Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia, Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Historia Contemporánea, Antropoloxía Social
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Nesta materia realizarase unha aproximación histórica e antropolóxica á sociedade e cultura galegas contemporáneas. Esbozaranse as características máis significativas dun marco cultural e social concreto, tendo en conta os posibles enfrontamentos culturais e a pluralidade intrínseca de toda construción social. Prestaremos atención ás diferentes expresións políticas, sociais e culturais que conforman a idea de identidade e estereotipos identitarios.
1. Política e cultura na Galicia contemporánea
2. Un país de emigración
3. Cultura da violencia e memorias
4. Ruralidades: da crise finisecular á desagrarización e a patrimonialización
Barreiro Fernández, Xosé Ramón, Historia social da guerra de independencia en Galicia, Xerais, 2009
Beramendi, Xusto, De provincia a nación. Historia do galeguismo político, Xerais, 2007
Beramendi, Xusto, Historia mínima de Galicia, Turner, 2016
Cabana Iglesia, Ana, La derrota de lo épico, Prensas Universitat de Valencia, 2013
Cabana Iglesia, Ana, Xente de orde. O consentimento cara ao franquismo en Galicia, tresCtres, 2009
Cabo Villaverde, Miguel, A vida desmedida de Basilio Álvarez, Ourense, Deputación Provincial de Ourense, 2023
Costa Rico, Antón, Historia da educación e da cultura en Galicia (séculos IV-XX). Permanencias e cambios no contexto cultural e educativo europeo, Xerais, 2004
Dubert, Isidro (ed), Historia das historias de Galicia, Xerais, 2016
Dubert, Isidro, A morte en Galicia, Xerais, 2019
Fernández Prieto, Lourenzo e Míguez Macho, Antonio (ed.), Golpistas e verdugos de 1936, Galaxia, 2018
Ferrández Pérez, Daniela, A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea, Xerais, 2002
Gondar Portasany, Marcial Crítica da razón galega : entre o nós-mesmos e o nós-outros, A Nosa Terra, 1993
Gondar Portasany, Marcial Romeiros do Alén: antropoloxía da morte en Galicia, Xerais, 1989
González Reboredo, Xosé M., “Suxestións sobre o futuro da identidade cultural de Galicia” en Galicia: de hoxe noutros corenta anos, 2019, 243-259
González Reboredo, Xosé Manuel, “Foklore rural e neofolklore urbano”, Raigame, 27, 2007, 54-59.
González Reboredo, Xosé Manuel, “Tradicións reinterpretadas e inventadas : os grupos étnicos de Europa e o papel do folklore na construcción das súas identidades” en Cuadernos de Estudios Gallegos, 2000, Vol.47 (112), 326-352
Godinho, Paula Usos da memória e práticas do patrimonio, Colibrí 2012
Herrero Pérez, María de las Nieves, The tourism imaginary and pilgrimages to the edges of the world en Herrero and Roseman, 2015
Herrero Pérez, Nieves, Los últimos mineros un estudio antropológico sobre la minería en España, CIS, 2002
Jiménez-Esquinas, Guadalupe, Del paisaje al cuerpo. La patrimonialización de la Costa da Morte desde la antropología feminista, 2020 EHU/UPV
Leira Castiñeira, Francisco e Cabo Villaverde, Miguel (eds.), A xustixa pola man. Violencia e conflitividade na Galicia contemporánea, Xerais, 2021
Mariño Ferro, Xosé Ramón, Antropoloxía de Galicia, Xerais, 2000.
Miguez Macho, Antonio, Historia breve de Galicia, Silex, 2011
Murado, Miguel Anxo, Outra idea de Galicia, Debate, 2008
Prada Rodríguez, Julio (ed.), Galicia en transición, Silex, 2019
Rodríguez Campos, Xaquín, “Del patrimonio local a las comunidades transnacionales: turismo y etnicidad en Galicia en Los lindes del patrimonio: consumo y valores del pasado, Icaria, 2010, 85-103
Rodríguez Campos, Xaquín, Las paradojas de la negociación de una identidad nacional gallega” en Quaderns de l'Institut Català d'Antropologia, 20, 2004, 81-103.
Rodríguez Teijeiro, Domingo, Presos e prisións na Galicia de guerra e posguerra (1936-1945), Galaxia, 2010
Roseman, Sharon & Alonso Población, Enrique, Antropoloxía das mulleres galegas. As outras olladas, Sotelo Blanco, 2012.
Veiga Alonso, Xosé Ramón, Juana de Vega. Condesa de Espoz y Mina (1805-1872), Galaxia, 2022
Villares Paz, Ramón, Galicia: unha nación entre dous mundos, Pasado y presente, 2019
Villares Paz, Ramón, Historia de Galicia, Galaxia, 2016
Villares Paz, Ramón, Identidade e afectos patrios, Galaxia, 2017
CG2 - Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para achegar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos
CG3 - Organizar o traballo, con iniciativa e capacidade de liderazgo, e tendo en conta as características do proxecto e a súa función nunha estrutura organizativa
CG4 - Recoñecer e asumir un sólido compromiso cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidad e á non discriminación de persoas con diversidade funcional
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CT1 - Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan
CT3 - Coñecer a norma e uso coherente, correcto e adecuado da lingua galega, tanto de forma oral como escrita
CT6 - Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles
CT7 - Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo, á organización e á sociedade
CT9 - Manter un compromiso ético e mostrar sensibilidade cara a temas sociais ou ambientais
CE1 - Coñecer e poñer en valor o patrimonio cultural, nas súas vertentes material e inmaterial
CE2 - Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, sociais e artísticos dos procesos culturais, desenvolvendo unha actitude crítica respecto deles e cunha especial atención á igualdade de xénero
CE5 - Coñecer e comprender os procesos culturais así como as últimas tendencias no mundo da cultura tanto en contextos próximos como internacionais
CE7 - Coñecer o valor da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas
A materia consta de 14 horas de docencia presencial e programaranse, ao longo do semestre, 12 horas de titorías en grupo reducido. No horario oficial está programada unha hora semanal de clases presenciais, que se poderán seguir ou ben na aula fixada para tal fin no recinto da Facultade de Humanidades ou ben mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams) utilizada para compartir a sesión docente.
Atendendo ao carácter semipresencial da materia utilizarase a aula virtual como ferramenta principal para a docencia. A través da mesma faranse presentacións, uso de recursos e fontes bibliográficas axustadas, na medida do posible ao formato dixital, elaboraranse proxectos, estudos de casos e traballos, individualmente ou en grupo. Así mesmo, activarase calquera outro recurso didáctico que permita o aprendizaxe do alumnado en remoto a través de debates en foros e/ou chats, así como en debates virtuais moderados pola docente a través de videoconferencia.
A metodoloxía docente desta materia participa dun sistema mixto baseado, principalmente, na combinación de tres liñas xerais de traballo. A primeira, supedítase á exposición dos conceptos teóricos máis relevantes da disciplina por parte da docente coa axuda dos materiais proporcionados a través do campus virtual. En segundo lugar, a través das tarefas potenciarase a participación activa do alumnado que deberá realizar unha serie de actividades complementarias e participar na elaboración de materiais para o estudo da materia co obxecto de expoñelos perante os seus compañeiros, co que se facilitará a ampliación de coñecementos á vez que servirá como repaso para os contidos desenvolvidos por parte da docente e os dos compañeiros. En terceiro lugar, o estudo autónomo dos discentes e as horas de traballo persoal e, polo tanto fóra da aula, permitirán que aqueles sexan capaces de acadar un grao de coñecemento óptimo dos contidos da disciplina, participar activamente na ula virtual, elaborar con rigor os epígrafes do programa encomendados para a súa preparación, así como os distintos traballos individuais, e, en síntese, superar positivamente a avaliación da materia. Todos os recursos e materiais utilizados nestas sesións presenciais se poñerán a disposición de todo o alumnado a través da aula virtual
No transcurso da docencia atenderase, na medida do posible, á realización de saídas de campo.
1) Proba teórica de conxunto. Na data sinalada polo calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade realizarase unha proba escrita na que os alumnos serán examinados sobre os temas que conforman o programa da materia e da que formarán parte os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos nas clases. Dita proba computará por valor do 40% da cualificación final. Competencias avaliadas: CG2, CB1, CB3, CT3, CT9, CE1, CE2, CE5, CE7
2) Traballos individuais ou en conxunto: o alumnado deberá entregar un dossier co traballo final da materia (50%) e realizar as tarefas periódicas indicadas na aula (10%) para poder superar esta parte da avaliación. A porcentaxe de cualificación desta proba corresponderá ao 60% do total. Competencias avaliadas: CG3, CG4, CB1, CB3, CB4, CB5, CT1, CT3, CT6, CT7, CT9, CE1, CE2, CE5, CE7
3) A realización e presentación de todas as actividades anteriores (exame, traballos conxuntos e individuais) así como as actividades prácticas é obrigatoria e sen elas non será posible a superación da materia. A avaliación positiva de certas actividades (exame, traballo individual e actividades prácticas persoais) poderá ser conservada para a oportunidade de recuperación e/ou durante dous cursos académicos, sempre que exista conformidade entre os profesores que imparten a materia
4) Todas as probas de avaliación, agás as probas teóricas de conxunto (exame), serán susceptibles de ser realizadas en modalidade presencial e/ou virtual de tal xeito que non se require un procedemento específico para a avaliación do alumnado que conte con dispensa de asistencia.
5)A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
ACTIVIDADES FORMATIVAS MODALIDADE SEMIPRESENCIAL
ACTIVIDAD FORMATIVA HORAS % PRESENCIALIDADE
Actividade presencial: presentación de contidos básicos e clases prácticas 14 100
Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico-metodolóxico 12 100
Exame 4 100
Traballo persoal do alumnado e outras actividades 120 0
Recoméndase unha dedicación continuada ao estudo da materia e un uso frecuente da aula virtual.
Participar nas sesións e realizar as tarefas dentro dos prazos fixados.
A adquisición dun hábito lector áxil e eficaz, xunto cunha actitude crítica e analítica dos textos e materiais propostos pola docente.
Uns mínimos coñecementos informáticos que permitan ao alumnado un correcto seguimento da materia.
1. Ao longo do curso atenderanse titorías de carácter grupal e voluntario nas que se resolverán dúbidas sobre a materia.
2. O uso do Campus Virtual da USC é unha ferramenta imprescindible para o desenvolvemento da materia.
Ana Cabana Iglesia
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- ana.cabana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elena Freire Paz
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- elena.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Noelia Valiño Vazquez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- noelia.valino.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Sara Francisca Plaza Moreno
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- sara.plaza.moreno [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 13 |
19.01.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
05.07.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |