Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 198 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 48 Clase Interactiva: 48 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
. Iniciar ao alumno no coñecemento das raíces enfermeiras: a súa orixe e traxectoria.
. Introducir ao alumno na Ciencia Enfermeira, marcando e delimitando, as bases do que é profesión a día de hoxe.
. Conseguir unha resposta positiva do alumno de acordo co concepto de Enfermaría actual.
. Levar a cabo o ensino e aprendizaxe do alumno na metodoloxía do Proceso de Atención de Enfermaría e na taxonomía enfermeira utilizada na actualidade como método de traballo.
. Adquirir coñecementos básicos de Enfermaría, para proporcionar unha atención integral ao ser humano san ou enfermo.
. Desenvolver habilidades e destrezas que permitan realizar as técnicas básicas de Enfermaría.
. Fomentar no alumno un espírito crítico e de integración ao traballo en equipo.
CONTIDOS
A materia Fundamentos da Enfermaría consta dunha serie de módulos ben definidos:
1. HISTORIA E HISTORIOGRAFÍA DA ENFERMARÍA
2. MARCO CONCEPTUAL DE ENFERMARÍA. MODELOS E TEORÍAS ENFERMEIRAS
3. METODOLOXÍA E PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARÍA
4. NECESIDADES HUMANAS E COIDADOS BÁSICOS
5. MÓDULO TEÓRICO PRÁCTICO
MÓDULO 1. HISTORIA DA ENFERMARÍA
Tema 1. Introdución á Historia da Enfermaría. Fundamentos históricos dos coidados.
Tema 2. Etapa doméstica dos coidados.
Tema 3. Etapa relixioso-institucional dos coidados.
Tema 4. Etapa técnica dos coidados. Fase pre-profesional.
Tema 5. Etapa profesional dos coidados de Enfermaría. Evolución ate hoxe da profesión.
Tema 6. A Profesión enfermeira en Galicia. Fitos e Profesionais destacados, Institucións e Sociedades científicas. O Camiño de Santiago. Isabel Zendal Gómez, Elvira López Mourín, Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, Academia de Enfermería de Galicia.
En cada un destes temas trataranse os seguintes contidos: contexto histórico e social, conceptos de saúde-enfermidade, atención sanitaria, persoal e institucións sanitarias.
MÓDULO 2. MARCO CONCEPTUAL DE ENFERMARÍA. MODELOS E TEORÍAS.
Tema 1. Introdución á Ciencia Enfermeira. Enfermaría profesional. Funcións e competencias da enfermaría.
Tema 2. Modelos e Teorías en Enfermaría. Metaparadigmas da disciplina enfermeira: A persoa, entorno, concepto de saúde, coidados enfermeiros.
Tema 3. Modelo biomédico, modelo enfermeiro ou holístico.
Tema 4. Modelos enfermeiros atendendo ao rol da enfermaría: Modelos naturalistas, Modelos de suplencia o ayuda, Modelos de interrelación.
Tema 4. Modelos de coidados en Enfermaría máis representativos: Florence Nightingale, Virginia Henderson, Dorothea Orem, Hildegard Peplau, Callista Roy, Martha E. Rogers, Myra Levine, Marjory Gordon.
Tema 5. Modelos culturais: Madeleine Leininger, Larry Purnell, Rachel Spector, Campinha-Bacote.
MÓDULO 3.- METODOLOXÍA EN ENFERMERÍA. PROCESO DE ENFERMERÍA.
Tema 1. Pensamento crítico.
Tema 2. Linguaxe Enfermeira e Metodoloxía Científica no Proceso de Coidar.
Tema 3. Proceso de Enfermería (PE).
Tema 4. Valoración Enfermeira.
Tema 5. Diagnósticos Enfermeiros. Taxonomía NANDA.
Tema 6. Planificación. O Plan de Coidados: Obxectivos. Taxonomía NOC. Taxonomía NIC.
Tema 7. Execución do Plan de Coidados.
Tema 8. Avaliación do Plan de Coidados.
Tema 9. Redes de Razoamento Clínico Reflexivo
MÓDULO 4: NECESIDADES HUMANAS Y CUIDADOS BÁSICOS
Tema 1. Osixenación.
Tema 2. Alimentación.
Tema 3. Hidratación.
Tema 4. Eliminación urinaria
Tema 5. Eliminación intestinal.
Tema 6. Mobilidade. Posturas.
Tema 7. Descanso e sono.
Tema 8. Termorregulación.
Tema 9. Hixiene. Protección.
Tema 10. Comunicación. Autoestima. Ocio.
En cada un dos temas deste bloque trataranse os seguintes contidos:
-Valoración da necesidade.
-Patrons normais de satisfacción.
-Factores que influen na satisfacción da necesidade.
-Problemas en cada unha das necesidades e as suas manifestacións.
-Diagnósticos de enfermaría: Coidados básicos de enfermaría para manter á independencia e ante os problemas de cada unha das necesidades.
MÓDULO 5. PRÁCTICAS DE LABORATORIO: TÉCNICAS E PROCEDEMENTOS BÁSICOS EN ENFERMARÍA
1. Procedementos básicos de hixiene, desinfección e asepsia. Lavado de mans e enluvado.
2. Ingreso do paciente. Traslado e alta. Coidados postmortem.
3. Mobilizacións. Cambios posturais. Posicións axeitadas.
4. Constantes vitais.
5 Glucemia capilar.
6. Técnicas básicas e instrumental de curas. Recollida de mostras: ouriña, feces, hemocultivos. Tiras de ouriña.
7. Sondaxe nasogástrico, rectal e vesical.
8. Osixenoterapia.
9. Fluidoterapia.Cánulas IV.
10. Administración de medicamentos. Prevención de erros. Vías de administración.
11.Extración de sangue periférica.
12.-Gasometría arterial.
1.HISTORIA DA ENFERMARÍA.
Lectura obrigatoria:
- Siles, J.,Historia de la Enfermería. Alicante,Aguaclara, 1999.
Lectura recomendada:
- Donahue M. Historia de la Enfermería, Barcelona; Doyma; 1987.
- Doval,G. Nuevo diccionario de historia. Términos, acontecimientos, instituciones: Madrid,
Temas de Hoy; 1995.
- Eco, Humberto. Como se hace una tesis. Barcelona, Gedisa; 2001.
- Eseverri Chaverri, C. Historia de la Enfermería española e hispanoamericana, Madrid; Ed.
Universitas, S.A. ; 1995.
- García Barrios, Calvo Charro. Historia de la Enfermería, Malaga: Secretariado de Publicaciones
e Intercambio Científico de la Universidad de Málaga; 1996.
- Henderson V. Principios Básicos de los Cuidados de Enfermería, Ginebra: Consejo
Internacional de Enfermeras; 1971.
- Hernández Conesa, J. M.ª. Un Análisis Histórico de los Cuidados de Enfermería, Madrid:
Interamericana McGraw – Hill; 1995.
- Hernández Martín, F. Historia de la Enfermería en España, Madrid: Síntesis; 1996.
- Ken Plumer. Los documentos personales.Madrid,SigloXXI editores; 1989.
- Martín – Caro, Martinez Martín, Historia de la Enfermería: Evolución histórica del Cuidado
Enfermero, Madrid; Edc. Harcourt, S.A.; 2001.
- Nigtingale F. Notas sobre Enfermería. Qué es y qué no es, Barcelona: Salvat; 1.990.
- Prats (etal.) Diccionario de Historia, Madrid, Anaya, 1986.
- Vázque Gallego, Jesús. Los hospitales del camino francés en Galicia. Sada (A Coruña) Edicións do Castro; 2001
- Villares,R. Historia de Galicia, Vigo, Galaxia; 2004.
- Valverde, J-M.Diccionario de Historia, Barcelona, Planeta; 1997.
- Ventosa F. Historia de la Enfermería Española, Madrid: Ciencia 3; 1983.
Filmografía:
Bardem, M. (Director). (2016). 22 ángeles (tv) [Película].
Manuel Gómez Pereira, D. P.-J. (Dirección). (2017). Tiempos de guerra (serie de tv) caps.1,6,7,8 [Película].
Othenin-Girard, D. (Dirección). (2006). Rojo en la cruz [Película].
Shadyac, T. (Dirección). (1998). Patch Adams [Película].
2.FUNDAMENTOS:
Castell, A. (1980). Conceptos de Enfermería. Madrid: UNED.
Fernandez Ferrin, C. (1995). Enfermería Fundamental. Barcelona: Masson.
Henderson. (1994). La naturaleza de la enfermería. Reflexiones 25 después. Madrid: Interamericana.
Henderson.Nite. (1987). Enfermería Teoría y Practica. México: Prensa Médica Mexicana.
Kozier. (1993). Enfermería Fundamental.Concepto.Procesos y Practicas. Madrid: Interamericana.
Marriner. (s.f.).
Marriner-Tomey. (2011). Modelos y Teorías de Enfermería. Barcelona: Elsevier.
Potter, P. (2005). Fundamentos de la Enfermería. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
Riopellel. (1989). Cuidados de Enfermería. Un procesoCentrado en las Necesidades de la Persona. Madrid: Interamericana.
Roper. (1987). Modelo de Enfermería. Barcelona: Interamericana.
3. METODOLOXÍA DE ENFERMERÍA:
Alfaro-LeFevre R. Aplicación del Proceso Enfermero. Fomentar el Cuidado en Colaboración. Barcelona. Masson 5ª Edición; 2003
Alfaro-LeFevre R. El Pensamiento Crítico en Enfermería: Un Enfoque Práctico. Barcelona. Masson ; 1997
NANDA Internacional. Diagnósticos enfermeros: definiciones y clasificación 2018-2020. Madrid: Elsevier; 2017
Moorhead S, Swanson E, Johnson M, Maas M. Clasificación de resultados de enfermería (NOC). 6ª edición. Madrid: Elsevier; 2018
Butcher H. K.,Bulechek G. M, Dochterman J.M., Wagner C.M. Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). Barcelona. Elsevier 7ª Edición 2018
Johnson M & col. Vínculos de NOC y NIC a NANDA-I y diagnósticos médicos. Barcelona. Elsevier 1ª edición 2012.
Echevarría Pérez P. Investigación en Metodología y Lenguajes Enfermeros. Barcelona. Elsevier; 1ª Edición. 2016
MODULO TEORICO PRÁCTICO
-BERMAN. et al. Fundamentos de Enfermería. 9ª ed (2 vol) Madrid. Pearson. 2012
-ESTEVE REIG, J. Enfermería: técnicas clínicas I, II. Madrid. Interamericana, 2000,2003.
-JAMIESON, E. Procedimientos de Enfermería clínica. 5ª ed, Barcelona. Elsevier. 2008.
-PERRY, A y POTTER, P. Enfermería clínica: técnicas y procedimientos. 4ª ed, Madrid; Harcourt. 1999.
-SALVADORES FUENTES, P. Manual de Fundamentos de Enfermería. Barcelona; Ariel. 2002.
-WIEK,L. KING,E. Técnicas de Enfermería. Nueva York; Interamericana. 1996.
REVISTAS:
-Rol de Enfermería.
-Nursing.
-Metas
Competencias específicas da materia:
1. Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados dende unha perspectiva histórica para comprender a evolución do coidado de enfermaría.
2. Comprender dende unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica os conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermaría así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os plans de coidados correspondentes.
3. Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
4. Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría.
5. Ser consciente dos diversos roles, responsabilidades e funcións dunha enfermeira.
6. Capacidade para considerar os coidados emocionais, físicos e persoais, incluíndo satisfacer as necesidades de confort, nutrición e hixiene persoal e permitir o mantemento das actividades cotiás (utilizando as habilidades...).
7. Coñecemento relevante e capacidade para aplicar teorías de enfermaría e práctica enfermeira.
Resultados que adquire o alumnado:
. Sitúa ao alumno dentro dun marco de referencia da profesión de enfermaría.
. Descobre o porqué da existencia da Enfermaría.
. Analiza a evolución da enfermaría como grupo específico na sociedade ao longo da historia.
. O alumnado acada unha resposta positiva de acordo co concepto de enfermaría actual.
. Fomenta no alumnado un espírito crítico e de integración con vistas ao traballo en equipo.
. Inicia o alumnado na metodoloxía do Proceso de Atención de Enfermaría (PAE).
. Adquire os coñecementos necesarios da enfermaría básica para proporcionar unha atención integral ao ser humano san ou enfermo.
. Desenvolve habilidades e destrezas que permitan realizar as técnicas básicas de enfermaría.
METODOLOXÍA DO ENSINO
Escenario 1 ( normalidade adaptada)
1. DOCENCIA EXPOSITIVA: explicaranse os contidos teóricos dos distintos bloques da materia.
2. DOCENCIA INTERACTIVA: SEMINARIOS, : Consistirán no reforzo e aplicación práctica dos contidos teóricos, mediante a participación activa do estudiante, fomentando o seu pensamento crítico.
Consistirán na realización e exposición dos traballos relacionados cos contidos teóricos dos diferentes módulos: Discusión en grupos de casos clínicos e aplicación do P.A.E., coidados básicos de Enfermaría, modelos e teorías enfermeiras.
3.Titorías grupais: Clases interactivas de contido práctico.
4.Prácticas de Laboratorio: o alumno recibirá clases de técnicas e practicará con material clínico e simuladores.
- No caso de non poder realizar a docencia neste tipo de escenario, poderase adaptar, segundo indica o Plan de Contixencia descrito nas Observacións.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Escenario 1 (normalidade adaptada)
A avaliación realizarase de forma continua e global mediante os seguientes criterios ferramentas:
DOCENCIA EXPOSITIVA: avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos da materia por medio de exames escritos.
DOCENCIA INTERACTIVA
1.-SEMINARIOS: En caso de presentar traballos a requirimento do profesor, avaliarase a estrutura, calidade do contido, bibliografía empregada, presentación e exposición dos traballos propostos polo docente sobre diferentes aspectos da materia.
2.-PRÁCTICAS DE LABORATORIO: avaliarase o cumprimento de horarios, participación, coñecementos, actitude e aptitudes.
CONSIDERACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN
1.-O ensino desta titulación é de tipo presencial, sendo obrigatoria a asistencia ás clases, tanto expositivas como interactivas. No caso de falta por causa de forza maior, xustificarase debidamente. A non asistencia ás clases expositivas, seminarios e/ou prácticas, repercutirá na no superación da materia.
2.-Aplicarase exención de docencia (nos casos determinados polo centro) nas clases expositivas pero non nas interactivas.
3.-Para superar a materia será necesario, como mínimo, acadar o 50% de la puntuación tanto na docencia expositiva como nos seminarios e nas prácticas de laboratorio.
4.-Valorarase a actitude do estudante, aportacións de interese, participación, traballo en equipo, comportamento e respecto hacia o/a profesor/a e o resto de compañeiros/as, así como o cumprimento de horarios.
5.-Cando o alumno non se presente á proba final escrita considerarase non presentado.
6.-So para a proba de recuperación de xullo manterase a evaluación continuada da docencia interactiva.
* Os porcentaxes da avaliación final serán:
48% Clases de laboratorio e necesidades de Virginia Henderson.
28% Metodoloxia enfermeira.
24% Historia da enfermaría. Marco conceptual, Modelos e Teorías.
-O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas será penalizado na avaliación.
-No caso de non poder realizar a docencia neste tipo de escenario, poderase adaptar a avaliación, segundo indica o Plan de Continxencia descrito nas Observacións.
TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL
- Estudo individual: 72 horas
- Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 60 horas
- Traballo persoal para prácticas: 48 horas
- Total horas traballo persoal do estudante: 180 horas
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA
- Seguimento diario das distintas actividades a realizar.
- Establecer nexos entre os contidos teóricos das clases expositivas e mailas observacións e intervencións realizadas nas interactivas.
- Ter aceso ao Campus Virtual da materia.
- Utilizar as titorías para resolver dubidas sobre a materia.
Segundo a evolución da COVID-19, no caso de que a docencia non poida ser fundamentalmente presencial (1º escenario), as actividades académicas desenvolveranse no escenario 2 (distanciamento), ou no escenario 3 (peche das instalacións); elaborándose un Plan de Continxencia.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Escenario 2 (distanciamento)
Optamos por unha docencia semipresencial, polo que os estudantes desta materia nas clases expositivas rotarían semanalmente entre docencia presencial e docencia virtual.
A docencia interactiva sería sempre presencial.
Avaliación continua e exames parciais e/ou final
A asistencia á docencia teórica, titorías grupais, seminarios e laboratorios é obrigatoria, tanto presencial como virtual.
É imprescindible superar todas as probas de avaliación para aprobar a materia.
É imprescindible acadar o apto en cada unha das partes da materia, impartida polas distintas profesoras, co gallo de poder obter a nota final.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas e/ou probas será penalizado na avaliación.
Escenario 3 (Docencia virtual exclusivamente)
Docencia a través das ferramentas das que dispón a USC (Teams, Campus Virtual, Forms...)
Avaliación continua máis exame parcial/ final.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización das tarefas ou probas será penalizado na avaliación.
No caso de que o profesorado teña dúbidas sobre a mala praxe na realización do exame e as diferentes probas de avaliación. Calquera profesor da materia poderá requirir da/o alumno unha nova proba de avaliación oral
Isidoro Rodríguez Pérez
- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- isidoro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
María Jesús Pérez Taboada
- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- mariajesus.perez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
María José Ferreira Díaz
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- mariajose.ferreira [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Luns | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | AULA 4 |
Martes | |||
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | AULA 4 |
Xoves | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | AULA 1 PRÁCTICAS |
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | AULA 4 |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | AULA 8 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | AULA 4 |
30.06.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 |
12.07.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 |