Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
-Aproximarse ao funcionamento da economía actual.
-Coñecer e saber utilizar as fontes estatísticas fundamentais para a economía do sector cultural.
-Determinar a contribución da cultura á economía da UE, España e Galicia.
-Coñecer as técnicas de valoración económica dos servizos culturais.
-Identificar e explicar os cambios estructurais do sector cultural.
-Ser capaz de realizar un estudo sobre un sector cultural desde o punto de vista económico.
1. Introdución á economía
A economía como ciencia social
O método estrutural en economía
2. A economía mundial, da UE, España e Galiza
Os principais agregados económicos
Estrutura económica de Galiza no marco español e europeo
3. Introdución á economía da cultura
Economía da cultura. Ideas iniciais
Definición de bens culturais e bens artísticos. Valor artístico e cultural
A economía da cultura na historia do pensamento económico
4. Fundamentos teóricos da economía da cultura
A cultura na economía actual. A terciarización da economía
A cultura como ben superior
Innovación e destrución creadora nas industrias culturais
A cultura como ben público
5. As contas do sector cultural
Estatísticas culturais. Fontes e metodoloxías estatísticas
As contas económicas do sector da cultura. Europa, España e Galiza
6. Infraestruturas e equipamentos culturais. Promoción cultural
As infraestruturas culturais
O patrimonio cultural material
Infraestruturas culturais e patrimonio en cifras
7. Economía do turismo
Sector turístico: conceptos básicos
Demanda turística
Oferta turística
As contas económicas do sector turístico
8. Metodoloxías de avaliación económica dos servizos culturais
Políticas públicas culturais
Indicadores para a medición e avaliación das políticas culturais
Bibliografía básica
-Afundación-Obra social Abanca (varios anos). A economía galega. Informe ... A Coruña: AFundación (informes anuais publicados desde 1986).
-Alonso Rodríguez, J.A. (Dir.) (2019). Lecciones sobre economía mundial. Introducción al desarrollo y a las relaciones económicas internacionales. Thomson-Civitas: Madrid.
-Barbieri, N., Partal, A., Merino, E. (2011). Nuevas políticas, nuevas miradas y metodologías de evaluación. ¿Cómo evaluar el retorno social de las políticas culturales?. Papers 96(2), pp. 477-500 https://doi.org/10.5565/rev/papers/v96n2.139
-García Delgado, J.L., & Myro, R. (Dir.) (2019). Lecciones de Economía Española. Cizur Menor (Navarra): Editorial Aranzadi.
-Ginsburg, V.A., Throsby, D. (Eds.) (2006). Handbook of the Economics of Art and Culture. Amsterdam: North Holland.
-López Iglesias, E. (2016). Do atraso ao progreso económico de Galiza? Un proceso histórico á espera dun relato. En Dubert, I. (Ed.), Historia das historias de Galicia. Vigo: Xerais.
-Mochón Morcillo, F. (2004). Economía y turismo. Madrid: McGraw Hill.
-Prada Blanco, A. & Lago Peñas, S. (2009). Galicia, unha economía europea 1986-2006. Vigo: Editorial Galaxia.
-Tamames, R. (2008). Estructura Económica de España. Madrid: Alianza Editorial.
Alén da anterior bibliografía, ao longo do curso o profesor facilitará outras fontes bibliográficas para o estudo da materia.
Páxinas web:
Banco de España. Publicaciones: https://www.bde.es/bde/es/secciones/informes/
EUROSTAT: https://ec.europa.eu/eurostat/web/main/home
Fundación BBVA: https://www.fbbva.es/
Instituto Nacional de Estadística (INE): www.ine.es
Instituto Galego de Estatística (IGE): www.ige.gal
Instituto Universitario de Predicción Económica (I.R. Klein): https://www.uam.es/uam/klein
Ministerio de Economía y Hacienda: https://portal.mineco.gob.es/
Organización Mundial de Comercio: www.wto.org
Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económico: www.oecd.org
Competencias Básicas:
B1. Que os estudiantes profundicen os coñecementos adquiridos durante la educación secundaria xeral nunha área de estudo determinado e que demostren ser orixinais no desenvolvemento e na aplicación de ideas, sobre todo en un contexto de investigación.
B2. Que os estudiantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e teñan a capacidade de resolver problemas tanto na súa área de estudo como en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos o multidisciplinares.
B3. Que os estudantes sexan capaces de reunir e interpretar datos relevantes para que, a partir desta información, poidan emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética
B4. Que os estudantes saiban comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados de xeito claro e sen ambigüidades.
Competencias Xerais:
G1. Mostrar flexibilidade e dinamismo e, polo tanto, ser capaces de adaptarse a novas situacións, mantendo unha actitude positiva e proactiva.
G2. Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para aportar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
G3. Organizar o traballo, con iniciativa e capacidade de liderazgo, e tendo en conta as características do proxecto e a súa función nunha estrutura organizativa.
Competencias Transversais:
T1. Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
T3. Coñecer a norma e uso coherente, correcto e adecuado da lingua galega, tanto de forma oral como escrita.
T5. Coñecer e aplicar correctamente as ferramentas informáticas e manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto para finalidades de investigación como de docencia e exercicio profesional.
T6. Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
T7.Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabelos comunicar ao resto do equipo, á organización e á sociedade.
T9. Manter un compromiso ético e mostrar sensibilidade cara temas sociais ou ambientais.
Competencias Específicas:
E1.Coñecer e poñer en valor o patrimonio cultural, tanto material como inmaterial.
E6.Comprender o funcionamento das industrias culturais e creativas así como o seu marco lexislativo.
E7.Coñecer o valor da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas.
E10.Xestionar os recursos humanos, materiais e económicos necesarios para a posta en marcha de proxectos eventos culturais.
Na modalidade semipresencial haberá 14 horas de docencia presencial e programaranse 12 horas de titorías en grupo reducido. Nos horarios oficiais está programada unha hora semanal de aulas presenciais, que se poderán seguir ou ben na sala de aulas fixada para tal fin no recinto da Facultade de Humanidades ou ben mediante conexión síncrona á aplicación de streaming (MSTeams) utilizada para compartir a sesión docente.
Por unha parte, esta docencia presencial está destinada á docencia expositiva, orientada á presentación dos contidos teóricos da materia. Empregarase fundamentalmente a lección maxistral. Estas exposicións irán acompañadas por lecturas por parte dos alumnos de textos escollidos que fundamentan o u complementan ditas explicacións. Todos os recursos e materiais utilizados nestas sesións presenciais se poñerán a disposición de todo o alumnado a través da aula virtual.
Ademais, as sesións presenciais tamén se destinarán a desenvolver actividades prácticas ou interactivas. A docencia interactiva estará orientada a fomentar unha participación activa do alumnado e achegalo aos aspectos prácticos da materia, mediante a utilización de estudos de caso, discusións e debates, resolución de problemas, realización de traballos en grupos ou individuais con ou sen exposición en público.
O docente atenderá adecuadamente as consultas realizadas polo alumnado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, sempre e cando o profesor/a non estea desfrutando dalgún permiso. O profesor cualificará as actividades e tarefas propias da avaliación continua nun prazo non superior a un mes.
No caso da modalidade semipresencial prevese a planificación de 12 sesións de titoría en grupo reducido destinadas a dar orientacións teórico-metodolóxicas e a resolver dúbidas. En concreto, destínanse á orientación para a realización de traballos ou preparación das exposicións, procura e selección de material bibliográfico e fontes estatísticas, así como revisión de prácticas ou problemas. Estas 12 sesións de titoría planificaranse en 12 semanas diferentes e atendendo ás faixas horarias que favoreceren a participación maioritaria do alumnado. O docente empregará a tecnoloxía de streaming (MSTeams) utilizada para o desenvolvemento das aulas da materia.
A Aula Virtual ofrece material sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. A guía docente detallada do curso no que se describe de forma pormenorizada o sistema avaliación, as guías docentes para cada tema, os boletíns de exercicios, material de apoio, actividades complementarias, etc., se proporcionará a través da aula virtual do curso.
O traballo individual do alumnado oriéntase cara a preparación do traballo na aula para cimentar, aplicar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, da elaboración e discusión de casos, e da investigación, análise e discusión de problemas, o alumnado reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análise e expresión oral.
Asistencia
A asistencia non é obrigatoria, pero si recomendable (quer por MSTeams, quer presencialmente). Non se permite o uso de dispositivos electrónicos durante a aula sen autorización previa por parte do docente. Eventualmente, será posible realizar individualmente traballos ou leituras monográficas sobre algún aspecto do programa.
Alumnado repetidor
O alumnado repetidor e aqueles que non puideren asistir con regularidade deberán contactar co profesor para abordar a súa situación na primeira semana do cuadrimestre.
Contémplase a posibilidade de facer saídas para prácticas de campo, en coordinación co resto das materias do título, que permitan visitar e coñecer feiras, mostras e calquera evento relacionado co sector cultural. Estas saídas terían carácter opcional e non avaliable.
Conforme á anterior proposta docente a avaliación recollerá o resultado da totalidade do esforzo realizado ao longo do curso: participación activa; debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa; realización e exposición de traballos; probas e exame final; etc. Avaliaranse todas as competencias sinaladas no apartado correspondente.
O sistema de avaliación da materia basearase en tres compoñentes:
a) A proba final, que consiste nun exame escrito que se celebrará presencialmente na data, hora e lugar que determine o calendario oficial do centro (40% da puntuación total).
b) A realización das actividades propostas durante as sesións expositivas e interactivas da materia (50% da puntuación total).
c) A participación activa tanto nas sesións síncronas (presenciais ou por MS Teams) como na aula virtual (titorías, chats, foros e debates, e outras ferramentas virtuais) (10% da puntuación total).
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de cinco puntos sobre dez. Aprobar o exame final é un requisito imprescindible para superar a materia. A nota da avaliación continua só será considerada para facer media (ponderada) coa nota do exame final se este último é aprobado. Considérase aprobado se se obtén un mínimo de 5 puntos sobre 10.
O alumnado que non supere o exame escrito na primeira oportunidade do curso ten dereito a acudir á segunda oportunidade. Neste caso, a nota obtida na segunda oportunidade será a nota que faga media ponderada (mantendo o peso do 40% sobre o total) coa nota correspondente ás actividades de avaliación continua.
O formato de exame será o mesmo en ambas oportunidades, sendo obxecto de avaliación os temas que figuran no programa, as lecturas obrigatorias, as explicacións do profesor e o resto do material que se facilitar. Non haberá probas liberatorias parciais. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Seguindo a normativa oficial, a cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
O alumnado repetidor que xa tivera aprobada a parte da materia correspondente á avaliación continua en convocatorias anteriores ten dúas opcións de avaliación. En primeiro lugar, pode manter a nota da avaliación continua obtida na convocatoria anterior e presentarse unicamente ao exame final se así o desexar. En segundo lugar, pode volver realizar as actividades prácticas e obter unha nova nota de avaliación continua, que substituirá ás de convocatorias anteriores. En calquera caso, o peso na nota final segue sendo de 40% para o exame escrito. O alumnado repetidor debe porse en contacto co profesor na primeira semana do cuadrimestre para abordar a súa situación e elixir o sistema de avaliación que desexe (que non poderá ser modificado a posteriori).
Actividade presencial: presentación de contidos básicos e aulas prácticas: 14 horas
Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico-metodolóxico: 12 horas
Exame: 4 horas
Traballo persoal do alumno: 120 horas
Non se require de coñecementos económicos específicos previos.
Recoméndase o seguimento continuado das clases presenciais, e o estudo da bibliografía básica, preferiblemente de forma previa ao desenvolvemento de cada tema do programa.
Aconsellase a consulta frecuente das principais fontes estatísticas empregadas, así como algún dos principais xornais económicos.
Lembrase a dispoñibilidade de servizo de titorías para a resolución de calquera tipo de dúbida ou problema que se presente ao longo do curso.
Raul Rios Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- raul.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 14 |
11.01.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
20.06.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |