Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia ten como obxectivo a formación no traballo filolóxico en literatura alemá premoderna. Tomando como base os coñecementos adquiridos na outra materia do módulo ('Panorama da literatura alemá 2'), o curso afundirá no estudo dos textos e nos coñecementos teóricos necesarios.
O curso estrutúrase en tres unidades temáticas. En cada unha delas vaise tratar un texto (temas 1 e 3) ou unha selección de textos (tema 2), cunha dedicación aproximada de 5 semanas de traballo respectivamente.
1. Wolfram von Eschenbach: Parzival
1.1. A prehistoria: fatalidade cabaleiresca e afastamento da civilización cortesá.
1.2. O mundo artúrico e os camiños de Parzival.
1.3. O mundo do Grial, a cuestión de culpa e o perdón.
1.4. As relacións de xénero e a imaxe feminina.
1.5. Poética e estilo narrativo de Wolfram von Eschenbach
2. Narrativa breve alemá da Idade Media
2.1. Introducción á narración breve. Tipos e funcións.
2.2. Didáctica e defensa do ordo establecido.
2.3. A fatalidade do amor apaixoado.
2.4. O descubrimento da sexualidade e a inocencia.
2.5. Astucia femenina e engano.
2.6. A liberación da maldade e a violencia absurda.
3. Hans Jakob Christoffel von Grimmelshausen: Simplicissimus
3.1. O xénero da novela picaresca. Orixes e presencia en Alemaña.
3.2. A guerra dos trinta anos e o Simplicissmus como novela antibélica.
3.3. A perspectiva narrativa. A visión do pícaro como vehículo da sátira social.
3.4. O mundo incorrexible e a retirada á vida de ermitaño.
3.5. As mulleres no mundo do Simplicissimus.
Lecturas obrigatorias:
1.a.) Wolfram von Eschenbach: Parzival. Nach der Ausgabe Karl Lachmanns, revidiert und kommentiert von Eberhard Nellmann, übertragen von Dieter Kühn. Frankfurt a. M. (Deutscher Klassiker Verlag im Taschenbuch) 2006.
1.b.) Wolfram von Eschenbach: Parzival. Edición de Antonio Regales. Madrid (Siruela) 2017.
2.a.) Novellistik des Mittelalters. Märendichtung. Herausgegeben, übersetzt und kommentiert von Klaus Grubmüller. Frankfurt a. M. (Deutscher Klassiker Verlag im Taschenbuch) 2010.
2.b.) Selección de narrativa breve en castellano. Traducción de Emilio González Miranda.
3.a.) Hans Jacob Christoffel von Grimmelshausen: Simplicissimus Deutsch. Herausgegeben von Dieter Breuer. Frankfurt a. M. (Deutscher Klassiker Verlag im Taschenbuch) 2005.
3.b.) Hans Jacob Christoffel von Grimmelshausen: Simplicius Simplicissimus. Edición de Manuel José González. Madrid (Cátedra Letras Universales) 2004.
Literatura secundaria:
Bein, Thomas: Germanistische Mediävistik. Eine Einführung. Berlín 1998.
Brackert, Helmut / Stückrath, Jörn: Literaturwissenschaft. Ein Grundkurs. Reinbek 51997.
Breuer, Dieter: Grimmelshausen-Handbuch. München (Wilhelm Fink) 1999.
Brunner, Horst (ed.): Mittelhochdeutsche Romane und Heldenepen, Stuttgart 1993 (RUB 8914).
Bumke, Joachim: Höfische Kultur : Literatur und Gesellschaft im hohen Mittelalter, München 1994.
Bumke, Joachim: Wolfram von Eschenbach. Stuttgart 2004.
Bumke, Joachim / Cramer, Thomas / Kartschoke, Dieter: Geschichte der deutschen Literatur im Mittelalter. 3 vols. Múnich 1989.
Coxon, Sebastian: Laughter and Narrative in the Later Middle Ages (German Comic Tales 1350-1525). London 2008.
Garland, Henry (ed.): The Oxford Companion to German Literature, Oxford 1986 (repr. 1991).
Gibbs, Marion E. / Johnson Sidney M. (eds.): Medieval German literature, New York 2000.
Grubmüller, Klaus: Die Ordnung, der Witz und das Chaos. Eine Geschichte der europäischen Novellistik im Mittelalter: Fabliau - Märe - Novelle. Tübingen 2006.
Haug, Walter: Vernacular literary theory in the Middle Ages. The German tradition, 800-1300, in its European context, Cambridge 1997.
Heinzle, Joachim (ed.): Geschichte der deutschen Literatur von den Anfängen bis zum Beginn der Neuzeit. 5 vols. publ. Tubinga 1984–.
Heinzle, Joachim (Hrsg.): Wolfram von Eschenbach. Ein Handbuch. Berlin/New York 2013.
Honemann, Volker / Tomasek, Tomas (eds.): Germanistische Mediävistik. Münster 2000.
Knapp, Fritz Peter (Hrsg.): Kleinepik, Tierepik, Allegorie und Wissensliteratur. Berlin/New York 2013 (= Germania Litteraria Mediaevalis Francigena VI).
Konzett, Matthias (ed.): Encyclopedia of German literature, Chicago 2000.
Meyer-Minnemann, Klaus/ Schlickers, Sabine (eds.): La novela picaresca. Concepto genérico y evolución del género (siglos XVI y XVII). Madrid (Iberoamericana) 2008.
Ruh, Kurt: Höfische Epik des deutschen Mittelalters. 2 vols. Berlín 1977–80.
Watanabe-O'Kelly, Helen (ed.): The Cambridge history of german literature, Cambridge 1997.
* As lecturas obrigatorias serán postas a disposición do estudantado a principios do cuadrimestre na aula virtual da materia.
O alumno debe aprender a profundizar a capacidade de análise crítica sobre a literatura alemá das etapas antigas e poder discutir sobre as teorías ou analises presentadas pola investigación. Debe tambén aprender a formular preguntas sobre os textos a debate e debe recoñecer os aspectos teóricos e metodolóxicos do texto.
A explicación teórica do docente alternará coa análise de textos e co debate de cuestións fundamentais. Cada semana o estudantado terá que realizar as lecturas indicadas polo docente, preparar fragmentos da obra que se estea a analizar para as sesións docentes e participar na discusión sobre as cuestións que se formulen.
A avaliación será continua, sen proba final e basearase nos seguintes aspectos:
1. Participación regular e activa nas aulas: 20% da nota final.
2. Realización dun traballo individual e escrito, cunha extensión dunhas 4.000 palabras, sobre un tema concreto dunha das tres lecturas obrigatorias: 80% da nota final.
Presentarase unha versión previa antes do 2 de decembro, que será corrixida polo docente e que deberá ser mellorada seguindo as súas indicacións. O prazo de entrega será o 13 de xaneiro de 2023.
Valoraranse os coñecementos da bibliografía, a profundidade de análise, a claridade metodolóxica e a calidade da exposición escrita.
A relación de temas para os traballos darase a coñecer a principios do cuadrimestre.
No caso do alumnado que non asista regularmente a clase ou conte con dispensa oficial de asistencia ás aulas o traballo será o único criterio de avaliación (100% da nota final), o cal deberá ter unha extensión mínima de 6000 palabras.
Os criterios de avaliación descritos rexerán tanto na primeira como na segunda oportunidade de exame.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no artigo 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Clases presenciais: 45 h (3h /semana)
Lecturas obligatorias: 25 h
Traballos: 60 h
Preparación semanal: 20 h
Ter lidas as lecturas obrigatorias antes da súa explicación na clase.
O uso do teléfono móbil nas aulas está prohibido sin autorización previa do profesor.
Emilio Gonzalez Miranda
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811834
- Correo electrónico
- emilio.gonzalez.miranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Alemán | C02 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | C01 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | C01 |
20.01.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C02 |
20.01.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C02 |
20.06.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C02 |
20.06.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C02 |