Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Atendendo aos resultados da aprendizaxe que se recollen na Memoria do Título do Grao en Xestión Cultural, os obxectivos da materia de Antropoloxía Cultural a acadar, son os que seguen:
O1. Coñecer os conceptos e coñecementos básicos da antropoloxía.
O2. Aprender os métodos específicos da antropoloxía.
O3. Desenvolver a capacidade para comprender outras culturas e as minorías étnicas.
O4. Fomentar o interese polo diálogo intercultural e o respeto ás diferenzas culturais.
BLOQUE 1. A CONSTRUCIÓN DO OUTRO DESDE A DIFERENZA
E1.1 Presentación da materia. Caracterización do coñecemento antropolóxico (I).
E1.2 Caracterización do coñecemento antropolóxico (II).
E1.3 O evolucionismo. O modelo estadial.
BLOQUE 2. A CONSTRUCIÓN DO OUTRO DESDE A DIVERSIDADE
E2.1 O particularismo, o funcionalismo e o relativismo cultural.
E2.2 Fundamentos metodolóxicos: o traballo de campo.
E2.3 O estruturalismo.
BLOQUE 3. A CONSTRUCIÓN DO OUTRO DESDE A DESIGUALDADE
E3.1 O proceso de descolonización e as novas preguntas.
E3.2 O marxismo revisitado.
E3.3 Ideoloxía, hexemonía e cultura.
E3.4 Os estudos campesiños e a historia da xente sen historia.
BLOQUE 4. A FRAGMENTACIÓN DO CAMPO, DAS PERSPECTIVAS E DOS SUXEITOS
E4.1 O posmodernismo na Antropoloxía.
E4.2 O xénero e a Antropoloxía. O estudo do patrimonio cultural.
E4.3 Traxectoria e perspectivas da antropoloxía galega. Balance conxunto.
A través do desenvolvemento dos distintos bloques, ocuparémonos dos contidos recollidos na Memoria do Título: 1) O desenvolvemento da Antropoloxía: desde o evolucionismo á posmodernidade; 2) Fieldwork: a metodoloxía etnográfica e a análise antropolóxica; 3) Os temas centrais da antropoloxía: evolución, economía, parentesco, organización e cambio social, relixión, xénero e patrimonio cultural; 4) Teorías da comunicación sobre rituais, símbolos, narracións e linguaxes da vida cotiá. Dese modo, acompañaremos o desenvolvemento da disciplina antropolóxica desde os seus inicios, ao tempo que atendemos aos temas centrais obxecto de discusión no seu seo, facendo fincapé na vertente da Antropoloxía cultural.
a) Bibliografía básica:
Mauricio F. BOIVIN, Ana ROSATO, Victoria ARRIBAS: Constructores de Otredad, Buenos Aires, Eudeba, 2004 [1989].
Néstor GARCÍA CANCLINI: Las culturas populares en el capitalismo, México, Nueva Imagen, 1982.
Rosana GUBER: El salvaje metropolitano: a la vuelta de la Antropología Postmoderna: reconstrucción del conocimiento social en el trabajo de campo, Buenos Aires, Legasa, 1991.
b) Bibliografía complementaria:
Leopoldo J. BARTOLOMÉ: Relocalizados: Antropología social de las poblaciones desplazadas, Buenos Aires, Ides, 1985.
Paul BOHANNAN e Mark GLAZER: Antropología. Lecturas, Madrid, McGraw-Hill, 1997.
Cliffortd GEERTZ, James CLIFFORTD et al.: El surgimiento de la antropología posmoderna, Barcelona, Gedisa, 1991.
Maurice GODELIER: “Poder y Lenguaje. Reflexiones sobre los paradigmas y las paradojas de la legitimidad de las relaciones de dominación y de opresión”, Comunications, 28, París, 1978.
Rosana GUBER: La etnografía. Método, campo y reflexividad, Buenos Aires, Siglo XXI, 2011.
Martyn HAMMERSLEY e Paul ATKINSON: Etnografía. Métodos de investigación, Barcelona, Paidós, 1994.
Esteban KRTOZ: “Alteridad y pregunta antropológica”, Alteridades, 4 (8), 1994.
Claude LÉVI-STRAUSS: “Raza e Historia”, Discurso UNESCO 1952, recogido en Revista de la Universidad Nacional (1944 - 1992), 8, 1971, pp. 68-108.
Mirtha LISCHETTI (comp.): Antropología, Buenos Aires, Eudeba, 2004.
Gustavo LINS RIBEIRO: “Descotidianizar”, en Cuadernos de Antropología Social, Vol. 2, 1, Buenos Aires, 1989, pp. 65-69.
Thierry LULLE, Pilar VARGAS e Lucero ZAMUDIO (coords.): Los usos de la historia de vida en las ciencias sociales, Barcelona, Anthropos, 1998.
Bronislaw MALINOWSKI: Los Argonautas del Pacífico Occidental: un estudio sobre comercio y aventura entre los indígenas de los archipiélagos de la Nueva Guinea melanésica, Península, Barcelona, 1995.
Paz MORENO FELIU: De lo lejano a lo próximo: un viaje por la Antropología y sus encrucijadas, Madrid, Editorial Universitaria Ramón Areces/UNED, 2004.
Lewis H. MORGAN: “Razón del progreso humano”, en Los orígenes del Hombre, Buenos Aires, Ceal, 1978.
Evelyn REED: “La mujer: ¿Casta, clase o sexo oprimido?”, International Socialist Review, Setembro 1970, Vol. 31, No. 3, 15-17, 40-41.
Eric WOLF: Europa y la gente sin historia, Fondo de Cultura Económica, México, 2006.
Os contidos desta materia contribúen á adquisición das seguintes competencias propias do título, segundo se recolle na Memoria do mesmo:
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1. Que o estudantado afonde nos coñecementos adquiridos durante a educación secundaria xeral nunha área de estudo determinado e que amose ser orixinal no desenvolvemento e aplicación de ideas, sobre todo nun contexto de investigación.
CB2. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e teña a capacidade de resolver problemas tanto na súa área de estudo coma en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares.
CB3. Que o estudantado sexa capaz de reunir e interpretar datos relevantes para que, a partir desa información, poda emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
CX4. Organizar o traballo, con iniciativa e capacidade de liderado, e tendo en conta as características do proxecto e a súa función nunha estrutura organizativa.
CX5. Recoñecer e asumir un sólido compromiso cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1. Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
CT6. Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
CT7. Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ó resto do equipo, á organización e á sociedade.
CT8. Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE2. Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, sociais e artísticos dos procesos culturais, desenvolvendo unha actitude crítica respecto deles e cunha especial atención á igualdade de xénero.
CE3. Coñecer os principais conceptos relacionados coas actuacións en materia de patrimonio e cultura, examinándoos desde unha perspectiva crítica e con miras á súa aplicabilidade no traballo cultural.
CE5. Coñecer e comprender os procesos culturais así como as últimas tendencias no mundo da cultura tanto en contextos próximos como internacionais.
CE7. Coñecer o valor da cuultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas.
A docencia da materia organízase nunha parte expositiva e outra interactiva. A pauta proposta é desenvolver conceptos e contidos clave en cada aula presencial, que logo serán profundados e complementados co traballo persoal e as sesións de titoría.
A docente desenvolverá os temas recollidos no programa, acompañando a exposición de exemplos e materiais que contribúan a vincular os conceptos teóricos coas súas concrecións históricas e prácticas. Apostarase por unha explicación integrada, que traballe sobre unha serie de ideas fundamentais desde o comezo ata o fin do programa, partindo dos coñecementos previos do estudantado, nunha progresiva problematización conceptual, e nun permanente convite ó diálogo, o cuestionamento e a participación do alumnado.
Traballarase colectivamente unha selección de lecturas, ademais de incorporarse actividades de formación metodolóxica e introdución á vertente aplicada da Antropoloxía. A través desas actividades traballarase a competencia de expresión escrita (elaboración de comentario crítico individual sobre lectura) e oral (dinamización debates colectivos), así coma a iniciación á investigación (elaboración plan de traballo). O alumnado contará coa posibilidade dun seguimento persoalizado a través das titorías coa docente.
Os textos e materiais de traballo para o desenvolvemento da materia, estarán a disposición do alumnado no Campus Virtual.
Haberá 14 horas de docencia presencial e programaranse 12 horas de titorías en grupo reducido.
Das metodoloxías docentes recollidas na Memoria do Título, desenvolveremos as que seguen:
Modalidade semipresencial: utilización da aula virtual como ferramenta principal para a docencia.
Modalidade semipresencial: utilización de recursos e fontes bibliográficas, se é posible proporcionadas polo profesorado en formato dixital.
Modalidade semipresencial: enlaces dixitais que dean acceso a materiais audiovisuais.
Modalidade semipresencial: presentación oral de traballos.
Nos horarios oficiais está programada unha hora semanal de clases presenciais, que se poderán seguir ou ben na aula fixada para tal fin no recinto da Facultade de Humanidades ou ben mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams) utilizada para compartir a sesión docente. Os recursos e materiais utilizados nas sesións presenciais poñeranse a disposición de todo o alumnado a través da aula virtual.
Planificaranse 12 sesións de titoría en grupo reducido destinadas a dar orientacións teórico-metodolóxicas e a resolver dúbidas. Estas 12 sesións de titoría planificaranse en 12 semanas diferentes atendendo ás franxas horarias que favorezan a participación maioritaria do alumnado. Para realizar estas sesións de titorización presencial de modo que se posibilite a participación e interacción síncrona entre docentes e estudantes, empregarase a tecnoloxía de streaming (MSTeams).
Atenderanse as consultas realizadas polo alumnado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 72 horas de días lectivos, sempre e cando o docente non estea desfrutando dalgún permiso. O profesorado cualificará as actividades e tarefas propias da avaliación continua nun prazo non superior a un mes.
A docente realizará un seguimento continuo da aprendizaxe. Consonte aos criterios recollidos na Memoria do Título, a cualificación final derivará da suma dos seguintes elementos:
1. Asistencia e participación na aula – ponderación 15%
2. Actividades de avaliación continua (traballos, exposicións, etc.) – ponderación 45%
3. Exame – ponderación 40%
Para superar a materia, é preciso obter cando menos un 50% da cualificación máxima de cada unha das partes.
Na segunda oportunidade, estableceranse actividades de avaliación en función do que cada estudante precise recuperar, mantendo a cualificación das partes que foron superadas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As competencias a acadar con esta materia serán desenvolvidas a través das diferentes actividades previstas. Particularmente, ás competencias CE2, CE3, CE5 e CE7 atenderase a través da proba escrita e ás competencias CB1, CB2, CB3, CX4, CX5, CT1, CT6, CT7, CT8, a través da participación e das distintas tarefas da parte interactivas. Os obxectivos e competencias a acadar durante o desenvolvemento da materia, serán avaliadas a través das diferentes actividades de avaliación previstas.
Actividade presencial: presentación de contidos básicos e clases prácticas – 14h
Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico metodolóxicos – 12h
Exame – 4h
Traballo persoal do alumnado e outras actividades – 120h
PLAN DE CONTINXENCIA
De acordo ao “Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22”, recollemos a seguir as adaptacións necesarias relativas aos eventuais escenarios 2 e 3, definidos no citado documento.
a) Escenario 2
a. 1) Metodoloxía de Ensinanza
No caso de que debamos situarnos no escenario 2, a metodoloxía de ensinanza poderá apoiarse, ademais de nas diferentes ferramentas do Campus Virtual, nas plataformas Skype Empresarial, Teams ou Stream, habilitadas pola Universidade. A docencia que se realice en remoto impartirase, a través da plataforma Teams, de xeito síncrono. Realizarase un seguimento das actividades a través da programación de entregas, e realizarase un seguimento continuado de asistencia e participación.
a. 2) Sistema de Avaliación
No caso de que debamos situarnos no escenario 2, manteranse as actividades de avaliación para a materia sinaladas para o escenario 1, así como a súa ponderación. A proba final será complementaria á avaliación continua. O desenvolvemento das actividades de avaliación poderá realizarse parcialmente a través de medios telemáticos, para o cal o profesorado ofrecerá chegado o momento as indicacións e adaptacións oportunas. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
b) Escenario 3
b. 1) Metodoloxía de Ensinanza
No caso de que debamos situarnos no escenario 3, a metodoloxía de ensinanza poderá apoiarse, ademais de nas diferentes ferramentas do Campus Virtual, nas plataformas Skype Empresarial, Teams ou Stream, habilitadas pola Universidade. A docencia en remoto impartirase, a través da plataforma Teams, de xeito síncrono. Realizarase un seguimento das actividades a través da programación de entregas, e realizarase un seguimento continuado de asistencia e participación.
b. 2) Sistema de Avaliación
No caso de que debamos situarnos no escenario 3, manteranse as actividades de avaliación para a materia sinaladas para o escenario 1, así como a súa ponderación. A proba final será complementaria á avaliación continua. O desenvolvemento das actividades de avaliación realizarase totalmente a través de medios telemáticos, para o cal o profesorado ofrecerá chegado o momento as indicacións e adaptacións oportunas. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Alba Diaz Geada
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 982824722
- Correo electrónico
- alba.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 16 |
10.01.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
20.06.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |