Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O estudantado obterá unha visión contextualizada das industrias culturais a partir dos seguintes obxectivos.
1. Conceptualizar a produción cultural como actividade industrial.
2. Identificar a estrutura e composición do sector.
3. Interpretar a importancia das industrias culturais nas sociedades desenvolvidas.
4. Coñecer os subsectores, a concentración e os fenómenos de transnacionalización.
5. Analizar os procesos de produción e consumo das distintas industrias culturais: procesos de creación e canles de comercialización.
6. Relacionar as industrias culturais cos medios de comunicación.
Tras cursar esta materia, o alumnado ha de ser capaz de:
- Conceptualizar a produción cultural como actividade industrial, identificando a estrutura e composición do sector.
- Interpretar a importancia das industrias culturais nas sociedades contemporáneas.
- Recoñecer a relevancia das TIC nas industrias culturais e creativas.
- Contextualizar as industrias culturais no ámbito da xestión cultural.
- Avaliar criticamente a mellor alternativa para difundir unha mensaxe ou para deseñar e implementar unha campaña.
A materia apróximase ao concepto teórico das industrias culturais e creativas por medio dunha perspectiva diacrónica. Atende ás ramas das industrias da cultura: editorial, fono-gráficas, medios de comunicación, cine e publicidade, no contexto da globalización e os fenómenos de concentración no panorama español e galego. Así mesmo, afondarase sobre o impacto tecnolóxico sobre o concepto actual das industrias culturais e creativas.
1. Aproximación ao concepto teórico das industrias da cultura.
2. Economía e contextualización das industrias culturais. Valor simbólico da cultura e a comunicación. Industrias culturais e industrias creativas.
3. Ramas das industrias da cultura: editorial, fonográfica, medios de comunicación, cine e publicidade. Novas tecnoloxías. Mapa simbólico das industrias culturais en Galicia.
4. Produción e consumo das industrias da cultura. Especificidades.
5. Ámbito legal das industrias da cultura. Dereitos de autor. Políticas culturais.
6. Novas formas de organización. Os grupos empresariais. Estratexias. Grupos multimedia. Transnacionalización e globalización das industrias culturais.
7. Impacto tecnolóxico nos procesos de produción e comercialización das industrias da cultura.
Bibliografía básica:
Bustamante, E. (ed). (2011). Industrias creativas. Amenazas sobre la cultura digital. Barcelona. Gedisa.
Davies, R. y Sigthorsson, G. (2013). Introducing the creative industries: From theory to practice. London: SAGE.
Delgado Porras, A (2015). Propiedad intelectual. Madrid. Civitas.
Freixanes, V.F; Meixide, A (ed).(2010) O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. Santiago de Compostela. Fundación Caixa Galicia. Santiago de Compostela
Mattelart, A. (2005). Diversidad cultural y mundialización. Barcelona. Paidós Comunicación.
Bibliografía complementaria:
Adorno, T., Horkheimer, M. (1994). Dialéctica de la Ilustración. Trotta. Madrid.
Álvarez Monzonillo, J.M. (1993). La industria cinematográfica española 1980-1993. Madrid: Fundesco /Ministerio de Cultura.
Cebrián Herreros, M. et al. (ed) (2011). Industrias culturales. El modelo nórdico como referencia para España. Zamora. Comunicación Social.
Consello da Cultura Galega (2013). A comunicación en Galicia. Santiago de Compostela.
Diaz Nosty, B.(1989-1999-2001).Informe Anual de la Comunicación. Barcelona: Zeta
Hallin, D.C., Mancini, P. (2004): Comparing Media Systems. Three ModelsofMedia and Politics. Nueva York: Cambridge University Press
Outeiriño. M. (comp.) (2011). Globalización e imperialismo cultural, Vigo, Galaxia.
Reig, R. (2011). Los dueños del periodismo. Claves de la estructura mediática mundial y de España. Barcelona: Gedisa.
Throsby, D., 2011. Economía y Cultura. Cambridge University Press. Madrid.
Vogel, H.(2004). La industria de la cultura y el ocio. Un análisis económico. Madrid: Fundación Autor.
VV.AA. (2002). Comunicación y Cultura en la era digital. Madrid: Fundación Alternativas.
Zallo, R., (2013). Estructuras de la comunicación y la cultura. Gedisa. Barcelona.
Zallo R.(director) (1995). Industrias y políticas culturales en España y el País Vasco. Servicio Editorial de la Universidad del País Vasco. UPV-EHU.
• Coñecer e comprender as novas achegas que a industria cultural incorpora á sociedade da comunicación no seu conxunto.
• Coñeccer e comprender a cultura en canto que organización, forma de socialización e formas de desenvolvemento económico nas sociedades avanzadas.
• Coñecer e comprender das transformacións que se producen e veñen producindo nas últimas décadas verbo das vías de creación cultural e a comunicación.
• Identificar o variado espectro de vías de expresión cultural, organizadas en formas e procesos industriais, que configuran o mapa simbólico da comunicación nas sociedades contemporáneas.
• Coñecer e comprender a significación de todas e cada unha das industrias da cultura en canto que formas ou fenómenos novos da creación cultural e contidos simbólicos.
• Coñecer e comprender a súa significación na configuración das sociedades contemporáneras, moi especialmente na sociedade de masas, nas sociedades postindustriais e na sociedade da globalización.
• Coñecer e comprender as distintas formas de organización que as industrias da cultura amosan na actualidade, enmarcadas na tradición da produción cultural e proxectadas cara ao futuro das novas tecnoloxías, analizando a súa repercusión nos procesos xerais de socialización.
• Coñecer e comprender a organización das industrias culturais tanto no plano da comunicación como no discurso político e socioeconómico.
A. Básicas e xerais
CG2 – Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para achegar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
CG4 – Recoñecer e asumir un sólido compromiso cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional.
CB3 – Que o estudantado teña a capacidade de reunir e intepretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 – Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B. Transversais
CT1 – Adquirir habilidades para anlizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
CT5 – Coñecer e aplicar correctamente as ferramentas informáticas e manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos do coñecemento propios do grao, tanto para finalidades de investigación como de docencia e exercicio profesional.
CT6 – Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
CT8 – Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor.
C. Específicas
CE2 – Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, sociais e artísticos dos procesos culturais, desenvolvendo unha actitude crítica respecto deles e cunha especial atención á igualdade de xénero.
CE3 – Coñecer os principais conceptos relacionados coas actuacións en materia de patrimonio e cultura, examinándoos dende unha perspectiva crítica e con miras á súa aplicabilidade no traballo cultural.
CE5 – Coñecer e comprender os procesos culturais así como as últimas tendencias no mundo da cultura tanto en contextos próximos como internacionais.
CE6 – Comprender o funcionamento das industrias culturais e creativas así como o seu marco lexislativo.
A materia estrutúrase en clases teóricas e clases de laboratorio, todas elas relacionadas coa actualidade dos procesos culturais.
1) Clases teóricas. Componse dun primeiro ciclo da materia no que se desenvolverá a parogramación teórica e un segundo ciclo no que a elaboración e exposición de traballos por parte do alumnado completará o apartado teórico. O estudantado, organizado en grupos e orientado pola docente, elaborará traballos de recompilación, organización da información, sistematización e análise das distintas áreas ou actividades da industria cultural.
2) Clases laboratorio. O alumnado achegarase ás industrias culturais de xeito práctico. Nestas clases, cada grupo traballará sobre un proxecto monográfico centrado nunha industria cultural.
Metodoloxías docentes
Modalidad presencial: presentacións
Modalidad presencial: recursos dixitais
Modalidad presencial: documentos bibliográficos
Modalidad presencial: leccións maxistrais
Modalidad presencial: análise e comentario crítico de documentos
Modalidad presencial: discusións e debates
Modalidad presencial: realización de traballos en grupo ou individuais que requiran da busca e selección de información
Modalidad presencial: exposicións en público
Modalidad presencial: elaboración de proxectos
Modalidad presencial: estudios de casos
Modalidad presencial: resolución de problemas
Modalidad presencial: utilización da aula virtual como ferramenta auxiliar para a docencia
A avaliación será continua.
A nota final calcularase a partir do resultado do exame final, o traballo monográfico en grupo e as exposicións realizadas na clase.
1. Exame final: 40%.
2. Traballo monográfico: 40%
3. Exposicións: 20%
Valorarase a achega individual ao grupo, a participación nos debates da clase, o seguimento do traballo e a capacidade expositiva.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado coa docente da materia.
Cincuenta e unha horas de traballo presencial e noventa e nove de traballo individual do alumnado.
O seguimento da materia obriga á atención permanente de información sobre o macrosector nos medios, dende as iniciativas lexislativas e os movementos empresariais ata os informes de comportamento e de consumos.
Recoméndase un achegamento a estas cuestións dende a óptica económica e empresarial, sen perder de vista a influencia no deseño de produtos.
Marta Veiga Izaguirre
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- martav.izaguirre [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Tania Fernandez Lombao
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- tania.fernandez.lombao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 16 |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 16 |
21.05.2024 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
11.07.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |