Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 12 Total: 38.25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados dende unha perspectiva histórica para comprender a evolución do coidado de enfermaría.
2. Ser consciente dos diversos roles, responsabilidades e funcións do persoal de Enfermaría
3. Comprender dende unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica os conceptos centrais que configuran a disciplina da enfermaría
4. Coñecer os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar.
5. Coñecer e aplicar teorías de enfermaría e práctica enfermeira
6. Coñecer os principios máis relevantes da historia da enfermaría en España e Galicia.
Bloque I. Introdución aos fundamentos históricos e teóricos da profesión.
Tema 1. Introdución á historia e á ciencia Enfermeira. Enfermaría profesional. Funcións e competencias de enfermaría. Epistemoloxía da profesión enfermeira.
Tema 2. Ontoloxía da disciplina enfermeira: a persoa, entorno, concepto de saúde, coidados enfermeiros.
Tema 3. Epistemoloxía da disciplina enfermeira
Bloque II. Historia da Enfermaría.
Tema 4. Etapa doméstica dos coidados.
Tema 5. Etapa vocacional dos coidados.
Tema 6. Etapa técnica dos coidados.
Tema 7. Etapa profesional dos coidados de Enfermería. Evolución ate o estado actual da profesión.
Bloque III. A historia da enfermaría en España e Galicia
Tema 8. A Profesión enfermeira en España.
Tema 9. A profesión enfermeira en Galicia. O Camiño a Compostela.
Tema 10. Profesionais destacados: Isabel Zendal Gómez, Elvira López Mourín.
Tema 11. Institucións e sociedades de enfermería máis relevantes.
Bloque IV. MODELOS E TEORÍAS.
Tema 12. Modelo biomédico, modelo enfermeiro oi holístico.
Tema 13. Modelos enfermeiros atendendo ao rol da enfermaría: Modelos naturalistas, Modelos de suplencia ou axuda, Modelos de interrelación.
Tema 14. Modos de coidados en Enfermería máis representativos: Florence Nightingale, Virginia Henderson, Dorothea Orem, Hildegard Peplau, Callista Roy, Martha E. Rogers, Myra Levine, Marjory Gordon.
Tema 15. Modelos culturais: Madeleine Leininger, Larry Purnell, Rachel Spector, Campinha-Bacote.
BLOQUES I, II Y III
Lectura obrigatoria:
- Siles González J. Historia de la Enfermería. Alicante, Aguaclara, 1999.
Lectura recomendada:
- Deben, C. El Hospital De Los Reyes Católicos En La Historia De Santiago. Ed: Everest, D. L. 1968.
- Donahue M. Historia de la Enfermería, Barcelona; Doyma; 1987.
- Doval,G. Nuevo diccionario de historia. Términos, acontecimientos, instituciones: Madrid,
Temas de Hoy; 1995.
- Eco, Humberto. Como se hace una tesis. Barcelona, Gedisa; 2001.
- Eseverri Chaverri, C. Historia de la Enfermería española e hispanoamericana, Madrid; Ed.
Universitas, S.A. ; 1995.
- García Barrios, Calvo Charro. Historia de la Enfermería, Malaga: Secretariado de Publicaciones
e Intercambio Científico de la Universidad de Málaga; 1996.
- Germán Bes, G., Martínez Santos, Y., Mas Espejo, M. Las primeras enfermeras laicas españolas. Ed. Prensas de la Universidad de Zaragoza. 2020.
- González Canomanuel, M.A. Aportaciones de la Cruz Roja al comienzo de la aviación snaitaria. Ed. Dykinson. 2021.
- Henderson V. Principios Básicos de los Cuidados de Enfermería, Ginebra: Consejo
Internacional de Enfermeras; 1971.
- Hernández Conesa, J. M.ª. Un Análisis Histórico de los Cuidados de Enfermería, Madrid:
Interamericana McGraw – Hill; 1995.
- Hernández Martín, F. Historia de la Enfermería en España, Madrid: Síntesis; 1996.
- Ken Plumer. Los documentos personales.Madrid,SigloXXI editores; 1989.
- Martín – Caro, Martinez Martín, Historia de la Enfermería: Evolución histórica del Cuidado
Enfermero, Madrid; Edc. Harcourt, S.A.; 2001.
- Mas Espejo, M. Las damas enfermeras de la Cruz Roja Española durante el reinado de Alfonso XIII (1914-1931). Ed. Dykinson. 2018
- Mazzeo, Tilar J. Los niños de Irena; Mexico; Aguilas; 2017.
- Nigtingale F. Notas sobre Enfermería. Qué es y qué no es, Barcelona: Salvat; 1.990.
- Prats et al. Diccionario de Historia, Madrid, Anaya, 1986.
- Vázque Gallego, Jesús. Los hospitales del camino francés en Galicia. Sada (A Coruña) Edicións do Castro; 2001
- Villares,R. Historia de Galicia, Vigo, Galaxia; 2004.
- Valverde, J-M.Diccionario de Historia, Barcelona, Planeta; 1997.
- Ventosa F. Historia de la Enfermería Española, Madrid: Ciencia 3; 1983.
BLOQUE IV.
- Benavent Garcés et al. Fundamentos de Enfermería, 2ª ed. Madrid: Difusión Avances de Enfermaría; 2003
- Berman et al. et al. Fundamentos de Enfermería. Conceptos, proceso y práctica, 8ª ed. (2 vol.). Madrid: Pearson; 2008.
- Castell, A. Conceptos de Enfermería. Madrid: UNED. 1980
- Fernandez Ferrin, C. Enfermería Fundamental. Barcelona: Masson. 1995.
- Henderson V. La naturaleza de la enfermería. Reflexiones 25 después. Madrid: Interamericana. 1994.
- Henderson V. Nite. Enfermería Teoría y Práctica. México: Prensa Médica Mexicana. 1987.
- Hernández Garre et al. et al. Fundamentos Teóricos de Enfermería. Teorías y Modelos, 1ª ed. Murcia: DM; 2010.
- Kozier. Enfermería Fundamental. Concepto. Procesos y Practicas. Madrid: Interamericana. 1993.
- Marriner-Tomey. Modelos y Teorías de Enfermería. Barcelona: Elsevier. 2011.
- Nightingale, F. Notas sobre enfermería. Barcelona: Salvat; 1990
- Potter, P. Fundamentos de la Enfermería. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. 2005.
- Riopellel. Cuidados de Enfermería. Un proceso centrado en las Necesidades de la Persona. Madrid: Interamericana. 1989.
- Roper. Modelo de Enfermería. Barcelona: Interamericana. 1987.
FILMOGRAFÍA:
FILMOGRAFÍA:
Bardem, M. (Director). (2016). 22 ángeles (tv) [Película].
Manuel Gómez Pereira, D. P.-J. (Dirección). (2017). Tiempos de guerra (serie de tv) caps.1,6,7,8 [Película].
Othenin-Girard, D. (Dirección). (2006). Rojo en la cruz [Película].
Shadyac, T. (Dirección). (1998). Patch Adams [Película].
WEBGRAFÍA:
Pubmed: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/
Google Académico: https://scholar.google.es/schhp?hl=es
Cinahl: https://www.ebscohost.com/nursing/products/cinahl-databases/cinahl-comp…
Asociación española de Nomenclatura, Taxonomía e Diagnósticos de Enfermería: https://www.aentde.com/
Academia de Enfermería de Galicia: https://academiaenfermariagalicia.org/
Consejo general de enfermería de España: https://www.consejogeneralenfermeria.org/
Consejo Internacional de Enfermeras: https://www.icn.ch/es
EORNA: http://aeeq.net/asociacion/eorna.php
Federación Europea de Enfermería: http://www.efnweb.be/
REVISTAS CIENTÍFICAS DE INTERÉS
- Revista Index.
- Revista Nure investigación.
- Revista Metas de enfermería.
- Revista ENE.
- Híades. Revista de historia de la enfermería.
- Revista ROL.
- International journal of nursing.
- International journal of nursing studies.
- International journal of nursing education.
Atendendo á Orde CIN/2134/2008, Libro Blanco ANECA e memoria del título.
Competencias fundamentais (F)
- Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, dende unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría.
- Comprender dende unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina da enfermaría
- Comprender os modelos teóricos máis relevantes
- Aplicar a metodoloxía científica no proceso de coidar
- Ser consciente dos diversos roles, responsabilidades e funcións dunha enfermeira
- Adquirir coñecemento relevante e capacidade para aplicar teorías de enfermería yepráctica enfermeira
- Adquirir coñecemento relevante e capacidade para aplicar ética, lexislación e humanidades
- Ser consciente dos diversos roles, responsabilidades e funcións dunha enfermeira
- Coñecer os aspectos máis relevantes da historia da enfermaría en España e en Galicia
Competencias parciais (P)
- Traballar dunha forma holística, tolerante, sen enxuiciamentos, coidadosa e sensible, asegurando que os dereitos, crenzas e desexos dos diferentes individuos ou grupos non se vexan comprometidos.
- Axustar o seu papel co obxecto de responder efectivamente ás necesidades da poboación ou usuarios. Cando sexa necesario e apropiado, ser capaz de desafiar os sistemas vixentes para cubrir as necesidades da poboación e os usuarios.
- Aceptar a responsabilidade da súa propia aprendizaxe e desenvolvemento profesional, utilizando a avaliación como o medio para reflectir e mellorar a súa actuación e aumentar a calidade dos servizos prestados.
- Emprender valoracións exhaustivas e sistemáticas utilizando as ferramentas e marcos axeitados para o usuario, tendo presentes os factores físicos, sociais, culturais, psicolóxicos, espirituais e ambientais relevantes.
- Cuestionar, avaliar, interpretar e sintetizar criticamente un abano de información e fontes de datos que faciliten a decisión do usuario.
- Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais da enfermaría.
- Aplicar a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermaría española, inspirado no código europeo de ética e deontoloxía de enfermería.
- Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do usuario e a familia.
- Individualizar o coidado considerando a idade, xénero, diferencias culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores.
- Desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
Competencias complementarias (C)
- Traballar nun contexto profesional, ético e de códigos reguladores legais, recoñecendo respondendo a dilemas e temas éticos ou morais na práctica diaria
- Facer valer os xuízos clínicos para asegurar que se acaden os estándares de calidade e que a práctica está baseada na evidencia.
- Manter a dignidade, privacidade e confidencialidade do usuario (utilizando as habilidades...).
- Adquirir coñecemento relevante e capacidade para aplicar resolución de problemas e toma de decisións.
- Adquirir coñecemento relevante e capacidade para aplicar principios de investigación e información.
Competencias transversais (CT)
- Capacidade de análise síntese
- Capacidade de xestión da información
- Resolución de problemas
- Traballo en un equipo multidisciplinar e multilingüe
- Razoamento crítico.
- Aprendizaxe autónomo
- Creatividade.
- Motivación por la calidade
A materia está dividida en dous grandes períodos:
DOCENCIA EXPOSITIVA:
Explicaranse os diferentes contidos teóricos da materia e proporanse actividades de avaliación continuada, principalmente a realización de reflexións sobre conceptos, reseñas, comentarios críticos de texto e citación.
DOCENCIA INTERACTIVA:
Se realizarse seminarios destinados ao reforzo e aplicación dos contidos teóricos, mediante a participación activa do estudantado, fomentando o pensamento crítico. Consistirán, entre outras actividades, na realización e exposición de traballos, reseñas e comentarios críticos acerca da historia da enfermaría, e traballos acerca da aplicabilidade dos principais modelos teóricos.
O conxunto de actividades que se realizarán en pequenos grupos conformarán o caderno da/o estudante. Este caderno será o instrumento de avaliación da avaliación continuada.
Como avaliación teórica proponse a realización dun ensaio individual que siga o estilo Chicago acerca dun dos temas presentados polo profesorado, cuxa entrega será o día do exame. Como alternativa o ensaio poderase optar ao exame teórico no que se deberá responder a unha pregunta de desenvolvemento e a cinco preguntas curtas relacionadas cos contidos da materia.
Empregaranse de forma xeral as ferramentas dispoñibles na USC (campus virtual, correo web oficial, Teams, ...).
A docencia fundamentase principalmente na avaliación continua, así pois es obrigatoria a asistencia tanto a sesións expositivas como interactivas. O alumnado de dispensa/exención de docencia deberá contactar coa coordinación da materia para adaptar as actividades de avaliación continua a súa situación persoal. En ningún caso o alumnado estará exento da realización das actividades de avaliación continua propostas tanto durante o período de expositivas como de interactivas.
Traballarase preferentemente en grupos de ate 5 integrantes, os grupos conformaranse a principio do curso e manteranse para todas as actividades da materia.
O número de actividades, contido, estrutura, formato de estilo, etc. presentaranse durante la docencia.
AVALIACIÓN CONTINUA:
A avaliación continua medirá os seguintes procesos, tanto do bloque de expositivas como de interactivas:
- Asistencia e participación: 5%
- Caderno da/o estudante - Traballos individuais (reflexións acerca da epistemoloxía e a ontoloxía da disciplina): 10%
- Caderno da/o estudante - Traballos grupais (traballos acerca dos modelos teóricos): 20%
- Caderno de la estudante - Revisión e resolución de casos (ensayos sobre textos que fan referencia á historia da profesión): 25%
AVALIACIÓN FINAL:
A avaliación final será o resultado do ensaio individual dun dos temas propostos polo profesorado que seguirá as pautas establecidas durante o curso e o estilo de citación, ou ben será determinado pola realización do exame teórico final que consta de 1 pregunta a desenvolver e 5 preguntas curtas. O seu valor ponderado será do 40%
A nota final será a suma de todas as partes anteriormente mencionadas, para a superación da materia será obrigatorio adquirir a puntuación de aprobado (5) en cada unha das tarefas e actividades.
SEGUNDA OPORTUNIDAD:
En calquera caso o alumnado que curse a materia deberá realizar as actividades de avaliación continuada para superar a materia, con respecto á avaliación final, nesta oportunidade será obrigatoria a realización do exame teórico final composto de preguntas de desenvolvemento e preguntas curtas, neste caso non será posible a entrega do traballo individual proposto na avaliación ordinaria.
Cada ECTS equivale a 25h, das que 17 corresponden a traballo autónomo do alumnado e 8h a docencia presencial.
Por cada hora de docencia expositiva e interactiva, considerase necesario dedicar ao estudo 1,5 horas y 1,5 horas de traballo persoal (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
A distribución para esta materia é a seguinte:
- Clases Expositivas: 24h
- Clases interactivas-seminarios: 12h
- Traballo autónomo: 76,5h
TOTAL: 112.5h
OUTROS:
- Titorías: 2,25h
- Probas de avaliación: 2h
Recomendase a contextualización histórica das diferentes etapas, coa finalidade de conseguir a través da lectura de un texto, a realización dun comentario crítico que inclúa os elementos fundamentais e históricos da profesión.
Recomendase o estudo diario e a elaboración dun caderno do estudantado para poder realizar o seguimento da materia.
É recomendable a lectura dos textos propostos.
Establecer nexos entre os contidos teóricos das clases expositivas e as observacións e intervencións realizadas nas interactivas.
Ter acceso ao Campus Virtual da materia.
Utilizar as titorías para resolver dúbidas sobre a materia.
Isidoro Rodríguez Pérez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- isidoro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 4 |
11.01.2023 20:00-22:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 |
21.06.2023 20:00-22:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 |