Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Tras cursar esta materia os/as alumnos/as han de ser capaces de:
1. Coñecer os principais conceptos no campo dos medios audiovisuais, así como a aplicación específica que poderían presentar para o campo da xestión cultural.
2. Ter destreza nos coñecementos e vocabulario que arrodean a realización dun produto audiovisual, desde a súa concepción ata a súa execución.
3. Saber adaptar un discurso escrito para potenciar a súa difusión a través de medios audiovisuais, con especial atención ás redes sociais.
4. Deseñar alternativas para transmitir un proxecto cultural en contornas multimedia, incorporando as lóxicas audiovisuais.
5. Avaliar o resultado dun proxecto audiovisual relacionado co ámbito da xestión cultural.
Planificación dos contados para contornas audiovisuais: o guión e o storyboard. Gravación en vídeo dixital: son e luz. Edición profesional e amateur. Principais necesidades técnicas a ter en conta para a difusión dun proxecto cultural.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. INTRODUCIÓN: BREVE HISTORIA DOS MEDIOS AUDIOVISUAIS
TEMA 2. A RADIO
2.1 O son.
2.2 Nocións básicas da linguaxe audiovisual aplicada á radio (guión, raccord etc.)
2.2 Equipos técnicos necesarios para a produción e a realización de produtos radiofónicos
2.3 Equipos humanos que interveñen na elaboración de produtos radiofónicos
2.4 Radio en internet: novos formatos
TEMA 3. A TELEVISIÓN
3.1 A imaxe
3.2 Nocións básicas da linguaxe audiovisual aplicada á televisión (guión, escaleta etc.)
3.3 Equipos técnicos necesarios para a produción e a realización de produtos televisivos
3.4 Equipos humanos que interveñen na elaboración de produtos televisivos
3.5 Televisión á carta e televisión en internet: plataformas e novos formatos audiovisuais para a web
TEMA 4. REDES SOCIAIS
4.1 Nocións básicas sobre as narrativas específicas para a elaboración de produtos destinados ás redes sociais
4.2 Equipos técnicos e humanos que interveñen na produción de contidos para as redes sociais
TEMA 5. PRODUCIÓN DE PROXECTOS CULTURAIS EN CONTORNAS MULTIMEDIA
5.1 Da idea ao guión
5.2 Ideación de proxectos culturais e deseño de produción
TEMA 6. DIFUSIÓN DE PROXECTOS CULTURAIS EN CONTORNAS MULTIMEDIA
6.1 Planificación e xestión de estratexias de promoción de produtos culturais nun contexto transmedia
CONTIDOS PRÁCTICOS
- Concepción e deseño dun proxecto audiovisual relacionado co ámbito da xestión cultural.
- Plan de difusión dun proxecto cultural en soportes tradicionais e en contornas multimedia, especialmente nas redes sociais.
Bibliografía básica
Alten, S. R. (2008). El sonido en los medios audiovisuales Andoain. Escuela de Cine y Vídeo.
Fernández Sánchez, M. C. (1987). La influencia del montaje en el lenguaje audiovisual. Ediciones Libertarias-Prodhufisa.
Hilliard, R. L. (2001). Escribir para radio, televisión y nuevos medios. International Thomson.
Thompson, R. (2002). El lenguaje del plano. IORTV.
Bibliografía complementaria
Balsebre, A. (1994). El lenguaje radiofónico. Cátedra. Signo e imagen.
Balsebre, A. (2001). Historia de la Radio en España. 1874-1939/1939-1985. Tomos I y II. Editorial Cátedra.
Denís, M. (1984). Las imágenes mentales. Ed. Siglo Veintiuno.
García Jiménez, J. (1993). Narrativa audiovisual. Cátedra.
Hartwig, R. L. (1996). Tecnología Básica para Televisión. IORTV.
McLeish, R. (1985). Técnicas de creación y realización en radio. Edita IORTV-España.
Muñoz, J. J. & Gil, C. (1986). La radio. Teoría y práctica. Edita IORTV-España.
Palacio, M. (2009). Historia de la televisión en España. Gedisa.
Pareja Carrascal, E. (2005). Tecnología actual de televisión. Instituto Oficial de Radio Televisión.
Rodero, E. & Soengas, X. (2010). Ficción radiofónica. RTVE.
Rodríguez Bravo, A. (1998). La dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Ed. Paidós.
Solarino, C. (2000). Cómo hacer televisión. Cátedra.
Williams, R. (Ed.) (1992). Historia de la Comunicación. Vol. 1 y 2. Bosch Comunicación.
XERAIS E BÁSICAS
CX1 – Mostrar flexibilidade e dinamismo e, por tanto, ser capaces de adaptarse a novas situacións, mantendo unha actitude positiva e proactiva.
CX2 – Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para achegar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4 – Que os seus estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT5 – Coñecer e aplicar correctamente as ferramentas informáticas e manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto para finalidades de investigación coma de docencia e exercicio profesional.
CT6 - Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
CT7 – Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo, á organización e á sociedade.
CT8 – Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor.
ESPECÍFICAS
CE1 – Coñecer e poñer en valor o patrimonio cultural, nas súas vertentes material e inmaterial
CE11 - Comprender e aplicar estratexias da comunicación cultural na contorna dixital para difundir e visibilizar a cultura e os proxectos culturais mediante o manexo das TIC
CE12 – Coñecer as posibilidades que as novas contornas dixitais ofrecen para a reinterpretación da experiencia cultural, tanto en termos de difusión e xeración de materiais complementarios, como propiamente da creación dixital.
CE15 - Comprender o funcionamento dos repositorios culturais (museos, arquivos, bibliotecas etc.) e aplicar os procedementos da cultura dixital á súa xestión.
Na modalidade semipresencial haberá 14 horas de docencia presencial e programaranse 12 horas de titorías en grupo reducido. Nos horarios oficiais está programada unha hora semanal de clases presenciais, que se poderán seguir ou ben na aula fixada para tal fin no recinto da Facultade de Humanidades ou ben mediante conexión síncrona á tecnoloxía streaming (MSTeams) utilizada para compartir a sesión docente. Todos os recursos e materiais utilizados nestas sesións presenciais poñeranse a disposición de todo o alumnado a través do campus virtual.
Na modalidade semipresencial tamén se contemplan 12 sesións de titorías en grupo reducido destinadas a dar orientacións teórico-metodolóxicas e a resolver dúbidas. Estas sesións planificaranse en 12 semanas diferentes e atendendo ás franxas horarias que favorezan a participación maioritaria do alumnado. Para a interacción síncrona entre docentes e estudantes utilizarase a tecnoloxía streaming (MSTeams).
O profesorado comprométese a atender adecuadamente as consultas realizadas polo alumnado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior a 48 horas de días lectivos, sempre e cando o profesorado non estea gozando dalgún permiso. Ademais, asegúrase o compromiso docente de que as actividades e tarefas propias da avaliación continua se cualificarán nun prazo non superior a un mes.
As metodoloxías docentes empregadas na impartición da materia serán as seguintes:
Modalidade semipresencial: utilización da aula virtual como ferramenta principal para a docencia
Modalidade semipresencial: presentacións con audio explicando contidos do programa
Modalidade semipresencial: utilización de recursos y fontes bibliográficas, se é posible proporcionadas polo profesorado en formato dixital
Modalidade semipresencial: elaboración de proxectos, estudos de casos e traballos de curso, individualmente ou en grupo, a través da aula virtual
Modalidade semipresencial: utilización de tecnoloxía streaming para o desenvolvemento de encontros entre o alumnado e encontros e aulas de profesorado e alumnado
Modalidade semipresencial: Vídeos breves en que se afonda nalgún aspecto concreto dos contidos
Modalidade semipresencial: enlaces dixitais que dean acceso a materiais audiovisuais
Modalidade semipresencial: utilización e activación de calquera outro recurso didáctico que permita a aprendizaxe do alumnado en remoto
Modalidade semipresencial: presentación oral de traballos
Modalidade semipresencial: traballo colaborativo a través de debates en foros e chats, así como debates moderados polo/a docente a través de tecnoloxías de videoconferencia
Modalidade semipresencial. Participación activa na aula virtual (titorías, chats, foros e debates, e outras ferramentas virtuais): 10% da cualificación final.
Modalidade semipresencial. Actividades de avaliación continua (traballos, exposicións etc.): 50% da cualificación final.
Modalidade semipresencial. Exame: 40% da cualificación final.
Para superar a materia cómpre ter avaliación positiva tanto no exame final coma na avaliación continua. Na segunda oportunidade conservarase a cualificación obtida no exame final ou na avaliación continua. No caso de non superar a avaliación continua na primeira oportunidade, na segunda substituírase por unha proba final ou por un plan de traballo establecido polo profesorado. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de ‘Non Presentado’.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
Aqueles alumnos ou alumnas aos que se lles concedese a exención de docencia deberán realizar unha proba práctica (50%) que se celebrará a continuación do exame (50%), seguindo as datas oficiais estipuladas para cada convocatoria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Na segunda oportunidade os criterios de avaliación son os mesmos da primeira oportunidade: 20% asistencia, 40% avaliación continua, 40% exame
Modalidade semipresencial: Actividade presencial: presentación de contidos básicos e clases prácticas: 14 horas
Modalidade semipresencial: Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico-metodolóxicos: 12 horas
Modalidade semipresencial: Exame presencial: 4 horas
Modalidade semipresencial: Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 120 horas
A recomendación xeral para o aproveitamento da materia é realizar un traballo continuo ao longo de todo o curso, posto que non se trata só da adquisición de coñecementos, senón tamén de habilidades e actitudes que unicamente se poden alcanzar cun seguimento constante e permanente.
De igual modo, tamén é recomendable que o alumnado interiorice os conceptos teóricos para poder aplicalos nas sesións interactivas.
Finalmente, recoméndase o seguimento da actualidade nos medios de comunicación, dominar as redes sociais e facer uso das horas de titorías.
Francisco Cortez-Lobao Sineiro
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- francisco.cortez-lobao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 14 |
30.05.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
12.07.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |