Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
A asignatura Bioloxía intégrase como asignatura básica troncal do primeiro ano dos estudos de Grado en Enfermería. Ten asignados 6 créditos ECTS. Enmárcase como asignatura fundamental e como ponte de unión importante entre o coñecemento bioquímico das bases da vida, o fisiolóxico e o anatómico, tan importantes todos eles para sentar as bases orgánicas que todo enfermeiro ou enfermeira debese coñecer como profesional competente.
Aborda como obxecto de estudo a análise das estruturas celulares e histolóxicas, así como coñecementos básicos de xenética e de bioloxía do desenvolvemento. Partindo do individuo humano trátase de conducir ao alumnado ao estudo e comprensión de como se atopan constituídas as células e como grupos celulares de estrutura e función similar, agrúpanse constituíndo texidos, e órganos e cómo estes se ordenan e integran para realizar unha actividade determinada dentro dun sistema ou aparello, que integrado e coordinado cos restantes sistemas colaboran na misión común da supervivencia.
O obxectivo docente institucional da materia é sentar as bases para que o estudante constrúa o coñecemento da forma e estrutura das células, texidos e órganos dos diferentes sistemas orgánicos constitutivos do home, que lle permita comprender e asimilar outros coñecementos que se imparten nos Estudos de Grado en Enfermería, ademais de participar no establecemento das bases científicas e prácticas que permitan o exercicio e actividade profesional en Enfermería dun xeito responsable e efectiva.
Por todo iso, esta materia pretende proxectar un cadro do organismo vivo desde as células ata os texidos básicos que constitúen os diferentes órganos e sistemas do ser humano san, aportar o coñecemento do substrato material da función, e integrándose no contexto necesario, coñecer e comprender os procesos patolóxicos. Así mesmo, outro dos obxectivos é a adquisición dunha apropiada linguaxe xeral das Ciencias da Saúde e específico da Bioloxía.
Como obxectivos específicos a asignatura ofrece aos alumnos a información e a formación fundamental dos coñecementos de citoloxía, embrioloxía, histoloxía, e citoxenética humana, que ha de saber un profesional do área da Saúde.
UNIDADE ESTRUTURAL I- CITOLOXÍA
Tema 1. Concepto de célula, tecido e órgano en estado de saúde. A teoría Celular.
Tema 2. A membrana plasmática: composición, transporte, funcións e especializacións.
Tema 3. O citoesqueleto dinámico: microtúbulos, filamentos de actina e intermedios, cilios e flaxelos.
Tema 4. Sistemas regulador e productor da célula. O núcleo e o nucléolo celulares. Os ribosomas: estrutura e función
Tema 5. Sistema de endomembranas: secreción, dixestión e almacenamiento. Retículo endoplásmico, complexo de Golgi, lisosomas, peroxisomas
Tema 6. Produción de enerxía: mitocondrias
Tema 7. Sistema de perpetuación celular: ciclo celular e división celular. Mitose. Envellecemento e morte celular. Necrosis e apoptosis. Meiose
Tema 8. Adaptación da célula ao estado tisular. Matriz extracelular
UNIDADE ESTRUTURAL II-XENÉTICA
Tema 1. Introdución á xenética: o ADN como material hereditario. ARN. Xenes
Tema 2. Expresión xénica: replicación, transcrición, tradución
Tema 3. Código xenético
Tema 4. Cambios orixinados no material xenético. Bases moleculares das mutacions. Factores que inducen mutación. Principais axentes mutáxenos. Mutacions: xénicas, xenómicas, cromosómicas. Sistemas de reparación.
Tema 5. Regulación xénica. Oncoxenes
Tema 6. As leis da herdanza. Patoloxía xenética humana: herdanza monogénica, herdanza autosómica dominante, herdanza codominante, herdanza autosómica recesiva, herdanza ligada ao cromosoma X, herdanza polixénica, herdanza mitocondrial.
Tema 7. Principios de inxeniería xenética. Xenómica
UNIDADE ESTRUTURAL III- EMBRIOLOXÍA
Tema 1. Bioloxía humana da reprodución. Gametoxénesis: ooxénesis, espermatoxénesis. Fecundación.
Tema 2. Bioloxía humana do desenvolvemento: segmentación e embrioxénesis.
Tema 3. Desenvolvemento fetal, membranas fetais e placenta
Tema 4. Malformacións conxénitas, consideracións achega da acción dos teratóxenos
UNIDADE ESTRUTURAL IV- HISTOLOXÍA HUMANA XERAL
Tema 1. Introdución á histoloxía humana. Concepto de texido
Tema 2. Texido epitelial.: Características, funcións e estrutura .Tipos e clasificación: epitelios de revestimento e glandulares
Tema 3. Texido conxuntivo e de sostén. Histoxénesis. Células e Matriz extracelular. Adaptacións funcionais.
Tema 4. Texidos conxuntivos especializados. Texido adiposo: estrutura, distribución, variedades e adaptación funcional. Tecido cartilaxinoso: estrutura, distribución, variedades e adaptación funcional. Aplicacións clínicas. Tecido óseo: estrutura, distribución, variedades e adaptación funcional.
Tema 5. Texido muscular: compoñentes celulares e extracelulares. Texido muscular liso. Texido muscular estriado esquelético. Texido muscular estriado e cardiaco. Histofisiología da contracción muscular.
Tema 6. Texido nervioso. A neurona. Sinapse. Neuroglía. Meninxes. Ventrículos. Plexos coroideos. Señalización celular
Tema 7. Sangue e médula ósea. Hematopoyesis
UNIDADE ESTRUTURAL V - HISTOLOXÍA HUMANA ESPECIAL
Tema 1. Aparello circulatorio: corazón, arterias, capilares, anastomosis arteriovenosas, venas, vasos linfáticos.
Tema 2. Aparello dixestivo: cavidade oral, esófago, estómago, intestino delgado e intestino groso, fígado, vesícula e vías biliares, páncreas exocrino
tema 3. Aparello respiratorio: cavidade nasal, larinxe, vias respiratorias inferiores, alveólos,
Tema 4. Sistema endocrino: hipófise, tiroide, paratiroide, glándula suprarrenal, páncreas endocrino
Tema 5. Sistema urinario: ril, vexiga e vías urinarias
1. Kierszenbaum A L. Histología y Biología Celular 2ª ed. Elsevier Mosby. 2008.
2. Lodish et al. Biología Celular y Molecular. Panamericana. 2006.
3. Ross MH, Kaye, Pawlina. Texto y Atlas color de Biología Celular y Molecular.4ª ed. Mexico. Panamericana. 2005.
4. Maillet M. Manual de citología. Elsevier-Masson. 2002
5. Gartner LP. Biología e histología celular. Lippincott-Williams-Wilkins 5º ed. 2007
6. Scott Freeman Fundamentos de Biología. Addison-Wesley 2010
7. Langman, J., Sadler, T.W., Embriología médica, 11ª ed. Panamericana 2010
8. Moore, K.L., Embriología clínica, 11º ed. Interamericana.2010
9. Young, Lowe, Stevens and Heath .Wheater’s Functional Histology.. 5ª ed. Churchill Livingstone Elsevier, 2006.
10. Stevens, Lowe Histología Humana.. 3ª ed. Elsevier Mosby, 2006.
11. Kuhnel Atlas en color de citología e histología 11ª ed. Panamericana 2005
Enlaces de interese
Xerais
http://www.ncbi.nlm.gov/pubmed/
http://busc.usc.es (biblioteca USC)
Bioloxía celular
http://www.biology.arizona.edu/cell_bioq.html
http://www.cellbio.utmb.edu/cellbio
http://www.ibiblio.org/virtual cell/
http://www.lacelula.udl.es
Histoloxía
http://www.whfreeman.com/Catalog/static/whf/lodishbridgepage/
http://www.citologiaehistologia.es/
http://www.meddean.luc.edu/lumen/MedEd/Histo/frames/histo_frames.html
http://www.e-histology.net/
http://www.anatomohistologia.uns.edu.ar/index.asp
http://campus.usal.es/~histologia/histologia.htm
https://histo.life.illinois.edu/histo/
http://teaching.anhb.uwa.edu.au/mb140/
Competencias xerais da asignatura
1.Adquirir a capacidade de comprensión, ampliación, análise, síntese e avaliación crítica
2.Adquirir capacidade de aprendizaxe autónoma e xestión da información e habilidades de comunicación
3.Adquirir capacidade de organización e planificación
4.Adquirir a capacidade para traballar nun equipo interdisciplinar
Competencias específicas
1.Adquirir coñecementos da organización xeral da construción do corpo humano (células, texidos, sistemas e aparellos)
2.Coñecer a estrutura e a función da célula eucariota, ciclo celular e división celular
3.Adquirir coñecementos da estrutura, función e organización do material xenético
4.Adquirir coñecementos sobre o desenvolvemento embrionario do ser humano
5.Adquirir soltura e seguridade no recoñecemento conceptual, funcional e espacial das estruturas histolóxicas que integran os diferentes sistemas e aparellos do ser humano, que permitan comprender os procesos fisiolóxicos, patolóxicos e quirúrxicos, sobre a base da relación entre morfoloxía e función
6.Conseguir comprender e interpretar a evolución da estrutura humana, tanto no aspecto histórico da especie (Filoxenia), como no correspondente ao desenvolvemento individual (Ontoxenia)
7.Conseguir a adquisición dunha linguaxe xeral das Ciencias da Saúde e específico da Embrioloxía, Citoloxía e Histoloxía
Escenario 1 (Normalidade adaptada)
Docencia expositiva
Destinaranse 24 horas a clases expositivas, con todos os alumnos matriculados, calculando unhas 36 horas de estudo individual destinadas á asimilación dos conceptos teóricos. A exposición dos temas realizarase con apoio de presentacións de powerpoint para a mellor comprensión das unidades didácticas. A exposición dos temas promoverá a participación e escóita activa, así como o diálogo docente/discente. O método expositivo intentará estimular o pensamento análitico e a capacidade para resolver problemas, máis que a memorización dos datos. Ao final de cada tema se enafatizarán os conceptos crave do mesmo.
Seminarios
Destinaranse 18 horas a seminarios interactivos en grupos de 35-40 alumnos, calculando unhas 36 horas de traballo individual (lecturas recomendadas, elaboración de casos, traballo de biblioteca) destinadas á asimilación dos conceptos. A metodoloxía docente seguirá unha dinámica grupal e será activa e participativa. Propoñeranse as seguintes actividades:
1.Preparación e discusión sobre temas de contido teórico relacionados coa asignatura.
2.Resolución de fichas propostas polo profesor
3.Lecturas críticas de textos científicos
4.Resolución de problemas
5.Elaboración de mapas conceptuais
6.Enxuizamento e crítica a metodoloxías científicas
7.Proxección de videos, documentais, etc
Os alumnos elaborarán unha memoria estruturada das súas actividades e serán encargados da súa exposición e defensa.
Laboratorio
Destinaranse 6 horas a clases interactivas de laboratorio, en grupos de 25 estudantes, estimando unhas 18 horas de traballo individual engadido por parte do alumno. Nelas, o alumno, previo estudo do contido da práctica, analizará de xeito individual ou en grupo, o material utilizado para cada práctica, co fin de que recoñezan espacialmente as estruturas estudadas, as súas características morfolóxicas, o seu sentido funcional e sitúenas e relacionen, aclarando dúbidas e ampliando información, asesorado e guiado polo profesor.
Propoñeranse as seguintes actividades:
1.Resolución de casos prácticos
2.Resolución de problemas e exercicios
3.Recoñecemento visual histolóxico dos diferentes tecidos
4.Diferenciación de tecidos normais e patoloxicos
Tutorías grupais
Destinaranse 3 horas a tutorías grupais, en grupos de 10 estudantes. Nelas se fomentará a aprendizaxe creativa en grupos pequenos, cunha metodoloxía baseada no principio de usar problemas como punto de partida para a adquisición e integración de novos coñecementos. Deste xeito traballarase a adquisición de diversas competencias, como o traballo en equipo, as habilidades de comunicación, o pensamento crítico, a aprendizaxe autodirixido, o razonamiento e a creatividade.
No caso de non poder realizar a docencia neste tipo de escenario, poderase adaptar, segundo indica o Plan de Contixencia descrito nas Observacións.
Escenario 1 (Normalidade adaptada)
En cada ano académico o estudante terá dereito a dispoñer de dúas convocatorias, unhaordinaria e outra extraordinaria.
A avaliación será continua. Para aprobar a asignatura é necesario superar tanto os contidos teóricos como os prácticos. No caso de non superar algunha destas partes, o alumno terá que acudir á convocatoria extraordinaria correspondente.
Procedemento para a avaliación teórica:
a.Exame escrito que valorará os coñecementos, competencias e habilidades adquiridas polo alumno. Realizarase unha proba obxectiva que constará de preguntas tipo test, donde cada respuesta acertada sumará 1 punto y cada fallada restará 0,20 puntos
Procedemento para a avaliación de prácticas, seminarios, traballos tutelados
a. Os alumnos serán avaliados das actividades prácticas: contestando cuestións, desenvolvendo habilidades ou destrezas que valoren a súa capacidade para comprender, situar, relacionar e recoñecer as diferentes estruturas celulares e histolóxicas que compoñen os sistemas funcionais do corpo humano.
b.Na avaliación de seminarios e traballo en grupo, terase en conta a participación activa na elaboración, a discusión e entrega dos temas suscitados. A entrega das tarefas suscitadas é obligatoria no periodo de tempo especificado no momento da proposta
Criterios de cualificación
1.A avaliación dos contidos teóricos (proba obxectiva escrita) representa o 70% da cualificación final.
2.A avaliación de prácticas, seminarios, laboratorio, traballos, representa o 30% da cualificación final.
É necesario superar ambas partes de forma independente cunha puntuación de 5 puntos para aprobar a asignatura.
Os resultados obtidos polo alumno cualificaranse (*RD 1125/2003) en función da seguinte escala numérica de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que poderá engadirse a súa correspondente cualificación cualitativa:
0-4,9: Suspenso
5,0-6,9: Aprobado
7,0-8,9: Notable
9,0-10: Sobresaliente
- O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas será penalizado na avaliación
- No caso de non poder realizar a docencia neste tipo de escenario, poderase adaptar, segundo indica o Plan de Contixencia descrito nas Observacións.
1.Horas de traballo presencial na aula.
Docencia expositiva na aula........24 horas
Docencia interactiva: seminarios..18 horas
Docencia laboratorio.....................6 horas
Titorías prensenciais en grupos......3 horas
Total.........................................51 horas
2.Horas de traballo persoal do estudante, non presencial.
Estudo individual.........................36 horas
Lecturas recomendadas, actividades de elaboración traballos e similares :36 horas
Preparación de cuadernos de prácticas e elaboración de memorias: 18 horas
Total..........................................90 horas
3.Total horas de traballo.............141 horas.
1. Asistencia e participación activa na clase.
2. Estudo e revisión semanal da materia dada, utlilizando material bibliográfico para entender e afondar na información obtida dos coñecemetos adquiridos.
3. Aclaración de dúbidas co profesor.
O programa da materia esta suxeto as modificacions e tamen a actualizacion loxicas que surxen nas areas do coñecemento da saude
Segundo a evolución da COVID-19, no caso de que a docencia non poida ser fundamentalmente presencial (1º escenario), as actividades académicas desenvolveranse no escesnario 2 (distanciamento), ou no escenario 3 (peche das instalacións); elaborándose un Plan de Continxencia.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Escenario 2 (distanciamento)
Optamos por unha docencia semipresencial, polo que os estudantes desta materia nas clases expositivas rotarían semanalmente entre docencia presencial e docencia virtual.
Procedemento para a avaliación teórica:
a.Exame escrito que valorará os coñecementos, competencias e habilidades adquiridas polo alumno. Realizarase unha proba obxectiva que constará de preguntas tipo test, donde cada respuesta acertada sumará 1 punto y cada fallada restará 0,20 puntos
Procedemento para a avaliación de prácticas, seminarios, traballos tutelados
a. Os alumnos serán avaliados das actividades prácticas: contestando cuestións, desenvolvendo habilidades ou destrezas que valoren a súa capacidade para comprender, situar, relacionar e recoñecer as diferentes estruturas celulares e histolóxicas que compoñen os sistemas funcionais do corpo humano.
b.Na avaliación de seminarios e traballo en grupo, terase en conta a participación activa na elaboración, a discusión e entrega dos temas suscitados. A entrega das tarefas suscitadas é obligatoria no periodo de tempo especificado no momento da proposta
Criterios de cualificación
1.A avaliación dos contidos teóricos (proba obxectiva escrita) representa o 70% da cualificación final.
2.A avaliación de prácticas, seminarios, laboratorio, traballos, representa o 30% da cualificación final.
É necesario superar ambas partes de forma independente cunha puntuación de 5 puntos para aprobar a asignatura.
Escenario 3 (Docencia virtual exclusivamente)
Docencia a través das ferramentas das que dispón a USC (Teams, Campus Virtual, Forms...)
O procedemento de avaliacion sera o mesmo que no caso anterior. A entrega dos traballos se realizará de forma telematica e individual, e non será necesaria a sua presentacion en grupo
Rafael Monte Secades
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- rafael.monte [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | AULA 4 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | AULA 8 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | AULA 8 |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | AULA 4 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | AULA 8 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | AULA 8 |
25.01.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 |
23.06.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 |