Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 147.4 Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Inglesa e Alemá, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Románica, Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Alemá, Filoloxía Francesa, Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tal e como recolle o Real decreto 292/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios, as prácticas externas teñen como obxectivos principais:
a) Contribuír á formación integral dos estudantes complementando a súa aprendizaxe teórica e práctica.
b) Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional en que os estudantes deberán operar, contrastando e aplicando os coñecementos adquiridos.
c) Favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas.
d) Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo e mellore a súa empregabilidade futura.
e) Favorecer os valores da innovación, a creatividade e o emprendemento
Así, as prácticas do Grao en Linguas e Literaturas Modernas teñen como obxectivo xeral a formación do alumnado nalgún dos aspectos lingüísticos, literarios e/ou culturais desenvolvidos no seu plan de estudos.
As prácticas académicas externas curriculares son prácticas integradas no sistema de créditos da titulación, recoñecidas como 6 ECTS pertencentes ao módulo optativo dos estudos de Grao, e, por tanto, computan para a obtención do título. Por este motivo, estas prácticas non son remuneradas.
A convocatoria de prácticas externas para o Grao publicarase na intranet da Facultade de Filoloxía e no taboleiro electrónico da Sede Electrónica a principios de curso. No caso de resultar prazas vacantes, faríase unha segunda convocatoria no mes de xaneiro. As institucións participantes e o número de prazas que oferta cada unha coñecerase en dita convocatoria por estar supeditado ás ofertas que faga cada entidade. No caso de haber vacantes tras a convocatoria de xaneiro, poderán adxudicarse por orde de solicitude.
Toda a información relativa aos programas formativos que se desenvolven nas entidades publicarase coa respectiva convocatoria e poderá consultarse na intranet da Facultade.
A bibliografía básica e complementaria será aportada durante a realización das prácticas atendendo ás diferentes tarefas formativas que oferta cada centro de prácticas.
CG2, CG3, CG6, CG9, CG11, CB2, CB3, CB4 da Memoria Verificada do título.
Segundo establece o artigo 7 da Normativa USC de prácticas externas en empresas e institucións (Acordo do Consello de Goberno do 29 de xullo de 2015), o Grao en Lingua e Literatura Españolas conta coas seguintes figuras para a orientación e titorización das prácticas externas:
1. Un/unha Responsable de Prácticas. A súa misión é a de incentivar a participación de empresas, entidades e estudantes no programa de prácticas, coordinar todo o proceso, participar na designación e asignación de titores/as e coordinar o seguimento e avaliación das prácticas.
2. A Comisión de Prácticas Externas e Mobilidade está composta polo Decano/a ou Vicedecano/a no que delegue, un representante de cada unha das titulacións da Facultade, 7 representantes de estudantes e o responsable da Unidade de Xestión de Centro e Departamentos. A súa principal función é velar por un sistema de adxudicación conforme a procedementos e criterios que garantan os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.
3. Un/ha titor/a académico/a asignado/a a cada estudante que será un/ha docente da titulación para cada práctica ofertada. A súa misión é facer un seguimento máis directo da práctica, dar resposta ás expectativas formativas establecidas, asegurar o seu correcto desenvolvemento e avalialo de acordo co proxecto formativo e cos criterios de avaliación establecidos na programación da materia.
4. Un/ha titor/a profesional na entidade colaboradora onde realice as prácticas. Será a persoa responsable de aplicar o plan de formación previsto e elaborar os informes de valoración que lle sexan solicitados sobre o traballo desenvolvido polo/a estudante.
Unha vez que a adxudicación das prazas sexa comunicada ao alumnado e a praza sexa aceptada por este, o/a estudante contactará co seu/súa titor/a académico/a quen lle facilitará toda a información necesaria para comezar as prácticas na entidade. Tamén se porá en contacto co/a titor/a profesional para acordaren os horarios e a data de incorporación á entidade/empresa.
Cando o/a estudante dispoña do seu horario e dun plan de actividades ratificados entre o/a titor/a académico/a e o/a titor/a profesional, estará en disposición de organizar o seu calendario e de planificar as tarefas relacionadas co plan formativo da entidade en relación coa súa titulación. O/A estudante dedicará 150 horas á realización das prácticas externas dos cales 10 estarán dedicados á elaboración da memoria final.
Unha vez rematado o período de prácticas, o/a estudante remitiralle ao/á titor/a académico/a unha memoria final segundo o modelo de memoria de prácticas facilitado na páxina web da Facultade. O/A titor/a académico/a será quen se encargue de realizar a avaliación.
O sistema de avaliación para a primeira oportunidade consta dos seguintes apartados:
a) Memoria de prácticas do estudante: 50% da cualificación
b) Informe do titor/a profesional: 50% da cualificación.
Na segunda oportunidade presentarase unha nova memoria de prácticas, que supoñerá o 50% da cualificación. O 50% restante da cualificación será a xa outorgada polo informe do/a titor/a profesional para a primeira oportunidade.
Na Memoria de verificación do Grao en Linguas e Literaturas Modernas atribúeselle a cada crédito un valor de 25 horas de traballo do/a estudante, polo que ás prácticas externas, materia de 6 créditos, correspóndenlle 150 horas de dedicación. O/A estudante dedicará 140 horas á realización de actividades na entidade e 10 horas á redacción da memoria final.
Recoméndase ao alumnado que consulte na web da Facultade a sección de Prácticas externas.
Elias Jose Feijo Torres
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- eliasjose.torres [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Irene Doval Reixa
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811849
- Correo electrónico
- i.doval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Esther Corral Diaz
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811792
- Correo electrónico
- esther.corral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ma Del Carmen Villarino Pardo
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811781
- Correo electrónico
- carmen.villarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Garcia Martinez
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Teléfono
- 881811836
- Correo electrónico
- manuel.garcia.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rosa Marta Gomez Pato
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811839
- Correo electrónico
- gomez.pato [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Consuelo De Frutos Martinez
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Correo electrónico
- mconsuelo.defrutos.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Debora Gonzalez Martinez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- deborah.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor