Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer os materiais empregados e o proceso seguido na elaboración dun códice medieval.
-Establecer as pautas básicas para a descrición dun códice.
-Adquirir os conceptos elementais mínimos referidos á escrita, decoración e encadernación do códice medieval.
-Manexar con corrección a terminoloxía técnica relativa á tipoloxía libraria e á organización material do códice.
-Analizar o proceso de difusión dos textos románicos a través da imprenta e coñecer as súas características.
-Achegarse ao libro electrónico e ás súas peculiaridades.
-Introducirse no uso das ferramentas informáticas aplicadas ao tratamento e difusión do libro medieval.
Tema 1. Introdución. A aparición da escritura. Soportes e materiais para escribir. Copistas e "scriptoria".
Tema 2. O libro manuscrito. As "formas do libro". O códice. Organización material e preparación para recibir a escritura. Transcrición, decoración e encadernación. A descrición do códice medieval.
Tema 3. O libro impreso. Características formais.
Tema 4. O libro dixital. Características formais.
Tema 5. Bibliotecas e "corpora" dixitais.
Bibliografía básica
Agati, M. L. (2003), Il libro manoscritto. Introduzione alla codicologia, Roma: “L’Erma” di Bretschneider.
Avenoza, G.-Fernández Fernández, L.-Soriano Robles, L. (coords.) (2019), La producción del libro en la Edad Media: una visión interdisciplinar, Madrid: Sílex.
Carter, H. (1999), Orígenes de la tipografía. Punzones, matrices y tipos de imprenta (siglos XV-XVI), Madrid: Ollero&Ramos (1ª ed., en inglés, 1969).
Hamel, C. de (2019), Grandes manuscritos medievales, Barcelona-Madrid-México D. F.: Ático de los libros (1ª ed., en inglés, 2016).
Geldner, F. (1998), Manual de incunables. Introducción al mundo de la imprenta primitiva, Madrid: Arco Libros.
Herrera Morillas, J. L. (2004), Tratamiento y difusión digital del libro antiguo: directrices metodológicas y guía de recursos, Gijón: Trea.
Lucía, J. M. (2012), Elogio del texto digital. Claves para interpretar el nuevo paradigma, Madrid: Fórcola.
Maniaci, M. (2019), Breve storia del libro manoscritto, Roma: Carocci.
Martín Abad, J. (2003), Los primeros tiempos de la imprenta en España, Madrid: Ediciones del Laberinto.
Martín Abad, J. (2004), Los libros impresos antiguos, Valladolid: Universidad de Valladolid.
Ostos, P.-Pardo, Mª. L.-Rodríguez, E. E. (1997), Vocabulario de codicología. Versión española revisada y aumentada del Vocabulaire Codicologique de Denis Muzerelle, Madrid: Arco Libros.
Petrucci, A. (2001), La descrizione del manoscritto. Storia, problemi, modelli, Roma: Carocci (1ª ed. 1984).
Ruiz, E. (2002), Introducción a la codicología, Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
Vallejo, I. (2021), O infinito nun xunco. A invención dos libros no mungo antigo, Vigo: Xerais (1ª ed., en castelán, 2019).
Bibliografía complementaria
Bertolo, F. M.-Cherubini, P.-Inglese, G.-Miglio, L. (2004), Breve storia della scrittura e del libro, Roma: Carocci.
Busonero, P.-Casagrande Mazzoli, M. A.-Devoti, L.-Ornato, E. (1999), La fabbrica del codice. Materiali per la storia del libro nel tardo medioevo, Roma: Viella.
Cátedra, P. M. (dir.) (2009), Los códices literarios de la Edad Media. Interpretación, historia, técnicas y catalogación, Salamanca: Fundación San Millán de la Cogolla.
Cavallo, G. (ed.) (1989), Libri e lettori nel Medioevo. Guida storica e critica, Roma-Bari: Laterza (1ª ed. 1977).
Cavallo, G.-Chartier, R. (dirs.) (2001), Historia de la lectura en el mundo occidental, Madrid: Taurus (1ª ed. 1997).
Fontaine, J. P. (1999), L’aventure du livre. Du manuscrit médiéval à nos jours, Paris: Bibliothèque de l’Image.
Gilissen, L. (1977), Prolégomènes à la codicologie. Recherches sur la construction des cahiers et la mise en page des manuscrits médiévaux, Gand: Éditions Scientifiques Story-Scientia.
Glenisson, J. (dir.) (1988), Le livre au Moyen Age, [Turnhout]: Brepols.
Lemaire, J. (1989), Introduction à la codicologie, Louvain-La-Neuve: Université Catholique de Louvain.
Maniaci, M. (1998), Terminologia del libro manoscritto, Milano: Istituto centrale per la patologia del libro-Editrice Bibliografica (1ª ed. 1996).
Maniaci, M. (2007), Archeologia del manoscritto. Metodi, problemi, bibliografia recente, Roma: Viella (1ª ed. 2002).
Martin, H. J.-Vezin, J. (dirs.) (1990), Mise en page et mise en texte du livre manuscrit, Paris: Éditions du Cercle de la Librairie-Promodis.
Millares Carlo, A. (1993), Introducción a la historia del libro y de las bibliotecas, México: Fondo de Cultura Económica (1ª ed. 1971).
Muzerelle, D. (1985), Vocabulaire codicologique. Répertoire méthodique des termes français relatifs aux manuscrits, Paris (http://vocabulaire.irht.cnrs.fr/vocab.htm)
Tedd, L. A. (2005), Digital Libraries: Principles and Practice in a global Environment, München: K. G. Saur.
-Capacidade para aplicar os coñecementos filolóxicos ao estudo da transmisión dos textos producidos en romance durante a Idade Media.
-Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na descrición dun libro manuscrito e dun incunable.
-Asimilación e manexo dos conceptos clave da materia, fomentando a capacidade de análise e de síntese para discriminar a información imprescindible da accesoria.
-Capacidade para relacionar os datos obtidos durante o proceso de aprendizaxe, favorecendo así o labor de conceptualización durante este proceso.
-Capacidade para valorar e emitir xuízos críticos, como consecuencia das destrezas anteriores, que, aplicados aos temas obxecto da materia, buscarán a súa proxección a outros ámbitos de estudo e a incorporación á formación intelectual do alumno.
AS NORMAS QUE SE INDICAN NAS LIÑAS QUE SEGUEN SERÁN APLICABLES UNICAMENTE NUN CONTEXTO DOCENTE LIBRE DE CORONAVIRUS (ESCENARIO 1. NORMALIDADE ADAPTADA, sen restricións á presencialidade física). NO CASO DE QUE A SITUACIÓN SEXA OUTRA, APLICARANSE OS PROTOCOLOS QUE SE RECOLLEN NO APARTADO DE OBSERVACIÓNS (EPÍGRAFE "PLAN DE CONTINXENCIA").
A profesora impartirá as nocións teóricas e metodolóxicas de carácter xeral, para que o alumnado as empregue correctamente e poida asimilar sen dificultades os contidos da bibliografía recomendada. Nesta materia é primordial a exemplificación de cada un dos fenómenos e o exame dos problemas específicos que suscita cada volume, polo que nas clases a teoría será ilustrada con casos prácticos.
Durante o curso, e dependendo dos contidos que se vaian tratar, impartiranse diversas sesións de carácter práctico, en que se traballará con facsímiles ou plataformas dixitais. Nestas sesións, os alumnos deberán aplicar os conceptos e a terminoloxía científica aos documentos seleccionados e observarán a utilidade que teñen as ferramentas informáticas para o tratamento e difusión do libro medieval.
A profesora establecerá, de acordo cos horarios dos discentes, un horario de titorías personalizadas, que están destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas que poidan derivarse das explicacións dadas na aula, aínda que tamén se poderán utilizar para consultar todas aquelas cuestións que o alumno considere de interese.
Tanto as sesións expositivas como as interactivas terán carácter presencial; as titorías poden ser parcialmente virtuais.
AS NORMAS QUE SE INDICAN NAS LIÑAS QUE SEGUEN SERÁN APLICABLES UNICAMENTE NUN CONTEXTO DOCENTE LIBRE DE CORONAVIRUS (ESCENARIO 1. NORMALIDADE ADAPTADA, sen restricións á presencialidade física). NO CASO DE QUE A SITUACIÓN SEXA OUTRA, APLICARANSE OS PROTOCOLOS QUE SE RECOLLEN NO APARTADO DE OBSERVACIÓNS (EPÍGRAFE "PLAN DE CONTINXENCIA").
O sistema de aprendizaxe baséase no traballo na aula, complementado co traballo que cada alumno debe desenvolver á marxe das horas lectivas. Nesta materia resulta imprescindible a asistencia regular ás clases –que será dun mínimo do 80%, con control por parte da profesora– e a participación activa na discusión dos diferentes puntos do programa, en ocasións a partir de lecturas feitas con antelación.
Aqueles estudantes que cumpran cos requisitos mencionados serán avaliados de maneira continua a través da exposición nas clases interactivas de aspectos determinados do programa; ademais, deberán elaborar dous traballos monográficos: deles, un consistirá na descrición dun códice medieval seleccionado polo alumno de acordo coas directrices fornecidas pola profesora; o otro versará sobre imprenta ou libro electrónico.
A actividade desenvolta polo alumno nas clases interactivas computará un 30% sobre o total da nota, mentres que os dous traballos monográficos terán un valor total do 70%, atribuíndoselle á descrición do manuscrito un 40% da nota; o 30% restante da cualificación resérvase para o segundo exercicio. As datas de entrega dos devanditos traballos serán indicadas o primeiro día de clase.
A non participación nalgunha das actividades previstas, xustificada de acordo co que prevé a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, aprobada polo Consello de Goberno da USC na súa sesión do 25 de marzo de 2010, pode ser suplida cos traballos que oportunamente sinale a profesora.
En calquera caso, todos aqueles estudantes matriculados que non poidan asistir habitualmente ás clases (ou que non desexen acollerse ao sistema de avaliación mencionado) deberán realizar un traballo sobre os contidos globais da materia, que deberá entregarse na data fixada pola Facultade.
Así mesmo, os estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade deberán realizar un traballo de idénticas características ao sinalado no punto anterior na convocatoria correspondente (segunda oportunidade ou avaliación extraordinaria).
Nota. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Sesións presenciais (expositivas e interactivas): 45 horas.
Sesións de titorías individualizadas e avaliación: 15 horas.
Total: 60 horas.
Horas de traballo non presencial do alumno (estimativo; inclúen todas as actividades establecidas pola profesora): 90 horas.
Total de horas de traballo do estudante: 150 horas.
As horas non presenciais corresponden a traballo autónomo do alumno; polo tanto, responden a unha orientación puramente teórica, desde o momento en que cada estudante é o responsable da planificación do seu traballo.
A asistencia regular ás clases e a lectura da bibliografía básica recomendada pola profesora ao inicio do curso son esenciais para seguir correctamente os contidos das exposicións teóricas e prácticas, preparando o alumno para realizar os traballos con bo rendemento e eficacia. A materia non está pensada para acumular nocións, senón para pór en práctica os coñecementos dos estudantes e para establecer relacións entre os diversos puntos do programa (e, mesmo, entre diversas materias). Os principios e métodos que sustentan o ensino da disciplina esixen un certo nivel de abstracción, de aí que se valore de maneira positiva a capacidade crítica dos discentes na aplicación correcta dos conceptos básicos, tanto nas prácticas realizadas nas clases como nos traballos individuais.
Recoméndase seguir un ritmo de traballo diario e constante. É fundamental facer unha lectura analítica da bibliografía recomendada para poder aplicar as conclusións de maneira científica no proceso de aprendizaxe.
Os estudantes deberán redactar e presentar os traballos de maneira acorde co seu nivel académico. Serán, por iso, penalizados os erros ortográficos, a redacción deficiente ou incomprensible e a presentación descoidada dos exercicios.
PLAN DE CONTINXENCIA
METODOLOXÍA
ESCENARIO 2. DISTANCIAMENTO (restricións parciais á presencialidade física)
De xeito xeral, manterase canto se sinalou para as actividades expositivas e interactivas no apartado correspondente, con estes cambios: no caso de que a docencia expositiva se deba impartir parcialmente de xeito virtual, tanto a profesora como os estudantes seguirán neste escenario as explicacións a través da plataforma Teams, no horario que se acorde entre ambas as partes, e sempre pensando no bo rendemento do alumno e en paliar na medida do posible as dificultades de acceso que este poida ter á rede. No que atinxe á docencia interactiva, deberá impartirse de xeito presencial nun 50% como mínimo; o resto das sesións impartiranse a través de Teams. A asistencia á clase é obrigatoria, calquera que sexa a súa modalidade. As titorías serán atendidas a través da citada plataforma ou ben a través de correo electrónico ou de foros, empregando o campus virtual.
Para o desenvolvemento das clases virtuais, a profesora proporcionará aos alumnos elementos de aprendizaxe suficientes, ademais de facilitarlles todos os materiais que sexan precisos e que estean en acceso libre para as súas clases interactivas.
O criterio fundamental neste escenario será a flexibilidade, considerando sempre as diversas situacións do alumnado e os problemas que poidan xurdir no acceso á rede.
ESCENARIO 3. PECHE DAS INSTALACIÓNS
De xeito xeral, manterase canto se sinalou para as actividades expositivas e interactivas no apartado correspondente, con estes cambios: no caso de que a docencia expositiva se deba impartir totalmente de xeito virtual, tanto a profesora como os estudantes seguirán as clases a través da plataforma Teams. A docencia interactiva deberá impartirse enteiramente nestas mesmas condicións. As titorías serán atendidas a través da citada plataforma ou ben a través de correo electrónico ou de foros, empregando o campus virtual. A asistencia a clase é obrigatoria, mesmo na modalidade telemática.
Para o desenvolvemento das clases virtuais, a profesora proporcionará aos alumnos elementos de aprendizaxe suficientes, contemplando mesmo a compilación dun pequeno manual para as aulas elaborado con materiais propios, ademais de facilitarlles todos os que sexan precisos e que estean en acceso libre para as súas clases interactivas.
O criterio fundamental neste escenario será a flexibilidade, considerando sempre as diversas situacións do alumnado e os problemas que poidan xurdir no acceso á rede.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
ESCENARIO 2. DISTANCIAMENTO (restricións parciais á presencialidade física)
A nota da materia será a dos traballos que teña que realizar o alumno (véxase apartado "Sistema de avaliación da aprendizaxe"), que se adaptarán ás excepcionais circunstancias de saúde pública.
Os alumnos que non asistan ás clases deberán entregar os traballos complementarios que sinale a profesora.
Os alumnos que non entreguen todos os traballos ou que non superen a materia deberán completar os traballos que falten ou realizar traballos adicionais de maduración de contidos, que se sinalarán oportunamente.
O envío dos traballos farase por correo electrónico nas datas que estableza a profesora e, no caso dos suspensos, na data marcada oficialmente para a proba final por parte da Facultade.
Nota. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ESCENARIO 3. PECHE DAS INSTALACIÓNS
A nota da materia será a dos traballos que teña que realizar o alumno (véxase apartado "Sistema de avaliación da aprendizaxe"), que se adaptarán ás excepcionais circunstancias de saúde pública.
Os alumnos que non asistan ás clases deberán entregar os traballos complementarios que sinale a profesora.
Os alumnos que non entreguen todos os traballos ou que non superen a materia deberán completar os traballos que falten ou realizar traballos adicionais de maduración de contidos, que se sinalarán oportunamente.
O envío dos traballos farase por correo electrónico nas datas que estableza a profesora e, no caso dos suspensos, na data marcada oficialmente para a proba final por parte da Facultade.
Nota. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.