Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Acadar as competencias delimitadas no nivel C1 do “Marco Común Europeo das Linguas” (ver Contidos gramaticais e Competencias comunicativas).
Este nivel garante unha autonomía en contextos comunicativos complexos, mellorando as competencias adquiridas en Lingua italiana 5.
I. Teoría.
Retómanse e amplían os contidos seguintes:
- Participio pasado en función de frase relativa e temporal; frase scissa explícita e implícita; uso e sintaxis do xerundio simple e composto; xerundio VS participio pasado VS infinitivo.
- Usos de pronomes combinados con si impersonal; verbos causales; período hipotético do primeiro, segundo e terceiro tipo; verbos pronominales; usos da pasiva e de auxiliares; usos da preposición da.
- Período hipotético mixto; usos do subxuntivo (frase negativa, indefinida, conectiva final); secundarias implícitas co infinitivo; usos das preposiciones; imperativo de essere e avere para exhortar e aconsellar; concordancia dos tempos do subxuntivo segundo o condicional; interrogativa indirecta co subxuntivo.
- Conformidade dos tempos do subxuntivo (recapitulación); adxectivos con función de nomes; posición de anche, addirittura, proprio.
- Estilo indirecto; revisión das comparativas irregulares; o subxuntivo en oracións relativas; o subjuntivo independente (elativo, permisivo, dubitativo); o subxuntivo pragmático (dislocación en frases obxectivas); conectores.
II. Léxico
- O léxico da historia, a política, a propaganda. As palabras da historia e da crónica de sucesos.
- O léxico das emocións (vida familiar, académica, etc.).
- O léxico do mundo asociativo e da educación cívica.
- As palabras da socioloxía: as palabras da cultura, a historia, o folclore, a sociedade.
- O léxico da medicina e o benestar. O corpo e a historia.
III. Habilidades comunicativas (teóricas e prácticas)
- Saber apuntar un libro e entender as teses do autor; saber usar sinónimos. Saber analizar e reconstruír feitos do pasado (feitos históricos, noticias); saber escribir unha páxina de diario. Saber escribir un texto de ficción, unha historia, un artigo de xornal.
- Explicar e argumentar información de programas de radio e televisión, series de televisión, películas, entrevistas, historias. Saber reorganizar os feitos cronolóxicos, comprender a estrutura dos contidos dos artigos, contos, textos literarios, textos especializados.
- Saber analizar e escribir artigos de comentarios, feitos e contidos dunha clase; preparar unha entrevista de traballo; cartas ao xornal e respostas. Poder tomar notas e resumir unha lección académica.
- Facer hipóteses; comprender a novidade, a ironía, os obxectivos de textos e artigos especializados; explicar unha receita complexa; revisar un proxecto; tomar notas e escribir un artigo. Redacción de informes e ensaios curtos sobre os temas propostos.
- Descrición de eventos, noticias deportivas, entrevistas, incluíndo gráficos e datos, entrevistas, documentales, artigos sobre saúde e benestar. Saber realizar entrevistas e plasmalas nun texto escrito.
Bibliografía básica:
1. Libros de texto
R. Bozzone Costa et alii, Nuovo Contatto C1, Bologna, Loescher, 2014.
Bibliografía complementaria:
2. Textos de consulta
M. Sensini, Le forme della lingua, Milano, Mondadori, 2010
M. Sensini, La grammatica della lingua italiana, Milano, Mondadori, 1999
L. Serianni, Grammatica Italiana, UTET, Torino, 2006
M. Trifone, A. Filippone, A. Sgaglione, Affresco Italiano C1. Corso di lingua italiana per stranieri, Firenze, Le Monnier.
3. Dicionarios
3.1. Dicionarios bilingües:
ARQUÉS, R. - PADOAN, A., Grande dizionario Spagnolo-Italiano Italiano-Spagnolo, Bologna, Zanichelli, 2012.
AA.VV., Il Dizionario MEDIO Spagnolo-Italiano Italiano-Spagnolo, Milano, Garzanti.
CALVO RIGUAL C. – GIORDANO, A., Diccionario compacto italiano español español italiano, Barcelona, Herder, 2011.
GONZÁLEZ, I. (dir.), Dicionario Italiano-Galego, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2000 http://www.cirp.es/pub/docs/varios/dicItaGal.pdf
3.2 Dicionarios monolingües:
AA.VV., Grande dizionario di italiano, Milano, Garzanti linguistica.
Dizionario Garzanti della lingua italiana
http://www.garzantilinguistica.it/index.html
DE MAURO, T. (dir.), Grande dizionario italiano dell’uso, Torino, UTET, 2000, 6 voll.
Dizionario De Mauro della lingua italiana
https://dizionario.internazionale.it/
SABATINI, F. – COLETTI, V., DISC: Dizionario Italiano Sabatini Coletti, Milano, Rizzoli-Larousse, 2008
http://dizionari.corriere.it/dizionario_italiano/
TRECCANI online
http://www.treccani.it/vocabolario/
ZINGARELLI, N., Lo Zingarelli. Vocabolario della lingua italiana, Bologna, Zanichelli.
Competencias xerais, dentro do Grao:
Adquisición das nocións teóricas expostas na aula, dunha maior competencia escrita e oral da lingua italiana, dunha maior madurez que permita ao estudantado ser consciente dos instrumentos imprescindibles para o estudo lingüístico e avaliar o nivel alcanzado nas competencias e habilidades requiridas.
Competencias específicas:
Ser quen de comprender sen esforzo practicamente todo o que se escoita e le. Saber resumir informacións extraídas de diferentes fontes, orais e escritas, reestruturando nun texto coherente as argumentacións e as partes informativas. Ser quen de expresarse espontaneamente, de xeito fluido e claro, sen dificultade para precisar matices de significado en situacións complexas.
As clases impártense en italiano e alternarán as explicacións da gramática con lecturas, exercicios prácticos, diálogos situacionais etc. contemplando a participación activa e constante do estudantado.
Algunhas destas actividades poderán desenvolverse fóra da facultade, na cidade, con falantes nativos italianos.
A profesora utilizará a aula virtual.
A avaliación para quen asista regularmente ás clases (o número de faltas de asistencia non poderá ser superior a 6 horas) realizarase según os seguintes parámetros:
- Traballos escritos entregados ao profesor: 20%
- Proba de comprensión oral: 10%
- Exame escrito: 40%
- Exame oral: 20%
- Asistencia regular e partecipación activa nas distintas actividades da clase e entregadas a tempo: 10%
A avaliación para o alumnado que non poida asistir ás clases e teña dispensa (documento oficial do Decanato) seguirá os seguintes parámetros:
- Traballos escritos entregados ao profesor: 20%
- Proba de comprensión oral: 10%
- Exame escrito: 50%
- Exame oral: 20%
Importante:
1. As faltas de asistencia xustificadas documentalmente non computarán para a pérdida da condición de asistente con participación activa, pero si contarán na avaliación final.
2. A avaliación para o estudantado que non asistan ás clases (con máis de 6 faltas de asistencia) sen xustificación seguirá os seguintes parámetros:
- Traballos escritos entregados ao profesor: 20%
- Proba de comprensión oral: 10%
- Exame escrito: 40%
- Exame oral: 20%
Con un total de 0 a 9 puntos.
3. Para poder presentarse ao exame oral o alumnado deberá obter unha nota igual ou superior a 5 no exame escrito (nota non ponderada). A docente poderá empregar o material didáctico (textos, fotos, artigos, etc.) que considere máis axeitados para a avaliación do exame oral.
4. Quen aprobe o exame escrito pero non o exame oral na primeira oportunidade, poderá manter a nota e poderá presentarse só ao exame oral na segunda oportunidade de exame, logo de terllo comunicado á docente.
5. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
Trátase dunha materia de 6 créditos ECTS que corresponden a 150 horas de traballo, dos cales 54 serán de frecuencia e 96 de traballo persoal.
Aconséllase asistir ás clases con regularidade e recoméndase o estudo diario e, se é posible, ver filmes, programas de televisión, escoitar cancións, programas de radio, etc. en italiano.
Tamén é conveniente tentar conversar con falantes nativos de italiano. Na actualidade, a Facultade de Filoloxía acolle a numeroso estudantado italiano: estes encontros poden ser un complemento importante á formación recibida coas leccións e co traballo persoal.
1. O profesor non responderá nin terá en conta as mensaxes de correo electrónico en cuxo texto non se indique o nome completo do estudante e a materia á que pertence.
2. O profesor responderá aos correos electrónicos dos estudantes preferentemente no seu horario de titorías.
3. Será posible realizar titorías a través da plataforma Teams previa cita a través de correo electrónico.
4. Lémbrase aos estudantes que o profesor poderá pórse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha dixital da USC ou da lista de mensaxes da aula virtual.
Maria Montes Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Teléfono
- 881811869
- Correo electrónico
- m.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marilena Ceccarelli
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Correo electrónico
- marilena.ceccarelli [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | C05 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Italiano | C02 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Italiano | C05 |
30.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | B06 |
30.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
04.07.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
04.07.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | B06 |