Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Introducir ao alumno na historia externa das variedades lingüísticas da Romania sobre as que se superpuxo ou coas que entrou en competencia outra lingua estatal.
2. Analisar a situación sociolingüística actual das variedades lingüísticas románicas minorizadas, tanto no referente ó status como á súa elaboración literaria.
I. Mapa actual das linguas e variedades románicas minorizadas.
II. Exame da situación de cada lingua e variedade tendo en conta todos (ou algúns) dos seguintes parámetros:
a. Xeografía e demografía
b. Historia
c. Política, economía e situación actual
d. Estatísticas lingüísticas
e. O discurso e o comportamento dos falantes sobre a propia lingua.
f. Educación.
g. Administración, vida pública e política.
h. Relixión.
i. Medios de comunicación.
j. Ortografía.
k. Literatura
l. Efectos (externos e internos) do contacto lingüístico.
Linguas románicas minorizadas que teñen (principalmente) como teito o castelán
1. O galego.
2. A situación especial do galego estremeiro (occidente de Asturias, León e Zamora)
3. A situación especial das falas esencialmente galegas de Cáceres
4. O catalán
5. A situación especial do catalán en Valencia
6. A situación especial do catalán nas Illes Balears.
7. A situación especial do catalán na “franja” aragonesa.
8. O catalán en Francia.
9. O catalán en Italia (alguerés).
10. Unha variedade con pouca elaboración: o asturiano
11. Unha variedade aínda con pouca elaboración: o aragonés.
Linguas románicas minorizadas que teñen (principalmente) como teito o francés:
12. O occitano.
13. O occitano en Italia.
14. O occitano en España (aranés).
15. O corso.
Linguas románicas minorizadas que teñen como teito o italiano.
16. O sardo
17. O friulano
18. O ladino
19. O francoprovenzal en Italia (valdostano)
Unha linguas románica minorizada que ten como teito o portugués.
20. O mirandés
Linguas románicas minorizadas que teñen como teito idiomas non románicos
21. O romanche
22. O moldavo
Variedades románicas que teñen ou tiveron algún cultivo literario:
23. En Italia: piemontés, lígur, lombardo, siciliano...
24. En Francia (picardo, francoprovenzal...), en Bélxica (walón) e en Suíza (francoprovenzal)
25. Linguas e variedades románicas minorizadas fóra do continente europeo.
Damos, principalmente, obras de carácter xeral; as linguas particulares teñen tratamento dentro desas obras. Nos sitios de internet que damos abaixo hai datos actualizados sobre cada lingua ou variedade en particular. A través do buscador Google pódense encontrar outros sitios; recomendamos facer buscas en varios idiomas; ex: “lengua ladina”, “lingua ladina”, “ladin language”…
Alén Garabato, Mª Carmen. (ed.): O occitano, lingua europea. L’occitan, lenga europèa. Santiago de Compostela: Universidade, 2003
Alén Garabato, Mª Carmen / Valcárcel Riveiro, Carlos: “A República Francesa e as ‘linguas rexionais ou locais’: a situación do occitano e das linguas oilitanas”, A Trabe de Ouro 47 (2001), 35-59.
Bochmann, Klaus: “À l’est comme à l’ouest, où les extrêmes (géographiques) se touchent: Galice et Moldavie devant le problème de la langue”, en Álvarez, R. / Vilavedra, D. (coords.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero. Santiago de Compostela, Universidade, 1999, I, 249-63. Reeditado co titulo “Galicia e Moldavia ante o problema da lingua”, Grial 147, 2000, 489-502.
Boyer, Henri e Gardy, Philippe: Dix siècles d’usages et d’images de l’occitan. Des troubadours à l’internet. Paris, l’Harmattan, 2001.
Breton, Roland: “L’approche géographique des langues d’Europe”, en C. Truchot: Le plurilinguisme européen, Paris, Champion, 1994, pp. 41-68.
Buono, Benedict: “Lingua e dialecto na historia do Piemonte”, A Trabe de Ouro 25, 1996, 7586.
Calvet, J.-L.: Les politiques linguistiques, PUF, Paris, 1996.
Calvet, J.-L.: Le marché aux langues. Les effets linguistiques de la mondialisation, Plon, Paris, 2002.
Calvet, J.-M.: L’Europe et ses langues, Paris, Plon, 1993.
Comisión Europea, Euromosaic. Producción y reproducción de los grupos lingüísticos minoritarios de la UE, Buselas-Luxemburgo, 1996.
Comiti, J. M.: Les corses face à leur langue, Aiaccu, Edizione Squadra di u Finusellu.
Consello de Europa, Carta europea das linguas rexionais e minoritarias (edicións en varios idiomas).
Cordell, Karol; Wolf, Stefan: The Ethnopolitical Encyclopeadia of Europe. Houndmills (UK) N. Y. (USA): Palgrave Macmillan, 2004.
Costas, Xosé H.: Guía das linguas de Europa. Santiago: Positivas, 2002.
Costas González, Xosé Henrique: A lingua galega no Eo-Navia, Bierzo Occidental, As Portelas, Calabor e o Val do Ellas: Historia, breve caracterización e situación sociolingüística actual. Cadernos de Lingua Anexo 8. A Coruña: Real Academia Galega, 2011.
Dyer, Donald L.: The Romanian Dialect of Moldova. A Study in Language and Politics, The Edwin Mellen Press, N. Y., 1999.
Etxebarria, Maitena: La diversidad de las lenguas de España, Madrid, Espasa, 2002.
Fernández Rei, Francisco, e Antón Santamarina (Editores). Linguas románicas minoritarias. Santiago: Secretariado de Publicacións da Universidade, 1999.
Ten colaboracións sobre o galego, o asturiano, o mirandés, o “galego de Cáceres”, o aragonés, o occitano, o romanche, o corso, o sardo e o romanés e variantes.
Fernández Rei, Francisco: “A situación das minorías étnico-lingüísticas da República Italiana”, A Trabe de Ouro 47 (2001), 13-34.
Fernández Rei, Francisco: “Plurilingüismo y contacto de lenguas en la Romania europea", en J. E. Gargallo Gil / Mª R. Bastardas (coords.): Manual de lingüística románica, 2007, 477-516.
[Fernández Rei, Francisco; González González, Manuel; Hermida Gulías, Carme; Mariño Paz, Ramón]: “Galego”, en EGU Enciclopedia Galega Universal. Vigo: Ir Indo, tomo 9, 2003, 354-81.
Fernández-Armesto, Felipe (Editor). Los hijos de Zeus. Pueblos, etnias y culturas de Europa. Barcelona: Grijalbo, 1994.
Non fala só de linguas aínda que a lingua sexa o criterio con que individualiza os pobos. Tradución do inglés (Guide to the Peoples of Europe, The Times, Londres, 1994)
Gaquin, Audrey: Peuples et langues de France, University Press of America, Lanham-NewYork-London, 1996
Giordan, Henri. Les Minorités en Europe. Droits Linguistiques et Droites de l'Homme. Paris: Éditions Kimé, 1992. Trata fundamentalmente das situacións legais.
Goebl, Hans et al.: Kontaktlingustik: ein internazionales Handbuch zetgenösischer Forschung / Contact linguistic: an international handbook of contemporary research, De Gryuter, Berlin, 1997.
(O vol. II ten información sobre cada unha das linguas europeas expostas ó contacto lingüístico).
Holtus, Günter, Michael Metzeltin, e Cristian Schmitt (eds.): Lexikon der Romanistischen Linguistik (LRL). Tübingen: Max Niemeyer, 1988: IV Italienisch, Korsisch, Sardisch. Italiano, Corso, Sardo; 1989: III. Die einzelmen romanischen Sprachen und Sprachgebiete von der Renaissance bis zur Gegenwart. Romänisch, Dalmatisch / Istroromanisch, Friualisch, Ladinisch, Bündnerromanisch. Les différentes langues romanes et leurs régions d’ implantation de la Renaissance à nos jours. Le roumain, Dalmatico / Istroromanzo, Friulano, Ladino, le romanche; 1990: V,1 Französisch. Le français; 1991: V,2 Okzitanisch, Katalanisch. L’ occitan, le catalan; 1992: vol. VI,1 Aragonesisch / Navarresisch, Spanisch, Asturianisch / Leonesisch. Aragonés / Navarro, Español, Asturiano / Leonés; 1994; VI,2 Galegisch, Portugiesisch. Gallego, Português; 1995: II,2 Die einzelnen romanischen Sprachen und Sprachgebiete vom Mittelalter biz zu Renaissance. Les différentes langues romanes et leurs régions d’implantation du Mogen Âge à la Renaissance; 1998: VII Kontakt, Migration und Kuntsprachen. Kontrastivität, Klassifikation und Typologie. Langues en contact, langues des migrants et langues artificielles. Analyses contrastives, classification et typologie des langues romanes.
As variedades minorizadas están no tomo que trata de cada área. Aínda que o título está en alemán as colaboracións están case sempre nunha das linguas romances maiores.
Jacomuzzi, Vincenzo: “O estado da cuestión. A lingua piemontesa hoxe”, A Trabe de Ouro 28, 1996, 561-6.
Jenniges, Wolfgang: Select Biblography on Minority Languages in the European Union, European Bureau for Lesser Used Languages, Bruxelles, 1997.
Trae unha bibliografía esencial lingua por lingua (pouco actualizada).
Maiden, Martin e Parry, Mair: The Dialects of Italy, Routledge, London and New York, 1977.
Marín González, Gelu: Atlas de Europa. La Europa de las lenguas, la Europa de las naciones, Istmo, Madrid, 2000.
Moreno Cabrera, J. C. La dignidad e igualdad de las lenguas (Crítica de la discriminación lingüística). Alianza, Mafrid, 2001.
Negura, Petru: “O medio literario entre procura identitaria e integración nacional. Para unha socioloxía do rexionalismo cultural na Besarabia nos anos trinta” (tradución Antón Figueroa), A Trabe de Ouro 50, 2002, 217-27.
Parajó Calvo, Margarita e Costas González, Xosé Henrique: “Posibilidades legais de equilibrio lingüístico no Bierzo occidental e as Portelas. Breve referencia á Terra Eo-Navia e ó val do río Ellas”, A Trabe de Ouro 47 (2001), 91-104.
Petschen Verdaguer (ed): Las minorías lingüísticas de Europa occidental: documentos (1492-1989), Parlamento Vasco, Vitoria, 1990.
Posner, Rebecca, e John Green (Editores). Trends in Romance Linguistics and Philology. Volume 5: Bilingualism and Linguistic Conflict in Romance. Berlin - New York: Mouton De Gruyter, 1993.
Ten colaboracións sobre o contacto (e tamén sobre a historia externa en xeral) do galego, catalán, occitano, retorománico, corso, sardo, dialectos italianos, romanés, quebequés, creoulos, inmigrantes en Europa.
Price, Glanville. Encyclopaedia of the Languages of Europe. Oxford: Blackwell, 1998. Os artigos son breves pero ben informados. Bos mapas.
Siguan, Miquel. La Europa de las lenguas. Madrid: Alianza Editorial, 1996.
É unha boa introdución. A edición orixinal estaba en catalán (L'Europa de les llengües, Edicions 62).
Vallverdú, Francesc (Director) e Bañeres, Jordi (Coordinador): Encic lopèdia de la llengua catalana, Edicions 62, Barcelona 200.
É o texto máis actualizado e completo ata agora sobre a lingua catalana, en todas as súas variedades. Cada capítulo está redactado por un especialista. (Excusa a lectura do LRL V,2 no que se refire ó catalán).
White, Paul: “Geographical Aspects of Minority Language Situations in Italy”, en Colin H. Williams (ed.): Linguistic Minorities, Society and Territory. Multilingual Matters, Clevedon 1991, pp. 44-65.
Alguns sitios interesantes de internet:
http://www.sil.org/etnologue
http://www.mercator-education.org/
http://www.uoc.edu/euromosaic/
http://www.altabadia.it/ladins/
http://www.dobl-oc.com/Occitans/index.htm
http://www.ac-corse.fr/
http://dmoz.org/Science/Social_Sciences/Language_and_Linguistics/Natura…
http://www.smo.uhi.ac.uk/saoghal/mion-chanain/en/
http://www.smo.uhi.ac.uk/saoghal/mion-chanain/en/
http://www.tlfq.ulaval.ca/axl/Langues/acces_languesmonde.htm
http://www.rosettaproject.org/live
1. Apreciación da complexidade do mapa das linguas nos estados europeos da Romania.
2. Coñecemento da actitude dos estados latinos fronte á diversidade cultural do seu territorio.
3. Obtención de nocións básicas da situación das linguas e variedades románicas minorizadas.
4. Familiarización coa metodoloxía dos estudos de (macro)sociolingüística e coa súa metodoloxía.
O docente proporcionará información teórica e práctica que permita que o alumnado coñeza de maneira cabal cal é a composición lingüística da Romania europea, que equivale a máis da metade da Unión Europea actual, plurilingüe no seu conxunto e plurilingüe na maioría dos estados que a compoñen. Cada estudante deberá complementar esa información con buscas persoais e afirmala coa realización de exercicios prácticos e un traballo monográfico.
Aplicarase un procedemento de avaliación continua. Farase un seguimento do labor realizado por cada estudante, polo que se require a asistencia obrigatoria (como mínimo, nun 80% do total de horas previstas) tanto ás clases expositivas como ás interactivas e unha participación activa nelas, comentando as lecturas.
Ademais, cada estudante fará obrigatoriamente un traballo escrito sobre a situación dunha das linguas ou variedades minorizadas do programa, do que tamén se fará unha exposición oral na clase.
Na avaliación a porcentaxe correspondente a cada actividade será: un 20% na asistencia regular e participación activa nas diferentes actividades; un 30% no dominio dos contidos teóricos e prácticos sobre comentarios específicos preparados para desenvolver nas aulas; un 50% no traballo dun tema e a súa exposición oral. Neste traballo valorarase a calidade, orixinalidade, presentación, redacción e ordenación dos contidos.
De non participar nalgunha das actividades previstas, xustificadas consonte o previsto na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, que o Consello de Goberno da USC aprobou en sesión do 25 de marzo do 2010, o alumno poderá suplir este déficit con traballos substitutorios.
Para a segunda oportunidade, a avaliación consistirá nun exame, que será valorado de 0 a 10 puntos, na data que estableza a Facultade de Filoloxía.
Para os casos de realización fraudelenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS HORAS
Sesións expositivas 30
Sesións de seminario /
laboratorio de idiomas
/ aula de informática... 15
Sesións de titoría programadas 3
Sesións de avaliación 2
Outras actividades
Total de horas de actividade presencial 50
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS HORAS
Estudo e preparación
de actividades programadas na clase 40
Realización de traballos de diverso tipo 20
Lecturas 20
Preparación de exames 20
Outras actividades
Total de horas de actividade non presencial 100
É conveniente que o alumnado poida ler textos científicos en inglés, francés e italiano.
En caso de que non sexa posible o desenvolvemento presencial das clases, o profesor facilitará por medios telemáticos os materiais que posibiliten a preparación do temario. Se as circunstancias así o aconsellaren, o temario poderá verse simplificado ou reducido nalgunha das súas partes. En todo caso, estas modificacións serían comunicadas ao alumnado oportunamente.
PLAN DE CONTINXENCIA METODOLOXÍA:
ESCENARIO 2 (DISTANCIAMENTOL POR CORONAVIRUS): De xeito xeral, manterase o plantexamento das actividades expositivas e interactivas indicado no apartado correspondente, pero coas seguintes alteracións: en caso de que a docencia expositiva se deba impartir parcialmente de xeito virtual, tanto o profesor como os estudantes seguirán neste escenario as leccións do curso de xeito síncrono (é dicir, no horario habitual das clases) pola plataforma Teams. Pola súa banda, a docencia interactiva deberá impartirse de xeito presencial nun 50% como mínimo; de ser necesario, o resto se impartirá virtualmente por Teams. A asistencia a clase é obrigatoria, calquera que sexa a súa modalidade. As titorías serán atendidas de xeito exclusivo tamén por esta plataforma. Para o desenvolvemento das clases virtuais, o profesor proporcionará aos alumnos elementos de aprendizaxe (materiais libres de dereitos que se poidan atopar en internet, por exemplo) como complemento das clases expositivas e / ou para a realización das tarefas interactivas. Estas últimas serán levadas a cabo de acordo cun calendario flexible establecido polo profesor en función das circunstancias da docencia neste escenario. As tarefas interactivas serán preferiblemente de carácter individual, pero se fomentará o traballo colaborativo. En calquera caso, o profesor promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
ESCENARIO 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS): De xeito xeral, manterase o plantexamento das actividades expositivas e interactivas indicado no apartado correspondente, pero coas seguintes alteracións: en caso de que a docencia expositiva se deba impartir totalmente de xeito virtual, tanto o profesor como os estudantes seguirán as leccións do curso, de xeito síncrono (é dicir, no horario habitual das clases), pola plataforma Teams. A docencia interactiva deberá impartirse enteiramente nestas mesmas condicións. Todas as titorías tamén se atenderán por este sistema. A asistencia a clase é obrigatoria, mesmo na modalidade telemática. Para o desenvolvemento das clases virtuais, o profesor proporcionará aos alumnos elementos de aprendizaxe (materiais libres de dereitos que se poidan atopar en internet, por exemplo) como complemento das clases expositivas e para a realización das tarefas interactivas. Estas últimas serán levadas a cabo de acordo cun calendario flexible establecido polo profesor en función das circunstancias da docencia neste escenario. As tarefas interactivas serán preferiblemente de carácter individual dada a situación de aillamento, pero se fomentará o traballo colaborativo. En calquera caso, o profesor promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
SISTEMA DE AVALIACIÓN:
ESCENARIO 2 (DISTANCIAMENTO POR CORONAVIRUS): A nota da asignatura procederá nun 90% dos traballos, orais e/ou escritos, presenciais ou telemáticos, que teña que realizar o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita. As intervencións voluntarias de tipo persoal, tanto a nivel presencial como telemático, que teñan interese para o desenvolvemento da asignatura valoraranse co 10% restante da cualificación final. O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais consistirá na entrega por correo electrónico, na data oficial da proba final, dun traballo cun grao moito maior de complexidade que o dos efectuados en clase. As súas características serán anunciadas polo profesor coa antelación suficiente, e o seu valor será do 100% da nota da asignatura. Este será tamén o único criterio de avaliación para os alumnos presenciais que tiveran faltado a un 20 % ou máis das clases. O criterio de avaliación para os alumnos que asistiran regularmente ás clases pero que non fixeran parte dos traballos ou ningún deles ou suspenderan todos os traballos ou parte deles, a proba final consistirá na entrega ao profesor das tarefas pendentes ou dunha nova versión das suspensas, segundo o caso. O envío farase por correo electrónico na data marcada oficialmente para a proba final. O seu valor terá un peso porcentual calculado en relación co conxunto dos traballos obrigatorios da materia. A avaliación se efectuará sempre sobre o programa. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ESCENARIO 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS): A nota da asignatura procederá nun 90% dos traballos, orais e/ou escritos que teña que realizar telemáticamente o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita. As intervencións voluntarias de tipo persoal que teñan interese para o desenvolvemento da asignatura valoraranse co 10% restante da cualificación final. O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais consistirá na entrega por correo electrónico, na data oficial da proba final, dun traballo cun grao moito maior de complexidade que os efectuados en clase. As súas características serán anunciadas polo profesor coa antelación suficiente, e o seu valor será do 100% da nota da asignatura. Este será tamén o único
Francisco Jose Fernandez Campo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811792
- Correo electrónico
- franciscojose.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU