Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Tras cursar esta materia os/as alumnos/as deberán ser capaces de:
1.- Integrar, mediante o uso adecuado da lingua, a sensibilidade intercultural e multidisciplinar ante manifestacións e eventos culturais.
2.- Valorar o potencial cultural obxecto de xestión e as súas repercusións sociais na contorna francófona.
3.- Construir, a partir de casos prácticos, discursos -escritos e orais- para a xestión cultural en lingua francesa.
4.- Manexar ferramentas, vinculadas ás TIC e outros recursos dixitais, para a aprendizaxe autónoma e a intervención cultural en lingua francesa.
5.- Acadar ao final da formación unha competencia básica en francés (nivel A2 do MCERL) para desenvolverse en situacións específicas, relacionadas con contextos profesionais de xestión cultural.
Os contidos específicos da materia terán que ver coa difusión da lingua e a cultura francesas no mundo a través de:
- as instituciones administrativas e políticas
- as acreditacións lingüísticas (DELF, DALF, ..)
- os centros educativos (Alianzas francesas, Cavilam...)
- os eventos culturais (O Día da música, ...)
- as artes (cine, libros, pintura, ...)
- os creadores (escritores, artistas, ...)
Estes contidos ofrecerán o vocabulario e as regras básicas da lingua francesa utilizados nos distintos aspectos relacionados co sector cultural e estarán orientados á adquisición de competencias comunicativas escritas e orais en francés en contextos de índole cultural, mediante a análise de casos prácticos que sirvan de modelo a diferentes escenarios de xestión cultural.
- Ministère de L'Europe et des Affaires Étrangères (Francia diplomacia): https://www.diplomatie.gouv.fr/es/politica-exterior/francofonia-y-lengu…
- Ministerio Francés de Asuntos Exteriores y Desarrollo Internacional: Promover la lengua francesa en el mundo (PDF): https://silo.tips/download/promover-la-lengua-francesa-en-el-mundo
- Institut Français/Nuestras acctiones/La difusión y el aprendizaje de la lengua francesa: https://www.if.institutfrancais.com/es/action/apoyar-la-difusion-y-el-a…
- Le vocabulaire de l'Art: https://www.lepointdufle.net/p/art.htm#
- Le vocabulaire du dessin et de la peinture: https://allofle.com/le-vocabulaire-du-dessin-et-de-la-peinture-debutant…
Para a aprendizaxe de léxico francés en xeral e máis das regras básicas de gramática da lingua francesa, calquera método ou recurso que teñan os/as alumnos/as a man será valido. Aínda así, podemos recomendar:
Gaël Crépieux, Lucie Mensdorff-Pouilly et Caroline Sperand (2017): Vocabulaire essentiel du français. A1-A2. Paris : Didier.
Grégoire, Maïa (2017): Grammaire progressive du français. Intermédiaire A2 B1. Paris : Cle Internacional.
BÁSICAS E XERAIS:
CG1 - Mostrar flexibilidade e dinamismo e, polo tanto, ser capaces de adaptarse a novas situacións, mantendo unha actitude positiva e proactiva
CG2 - Adquirir a capacidade de análisis e crítica necesaria para aportar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos
CG3 - Organizar o traballo, con iniciativa e capacidade de liderazgo, e tendo en conta as características do proxecto e a súa función nunha estrutura organizativa
CB2 - Que os/as estudantes sepan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posuan as
competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB4 - Que os/as estudiantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os/as estudiantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
TRANSVERSAIS:
CT4 - Coñecer a norma e uso coherente, correcto e adecuado de dúas linguas estranxeiras, tanto de forma oral como escrita
CT5 - Coñecer e aplicar correctamente as ferramentas informáticas e manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto para finalidades de investigación como de docencia e exercicio profesional
CT7 - Traballar en equipo, compartindo os coñocimentos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo, á organización e á sociedade
ESPECÍFICAS:
CE1 - Coñecer e poñer en valor o patrimonio cultural, nas súas vertentes material e inmaterial
CE3 - Coñecer os principais conceptos relacionados coas actuacións en materia de patrimonio e cultura, examinándoos desde unha perspectiva crítica e con vista á súa aplicabilidade no traballo cultural
CE4 - Coñecer as posibilidades que ofrecen as linguas para a transmisión de contidos culturais, tanto na súa dimensión oral como escrita e nos distintos niveies (local, nacional e internacional) de traballo no mundo da cultura
CE16 - Recoñecer a diversidade de culturas comunicativas e desenvolver estratexias para facilitar a comunicación entre colectivos humanos diversos
As clases serán presenciais e impartiránse de forma teórica e práctica, mediante leccións maxistrais e discusións e debates.
Nelas faranse análises e comentarios críticos de documentos e estudos de casos e ofrecerase a resolución de problemas.
Os/as alumnos/as realizarán traballos en grupo ou individuais que requiran da busca e selección de información e elaborarán proxectos que presentarán en público.
Farase uso da aula virtual como ferramenta auxiliar para a docencia, así como de recursos dixitais e documentos bibliográficos.
1ª oportunidade
Asistencia e participación na aula: 20%
Actividades de avaliación continua (traballos, exposicións etc.): 40%
Exame final: 40%
A nota final será a suma de cada unha das 3 partes e será positiva sempre e cando cada parte por separado teña superada a media.
Para o alumnado que teña autorizada a despensa de asistencia á clase pola Xunta de Facultade, os criterios de avaliación serán:
- un traballo orixinal sobre un tema do programa: 40%
- o examen final: 60%
A nota final será a suma de cada unha das partes e será positiva sempre e cando cada parte por separado teña superada a media.
2ª oportunidade:
O/a alumno/a terá que presentarse ás probas que teña suspensas na 1ª oportunidade (avaliación continua ou/e exame final). Manterase a nota correspondente á asistencia e participación na aula, así como a das probas superadas na 1ª oportunidade.
A nota final será a suma de cada unha das partes e será positiva sempre e cando cada proba á que se presente o alumnado teña superada la media.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións.
Docencia expositiva: 24h
Docencia interactiva / seminario: 24h
Titorización individual do alumnado: 3h
Exame final: máx. 4h
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 95h
Seguimento das aulas e traballo persoal do/a estudante.
As aulas impartiránse, sempre que sexa posible, en francés.
Maria Isabel Gonzalez Rey
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 16 |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 16 |
24.05.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
04.07.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |