Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Recoñecer a diversidade de linguas no mundo tanto orais como de signos
- Comprender a influencia da contorna cultural na configuración das linguas que falamos
- Expoñer unha visión propia sobre a importancia de preservar a diversidade lingüística nun contexto de globalización
- Explicar e ilustrar os diferentes modos de significar a realidade en diversas comunidades culturais
- Debater acerca da existencia de universais semánticos
- Comprender as diferenzas culturais na interacción comunicativa
- Recoñecer os factores que poden propiciar malentendidos na comunicación intercultural
SESIÓNS EXPOSITIVAS
TEMA 1. LINGUAXE E CULTURA. Distintas dimensións da linguaxe. A linguaxe como fenómeno socio-cultural. Etnolingüística e Lingüística cultural.
TEMA 2. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA. Clasificación das linguas. Visión panorámica das linguas orais e de signos. Xestión da diversidade lingüística
TEMA 3. COMUNICACIÓN INTERCULTURAL. Comunicación como interacción socio-cultural. Comunicación non-verbal. Pragmática intercultural. Xestión intercultural da cortesía e a conversación.
TEMA 4. REPRESENTACIÓN CULTURAL DA CONTORNA. Universais lingüísticos e relatividade lingüística. Diversidade na categorización lingüística das experiencias. Metáforas culturais.
SESIÓNS INTERACTIVAS
Nas sesións interactivas realizaremos actividades de traballo individual ou en grupo que favorezan o desenvolvemento das competencias polas que van ser avaliados os alumnos. O obxectivo destas sesións debe ser afianzar a comprensión dos contidos, resolvendo dúbidas, aplicando o aprendido á lectura e comentario de textos, realizando exercicios ou ben presentando ante os compañeiros o resultado dos traballos elaborados.
TEMA 1. LINGUAXE E CULTURA
Ademais de presentar a materia e aclarar todas as cuestións relacionadas coa súa planificación, cos traballos que o estudante debe realizar e cos criterios de avaliación, faremos a lectura conxunta dalgúns textos e presentaremos un primeiro texto para comentario.
TEMA 2. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA
Organizaremos a realización e exposición de traballos en grupo sobre linguas ou conxuntos de linguas. Organizaremos e realizaremos un debate sobre a xestión da diversidade lingüística e as distintas actitudes sociais respecto dalgunhas variedades lingüísticas. Traballaremos con textos para o seu comentario.
TEMA 3. COMUNICACIÓN INTERCULTURAL
Organizaremos a elaboración en grupo de materiais que reflictan diferenzas culturais no modo de comunicarse. Faremos análises pragmáticas. Analizaremos situacións de comunicación intercultural que poden propiciar malentendidos.
TEMA 4. REPRESENTACIÓN CULTURAL DA CONTORNA
Planificaremos o rastrexo en grupo de mostras de diferenzas culturais na representación lingüística da contorna. Traballaremos con algún texto para o seu comentario.
Bibliografía básica
BERNÁRDEZ, Enrique (2016): Viaje lingüístico por el mundo. Madrid: Alianza Editorial
ESCANDELL, M. Victoria (2014): La comunicación. Lengua, cognición y sociedad. Madrid: Akal
GRUPO CRIT (2006) Culturas cara a cara. Relatos y actividades para la comunicación intercultural. Madrid: Edinumen.
HERNÁNDEZ SACRISTÁN, Carlos (1999): Culturas y acción comunicativa. Introducción a la pragmática intercultural. Valencia: Octaedro.
JUNYENT, M. Carme & Pere COMELLAS (2019): Antropología Lingüística. Madrid: Síntesis.
MORENO CABRERA, Juan Carlos (2000): La dignidad e igualdad de las lenguas: contra la discriminación lingüística. Madrid: Alianza.
PALMER, Gary B. (2000): Lingüística Cultural. Tradución ao español de E. Bernárdez. Madrid: Alianza Editorial.
RAMALLO, Fernando et alii (eds.) (2000): Manual de Ciencias da Linguaxe. Vigo: Xerais.
SAPIR, Edward (1921): El lenguaje. El lenguaje. Introducción al estudio del habla, México: Fondo de Cultura Económica, 1974. Versión galega: A linguaxe. Introdución ao estudo da fala, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago (= Clásicos do pensamento universal), 2010.
Bibliografía complementaria
AMORÓS, Carla (2014): Las lenguas en la sociedad. Madrid: Síntesis.
ASANTE, Molefi Kete et alii (eds.) (2008): The Global Intercultural Communication Reader. New York: Routledge.
BHATIA, Tej K. & William C. RITCHIE (eds.) (2013): The Handbook of Bilingualism and Multilingualism. Chichester: Blackwell.
BLOMMAERT, Jan (2010): The Sociolinguistic of Globalization. Cambridge: Cambridge University Press.
BOWE, Heather, Kilye MARTIN & Howard MANNS (eds.) (2014): Communication across cultures. Mutual understanding in a global world. Cambridge: University Press. 2ª edición.
BRADLEY, David & Maya BRADLEY (2019): Language endangerment. Cambridge: Univ. Press.
COOPLAND, Nikolas (2010): The Handbook of Language and Globalization. Chichester: Wiley Blackwell.
CRYSTAL, David (2001): La muerte de las lenguas. Madrid: Cambridge University Press.
ESCANDELL, M. Victoria et al. (2009): El lenguaje humano. Madrid: Ramón Areces
FERNÁNDEZ VÍTORES, David (2010): La Europa multilingüe: problemas y perspectivas de una Unión ampliada. Madrid: Fundamentos.
GARCÍA MARCOS, Francisco (2005): La divinidad políglota. Madrid: Octaedro.
KECSKES, Istvan & Stavros ASSIMAKOPOULOS (eds.) (2017): Current issues in Intercultural Pragmatics. Amsterdam: John Benjamins.
KOTTHOFF, Helga & Helen SPENCER-OATEY (eds.) (2007): Handbook of Intercultural Communication. Berlin: Mouton de Gruyter.
KAPLAN, Robert B. & Richard B. BALDAUF (eds.) (2005): Language Planning and Policy in Europe. Clevedon: Multilingual Matters.
LUQUE DURÁN, Juan de Dios (2004): Aspectos universales y particulares del léxico de las lenguas del mundo. Granada: Impredisur [versión en rede: http://elies.rediris.es/elies21/]
MARTI, FELIX et al. (2006): Palabras y mundos. Informe sobre las lenguas del mundo. Barcelona: Icaria.
MAY, Stephen (2001): Language and Minority Rights: Ethnicity, Nationalism and the Politics of Language. Harlow: Longman.
MAY, Stephen & Nancy HORNBERGER (eds.) (2008): Language Policy and Political Issues in Education [Encyclopedia of Language Education]. Dordrecht: Springer.
RAGA GIMENO, Francisco (2005): Comunicación y cultura. Propuestas para el análisis transcultural de las interacciones comunicativas cara a cara. Madrid/Frankfurt: Iberoamericana/Vervuert.
RODRIGO ALSINA, M. (1999): Comunicación intercultural. Barcelona: Anthropos.
SHARIFIAN, Farzard (2017): Cultural linguistics. Amsterdam/Philadelphia: John Benjamins.
SHARIFIAN, Farzard (ed.) (2015): The Routledge Handbook of language and culture, London/N. York: Routledge.
SHARIFIAN, Farzard (ed.) (2017): Advances in Cultural Linguistics. Singapore: Springer
SCOLLON, Ron, Suzanne Wong SCOLLON & Rodney H. JONES (2012): Intercultural Communication: A Discourse Approach. Oxford: Wiley-Blackwell, 3ª edición.
SUE, Wright (2004): Language Policy and Language Planning, from Nationalism to Globalization. Houndmills: Palgrave Macmillan
WIERZBICKA, Anna (2003): Cross-cultural pragmatics: The semantics of human interaction. Berlin/N. York: Mouton de Gruyter.
Recursos:
- Atlas Unesco de linguas en perigo: http://www.unesco.org/new/en/culture/themes/endangered-languages/atlas-…
- Informe Unesco sobre diversidade cultural:
http://www.unesco.org/new/es/culture/resources/report/the-unesco-world-…
- Proxecto idiomas en perigo de extinción: http://www.endangeredlanguages.com/
- Comisión europea e multilingüismo: https://ec.europa.eu/education/policies/multilingualism/about-multiling…
- Centro de Lingüística Aplicada: http://www.cal.org/who-we-are
- LinguaPax: http://www.linguapax.org/es/
- World Atlas of Language Structures: http://wals.info
- http://www.ethnologue.com/
- https://glottolog.org/
- http://guide.culturecrossing.net/about_this_guide.php
- https://www.hofstede-insights.com/product/compare-countries/
CB3. Que os estudantes sexan capaces de reunir e interpretar datos relevantes para que, a partir desta información, poidan emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes saiban comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados de xeito claro e sen ambigüidades.
CB5. Que os estudantes adquiran as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar a súa formación dun modo que terá que ser, en gran medida, autodirixido ou autónomo
CG4. Recoñecer e asumir un sólido compromiso cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional.
CT1. Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
CT2. Coñecer a norma e uso coherente, correcto e adecuado da lingua española, tanto de forma oral como escrita.
CT3. Coñecer a norma e uso coherente, correcto e adecuado da lingua galega, tanto de forma oral como escrita.
CE1. Coñecer e poñer en valor o patrimonio cultural, nas súas vertentes material e inmaterial.
CE16. Recoñecer a diversidade de culturas comunicativas e desenvolver estratexias para facilitar a comunicación entre colectivos humanos diversos.
A materia consta de 24 horas de docencia expositiva e 24 horas de docencia interactiva, distribuídas en tres horas presenciais á semana. Nas sesións expositivas o docente presentará os contidos básicos da materia, mentres que nas sesións interactivas se farán e corrixirán as actividades planificadas de traballo autónomo do alumnado: comentarios críticos de textos, debates, presentacións orais de traballos en grupo etc. Algunhas destas actividades de traballo autónomo realizaranse a través da aula do campus virtual da USC. Periodicamente iranse fixando as datas para a realización das 3 horas de titorías programadas, nas que se resolverán problemas e dúbidas e fortalecerase o dominio de ferramentas de aprendizaxe.
PRIMERA OPORTUNIDADE: Mediante avaliación continua e o exame final complementario.
Nesta primeira oportunidade o 40% da cualificación final corresponderá ás actividades e traballos programados nas sesións interactivas. Neste proceso de avaliación continua os principais obxectos de valoración serán:
- A consistencia teórica e argumental, así como a corrección formal, dos traballos escritos e das exposicións orais presentados (30%).
- A actitude positiva e o esforzo por mellorar e aprender (10%).
Un 20% da cualificación final procederá da asistencia e, fundamentalmente, da participación activa nas clases.
O outro 40% da nota final corresponderá á nota do exame final, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e realizarase na data fixada pola Secretaría do Centro.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os criterios e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade: 40% exame, 20% valoración da participación activa en clases e 40% avaliación das tarefas entregadas. Nesta segunda oportunidade o alumnado terá a ocasión de volver entregar, ou facer por primeira vez, un máximo de dúas das tarefas programadas para poder mellorar a súa cualificación no criterio de avaliación continua.
O alumnado que teña concedida polo decanato a DISPENSA de ASISTENCIA a clases tamén será avalidado de forma continua con exame complementario. O 60% da cualificación final corresponderá ás actividades e traballos programados e o 40% procederá da nota do exame final, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e que se realizará na data fixada pola Secretaría do Centro.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
SESIÓNS EXPOSITIVAS 24 (horas presenciais) 15 (horas non presenciais) Total 39
SESIÓNS INTERACTIVAS 24 (horas presenciais) 60 (horas non presenciais) Total 84
SESIÓNS TUTORÍA GRUPO 3 (horas presenciais) Total 3
SESIÓNS EVALUACIÓN 4 (horas presenciais) 20 (horas non presenciais) Total 24
TOTAL 55 (horas presenciais) 95 (horas non presenciais) Total 150
Os ritmos de aprendizaxe non son os mesmos en todos los alumnos, e tampouco será idéntico o esforzo que esixan as actividades de traballo autónomo programadas nos distintos temas, pero vai requirir do alumnado o compromiso para asistir de maneira proveitosa ás clases e o traballo constante e continuado.
PLAN DE CONTINXENCIA
En todos os escenarios a bibliografía obrigatoria estará dispoñible para o alumnado a través do Campus Virtual.
ESCENARIO 2 (Distanciamento)
CONTIDOS
Na medida do posible manteranse os contidos previstos para o escenario 1 que figuran no programa.
METODOLOXÍA DE ENSINANZA
A materia continuará estando distribuída nunha sesión expositiva semanal e outra sesión interactiva tamén semanal.
As clases impartiranse ou ben na aula ou unicamente por streaming a través das ferramentas corporativas, como MS Teams, en virtude da decisión que adopte o centro no seu momento.
As titorías serán telemáticas, a través do correo electrónico, do foro do campus virtual ou ben por Teams.
Todas as actividades formativas serán entregadas a través do campus virtual.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliación será o mesmo que se recolle no correspondente apartado do programa (previsto para o escenario 1) tanto na primeira oportunidade como na segunda oportunidade. A diferenza estará en que no escenario 2 o exame realizarase de xeito telemático a través do Campus Virtual.
ESCENARIO 3 (Peche das instalacións)
CONTIDOS
Na medida do posible manteranse os contidos previstos para o escenario 1 que figuran no programa.
METODOLOXÍA DE ENSINANZA
A docencia será completamente virtual. Utilizaranse as ferramentas corporativas para a docencia "en remoto" (Campus Virtual, MS Teams...) para o desenvolvemento do labor docente e para establecer canles de comunicación fluída co alumnado.
As titorías serán telemáticas, a través do correo electrónico, do foro do campus virtual ou ben por Teams.
Todas as actividades formativas serán entregadas a través do Campus Virtual.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliación será o mesmo que se recolle no correspondente apartado do programa (previsto para o escenario 1) tanto na primeira como na segunda oportunidade. A diferenza estará en que no escenario 3 o exame realizarase de xeito telemático a través do Campus Virtual.
Nota: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Miguel González Pereira
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Correo electrónico
- miguel.gonzalez.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Iván Enríquez Martínez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982821026
- Correo electrónico
- ivan.enriquez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:30-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 15 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Aula 15 |
21.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
11.07.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |