O dobre grao en Farmacia e Óptica e Optometría busca formar expertos, tanto en todos os aspectos relacionados cos fármacos e os medicamentos, como formar profesionais altamente cualificados para ao coidado da atención primaria da saúde visual, consonte as Directivas Europeas referentes ás titulacións, tanto de Farmacia como de Óptica e Optometría. Ambos graos contan coa suficiente interrelación para conseguir facer viable o itinerario dunha dobre titulación. As competencias que adquiren en conxuntos os estudantes permitiralles contar cun perfil profesional máis versátil ampliando os ámbitos nos que poden desenvolverse.
Dobre grao en Farmacia e en Óptica e Optometría
Duración:
6 anos académicos
Número de ECTS: 411
Número prazas: 10
Decano/a ou director/a do centro:
Mª de los Reyes Laguna Francia
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Habilitación profesional:
- Profesión regulada: Farmacéutico
- Profesión regulada: Óptico - Optometrista
O título de Grao en Óptica e Optometría pola USC ten como obxectivo formar titulados en Óptica e Optometría altamente cualificados para o coidado da saúde visual mediante o desenvolvemento de actividades dirixidas á prevención, detección, avaliación e tratamento das alteracións da visión, que dean resposta ás demandas da sociedade.
Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

A USC ten un programa de estudantes titores para as titulacións de grao, de forma que o estudantado de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos/ás estudantes que inician os estudos.
Información programa estudantes titores:
Programa estudantes titores
Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que houberan iniciado os seu estudantes ata a súa finalización. Para elo, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que facilitan a os/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalenzas entre as materias dun e doutro plan.
Os requisitos xerais de acceso aos estudos de grao son os recollidos no artigo 15 do Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade. Pódese atopar máis información na seguinte ligazón:
Acceso a Grados
Ademáis, a USC dispón dunha Oficina de Información Universitaria (OIU) https://www.usc.gal/gl/ao-teu-servizo/oiu , a través da cal se resposta a consultas específicas.
O dobre grao en Farmacia e Óptica e Optometría busca formar expertos, tanto en todos os aspectos relacionados cos fármacos e os medicamentos, como formar profesionais altamente cualificados para ao coidado da atención primaria da saúde visual, consonte as Directivas Europeas referentes ás titulacións, tanto de Farmacia como de Óptica e Optometría
Ver a información de cada titulación.
Ver a información de cada titulación.
Ver a información de cada titulación.
Mobilidade
A mobilidade dos estudantes propios e de acollida está regulada na USC polo Regulamento de Intercambios Interuniversitarios de Estudantes, aprobado polo Consello de Goberno do 26.10.2012, e modificado en 2019, cuio contido pode consultarse na seguinte dirección:
https://www.usc.gal/es/institucional/goberno/area/normativa/alumnado
Prácticas
Os requisitos que debe cumprir o/a estudante para cursar a materia Prácticas Tuteladas son ter superados 243 ECTS dos que polo menos 237 teñen que corresponder a materias de formación básica e obrigatorias establecidos pola Comisión Mixta (representantes de Colexios de Farmacéuticos de Galicia, representante de Farmacia Hospitalaria, representantes da Facultade de Farmacia/Universidade de Santiago de Compostela).
Na Programación Docente das Prácticas Tuteladas, materia obrigatoria de 24 ECTS, incorpóranse unha serie de ítems para avaliar as competencias adquiridas polo estudantado. Todos os/as estudantes teñen que realizar estas Prácticas poden facelo en dúas quendas diferentes en cada curso académico. Antes do inicio das Prácticas Tuteladas os/as estudantes deben acudir a unhas sesións de conferencias sobre saídas profesionais durante dous días.
As prácticas tuteladas de Óptica, cunha carga de 15 ECTS, teñen como obxecto proporcionar ao estudantado a posibilidade de aplicar os coñecementos adquiridos. Preténdese que o futuro óptico-optometrista intégrese no ámbito profesional, preparándoo para realizar actividades ás que se van a dedicar no seu futuro exercicio profesional.
A formación de Graduado en Farmacia capacita para desenvolver a profesión en oficinas de farmacia, na industria farmacéutica, en especializacións hospitalarias e non hospitalarias, en laboratorios de análise e ene actividades de educación e investigación, correspondéndolle as actividades dirixidas á produción, conservación e dispensación dos medicamentos, así como a colaboración nos procesos analíticos, farmacoterapéuticos e de vixilancia da saúde pública.
O título de Grao en Óptica e Optometría pola USC, é un título regulado por Ley de Ordenación de las Profesións Sanitarias, que habilita para o exercicio dunha profesión regulada, a de Óptico-Optometrista; e ten como obxectivo formar titulados altamente cualificados para Atención Primaria da Saúde Visual.
O estudantado deberá cursar un traballo fin de grao de 6 créditos correspondente á titulación do Grao en Farmacia e outro de 9 créditos correspondente ao Grao en Óptica e Optometría