Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 8 Clínicos EEES: 20 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer os mecanismos sensoriais e oculomotores da visión binocular.
• Coñecer as modificacións ligadas ao envellecemento nos procesos perceptivos.
• Coñecer, aplicar e interpretar as probas instrumentais relacionadas cos problemas de saúde visual.
• Coñecer as técnicas actuais de cirurxía ocular e ter capacidade para realizar as probas oculares incluídas no exame pre e postoperatorio.
• Habilidade para prescribir, controlar e facer o seguimento das correccións ópticas.
• Capacidade para medir, interpretar e tratar os defectos refractivos.
• Coñecer os signos, síntomas e complicacións asociadas á miopía, hipermetropía e astigmatismo
• Coñecer as probas básicas de avaliación da visión binocular, para o menexo axeitado das anomalías de refracción.
• Saber realizar unha anamnese completa.
• Adquirir destreza nas probas instrumentais de avaliación das funcións visuais e de saúde ocular.
• Adquirir a destreza para a interpretación e xuízo clínico dos resultados das probas visuais, para establecer o diagnóstico e o tratamento máis idóneo.
• Proporcionar ao alumno os coñecementos e destrezas necesarias para a análise visual, detección e posibles tratamentos das anomalías de refracción (miopía, hipermetropía e astigmatismo), a presbicia, e outras alteracións visuais como a afaquia, pseudoafaquia, anisometropía, e a súa conexión coa aniseiconia.
Os contidos "Bases sensoriais e motoras da visión binocular e as súas implicacións clínicas. Desenvolvemento da visión binocular. Exploración básica da Visión Binocular. Relación acomodación converxencia. Etiología, avaliación, diagnóstico, prognóstico e tratamento de: miopía, hipermetropía, astigmatismo, presbicia, afaquia, pseudoafaquia, anisometropía e aniseiconia. Cataratas: implicacións optométricas", concretase no seguinte temario:
Contidos teóricos
Unidade temática I: Visión binocular
Tema 1.- Bases sensoriais e motoras da vision binocular
Tema 2.- Motilidade ocular
Tema 3.- Valoración motora da vision binocular
Tema 4.- Valoración sensorial da visión binocular
Tema 5.- Acomodación e coverxencia
Unidade temática II: Manejo de las ametropías
Tema 6.- Miopía. Etioloxía, evaluación, diagnóstico, pronóstico e tratamento.
Tema 7.- Hipermetropía. Etioloxía, evaluación, diagnóstico, pronóstico e tratamento.
Tema 8.- Astigmatismo. Etioloxía, evaluación, diagnóstico, pronóstico e tratamento.
Tema 9.- Presbicia. Etioloxía, evaluación, diagnóstico, pronóstico e tratamento.
Tema 10.- Anisometropía e aniseiconia. Etioloxía, evaluación, diagnóstico, pronóstico e tratamento.
Tema 11.- Afaquia, pseudoafaquia e cataratas: implicacións optométricas.
Contidos prácticos
Exame do polo anterior e posterior do ollo coa lámpada de fenda e oftalmoscopio.
Valoración da motilidade ocular intrínseca e extrínseca
Avaliación do estado motor con métodos obxectivos e subxectivos
Avaliación do estado sensorial
Estudo clínico da acomodación
Avaliación e diagnóstico de miopía, hipermetropía, astigmatismo, presbicia, afaquia, pseudoafaquia, anisometropía e aniseiconia.
Fichas clínicas en optometría.
- Bibliografía básica
1. Manual de Optometría (2ª edición). R Martín Herranz, G Vecilla Antolínez. Panamericana, 2018.
2. Borish Clinical Refraction. 2º edition. W. J. Benjamin, I. M. Borish. The Professional Press Inc, 2006
3. Nancy B. Carlson, Daniel Kurtz, David A. Heath, Catherine Hines. Procedimientos Clínicos en el Examen Visual. Ed. Génova, 1992.
4. González-Cavada Benavides J. Atlas de Lámpara de Hendidura. Ed, Complutense, 2000.
5. Edwards K, Llewellyn R. Optometría. Ed, Masson-Salvat, 1993.
6. Antona B. Procedimientos clínicos para la evaluación de la visión binocular. 2ª Edición. Editorial Médica Panamericana S.A.
7. Grosvenor T. Optometría de atención primaria. Ed. Masson, 2004.
8. Pickwell, D., Anomalías de la visión binocular: Investigación y tratamiento. Ed. JIMS, 1996.
9. Scheiman, M. H. y Wick, B., Clinical Management of Binocular Vision: Heterophoric, Accommodative, and Eye Movement Disorders. Ed. Lippincott Williams And Wilkins. 2014.
10. Goss, D. A., Ocular accommodation, convergence & fixation disparity. Ed. Butterworths-Heinemann, 1995.
11. Rosenbloom AA y Morgan MW. Vision and aging. 2ª edition. Ed. Butterworth-Heinemann, 1993.
12. Zadnik K. The ocular examination. Measurements and findings. Ed. W.B. Saunders Company, 1997.
García G. Manual de refracción. Ed. Masson-Salvat, 1992.
- Bibliografía complementaria
1. Harvey, W, Gilmartin, B. Paediatric Optometry. Edinburgh, ButterworthHeinemann. 2004.
2. www.aoa.uberflip.com/i/807465-cpg-pediatric-eye-and-vision-examination. Guía práctica do examen ocular e visual pediátrico da Asociación Americana de Optometría (AOA)
3. Veciana, J.F. y Montón, E.A. El desarrollo neurofuncional del niño y sus trastornos. Visión aprendizaje y otras funciones cognitivas. Ed Lebón, 2008.
Coñecementos:
• Con_41. Coñecer os mecanismos sensoriais e oculomotores da visión binocular.
• Con_43. Coñecer as probas instrumentais relacionadas cos problemas de saúde visual.
• Con_48. Coñecer as modificacións ligadas ao envellecemento nos procesos perceptivos.
Habilidades y Destrezas:
• HyD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
• HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
• HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HyD_4. Traballar en equipo.
• HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
• HyD_8. Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos da Óptica e Optometría.
• HyD_23. Desenvolver habilidades de comunicación, de rexistro de datos e de elaboración de historias clínicas.
• HyD_24. Adquirir destreza nas probas instrumentais de avaliación das funcións visuais e de saúde ocular.
• HyD_25. Habilidade para prescribir, controlar e facer o seguimento das correccións ópticas.
Competencias:
• Comp_1. Que o Estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• Comp_3. Que o Estudantado teña desenvolvidas aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Comp_4. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos no grao dunha forma profesional e sexan competentes no formulación/resolución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa Óptica e Optometría.
• Comp_5. Capacidade de aprender de forma autónoma, de traballar en equipo, de organizar o tempo e os recursos, e de adquirir novos coñecementos e técnicas en Óptica e Optometría.
• Comp_10. Interpretar e aplicar xuízo clínico dos resultados das probas visuais, para establecer o diagnóstico e o tratamento máis adecuado.
• Comp_11. Realizar unha anamnesis completa.
• Comp_12. Medir, interpretar e tratar os defectos refractivos
• Comp_17. Medir, interpretar e tratar as anomalías acomodativas e da visión binocular
CLASES EXPOSITIVAS
26 horas de docencia presencial (2 horas semanais)
CLASES INTERACTIVAS DE SEMINARIO
11 horas de docencia presencial (1 hora semanal)
CLASES INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS:
15 horas de docencia presencial (2 horas semanais)
Para a súa realización os alumnos en grupos reducidos asisten durante 2 horas/sesión no gabinete. Antes de cada práctica facilitarase, a través da aula virtual, unha guía de cada práctica a desenvolver.
TITORIAS
Realizaranse de forma presencial e/ou telemática utilizando o chat da plataforma Moodle da aula virtual e/ou Teams.
Desde o inicio do curso académico estará activada a aula virtual da materia.
É obrigatorio a asistencia do 80% da docencia expositiva e interactiva de seminarios, e do 100% da docencia de prácticas.
- Avaliación de Contidos teóricos e seminarios:
Avaliación continua combinada cun exame final.
A avaliación continua realizarase de xeito virtual utilizando ferramentas da plataforma Moodle, Microsoft e/ou Teams, ou presencial, e representará un 20% da nota final (2 puntos).
O exame final terá lugar de modo presencial, de acordo ao calendario establecido por Xunta de Centro, e será mediante exame en formato test, desenvolvemento de preguntas curtas, temas e/ou caso práctico que mostre a habilidade do alumno para aplicar os coñecementos relacionados coa materia. Representará un 50% da nota final (5 puntos)
A puntuación obtida na avaliación de contidos teóricos (avaliación continua e exame) suporá o 70% da cualificación final (7 puntos). O alumno debe alcanzar un nivel mínimo de 3,5 para aprobar a materia, e sumar coa nota de prácticas.
É obrigatorio a asistencia do 80% da docencia expositiva e interactiva de seminarios
- Avaliación de contidos Prácticos.-
A avaliación das destrezas do alumno no manexo de todos os contidos prácticos que compoñen a materia realizarase mediante avaliación continua e exame de prácticas. É obrigatorio a realización de todas as prácticas.
A avaliación continua, que suporá un 10% da nota (1 punto), realizarase nas sesións presenciais e/ou en remoto utilizando ferramentas da plataforma Moodle e/ou Teams.
O exame de prácticas, que suporá un 20% (2 puntos) da nota, realizarse de modo presencial.
O alumno debe alcanzar un nivel mínimo de 1,5 na cualificación de prácticas para aprobar a materia, e sumar coa nota de contidos teóricos.
A puntuación obtida en teoría e seminarios supón un 70% (20% avaliación continua e 50% cualificación do exame) da cualificación final; a avaliación de habilidades prácticas o 30% (10% avaliación continua e 20% exame).
Na segunda convocatoria do curso académico, o alumno deberá examinarse da/s parte/s (teoría e/ou prácticas) que teña suspensas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As horas totais de traballo persoal do alumno son 52,5 distribuídas a seguinte maneira:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 30 h.
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 4 h.
Programación, experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 7 h.
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 6 h.
Preparación de presentacións orais debates ou similar: 5.5 h.
Para poder integrar axeitadamente os conceptos impartidos en Optometría II, é especialmente recomendable que o alumno coñeza e comprenda os conceptos explicados nas materias Fundamentos de Optometría e Optometría I.
Nas clases prácticas os alumnos terán que vestir obrigatoriamente bata branca. Non se permitirá pantalón curto nin roupa deportiva.
Non se permiten móbiles, gorros, viseiras, panos. etc.
Material obrigatorio para prácticas: Lanterna de luz puntual, Reglilla de 20 cm, Bata branca
María Jesús Giráldez Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Teléfono
- 881813526
- Correo electrónico
- mjesus.giraldez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Covadonga Vazquez Sanchez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- mariacovadonga.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Carlos Garcia Resua
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- carlos.garcia.resua [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
01.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
01.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
02.07.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
02.07.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |