Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ser capaz de planificar coidados de enfermería nas distintas etapas da vida da muller, dentro do contexto familiar e comunitario para lograr un estado de saúde óptimo ou recuperar a saúde, baseando a toma de decisións en datos obxectivos, feitos científicos e evidencias clínicas.
Saber describir os cambios que se producen no organismo durante a xestación, parto e puerperio.
Saber describir, as intervencións e actividades adecuadas á prevención e tratamento dos problemas de saúde na infancia e a adolescencia, e planificar coidados garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do neno e a súa familia.
O contido da materia estrutúrase en 5 bloques que de acordo ás directrices de planificación do ensino de fronte ao EEES.
1. Introdución á enfermería maternal
2. Reprodución humana
3. Embarazo
4. Parto e puerperio
5. Problemas de saúde reprodutiva
Estrutúranse en módulos, nos que se inclúen os distintos temas que abaixo se refiren.
MÓDULO I
TEMA 1.
Coidado da saúde da muller (DE)
• Saúde maternal
• Diagnóstico preconcepcional
• Historia xinecolóxica e obstétrica previa.
• Concepto de risco elevado e a súa detección.
• Reprodución
• Esterilidadfemenina e masculina
• Estudo da parella estéril.
TEMA 2.
Fenómenos demográficos(DE)
• Natalidade
• Fecundidade
• Mortalidade
• Mortalidade materna.
• Mortalidadperinatal.
MÓDULO II
TEMA 3.
Aparello genitalfemenino (DE)
Pélvis ósea (DEI; DE)
Aparello xenital masculino(DE)
TEMA 4.
Fisioloxía do aparello reprodutor feminino e masculino(DE)
• Hormonas asteroideas femininas.
• Eixo hipotálamo- hipófisis-ovario.
• Ciclo ovárico e ciclo endometrial e menstrual.
• Etapas na vida da muller:
Puberdade .e menarquia.
Climaterio e menopausa.
• Hormonas sexuais masculina
TEMA 5.
Gametogénesis (DE)
Transporte de óvulos e espermatozoides
Fecundación e implantación
Transporte do ovulo fecundado
TEMA 6.
Control da fertilidade (DEI)
Planificación familiar
Contracepción
Métodos:
• De barreira
• Hormonal
• Dispositivo intrauterino
• Esterilización cirúrxica
MÓDULO III
TEMA 7.
Desenvolvemento da placenta e membranas ovulares. (DE)
Circulación fetoplacentaria
Funcións da placenta
Hormonas placentárias
Embarazo múltiple.
TEMA 8.
Diagnostico da xestación(DE)
Modificacionesanatomofisiológicas.
TEMA 9.
Coidados de saludmaterno- fetales no embarazo(DEI; DE)
Sistemática do control prenatal
Actividades preventivas na xestación
Acciones informativas e promotoras da saúde durante o embarazo
TEMA 10.
Avaliación do risco maternal e perinatal(DE)
Factores de risco
TEMA 11.
Problemas de saúde no embarazo(DE)
• Hiperémesis gravídica
• Metrorragias no primeiro trimestre de xestación
• Hemorraxias anteparto
• Hipertensión no embarazo.
MÓDULO IV
TEMA 12.
Traballo de parto (DEI; DE; L)
• Parto normal ou eutocico
• Causas do inicio do traballo de parto
• Mecanismos do parto
• Curso clínico do parto
• Períodos
TEMA 13.
Asistencia e coidados ao parto (DEI; L)
TEMA 14.
Parto distócico e intervencións obstétricas (DE; DEI; L)
• Distocias por anomalías da estática fetal
• Distocias do motor do parto
• Parto prolongado
• Distocias do conduto do parto
• Accidentes do parto
TEMA 15.
Valoración de RN e coidados. (DE)
TEMA 16.
O puerperio(DE)
• Concepto e fases.
• Asistencia e coidados
• Continuación da actividade: laboral, física e sexual
MÓDULO V
TEMA 17.
Alteracións do ciclo(DE)
• Amenorrea
• Dismenorrea
• Síndrome premenstrual
• Hemorraxias uterinas
TEMA 18.
Infeccións xenitais (DE)
• Infeccións pelvianas.
• Infeccións vulvovaginales.
• Enfermidades de Transmisión Sexual ETS
• Vulvitis.
TEMA 19.
Cancro de mama (DE)
Cancro xinecolóxico:
De cérvix.
De vulva.
De endometrio.
De ovario.
Prevención e programas de diagnostico.
TEMA 20.
Paciente xinecolóxica (DE)
Estudo da paciente xinecolóxica.
Motivos de hospitalización.
Intervencións e atención de enfermería.
(DE) Docencia Expositiva
(DEI) Docencia Interactiva:
Casos clínicos correspondentes a cada unidade temática; Simulación en aula de simulación
Bibliografía básica e complementaria
TOWLE, M.A. Asistencia de enfermería Materno- Neonatal . Pearson Madrid 2010
Perry, Cashion, Lowdermilk. Maternidade e saúde da muller. Ed. Mosby, 2008
MANUAL DE LACTACIÓN MATERNA. Da teoría á práctica. Ed. Médica Panamericana.Madrid 2008.
Aguilar Cordeiro, Mª J. Lactación materna. Elsevier. Madrid 2005.
Cabero Roura LL, Cerquerira MJ. Protocolos de Medicina Materno- Fetal ( Perinatología). Ergón, 2000.
Diagnosticos enfermeiros: Definicións e clasificación. 2003-2004. Nanda Internacional. Elsevier. Madrid, 2003
Donat Colomer F. Enfermería Maternal e Xinecolóxica. Masson. Barcelona 2000.
Kozier B, Erb G, Blais K, Johnson JY, Amorne JS.Técnicas en enfermería clínica. 4ª ed Hill. Interamericana, 1999.
Lerry, Cashion, Lowdermilk. Manual Clínico. Maternidade e Saúde da Muller. Elsevier- Masson 9ª ed. 2008.
Mary Ann Towle. Asistencia en Enfermería Materno- Neonatal. Pearson Educación S.A. 2010.
González Merlo e cols. Obstetricia 6ª edición. Masson 2014.
González Merlo e cols. Ginecología 8ª edición. Masson 2013.
-http://www.index-f.com/index- enfermeria/revista. php
-http://www.sergas.es/muller/docs/es/pmg03. pd
Competencias
Identificar as características das mulleres nas diferentes etapas do ciclo reprodutivo e no climaterio e nas alteracións que se poden presentar proporcionando os coidados necesarios en cada etapa.*
Aplicar coidados xerais durante o proceso de maternidade para facilitar a adaptación das mulleres e os neonatos ás novas demandas e previr complicacións*.
Capacidade para considerar os coidados emocionais, físicos e persoais, incluíndo satisfacer as necesidades de confort, nutrición e hixiene persoal e permitir o mantemento das actividades cotiás (utilizando as habilidades...)+
( ORDE CIN/2134/2008, +Libro branco da ANECA do Título de Grao de Enfermería)
Docencia expositiva:
O desenvolvemento da materia contén a exposición na aula, para transmitir conceptos ou principios elementais dos temas dunha forma organizada e nunha secuencia lóxica, para daquela o estudante proceder ao estudo dos mesmos baseándose nos apuntamentos tomados en clase e na consulta dos libros de texto suxeridos na bibliografia.
Localización: Primeiro cuadrimestre
Nº horas presenciais: 18
Nº horas estudo individual non presencial:27
Docencia interactiva:
A efectos de lograr unha maior comprensión dos contidos, realizaranse seminarios, talleres, visualización de vídeos ou desenvolvemento de debates, etc que mediante o traballo conxunto do profesor e un grupo reducido de alumnos estuda intensivamente un tema en sesións planificadas, recorrendo para iso a fontes orixinais e autorizadas de información.
Sala de simulación: Adquisición de habilidades para garrantizar unhas prácticas seguras, realizando a práctica segundo o procedemento explicado.
Nº horas presenciais: 18
Nº horas de estudo non presencial: 43
Tutorias grupais:
Pensadas para atender as necesidades de formación complementaria, así como para guiar ao estudante no cumprimento das metas academicas do grupo.
Así mesmo son un espazo de comunicación para que os estudantes poidan revisar e discutir temas de interese, inquietudes e preocupacións.
Nº horas presenciais: 2, 25 horas
O sistema xeral de avaliación comprende a proba de exame nas datas establecidas na programación oficial xunto coa avaliación de seminarios realizando un sumatorio:
Exame dos contidos de docencia expositiva: 70% sobre a nota final.
Avaliación de habilidades (representará o 20% da cualificación final), está avaliación efectuarase mediante a realización e exposición de traballos individuais ou grupais.
A non asistencia á docencia interactiva impedirá a superación da materia.
Para superar a materia o alumno deberá obter, como mínimo, unha cualificación de 5 cada proba de coñecemento (obterase mediante a media ponderada da mesma).
Avaliación de actitudes e asistencia (representará o 10% da cualificación final), esta avaliación realizarase mediante a atención e participación en clases expositivas, interactivas e sala de simulación e poderá sumar ou restar na cualificación final.
Os estudantes que obtivesen esta cualificación mínima poderán incorporar á cualificación final o resto dos procentajes expostos anteriormente.
Rexistrarase a asistencia e esixirase un mínimo de presenza segundo as normas da USC: "A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.”
Para superar a materia: será necesario superar as tres partes de forma independente.
Na convocatoria extraordinaria seguiranse os mesmos criterios.
-Estudo individual: 27 horas.
-Lecturas e actividades recomendadas: 24 horas.
-Traballo persoal para prácticas de simulación: 19 horas.
-Total de horas de traballo persoal do estudante: 70 horas.
Asistencia regular ás clases expositivas
Obrigatoria a presencialidad en clases interactivas.
Utilización dás titorías presenciais e virtuais.
Visualización dos vídeos recomendados nas clases teóricas.
Establecer nexos entre a información teórica recibida nas clases teóricas e as observacións e intervencións realizadas nos seminarios.
Solicitar colaboración e/ou axuda do profesor mediante as titorías
A docencia impártese en español e Galego. Os examenes poden realizarse en español e galego
Segundo a evolución da COVID-19, no caso de que a docencia non poida ser fundamentalmente presencial (1º escenario), as actividades académicas desenvolveranse no escesnario 2 (distanciamento), ou no escenario 3 (peche das instalacións); elaborándose un Plan de Continxencia.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Escenario 2 (distanciamento)
Optamos por unha docencia semipresencial, polo que os estudantes desta materia nas clases expositivas rotarían semanalmente entre docencia presencial e docencia virtual.
A docencia interactiva sería sempre presencial.
Avaliación continua e exames parciais e/ou final:
- Exames parciais e/ou final que representa o 70% da cualificación global.
- Avaliación continua, que representa o 30% da cualificación global: demostraranse os coñecementos e habilidades adquiridas, mediante grupos de traballo e casos clínicos que se resolverán de forma individual ou en grupo; nesta docencia interactiva, valóranse os distintos parámetros como a presentación, manexo e procura de recursos bibliográficos, resolución de problemas e achegas persoais. Tamén se valorará a exposición oral.
A asistencia á docencia teórica, titorias grupais, seminarios e laboratorios é obrigatoria.
É imprescindible superar todas as avaliacións para aprobar a materia.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas será penalizado na avaliación.
Escenario 3 (Docencia virtual exclusivamente)
Docencia a través das ferramentas das que dispón a USC (Teams, Campus Virtual, Forms...)
Avaliación continua mais exame final.
- Exames parcial e/ou final que representa o 70% da nota.
- Casos clínicos e traballos individuais: 30% da nota. demostraranse os coñecementos e habilidades adquiridas, mediante traballos; valorándose os distintos parámetros como a presentación, manexo e procura de recursos bibliográficos, resolución de problemas e achegas persoais.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización das tarefas ou probas será penalizado na avaliación.
Olga López Racamonde
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- olga.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 6 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 6 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 6 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 6 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 6 |
22.01.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6 |
20.06.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6 |