Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Os novos avances no coñecemento científico fan que as causas das enfermidades sexan formuladas con maior frecuencia a nivel molecular. O estudo desta materia ha de servir ao alumno para:
1. Coñecer o vocabulario e a terminoloxía básica da Bioquímica.
2. Adquirir os coñecementos básicos de Bioquímica e entender a complexidade e o funcionamento dos procesos biolóxicos a nivel molecular.
3. Recoñecer as principais propiedades químicas e estruturais das macromoléculas biolóxicas así como a relación existente entre as devanditas propiedades e as diversas funcións que desempeñan.
4. Comprender os mecanismos moleculares utilizados polos seres vivos no desenvolvemento das súas funcións, principalmente nos procesos de traducción e almacenamento de enerxía, biosíntesis e utilización de precursores e rutas de información, así como a regulación destes desde unha perspectiva integrada.
5. Habilitar a capacidade de integrar os coñecementos que proporcionan esta e outras materias afíns e a capacidade de comparar e relacionar conceptos, co fin de poder aplicalos a diferentes problemáticas clínicas.
6. Comprender a repercusión da Bioquímica e da Bioloxía molecular na sociedade actual e as súas aplicacións no campo da saúde.
7. Desenvolver no alumnado a capacidade de aprendizaxe autónoma.
8. Demostrar a súa capacidade de razoamento, argumentación e memorización dos aspectos básicos da materia.
9. Adquirir contacto coas principais fontes de información, tanto tradicionais como a través das novas tecnoloxías, e ser capaz de seleccionar con espírito crítico a información.
CLASES EXPOSITIVAS
1. HIDRATOS DE CARBONO, LÍPIDOS E PROTEÍNAS: Concepto e propiedades. Composición e clasificación. Estrutura. Funcións.
2. ENCIMAS: Clasificación. Coenzimas. Especificidade. Centro activo. Mecanismo de catálisis. Inhibición encimática. Regulación.
3. METABOLISMO: Conceptos básicos e visión de conxunto. Catabolismo. Anabolismo. Vías metabólicas. Reaccións de oxidación-redución. Compostos fosfatados de alta enerxía.
4. GLICOLISE: Fases e balance enerxético. Regulación. Vías de incorporación de frutosa e galactosa. Destinos do ácido pirúvico.
5. CICLO DO ÁCIDO CÍTRICO: Fontes e destinos do Acetil Coenzima A. Reaccións do ciclo do ácido cítrico. Rutas anapleróticas. Regulación.
6. CADEA DE TRANSPORTE ELECTRÓNICO e FOSFORILACIÓN OXIDATIVA.
7 .GLUCONEOGÉNESE: síntese de glicosa. Regulación glucolise-gluconeogénese
8 .BIOSÍNTESIS E DEGRADACIÓN DO GLUCÓGENO: Etapas. Regulación coordinada.
9. RUTA DAS PENTOSAS FOSFATO. Regulación
10. METABOLISMO LIPÍDICO I: Fontes e mobilización de ácidos graxos. Oxidación de ácidos graxos. Balance enerxético.
11 .METABOLISMO LIPÍDICO II: Síntese de ácidos graxos e almacenamento. Corpos cetónicos. Metabolismo de lipoproteínas.
12. METABOLISMO DOS AMINOÁCIDOS: Destinos metabólicos. Transaminación. Desaminación. Transporte de nitróxeno. Ciclo da urea. Rutas de degradación dos aminoácidos.
13. METABOLISMO DOS NUCLEÓTIDOS: Funcións xerais. Nucleótidos purínicos. Nucleótidos pirimidínicos.
14. INTERRELACIÓNS METABÓLICAS: Panorámica xeral. Metabolismo hepático en estado de boa nutrición e de inanición. Interrelacións metabólicas entre os tecidos.
15. REPLICACIÓN E REPARACIÓN DO DNA
16 .TRANSCRICIÓN da información xenética. Maduración do RNA.
17. TRADUCCIÓN: Síntese de proteínas. Procesamento postraduccional.
18. REGULACIÓN DA EXPRESIÓN GÉNICA.
CLASES SEMINARIO
Trataranse temas relacionados coas clases teóricas así como discusión de casos clínicos .Para este traballo servirémonos de libros de texto, revistas científicas e bases de datos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
1.BAYNES, J.W. DOMINICZAC, M.H.Bioquímica Médica. 3ªed .Editorial Mosby-Elsevier, 2011.
2. FEDUCHI .Bioquímica. Conceptos esenciales. Editorial Médica Panamericana, 2010.
3. LEHNINGER. Principios de Bioquímica. 5ª ed. Editorial Omega, 2009.
4. LOZANO Y COL Bioquímica y Biología Molecular para ciencias de la salud. 3ª ed. Editorial McGraw-Hill-Interamericana, 2005
5. MÜLLER-ESTERL, W.Bioquímica. Fundamentos para Medicina y Ciencias de la Vida. Editorial Reverté S. A, 2008. 6. STRYER, BERG Y TYMOCZKO. Bioquímica. Curso básico. Editorial Reverté S.A., 2014
7. TYMOCZKO, JOHN L.; BERG, JEREMY M.; STRYER, LUBERT Bioquímica Curso Básico. Editorial Reverté, S.A., 2014 8. VOET, VOET, PRATT. Fundamentos de Bioquímica. 2ª ed. Editorial Médica Panamericana, 2007.
9. WERNER MÜLLER-ESTERL. Bioquímica. Fundamentos para Medicina y Ciencias de la Vida. Editorial Reverté S.A., 2008.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
1. ALBERTS, BRAY, LEWIS, RAFF, ROBERTS Y WATSON .Biología Molecular de la célula. 5ª ed. Editorial Omega, 2010.
2. HERRÁEZ, A.Texto ilustrado e interactivo de Biología molecular e ingeniería genética. 2ª ed.Editorial Elsevier, 2012
3. SMITH, C., MARKS, A.D. e LIEBERMAN, M.Bioquímica Básica. Un Enfoque Clínico. 2ªed. Editorial McGraw-Hill-Interamericana, 2006.
4. STRYER, l., BERG, J.M. e TYMOCZKO, J.L.Bioquímica. Con Aplicaciones Clínicas. 7ª ed. Editorial Reverté, 2013.
COMPETENCIAS RELACIONADAS COA MATERIA
(*ORDE CIN/2134/2008, +Libro branco dá ANECA do Título de Grao de Enfermaría)
Coñecer e identificar a estrutura e función do Corpo humano*.
Comprender as bases moleculares e fisiológicas das células e os tecidos*.
Coñecemento relevante de e capacidade para aplicar ciencias básicas e da vida*.
Coñecemento relevante de e capacidade para aplicar resolución de problemas e toma de decisións*.
COMPETENCIAS INTERPERSOAIS
Habilidade de comunicación
Destrezas interpersoais
Capacidade de traballo en equipo
Escenario 1. Normalidade adaptada
DOCENCIA EXPOSITIVA .Nas clases teóricas o profesor expoñerá na aula e de forma presencial , mediante presentacións e vídeos, os aspectos máis relevantes de cada tema.
DOCENCIA INTERACTIVA .Realizaránse traballos, casos prácticos e probas relacionados cos contidos teóricos da materia . O profesor guiará e orientará de forma presencial aos estudantes no proceso de aprendizaxe e elaboración dos traballos.
A asistencia á docencia teórica, titorias grupais, seminarios e laboratorios é obrigatoria.
No caso de non poder realizar a docencia neste tipo de escenario, poderase adaptar, segundo indica o Plan de Contixencia descrito nas Observacións.
Escenario 1. (Normalidade adaptada)
Tipo de avaliación : avaliación contínua con exame parcial e final
DOCENCIA EXPOSITIVA (60% da cualificación total) Avaliación da docencia expositiva mediante dous exámenes, un deles parcial (para liberar materia) e outro final. Ambas probas consistirán en preguntas de tipo test e outras preguntas curtas mediante as cales o estudante deberá argumentar ou seguir unha liña de razoamento para xustificar a súa resposta.
DOCENCIA INTERACTIVA (40% da cualificación total). Valoración de contidos, probas e presentación de traballos (en grupo e individual). Avaliación continuada.
Será necesario alcanzar polo menos, o 50% da cualificación na avaliación da docencia expositiva e o 50% da cualificación na avaliación da docencia interactiva, para poder superar a materia.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas será penalizado na avaliación
No caso de non poder realizar a docencia neste tipo de escenario, poderase adaptar, segundo indica o Plan de Contixencia descrito nas Observacións.
1. Horas de traballo presencial na aula.
Docencia expositiva na aula.............................24 horas
Docencia interactiva: ............................24 horas
.
2. Horas de traballo persoal do estudante, non presencial.
Estudo individual..............................................45 horas
Elaboración de traballos, procuras, etc...............27 horas
TOTAL. (1+2).................................................120 horas
Recoméndase a utilización da bibliografía para o estudo do temario, así como o manexo de manexo de distintas fontes de información na elaboración dos traballos. Tamén é importante a participación do alumno nas clases e o uso das horas de titoría para recibir orientación ou resolver calquera dúbida.
Aconséllase o estudo continuado, que facilitará o proceso de aprendizaxe, favorecendo unha mellor comprensión e asimilación de conceptos.
No caso de que a situación sanitaria xerada pola COVID-19 impida total o parcialmente a docencia presencial (1º escenario) e co fin de garantir una docencia segura , as actividades desenvolveranse no escenario 2(distanciamento) ou no escenario 3(peche das instalacións) elaborándose un plan de continxencia que contempla estes dous escenarios:
PLAN DE CONTINXENCIA
1.Escenario 2 (Distanciamento )
Se opta por unha docencia semipresencial polo que os estudantes desta materia nas clases expositivas rotarían semanalmente entre docencia presencial e docencia virtual. A docencia interactiva sería sempre presencial.
Tipo de avaliación : avaliación contínua con exame final
A avaliación das clases expositivas levarase a cabo mediante examen presencial e de no ser posible virtual con preguntas tipo test e outras preguntas curtas mediante as cales o estudante deberá argumentar ou seguir unha liña de razoamento para xustificar a súa resposta. Esta nota representa o 60% da cualificación global.
Avaliación continuada :Valoración de contidos e presentación de traballos así como realización de probas e casos prácticos que se resolverán de forma individual ou grupal. Se valorará a presentación, manexo e procura de recursos bibliográficos, resolución de problemas e achegas persoais. Representa o 40% da cualificación global
Será necesario alcanzar polo menos o 50% da cualificación na avaliación da docencia expositiva e o 50% da cualificación na avaliación da docencia interactiva para poder superar a materia.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas será penalizado na avaliación.
2.Escenario 3 (Docencia virtual exclusivamente)
Docencia a través das ferramentas das que dispón a USC (Teams, Campus Virtual, Forms...)
Tipo de avaliación : avaliación contínua con exame final
Avaliación das clases expositivas mediante examen con preguntas tipo test e outras preguntas curtas mediante as cales o estudante deberá argumentar ou seguir unha liña de razoamento para xustificar a súa resposta. Representa o 60% da cualificación global.
Avaliación continuada :Valoración de contidos e presentación de traballos así como realización de probas e casos prácticos que se resolverán de forma individual ou grupal. Se valorará a presentación, manexo e procura de recursos bibliográficos, resolución de problemas e achegas persoais. Representa o 40% da cualificación global.
Por medio do campus virtual se proverá a os alumnos de temas , vídeos, audios e outros contidos e os alumnos deberán entregar os seus traballos e realizar as probas utilizando as ferramentas da USC ou o correo electrónico
Será necesario alcanzar, polo menos, o 50% da cualificación na avaliación da docencia expositiva e o 50% da cualificación na avaliación da docencia interactiva, para poder superar a materia.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización das tarefas ou probas será penalizado na avaliación
Margarita María Seijas Vázquez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- margarita.seijas [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | AULA 4 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | AULA 4 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | AULA 4 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | AULA 4 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | AULA 4 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | AULA 4 |
23.05.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 |
27.06.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 |