Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Trátase de facer un percorrido pola produción lírica románica medieval, deténdose naqueles autores e obras de referencia. O alumno deberá acabar a materia sabendo identificar en liñas xerais determinados exemplos da poesía medieval, identificar os autores dos textos máis salientables estudados e identificar os trazos máis definidores da escola ou movemento ó que pertence o seu autor.
I. Introdución
Poesía latina altomedieval. Carmina Cantabrigensia, Carmina Rivipullensia, Carmina Burana
Poesía lírica pretrobadoresca en lingua vulgar: las jarchas.
II. Escola trobadoresca occitana: O amor cortés. Os xéneros: a cansó, o sirventés, a alba, a pastorela, a tensó. Transmisión manuscrita. Trobadores e textos.
III. Os trouvères en langue d’ oïl. Textos. Chrétien de Troyes, Conon de Béthune, Gace Brulé, Colin Muset,Thibaut de Champagne, Adam de la Halle. Os xéneros: a chanson courtoise; a "chanson de femme"; a "pastourelle". a "chanson de toile".
IV. Escola trobadoresca galego-portuguesa.Os xéneros: a cantiga de amor, a cantiga de amigo, a cantiga de escarnio e maldizer; outros xéneros líricos. Tradición manuscrita. Os trobadores e os textos.
V. Escola siciliana. A poesía na corte de Federico II de Sicilia .Giacomo da Lentini e a invención do soneto
VI. O Dolce Stil Novo. A poética stilnovista. Guido Guinizzelli, Guido Cavalcanti. Dante Alighieri : Vita Nuova.
VII. Francesco Petrarca. O Canzoniere: estrutura e significado
VIII. 'Poesía de Cancioneros' castelá.
Principais antoloxías e repertorios:
Riquer, M. de., Los trovadores. Historia literaria y textos, Barcelona, 1989-92, 3 vols.
Poesía de trovadores, trouvères y Minnesinger, C. Alvar (trad.), Madrid, Alianza Editorial, 1982.
Locus amoenus. Antología de la lírica medieval de la Península Ibérica. ed. bilingüe de Carlos Alvar - Jenaro Talens, Galaxia Gutenburg, Barcelona, 2009.
Chansons des trouvères (S. N. Rosenberg – H. Tischler, eds.), Le Livre de Poche, Paris, 1995. (Selección de textos).
Alonso, A. (ed.), Poesía de cancionero, Cátedra, Madrid, 1991.
Alvar, C. – J. M. Lucía Megías, Antología de la antigua lírica italiana : (de los primeros textos al Dolce Stil Novo), Madrid, Sial, 2008.
Dante Alighieri: Vita Nuova/ Vida Nueva, ed. bilingüe de Raffaele Pinto, Cátedra, Madrid, 2003.
Franceso Petrarca. Cancionero, A. Crespo (trad.), Madrid, Alianza Editorial, 1995. (selección de textos)
Antología del Cancionero de Baena (edición de Jesús L. Serrano Reyes ; prólogo de José J. Labrador Herraiz), Ayuntamiento de Baena, Delegación de Cultura, 2000.
Estudos
Alvar, C. - Gómez Moreno, A., La poesía lírica medieval, Madrid, Taurus, 1987.
Beltrán, V., A cantiga de amor, Xerais, Vigo, 1995.
Beltrán, V., Estudios sobre poesía de cancionero, Noia, Toxosoutos, 1999.
Brea, M. – Lorenzo Gradín, P., A cantiga de amigo, Xerais, Vigo, 2000.
Calenda, C., “Il dolce Stil Novo e Dante”, », Manuale di Letteratura Italiana. Storia per generi e problemi (F. Brioschi – C. Di Girolamo, eds.), Bollati Boringhieri, Torino, 1993, pp. 343-374.
Deyermond, A., Poesía de cancionero del siglo XV : estudios seleccionados, (Rafael Beltrán, José Luis Canet y Marta Haro, eds.), Universitat de València, 2007.
Dictionnaire des Lettres Françaisses. Le Moyen Age (G. Hasenohr – M. Zink, eds), Fayard, Paris, 1992.
Dronke, P., La lírica en la Edad Media. Barcelona, Ariel, 1995.
Fenzi, E. (ed.), Commenti sul Canzoniere di Francesco Petrarca, Salerno Ed., Roma, 1993.
Formisano, L. (ed.), La lirica, Il Mulino, Bologna, 1990.
Girolamo, C. di, I trovatori, Bollati Boringhieri, Torino, 1989.
Gómez Redondo, F. (ed.), Edad Media: Juglaría, Clerecía y Romancero, Barcelona, Crítica, 1996.
Jonin, P. (ed.), Anthologie thématique de la poésie française du Moyen Age, Paris, Honoré Champion, 1991.
Le Gentil, Pierre, La Poésie lyrique espagnole et portugaise à la fin du Moyen Age : les thèmes, les genres et les formes , Genève, Slatkine, 1981.
Liborio, M. - Gianneti, A., La letteratura provenzale medievale: antologia di testi, Roma, Carocci, 2004.
Liborio, M. A. - De Laude, S., La letteratura francese medievale, Roma, Carocci, 2002.
Mancini, M., I trovatori, Edizioni dell’Orso, Torino, 1998.
Mancini, M., La letteratura francese medievale, Bologna, Il Mulino, 1997.
Mancini, M., Metafora feodale. Per una storia dei trovatori, Il Mulino, Bologna, 1993.
Meneghetti, M.L., Il pubblico dei trovatori: rizcezione e riuso dei testi lirici cortesi fino al XIV secolo, Modena, 1988.
Tavani, G., A lírica galego-portuguesa, Vigo: Xerais, 1999.
As competencias específicas que debe acadar o alumnado
co estudo desta materia son:
*Consciencia da literatura románica como un bloque sólido, con distinción de xéneros específicos.
*Consciencia de xénero na literatura románica medieval por riba de fronteiras lingüísticas.
*Comprensión do fenómeno de creación e expansión dun novo xeito de entender a poesía
*Coñecemento da expresión do sentimento amoroso a través da poesía lírica en diferentes linguas románicas
*Coñecemento de distintos xéneros poéticos na Idade Media románica
*Adquisición de capacidade crítica para avaliar as distintas tradicións literarias no marco das diferenzas e analoxías que presentan.
*Capacidade para establecer relacións sincrónicas e diacrónicas entre os diversos aspectos tratados na programación.
*Capacidade para percibir a repercusión que a poesía medieval tivo na literatura posterior.
A profesora explicará durante as sesións presenciais os temas que configuran o programa mediante a exposición dos contidos básicos da materia, apoiada sempre nunha selección de textos que se entregará ó comezo de cada tema. A disciplina pretende ofrecer unha visión histórico-comparada das principais escolas poéticas que se desenvolven ó longo de case catro séculos e das variacións que van sufrindo os modelos orixinais cando son interpretados en ámbitos xeográficos e culturais distintos, así como da aparición de novos xéneros poéticos que engrosan a corrente poética de partida. Así mesmo, describiranse as características esenciais dos poetas máis salientables de cada movemento de xeito que a súa obra se poda identificar facilmente dentro do conxunto.
Os/as estudantes deberán facer aquelas lecturas que se vaian aconsellando para poder seguir o desenvolvemento do programa. Trátase, sobre todo, de capítulos de libros, de artigos e outras publicacións curtas, que traten aspectos relevantes do tema en cuestión e que facilitará que o/a estudante siga as explicacións teóricas, e que lle permita participar de maneira eficaz nos comentarios de texto dirixidos que se farán na aula para asentar os coñecementos recentemente adquiridos. Ademais, deberan realizar comentarios de textos de composicións facilitadas pola docente (orais ou escritos), e probas orais sobre certos contidos do programa.
Aconsellarase bibliografía específica durante o curso, a medida que se aborden determinados temas.
Os alumnos que asistan a clase con regularidade serán avaliados pola docente de forma continua a través da asistencia e da súa participación (20 % do total da nota final). Ademais, durante o semestre deberán entregar diferentes actividades e tarefas (lecturas e comentarios) e realizar probas orais. Este segundo apartado terá unha valoración do 80 % sobre a calificación total.
Os estudantes que non poidan asistir con regularidade a clase, que non realicen as actividades programadas ou que no obteñan unha nota mínima de 5 puntos durante a avaluación continua terán que presentarse a un examen final da materia, que consistirá nunha proba escrita con preguntas teóricas e un comentario de texto.
A avaliación para os alumnos que teñan dispensa oficial de asistencia realizarase a través dun exame fixado pola profesora (e de acordo cos alumnos) con cuestións teóricas e prácticas. No caso de dispensa sobrevida valorarase de forma continua só o período transcurrido ata a obtención da dispensa.
O exame de segunda oportunidade será tamén unha proba escrita con preguntas teóricas e un comentario de textos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación vixente da USC.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (HORAS)
- Sesións expositivas e interactivas: 40
- Titorías programadas: 5
- Sesións de avaliación: 5
TOTAL: 50
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS (HORAS)
- Estudo, lectura e preparación das actividades programadas: 30
- Realización de comentarios:20
- Elaboración do traballo monográfico: 50
TOTAL: 100
Asistencia regular a clase e participación activa nas mesmas.
Capacidade para ler textos e bibliografía en diferentes linguas.
Dado que a materia se estuda sobre os textos seleccionados como exemplo da corrente literaria ou como mostra da produción poética dun determinado autor, é imprescindible levar o estudo da materia ao día.
Maria Esther Corral Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811792
- Correo electrónico
- esther.corral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | B04-Laboratorio de Idiomas |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D06 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D06 |
20.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D05 |
20.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D05 |
23.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D05 |
23.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D05 |