Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia consisten en dotar ao alumnado de competencias para coñecer e entender o papel das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos procesos comunicativos mediados tecnoloxicamente.
Tras cursar esta materia os/as alumnos/ as han de ser capaces de:
- Coñecer o papel das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nas estratexias e técnicas da Comunicación cultural.
- Coñecer a perspectiva tecnolóxica nas principais teorías que, partindo dunha perspectiva sincrónica e multidisciplinar, explican a evolución e os principais fitos no campo da Comunicación mediada tecnoloxicamente.
- Manexar os conceptos craves da comunicación verbal e non verbal tanto desde un punto de vista meramente teórico como da súa práctica coas diferentes tecnoloxías.
- Distinguir entre os procesos informativos e comunicativos, con especial atención aos elementos que integra todo intercambio comunicativo e o papel dos instrumentos para facer realidade eses procesos no ámbito cultural.
- Desenvolver unha visión crítica e reflexiva en relación aos procesos comunicativos da súa contorna máis inmediata e tamén dos procedentes dos mass media no campo da cultura.
- Aplicar as TIC a técnicas específicas para os procesos culturais baseados na comunicación directa e a mediada, con especial atención aos procesos de autocomunicación de masas.
O papel das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos procesos comunicativos, con especial atención aos procesos de comunicación mediada tecnoloxicamente no ámbito cultural. Abordar en todas as súas dimensións o fenómeno comunicativo, distinguíndoo dos procesos meramente informativos, e aproximarse a todos os seus compoñentes para, a partir deles, desenvolver técnicas de comunicación cultural específicas para cada un das contornas (comunicación mediada ou a través dos medios, comunicación directa e autocomunicación de masas no campo da cultura).
Os temas para desenvolver estes contidos serán:
Tema 1.-Papel das TIC nos procesos comunicativos da sociedade rede
-Conxunto de tecnoloxías que integran as TIC
-Os procesos comunicativos e a súa mediación polas tecnoloxías
-Características que definen os actuais modelos no campo cultural
Tema 2.-A interactividade e a participación
-Aproximación conceptual á interactividade e a interacción
-Tipos de interactividade
-A participación e a súa xestión
Tema 3.-Modelos de comunicación colectiva
-A comunicación verbal. Definición e exemplos.
-A comunicación non verbal. Definición e exemplos
-Diferencias entre comunicación verbal e non verbal
-Modelos de comunicación para o estudo da comunicación colectiva
-Modelos de comunicación colectiva na sociedade rede
Tema 4.-Modelos de produtos informativos e comunicativos
-O campo de comunicación e o seu técnicas
-Deseño de produtos comunicativos
-Técnicas de elaboración dos contidos
-Elementos da preceptiva e do discurso xornalístico
-Estratexias de comunicación no campo da cultura
Tema 5.-Reflexións actuais sobre TIC, sociedade e comunicación cultural
-Miradas reflexivas e críticas sobre o uso e impacto das TIC
-A alfabetización mediática e tecnolóxica.
-Novos retos do uso das TICS na sociedade da información e o coñecemento
-Novos retos do uso das TICS na comunicación cultural
Básica
Arriaza Ibarra, Karen; Berumen, Sergio A. -coords.- (2008): Evolución y desarrollo de las TIC en la economía del conocimiento. Madrid: Ecobook-Editorial del Economista.
Rissoan, Romain (2019): Redes sociales. Comprender y dominar las nuevas herramientas de comunicación. Barcelona: Ediciones ENI. 5ª edición.
Robinson, Laura; Schulz, Jeremy; Cotton, Shelia R.; Hale, Timothy M.; Williams, Apryl A.; Hightower, Joy L. -Editors- (2016): Communication and Information Technologies Annual. (New) Media Cultures. United Kingdom: Emerald.
Hoof, Florian; Boell, Sebastian K. (2019): Culture, technology, and process in “media theories”: Toward a shift in the understandings of media in organizacional research. Organization, 2019;26(5):636-654. doi:10.1177/1350508419855702. Accesible en: https://journals.sagepub.com/doi/full/10.1177/1350508419855702.
Mánriquez Fonseca, Alejandro David (2019): El uso de TIC en la comunicación con la ciudadanía: diagnóstico de portales web dde gobiernos locales en México. Madrid: Universidad Complutense. Tesis doctoral. Accesible en: https://eprints.ucm.es/id/eprint/50692/1/T40750.pdf.
Ordeuña-Malea, Enrique; Cabrera Méndez, Margarita; Giménez Chornet -coord.-; Villavieja Llorente, Carlos; Mas i Usó, Pascual; Cambrils i Camarena, Joan-Carles (2014): Gestión cultural. Innovación y tendencias. Valencia: Tirant Humanidades.
Complementaria
Bernal Triviño, Ana Isabel (2009): Los nuevos medios de comunicación y los jóvenes. EuroEditions.
López-Vicent, Patricia; Sánchez-Vera, María del Mar; Solano-Fernández, Isabel María (2018): Las TIC para el desarrollo de la identidad digital y cultural de pueblos originarios. Papeles de Trabajo sobre Cultura, Educación y Desarrollo Humano, Vol., 10, Nº 1. Accesible en: https://revistas.uam.es/index.php/ptcedh/article/view/9888.
Rebolloso Gallardo, Roberto (2010): La globalización y las nuevas tecnologías de información. México: Editorial Trillas.
Krug, Gary J. (2004): Communication, Technology and Cultural Change. London: SAGE Publications.
Velarde, Olivia; Bernete, Francisco; Franco, Daniel (2015): Paradigmas de los efectos de las TIC en la cultura y el conocimiento. Revista Latina de Comunicación Social, número 70. Accesible en: http://www.revistalatinacs.org/070/paper/1050/RLCS-paper1050.pdf.
Os obxectivos prioritarios da materia consisten en dotar ao alumno de competencias para coñecer e entender o papel das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos procesos comunicativos mediados tecnoloxicamente
A materia debe contribuír a que o alumno teña competencias e habilidades para o emprego das TIC na produción, difusión e xestión cultural.
As competencias básicas e xerais son:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar as TIC nos procesos de comunicación cultural
CG3 - Competencia para exercer a actividade profesional con ética profesional e compromiso cívico
As competencias transversais son:
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 – Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
As competencias específicas son:
CE04 -Coñecer o papel das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nas estratexias e técnicas da Comunicación cultural.
CE05 - Coñecer a perspectiva tecnolóxica nas principais teorías que, partindo dunha perspectiva sincrónica e multidisciplinar, explican a evolución e os principais fitos no campo da Comunicación mediada tecnoloxicamente.
CE06 - Manexar os conceptos craves da comunicación verbal e non verbal tanto desde un punto de vista meramente teórico como da súa práctica coas diferentes tecnoloxías.
CE07 - Distinguir entre os procesos informativos e comunicativos, con especial atención aos elementos que integra todo intercambio comunicativo e o papel dos instrumentos para facer realidade eses procesos no ámbito cultural.
CE08 - Desenvolver unha visión crítica e reflexiva en relación aos procesos comunicativos da súa contorna máis inmediata e tamén dos procedentes dos mass media no campo da cultura.
CE09 -Aplicar as TIC a técnicas específicas para os procesos culturais baseados na comunicación directa e a mediada, con especial atención aos procesos de autocomunicación de masas.
Na modalidade semipresencial o proceso de ensino e aprendizaxe desenvolverase, fundamentalmente, a distancia e atendendo ás características da formación en remoto. As actividades formativas e o traballo do alumnado, así como a titorización e o contacto entre docentes e alumnado, realizaranse a través da aula do Campus virtual da USC e mediante a tecnoloxía de streaming corporativa da USC ( MSTeams).
Haberá 14 horas de docencia presencial (unha hora semanal), que se poderán seguir ou ben na aula fixada para tal fin na facultade ou mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams) empregada para compartir a sesión docente. Todos os recursos e materiais utilizados nestas sesións presenciais estarán á disposición do alumnado a través da aula virtual.
Planificaranse 12 sesións de titoría en grupo reducido destinadas a dar orientacións teórico-metodolóxicas e a resolver dúbidas. Estas 12 sesións de titoría programaranse en 12 semanas distintas buscando franxas horarias que favorezan a participación maioritaria do alumnado. Para a realización destas titorías utilizarase a mesma tecnoloxía de streaming (MSTeams) empregada para as clases presenciais.
A través da aula virtual proporcionarase ao alumnado material de apoio e guía na adquisición de contidos: presentacións con audio explicando contidos do programa, referencias bibliográficas de lectura obrigada ou recomendada, documentos e ligazóns dixitais de interese etc. Na aula virtual tamén se poñerán á disposición do alumando as tarefas programadas para a avaliación continua (comentarios de textos, elaboración de documentos resultado de procura de información, presentación oral de traballos etc.) e abriranse foros para o debate e a resolución de dúbidas.
A través da aula virtual farase chegar a avaliación destas tarefas nun prazo non superior a un mes desde a data límite de entrega. As consultas realizadas polo alumnado serán respondidas nun prazo non superior ás 72 horas de días lectivos, a condición de que o docente non estea a gozar dalgún permiso oficial.
Seguiranse as metodoloxías do grao descritas no apartado 5.1 da memoria.
A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
a. Exame/ s teórico/ s
b. Prácticas realizadas durante as clases prácticas.
c. Participación activa e positiva nos seminarios.
d. Avaliación dos proxectos ou estudos de caso formulados ao longo do curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
PRIMERA OPORTUNIDADE: Mediante avaliación continua e o exame final complementario. Nesta primeira oportunidade o 50% da cualificación final corresponderá á avaliación das tarefas e actividades programadas na aula virtual. Neste proceso de avaliación continua os principais obxectos de valoración serán:
- A consistencia teórica e argumental, así como a corrección formal, dos traballos escritos e das exposicións orais presentados (40%).
- A actitude positiva e o esforzo por mellorar e aprender (10%). Un 10% da cualificación final procederá da participación activa na aula virtual (consulta de recursos, participación en foros, etc.)
O outro 40% da nota final corresponderá á nota do exame final, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e realizarase na data fixada pola Secretaría do Centro.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os criterios e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade: 40% exame, 10% valoración da participación activa na aula virtual e 50% avaliación das tarefas entregadas. Nesta segunda oportunidade o alumnado terá a ocasión de volver entregar, ou facer por primeira vez, un máximo de dúas das tarefas programadas para poder mellorar a súa cualificación no criterio de avaliación continua.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
SESIÓNS EXPOSITIVAS 24 (horas presenciais) 15 (horas non presenciais) Total 39
SESIÓNS INTERACTIVAS 24 (horas presenciais) 60 (horas non presenciais) Total 84
SESIÓNS TUTORÍA GRUPO 3 (horas presenciais) Total 3
SESIÓNS EVALUACIÓN 4 (horas presenciais) 20 (horas non presenciais) Total 24
TOTAL 55 (horas presenciais) 95 (horas non presenciais) Total 150
Os ritmos de aprendizaxe non son os mesmos en todos los alumnos, e tampouco será idéntico o esforzo que esixan as actividades de traballo autónomo programadas nos distintos temas, pero vai requirir do alumnado o compromiso para asistir de maneira proveitosa ás clases e o traballo constante e continuado.
Modificacións introducidas ao abeiro do acordo do Consello de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 30 de abril de 2021 no que se aprobou o plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-2022.
Plan de continxencia:
Á vista dos escenarios 2 e 3 que contempla a USC por mor do contexto sanitario, faranse as adaptacións necesarias no referido á metodoloxía da ensinanza:
Actividades en remoto, de carácter variado e impartidas de xeito síncrono a través do campus virtual. O seguimento das actividades farase por medio da programación de entregas e listaxes de participación.
O volume de información e tempo dedicado ás tarefas en remoto será proporcionado á carga en créditos desta materia.
Os materiais empregados cumprirán coas normativas relativas á propiedade intelectual e protección de datos.
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Uxia Caride Blanco
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- uxia.caride.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Oscar Alfeiran Varela
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- oscar.alfeiran.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Marta Veiga Izaguirre
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- martav.izaguirre [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
20:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 16 |
06.06.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
07.07.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |