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22 (1. Normalidade adaptad, 2.Distanciamento, 3. Peche das instalacións).
En todos os casos, na realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
CAMPUS DE LUGO
O 70% da cualificación final corresponderá ao examen teórico que tería lugar na data oficial fixada pola facultade. O exame será escrito e consistirá en preguntas teóricas e/ou un comentario crítico a partir de pasaxes das obras de leitura obrigatoria. A proba medirá o dominio dos diferentes niveis de análise textual, a asimilación dos conceptos teóricos e a calidade da expresión escrita.
O 30% restante da cualificación corresponderá á parte práctica:
Participación nas sesións da materia e organizadas a partir da leitura, comentario de textos críticos e historiográficos. Os materiais e instrucións para a realización destas actividades estarán a disposición dos alumnos anticipadamente a través do Campus Virtual ou no marco das sesións da materia.
A asistencia ás sesións presenciais, expositivas e interativas, será obrigada e imprescindible para a superación da materia.
O alumnado con dispensa oficial de asistencia realizará o exame final, que representará o 100% da avaliación.
En todos os casos, na realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Horas Presenciais:
30 horas teóricas
15 horas de prácticas
1 horas para titorías persoalizadas.
4 horas para exame.
Traballo autónomo do alumno: 100 horas
As horas de traballo autónomo adicaránse fundamentalmente á lectura dos textos obrigatorios, realización de comentarios de texto, a o estudio da materia e a preparación das clases presenciais.
Horas de traballo autónomo.
52 horas (aprox.) de lectura comprensiva das obras literarias.
12 horas de lectura de bibliografía secundaria para a ampliación da materia.
12 horas de realización de comentarios de texto y/o preparación de trabajos en equipo
24 horas de estudio da materia e preparación exame.
Total: 100 Horas
Espérase que o alumno prepare adecuadamente as clases (debe ler ás obras e textos con anterioridade á presentación dos temas) e faga unha participación activa, informada e pertinente nas clases prácticas (interactivas).
Recoméndase revisar ou poñerse ao día nas técnicas de comentario de textos, incluíndo cuestións de métrica e recursos retórico. Xa que estas técnicas se veñen practicando dende primeiro curso, considéranse capacidades xa coñecidas e adquiridas.
Observacións
HORARIOS
CAMPUS DE SANTIAGO
Clases expositivas: xoves, de 9 a 10 h. (grupo 1) e de 10 a 11 h. (grupo 2).
Clases interactivas: venres, de 9 a 11 h.
CAMPUS DE LUGO
Clases expositivas: xoves de 10 a 12 h.
Clases interactivas: mércores de 9 a 10 h.
Plan de continxencia
Escenario 2. Distanciamiento (restricciones parciales de la presencia física).
A docencia expositiva realizarase total ou parcialmente de maneira virtual, con procedementos síncronos, a través do sistema TEAMS. Para facilitar o traballo do alumno, poranse á súa disposición os materiais necesarios na aula virtual.
A docencia interactiva poderá combinar os sistemas presencial e telemático, garantizando para a primeira o 50% das horas interactivas totais.
Mantense o sistema de avaliación descrito no apartado correspondente (único para os tres escenarios).
Escenario 3. Peche das instalacións
Tanto a docencia expositiva como a interactiva desarrollaranse completamente de modo virtual, no horario establecido pola facultade, a través do sistema TEAMS, que se complementaría co material para prácticas posto a disposición na aula virtual.
Mantense o sistema de avaliación descrito no apartado correspondente (único para os tres escenarios).
CAMPUS DE LUGO
METODOLOXÍA DO ENSINO E CRITERIOS DE AVALIACIÓN NOS PLANS DE CONTINXENCIA
Escenario 2. Distanciamiento (restricións parciais da presencia física).
A docencia expositiva será totalmente de xeito virtual e sincrónico, polo sistema TEAMS. Tamén se porán as presentacións de power point sobre cada tema a disposición do alumnado no aula virtual.
A docencia interactiva realizarase totalmente de xeito presencial, tendo en conta que o grupo de alumnos é reducido (non máis de 10-12). Procuraráse entradas e saídas da aula de xeito ordeada e distanciada.
O 70% da cualificación correspondería ao exame, que sería realizado vía telemática.
O restante 30% da cualificación dependería da participación nas interativas que serían anunciadas por medio do campus virtual con tempo para a súa preparación.
O alumnado con dispensa oficial de asistencia realizará o exame final, que no seu caso suporía o 100% da avaliación.
Escenario 3. Peche das instalacións
Tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolveranse completamente de xeito virtual e sincrónico, no horario fixado pola facultade, a través do Sistema Teams, que se complementaría con material a dispor do alumno na aula virtual (presentacións, textos, cuestionarios, comentarios).
Os estudantes que non teñan aceso ás edicións recomendadas das obras de leitura obrigatoria que se correspondan ca parte do temario ainda non impartida poderán ler outras edicións en internet; para isto, facilitaranse os enlaces correspondentes na aula virtual da materia ou omaterial dixital.
Titorías e exame faríanse por medios telemáticos, según normas publicadas con anterioridade na aula virtual.
O 100% da cualificación correspondería ao exame, que sería realizado vía telemática para todo o alumnado.
Estes sistemas de avaliación manteranse para a segunda oportunidade, segundo as circunstancias (escenarios descritos) que predominaran no curso.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Soledad Perez-Abadin Barro
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811797
- Correo electrónico
- msoledad.perez-abadin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D09 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D09 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | C09 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | C09 |
19.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
19.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D10 |
19.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D10 |
19.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
19.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
19.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
14.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
14.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D10 |
14.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D10 |