Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Na materia Inglés para Usos Profesionais I traballaranse as catro destrezas comunicativas: escoitar, ler, falar e escribir. Un obxectivo importante é que o alumnado atope, entenda, e poida corrixir erros básicos gramaticais e de léxico, outro obxectivo é poder mellorar o seu uso do inglés oral en canto á expresión e pronuncia, xa que un uso máis puído e adecuado da lingua inglesa permite aos usuarios traballadores manter unha mellor imaxe profesional.
Ademais, Inglés para Usos Profesionais I é unha materia de aprendizaxe integrada de contidos e idiomas (AICLE) o que significa que o alumnado utilizará o idioma inglés como ferramenta para realizar tarefas que teñen que ver co ámbito da xestión cultural. Por exemplo, revisaranse certos puntos gramaticais, e logo poñeranse en práctica mentres se realiza tarefas (textos, vídeos, etc.) relacionadas co campo da cultura que facilitan a práctica do uso do inglés en contexto.
O traballo académico realizado nesta materia comezará nun nivel B1.2 segundo o establecido polo Marco Común Europeo de Referencia ou MCER, en inglés (2001). Este nivel foi designado como nivel "intermedio" e significa que o alumnado:
• é capaz de comprender os puntos principais de textos claros na linguaxe estándar se se tratan de temas cos que están familiarizados, xa sexa no traballo, o estudo ou o lecer.
• pode facer fronte á maioría das situacións que poden xurdir nunha viaxe a áreas onde se usa o idioma.
• é capaz de producir textos sinxelos e coherentes sobre temas cos que está familiarizado ou nos que ten un interese persoal.
• pode describir experiencias, eventos, desexos e aspiracións, así como xustificar brevemente opinións ou explicar plans.
Máis especificamente, o alumnado que remata con éxito esta materia debe ser capaz de poder levar a cabo estas funcións e demostrar a súa capacidade para comprender ao escoitar e ler, usar o inglés de maneira comunicativa en intercambios orais mediante as súas intervencións e a súa produción oral, e ser capaces de producir textos escritos apropiados en inglés. Cada unha destas áreas aparece a continuación con algúns exemplos da descrición do MCER do nivel de habilidade que se debe obter para cada unha.
Comprensión auditiva:
Pode seguir unha conferencia ou charla dentro do seu propio campo, sempre que o tema sexa familiar e a presentación sexa sinxela e claramente estruturada.
Pode comprender información técnica sinxela, como as instrucións de funcionamento dos equipos cotiáns.
Pode seguir instrucións detalladas.
Pode comprender os puntos principais dun discurso estándar claro sobre asuntos familiares que se atopan regularmente no traballo, a escola, o lecer, etc.
Lectura:
Pode follear textos máis longos para localizar a información desexada e recompilar información de diferentes partes dun texto, ou de diferentes textos para cumprir cunha tarefa específica.
Pode atopar e comprender información relevante en material cotián, como cartas, folletos e documentos oficiais breves.
Pode identificar as principais conclusións en textos argumentativos claramente sinalados. Pode recoñecer a liña de argumentación no tratamento do tema presentado, aínda que non necesariamente en detalle.
Interacción oral:
Pode comunicarse con certa confianza en asuntos familiares rutineiros e non rutineiros relacionados cos seus intereses e campo profesional.
Pode intercambiar, verificar e confirmar información, lidar con situacións menos rutineiras e explicar por que algo é un problema.
Pode expresar pensamentos sobre temas culturais máis abstractos, como películas, libros, música, etc.
Pode explotar unha ampla gama de linguaxe simple para facer fronte á maioría das situacións que xorden durante unha viaxe.
Pode participar sen preparación en conversacións sobre temas familiares, expresar opinións persoais, e intercambiar información sobre temas que lle son familiares, de interese persoal ou pertinentes á vida cotiá (é dicir, familia, pasatempos, traballo, viaxes e eventos actuais).
Produción oral:
Pode soster con razoable fluidez unha descrición sinxela dunha variedade de temas dentro do seu campo de interese, presentándoa como unha secuencia lineal de puntos.
Pode dar descricións sinxelas sobre unha variedade de temas familiares dentro do seu campo de interese.
Pode relacionar con fluidez razoable unha narración ou descrición sinxela como unha secuencia lineal de puntos.
Pode dar relatos detallados de experiencias, describindo sentimentos e reaccións.
Pode describir eventos, reais ou imaxinarios e narrar unha historia.
Pode dar razóns e explicacións breves de opinións, plans e accións.
Produción escrita:
Pode transmitir información e ideas sobre temas abstractos e concretos, verificar información e preguntar ou explicar problemas cunha precisión razoable.
Pode escribir cartas e notas persoais pedindo ou transmitindo información simple de relevancia inmediata, transmitindo o punto que sente que é importante.
Pode escribir texto simple e conectado sobre temas que lle son familiares ou de interese persoal.
Pode escribir cartas persoais describindo experiencias e impresións.
Obxectivos transversais:
Ademais dos obxectivos específicos relacionados co nivel de lingua que se debe alcanzar, as actividades formativas a realizar nesta materia permiten ao alumnado practicar e desenvolver unha serie de obxectivos transversais:
• Na utilización dos recursos suxeridos ao longo do curso, o alumnado debe consolidar a habilidade no uso dunha serie de ferramentas de auto-aprendizaxe dispoñibles na internet, mellorando así a súa capacidade de auto-aprendizaxe.
• A realización de varios proxectos breves centrados na resolución de problemas específicos permitirá ao alumnado desenvolver as súas habilidades investigadoras, en especial as relacionadas coa procura de fontes de información e a avaliación crítica e o uso adecuado da información obtida.
• O alumnado tamén desenvolverá a súa capacidade para presentar as súas razóns e argumentos de maneira clara, ao mesmo tempo que adquire flexibilidade para admitir diferentes perspectivas; así, poderá mellorar a súa capacidade para participar en negociación de maneira construtiva.
DESCRICIÓN DA MATERIA :
Tal e como indica o nome, esta materia de primeiro ano e de primeiro cuadrimestre, é do tipo ESP (English for Specific Purposes) e ELT (English Language Teaching). Isto significa que cursar esta materia posibilitará o entrar en contacto con e empezar a utilizar vocabulario máis específico, así como as estruturas lingüísticas que os profesionais do campo da xestión cultural empregan para levar a cabo o seu traballo con éxito no día a día.
Inglés para Usos Profesionais I é a primeira de dúas materias do programa académico do grao en Xestión Cultural que se deseñaron para apoiar unha adecuada preparación para o futuro profesional do alumnado. A experiencia do alumnado que provén do sistema escolar secundario en España inclúe uns 14-15 anos de formación na lingua inglesa, ademais da realización dunha sección en inglés na proba de avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade. Nesta materia, aplicarase o coñecemento xa adquirido da lingua inglesa (nivel B1.2) de modo que o alumnado poida seguir mellorando o seu uso do inglés para lograr a adquisición das competencias do idioma inglés previamente detalladas.
CONTIDOS:
1. O vocabulario e o léxico relevante o campo do patrimonio cultural, é da xestión cultural.
2. Aspectos gramaticais pertinentes aos niveis B1 e B2 do MCER (tempos verbais do presente, pasado, perfecto, é futuro, estructuras do condicional, preguntas, estruturas de obrigación e permiso, a voz pasiva, uso de xerundios vs. infinitivos, oracións relativas e estilo indirecto, entre outros).
Bibliografía básica:
Dicionarios recomendados:
Gran diccionario Oxford Español-Inglés/Inglés-Español. Oxford University Press.
Collins Cobuild English Dictionary for Advanced Learners (Paperback). Harper Collins Publishers.
Bibliografía de sitios webs para consulta:
Dicionarios de inglés:
---- http://www.thefreedictionary.com/
---- http://www.ldoceonline.com/
---- http://dictionary.cambridge.org/
---- http://www.learnersdictionary.com/
---- http://dictionary.reference.com/
Dicionarios de inglés a español e español a inglés
---- http://www.wordreference.com/
Dicionario de inglés a galego e galego a inglés
---- http://sli.uvigo.es/CLIG/index.html
Sinónomos, antínomos e ideas relacionadas:
---- http://thesaurus.reference.com/
Tarefas escritas:
----https://nanowrimo.org/
----https://prowritingaid.com/
Sitios web con exercicios:
---- http://www.edufind.com/english/grammar/index.cfm
---- http://www.englishpage.com/grammar/
Miscellanea (actividades, probas, lectura, podcast…)
UsingEnglish.com:
---- http://www.usingenglish.com/
English Page
---- http://www.englishpage.com/
---- (gramática, exercicios, vocabulario, tarefas escritas)
BBC Learning English
---- http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/
---- (actividades de gramática, lectura, comprensión auditiva, podcasts)
British Council - Learning English
---- http://www.learnenglish.org.uk/
---- (actividades de gramática, lectura, comprensión auditiva, podcasts)
Bibliografía complementaria:
Davies, Rosamund and Gauti Sigthorsson. 2013. Introducing the Creative Industries from Theory to Practice. Los Angeles, California: Sage.
Farall, Cate and Marianne Lindsley. 2008. Professional English in Use: Marketing. Cambridge: Cambridge University Press.
Groes, Sebastian, Ed.2016. Memory in the Twenty-First Century: New Critical Perspectives from the Arts, Humanities and Sciences. London: Palgrave Macmillan.
Hesmondhalgh, David. 2007. The Cultural Industries. Los Angeles, California: Sage.
McKercher, Bob. 2002. Cultural Tourism: The Partnership Between Tourism and Cultural Heritage Management. New York: Hathaway Hospitality Press.
White, E. B. Ed. 2018. William Strunk Jr. The Elements of Style. Classic Edition 2018. New York: Macmillan.
Zinsser William. 2006. (1976). On Writing Well: The Classic Guide to Writing Nonfiction. New York: HarperCollins.
Tal e como se indica na Memoria oficial do plan de estudos do Grao en Xestión Cultural, o alumnado debe desenvolver competencias en catro áreas diferentes: habilidades básicas, xerais, transversais e específicas. Son os seguintes:
Competencias básicas:
CB4. Que o alumnado saiba comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB5. Que o alumnado adquira as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar a súa formación dun modo que haberá de ser, en gran medida, auto-dirixido ou autónomo.
Competencias xerais:
CG4. Recoñecer e asumir un sólido compromiso cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional.
Competencias transversais:
CT1. Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
CT4. Coñecer a norma e uso coherente, correcto e adecuado de dúas linguas estranxeiras, tanto de forma oral como escrita.
CT6. Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
Competencias específicas:
CE4. Coñecer as posibilidades que ofrecen as linguas para a transmisión de contidos culturais, tanto na súa dimensión oral como escrita e nos distintos niveis (local, nacional e internacional) de traballo no mundo da cultura.
CE16. Recoñecer a diversidade de culturas comunicativas e desenvolver estratexias para facilitar a comunicación entre colectivos humanos diversos.
Como parte da explicación teórica, o profesorado encargado ofrecerá presentacións sobre gramática, vocabulario e uso do inglés, xa sexa na aula, con recursos como vídeos ou outros recursos dixitais. O alumnado realizará actividades prácticas como: falar en inglés, actividades de resolución de problemas, actividades de comprensión auditiva e pronuncia, e análise e comentario das lecturas asignadas. En ocasións, realizaranse prácticas e formación durante os seminarios interactivos (14 horas), e o profesorado encargado propoñerá actividades complementarias a realizar fose da aula sobre aqueles aspectos lingüísticos que requiran unha práctica máis intensa con outros recursos como lecturas asignadas, escritura, e práctica individual de pronuncia, así como actividades breves sobre aspectos da comunicación relacionados cos temas presentados en clase, ou a participación nun proxecto grupal. As tarefas mencionadas anteriormente deberían axudar ao alumnado a para poñer en práctica o seu inglés. Para a realización das actividades realizadas fora da aula utilizarase a plataforma en liña da USC para acceder a determinados recursos dixitais como as lecturas asignadas, vocabulario e explicacións gramaticais, así como entregar traballos e acceder a comentarios e cualificacións. Tamén se pode utilizar como medio adicional de avaliación e titoría para o alumnado. As actividades e tarefas asignadas serán cualificadas nun prazo non superior a un mes.
As titorías realizaranse en grupos ou individualmente a través de Microsoft Teams durante o semestre, o correo electrónico tamén se pode utilizar segundo as necesidades individuais de cada estudante, é serán respondidos en 72 horas (dentro do horario lectivo), a non ser que o profesorado encargado dispoña dun permiso especial. Esta materia tamén comprende doce horas de titorías específicas que proporcionarán unha opción eficiente para que o profesorado encargado e o alumnado manteñan un contacto directo, e programaranse en momentos que favorecen a participación do alumnado. Isto, á súa vez, permitirá avaliar o progreso do alumnado durante o curso, incluíndo o seu nivel de interiorización dos contidos e as habilidades nas que se centrou na aula, e proporcionará a oportunidade de solicitar e dar un asesoramento personalizado que permitirá a cada estudante alcanzar mellor os obxectivos da materia. O profesorado encargado tamén poderá utilizar as titorías para confirmar que o alumnado realizou as tarefas complementarias asignadas que se planificaron para o estudo autónomo.
Ademais, o traballo realizado neste programa de grao é unha forma de preparar mellor ao alumnado para o seu futuro profesional e implementarase unha ética laboral profesional para as tarefas levadas a cabo nesta materia. Todas as actividades escritas deben estar mecanografadas e a dobre espazo. Todas as actividades que se entreguen deberán incluír as fontes bibliográficas e dixitais consultadas, segundo un método académico establecido de citación bibliográfica. TODO O TRABALLO DEBE SER ENTREGADO EN PRAZO PARA SER CONSIDERADO PARA A NOTA FINAL.
A avaliación basearase en parte na avaliación continua do alumnado ao longo do semestre e de acordo cos períodos de exame que se enumeran a continuación.
EXAME DE PRIMEIRA OPCIÓN:
- Preparación e participación activa na aula/ aula virtual: 10%
- Avaliación continua de actividades supervisadas: 50%
- Exame oral final: 10%
- Exame escrito final: 30%
O alumnado recibirá unha nota de avaliación continua cara ao final do semestre. Como se pode ver na lista anterior, a preparación das actividades asignadas e a participación activa na aula, así como a nota de avaliación continua constitúen unha porcentaxe significativa da nota final desta materia. Os exames escritos realizaranse nas datas fixadas oficialmente pola facultade.
O alumnado aprobará esta materia se o fai simultaneamente nas seccións oral e escrita; no caso de que aproben só una delas, terá dereito a manter esta nota no novo período de exames de xullo; por tanto, volverá presentarse a só a sección cualificada previamente como non aprobada.
** En calquera caso, para todos os períodos de exames, ao alumnado debe aprobar todas as seccións enumeradas anteriormente para aprobar esta materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
EXAME DE SEGUNDA OPCIÓN:
Para o alumnado que aprobase unha sección do exame de primeira opción, poderá retelo para este exame, en calquera caso, o sistema de avaliación é o mesmo que na primeira opción.
PARA CURSAR ESTA MATERIA DE NOVO:
O alumnado que necesite cursar esta materia de novo, e que superase a parte de avaliación continua do traballo realizado en clase durante o semestre académico poderá manter esta parte da súa nota en consecuencia. Con todo, se non superou a parte de avaliación continua do curso, deberá volver cursar toda a materia.
Como consta na Memoria da titulación, nesta materia de seis créditos ECTS, está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que das que 14 corresponden a traballo presencial na aula nas sesións interactivas, 12 corresponden as titorías opcionais, 4 corresponden aos exames, e 120 a traballo autónomo e preparatorio fora da aula. Respecto ao traballo do alumnado, a parte das orientacións que o profesorado encargado vaia dando a coñecer, véxase o apartado sobre RECOMENDACIÓNS (abaixo).
Todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital*. Véxase a ADVERTENCIA IMPORTANTE a continuación.
ADVERTENCIA IMPORTANTE.- Na normativa de rendemento académico da USC (DOG 21 de xullo de 2011, art. 16) penalízase a realización fraudulenta dalgunha proba avaliativa cun suspenso na convocatoria correspondente, alén do proceso disciplinario que se lle poida abrir a maiores ao alumnado infractor. Polo tanto, a detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación que o alumnado obtiver polos demais conceptos. Entendemos plaxio como a copia total ou parcial, fora literal ou non, de contidos ou ideas publicadas noutros traballos académicos ou en calquer tipo de obras (en papel ou internet), sen que o alumnado cite a fonte de onde foron extraídas esas ideas ou textos. O alumnado suspenso por plaxio non poderá presentarse á segunda oportunidade.
REQUISITOS FORMAIS ESPECÍFICOS:
Aínda que non existen requisitos formais específicos para esta materia, o alumnado debe ter consolidado as competencias do nivel B1.2 MARCO. Se alguén non está seguro de alcanzar este nivel, pode poñerse en contacto co profesorado encargado.
Por outra banda, é necesario que o alumnado teña acceso a un ordenador (ou tablet, smartphone) con audio mais capacidade de vídeo para que poidan acceder á aula virtual, así como para completar as actividades e tarefas asignadas durante o curso académico.
ASISTENCIA A CLASE:
A asistencia a clase non é obrigatoria; con todo, o alumnado debe ser capaz de facer o traballo desenvolvido nesta materia en por si. Así, o alumnado que non asista a clase deberá entregar o traballo asignado para recibir unha nota de avaliación continua. Para favorecer a avaliación continua, unha certa porcentaxe da nota final reflectirá a preparación é a participación activa do alumnado na aula o na aula virtual. Ademais, farase fincapé no traballo oral realizado ao longo do curso e este traballo oral realízase mellor na aula ou na aula virtual. En calquera caso, o alumnado universitario é responsable de preparar o traballo asignado en clase tanto se asiste ou non.
TRABALLO EN CLASE E ESTUDO FOSE DA AULA:
A participación activa en clase ou na aula virtual axudará ao alumnado para mellorar a súa produción lingüística tanto en inglés escrito como oral. Despois de completar unha área de estudo, espérase que o alumnado continúe a súa preparación do vocabulario e / ou tarefas asignadas. Durante o ano asignarase traballo escrito para permitir a práctica deste tipo de produción lingüística. Para que esta práctica sexa avaliada, o traballo escrito debe estar mecanografado, a dobre espazo e entregado en prazo.
PLAN DE CONTINXENCIA (COVID)
Os sistemas de metodoloxía do ensino e de avaliación recollidos anteriormente aplicaranse no ESCENARIO 1 (“NORMALIDADE ADAPTADA”) descrito no documento “Plan de continxencia para ou desenvolvemento dá docencia non curso 2021-22”, que foi aprobado no Consello de Goberno do 30 de abril, 2021. No caso de que se produza un cambio de escenario, tanto o sistema de metodoloxía do ensino como o de avaliación serán modificados tal e como se establece a continuación.
ESCENARIO 2: “DISTANCIAMENTO”
Metodoloxía do ensino:
- Seminarios interactivos (una hora por semana): As clases interactivas terán lugar de forma presencial, tal e como no escenario 1. O alumnado poderá tamén facer uso dos contidos accesibles na aula virtual.
- Titorías personalizadas: As titorías personalizadas levarán a cabo maioritariamente de forma virtual, ou ben a través de Microsoft Teams ou por correo electrónico.
Sistema de avaliación: A porcentaxe relativo ás distintas partes de avaliación non cambiará en caso dun cambio de escenario (é dicir 60 % avaliación continua e 40% exames finais). As presentacións poderanse levar a cabo en liña a través de Microsoft Teams ou alternativamente de forma presencial en grupos máis pequenos. O exame final será telemático a través do Campus Virtual e no exame oral será por Microsoft Teams.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. Véxase a ADVERTENCIA IMPORTANTE enriba no apartado "TEMPO DE ESTUDOS E DE TRABALLO PERSOAL".
ESCENARIO 3: “CONFINAMENTO E PECHE DAS INSTALACIÓNS”
Metodoloxía do ensino:
- Seminarios interactivos (una hora por semana): As clases interactivas terán lugar ou ben de forma síncrona a través de Microsoft Teams ou de forma asíncrona na aula virtual mediante vídeos e audios, que serán acompañados por presentacións PowerPoint.
- Titorías personalizadas: As titorías personalizadas levarán a cabo de forma virtual, ou ben a través de Microsoft Teams ou por correo electrónico.
Sistema de avaliación: A porcentaxe relativo ás distintas partes de avaliación non cambiará en caso dun cambio de escenario (é dicir, 60 % avaliación continua e 40 % exames finais). As presentacións levarán a cabo en liña a través de Microsoft Teams e o exame final será telemático a través do Campus Virtual e o exame oral será por Microsoft Teams.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. Véxase a ADVERTENCIA IMPORTANTE enriba no apartado "TEMPO DE ESTUDOS E DE TRABALLO PERSOAL".
Jodee Anderson Mcguire
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824713
- Correo electrónico
- jo.anderson [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | Aula 16 |
17.01.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
23.06.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |