Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA
- Precisar a evolución histórica e etimolóxica do concepto de cultura.
- Coñecer distintos conceptos de cultura.
- Valorar criticamente calquera manifestación cultural.
- Entender a cultura como unha ferramenta de transformación social.
- Identificar o papel ideolóxico da cultura.
Tema 1. Introdución ao concepto de cultura.
1. Presentación. Obxectivos. Criterios de avaliación. Etimoloxía e historia da noción de cultura.
Tema 2. Concepcións críticas da cultura.
2.1. Concepcións críticas da cultura: Marx.
2.2. Concepcións críticas da cultura: Gramsci.
2.3. Concepcións críticas da cultura: Freud.
Tema 3. Cultura e sociedade de masas.
3.1. A crítica á cultura da Escola de Frankfurt: a industria cultural.
3.2. Cultura e liberdade: Marcuse.
Tema 4. Os estudos culturais.
4.1. O debate culturas de élite / culturas populares.
4.2. A cultura da clase obreira.
Tema 5. Interculturalidade.
5.1. O conflito intercultural.
5.2. Relativismo cultural.
5.3. Postcolonialismo na Galiza?
Tema 6. Xénero e cultura.
6.1. Breve repaso histórico ao feminismo I: os inicios.
6.2. Breve repaso histórico ao feminismo II: a contemporaneidade.
Tema 7. A cultura na sociedade contemporánea.
7.1. Tecnoloxía, espectáculo, diversión.
7.2. Cultura e postmodernidade.
1. Bibliografía básica:
- Gramsci:“Apuntes para una introducción y una iniciación al estudio de la filosofía y de la historia de la cultura” en Cuadernos de la Cárcel, Cuaderno nº 11, 1932-1933, pp. 245-261.
- Freud, S. (1927) “Capítulo V” en O mal-estar na cultura. Porto Alegre: R&PM, 2010, pp. 117- 132.
- Adorno. Th, (1944), “Resumen sobre la industria cultural” en Crítica de la cultura y de la sociedad. Obras completas 10.1. Madrid, España: Akal, pp. 295-302.
- Marcuse, H. (1937), “Acerca del carácter afirmativo de la cultura” en Cultura y sociedad. Buenos Aires, Argentina: Sur, 1967, pp. 7-13, 45-54.
- Williams, R. (1961), “El análisis de la cultura” en La larga revolución. Buenos Aires, Argentina: Nueva Visión, 2003, pp. 51-62.
- Hoggart, R. (1957), “Resumen de las tendencias actuales en la sociedad de masas” en La cultura obrera en la sociedad de masas. Buenos Aires: Siglo XXI, 2013, pp. 335-351.
- Saïd, E. (1993), “Territorios superpuestos, historias entrecruzadas” en Cultura e imperialismo, Barcelona, España: Anagrama, 1996, pp. 35-56.
- Zizek, S. (2008), “La tolerancia represiva del multiculturalismo” en En defensa de la tolerancia. Madrid, España: Sequitur, 2008, pp. 55-70.
- Miguelez, H. (2013), “Quando é que nos tornamos sentimentais?” en Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego. Compostela, Espanha: 2014, pp. 13-33.
- Judith Butler, Introducción en Cuerpos que importan: sobre los límites discursivos y materiales del ‘sexo’, Buenos Aires: Paidós, 2002, p. 17-33.
- Nancy Fraser, “¿De la redistribución al reconocimiento? Dilemas de la justicia en la era ‘postsocialista’” en Butler, J. & Fraser, N. (2017), ¿Redistribución o reconocimiento? Un debate entre marxismo y feminismo. Traficantes de Sueños, p. 23-47.
- Neil Postman, “1. El juicio de Thamus” en Tecnopolis. La rendición de la cultura a la tecnología. Barcelona, España: Galaxia Gutenberg Círculo de Lectores, 1997, pp. 9-34.
- Fredric Jameson, “A logica cultural do capitalismo tardio. Punto I”, en Pós-modernismo. A logica cultural do capitalismo tardio, Lisboa, Portual: Atica, 1997, pp. 27-43.
2. Bibliografía complementaria:
- Choza, J. (2013), Filosofía de la cultura. Sevilla, España. Thémata
- Dussel, E. (2006), Filosofía de la cultura y de la liberación. México D.F., México: Universidad Autónoma de la Ciudad de México.
- Llinares, J. B. & Sánchez, N. (eds.) (2002), Ensayos de filosofía de la cultura. Madrid, España: Biblioteca
- Mosterín, J. (1993), Filosofía de la cultura. Madrid, España: Alianza.
- Sobrevilla, D. (ed.) (1998), Filosofía de la cultura. Enciclopedia iberoamericana de filosofía. 15. Madrid, España: Trotta.
COMPETENCIAS DA MATERIA (Coñecementos, habilidades/destrezas e competencias)
- Con02: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos procesos culturais.
- H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
- H/D04: Comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados de un modo claro e eficaz.
- H/D06: desenvolver unha actitude crítica respecto dos fundamentos históricos, antropolóxicos e artísticos dos procesos culturais cunha especial atención á igualdade de xénero.
- Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional.
- Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS (60H.)
Expositivas 24h.
As sesións expositivas serán desenvoltas polo docente e nelas presentarase o tema a estudar nesa semana. Os materiais pertinentes para o estudo do tema estarán dispoñíbeis para o alumno na aula virtual.
A temporalización dunha sesión expositiva de 1h30min será a seguinte:
5 min. – Formulación dunha pregunta a resolver mediante algún recorte de prensa, nova ou texto breve.
10 min. – Discusión e debate en grupo
1h. – Exposición por parte do docente dos contidos teóricos apoiado nunha presentación dixital.
10 min. - Preguntas e aclaracións
Interactivas 24h.
Cada sesión interactiva serán desenvolta por un alumno ou alumna que exporá un texto e polo docente que discutirá a exposición elaborada.
A temporalización dunha sesión interactiva de 1h30min será a seguinte:
45 min. Presentación por parte dun alumno das liñas de forza do texto programado para estudo nesa sesión con apoio nunha presentación dixital.
45 min. Preguntas e discusión por parte do alumnado restante.
Titorías 3h. Nas sesións de titoría en aula prepararanse as presentacións e o traballo final.
Avaliación 4h. Exame final presencial O exame pode conter preguntas de desenvolver, tipo test e/ou comentarios de texto sobre o material traballado na aula.
TRABALLO NON PRESENCIAL (95H.)
16h. Lectura semanal do texto programado para a sesión interactiva. Estarán dispoñíbeis en pdf na aula virtual.
10h. En función do número de alumnos, elaboración dunha ou máis presentacións dixitais para as sesións interactivas
45h. Lectura detallada dun ou máis textos para a súa exposición na aula.
24h. Preparación de exame final. Estudo dos temas. Todo o material estará colgado na aula virtual.
1. Avaliación Continua:
A avaliación continua é o sistema preferente de avaliación da materia.
1.1 Avaliación de aspectos prácticos da materia:
O seguimento do estudantado realizarase na aula mediante a participación (10%), a realización de traballos escritos (25%) e as exposicións (25%) que o docente indique nas clases. Por tanto, a ASISTENCIA A CLASE É PRECEPTIVA para realizar estes traballos de carácter práctico, que representan un 60% da nota final. Os traballos non se poden recuperar fóra da aula. Só nos casos nos que a falta de asistencia estea plenamente xustificada, o alumnado poderá recuperar o eventual traballo práctico correspondente mediante unha proba presencial en horario de titoría ou, en todo caso, segundo indique o docente responsable da materia.
1.2 Avaliación de aspectos teóricos da materia:
Os contidos teóricos avaliaranse mediante a realización dun exame teórico, que representa o 40% da nota final. Este exame teórico poderase realizar, segundo indicacións do docente responsable da materia, nos últimos días das clases lectivas. A este exame só se podera presentar o estudantado que teña superado os traballos prácticos. De tal forma que, o estudantado que supere tanto os traballos prácticos como o exame teórico quedará exento de asistir ao exame oficial de xaneiro establecido pola Facultade.
O docente responsable da materia publicará unha listaxe na aula virtual coas notas do estudantado que superou a materia na modalidade de Avaliación Continua e, no seu caso, cos nomes do estudantado que debe realizar o exame oficial de xaneiro por non ter superado a Avaliación Continua. No caso eventual de aprobar a parte práctica (participación, traballos e exposicións) e suspender o exame teórico, o estudantado poderá conservar a nota da parte práctica e presentarse soamente ao exame teórico no exame oficial de xaneiro e/ou xuño/xullo. No caso de non superar a parte práctica, non se garda a nota da parte teórica para as convocatorias oficiais. O estudantado que non supere a Avaliación continua e non se presente ao exame oficial de xaneiro e/ou xuño/xullo, figurará como Non Presentado na acta final. Todos os materiais para preparar as probas estarán dispoñibles na aula virtual.
1.3 Ponderación Avaliación Continua:
-Participación: 10%
-Traballos escritos: 25% [Competencias avaliadas: Con02, H/D03, H/D04, H/D06, Comp01, Comp08]
-Exposicións: 25% [Competencias avaliadas: Con02, H/D03, H/D04, H/D06, Comp01, Comp08]
-Exame teórico: 40% [Competencias avaliadas: H/D03, H/D06, Comp01, Comp08]
2. Avaliación Non Continua:
O alumnado que, por diversas razóns (ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS AULAS [contactar co docente], ALUMNADO REPETIDOR, alumnado que non superou a avaliación continua, etc.), non pode someterse ao sistema de avaliación preferente, será avaliado mediante a modalidade de Avaliación Non Continua. Este sistema consiste na realización de dúas probas, unha de carácter teórico e outra de carácter práctico, que se levarán a cabo durante o tempo establecido pola Facultade para o exame oficial. A proba teórica é un exame de contidos que representa o 40% da nota final. A proba práctica consiste na realización dun ou varios comentarios de texto que representa o 60% da nota final. Todos os materiais para preparar as probas estarán dispoñibles na aula virtual.
2.2 Ponderación Avaliación Non Continua:
-Comentario/s de texto: 60% [Competencias avaliadas: Con02, H/D03, H/D04, H/D06, Comp01, Comp08]
-Exame teórico: 40% [Competencias avaliadas: H/D03, H/D06, Comp01, Comp08]
Dependendo das capacidades de cada alumno/a, estímase como tempo mínimo de dedicación para superar a materia aproximadamente o dobre do horario lectivo (dúas horas de estudo por cada hora lectiva). Enténdese por tempo de estudo o tempo de relectura das notas tomadas na aula, de ampliación mediante a lectura das obras de consulta, elaboración de resumos, traballos, etc.
(1) Lectura semanal dos textos a traballar nas sesións interactivas.
(2) Preparación das exposicións.
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías.
(4) Completar os apuntes das clases expositivas coa lectura da bibliografía recomendada.
(5) Participar activamente nas sesións expositivas e interactivas.
(6) Realización semanal das tarefas programadas.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
Delmiro Rocha Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 982824744
- Correo electrónico
- delmiro.rocha [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 16 |
Xoves | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 16 |
15.01.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
09.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |