Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Enfermaría
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
-Coñecer o uso e a indicación dos produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermería.
-Diferenciar entre produtos sanitarios e non sanitarios.
-Rexistrar adecuadamente os efectos adversos e incidencias relacionadas co uso de produtos sanitarios.
-Coñecer o distintos tipos de antisépticos e as súas aplicacións.
-Realizar de maneira correcta o lavado de mans.
-Saber aplicar as precaucións estándar na transmisión para un correcto control das infeccións na atención ao paciente.
-Recoñecer os procesos fisiopatolóxicos potencialmente críticos.
-Identificar situacións de risco vital e saber realizar unha actuación básica temperá.
-Fomentar o espírito de investigación.
BLOQUE I. PRODUTOS SANITARIOS VINCULADOS AOS COIDADOS DE ENFERMERÍA
Tema 1.- Produtos sanitarios. Conceptos e xeneralidades.
Tema 2.- Asepsia e antisepsia. Produtos sanitarios para manter a seguridade e protección en relación con illamentos do paciente.
Tema 3.- Efectos adversos dos produtos sanitarios sobre as persoas: no paciente, no usuario. Sobre o medio ambiente: eliminación de residuos sanitarios.
Tema 4.- Produtos sanitarios en relación co mantemento dunha osixenación. Osixenoterapia. Aerosolterapia.
Tema 5.- Alimentación e nutrición hospitalaria. Produtos sanitarios en relación coa alimentación. Sondas nasogástricas.
Tema 6.- Produtos sanitarios en relación coa eliminación. Dispositivos incontinencia, colectores e contedores. Sondas vesicais. Sondas rectales. Enemas. Produtos sanitarios en relación coas colostomías.
Tema 7.- Produtos sanitarios en relación coa administración parenteral de fluídos e medicamentos: agullas, catéteres, xiringas. Sueroterapia.
Tema 8.- Produtos sanitarios en relación coa recollida de mostras biolóxicas.
Tema 9.- Produtos sanitarios en relación co coidado de feridas.
BLOQUE II. SEMIOLOXÍA DOS PRINCIPAIS PROCESOS FISIOPATOLÓXICOS
Tema 1.- Fisiopatoloxía do sistema respiratorio: signos e síntomas máis frecuentes da patoloxía respiratoria.
Tema 2.- Fisiopatoloxía do sistema cardiovascular.
Tema 3.- Fisiopatoloxía e síndromes nefrourinarios: equilibrio acedo-base e hidroelectrolítico.
Tema 4.- Fisiopatoloxía da parada cardiorespiratoria.
Tema 5.- Introdución ao transplante de órganos e tecidos.
BLOQUE III. PRIMEIROS AUXILIOS BÁSICOS
Tema 1.- Conceptos xerais de primeiros auxilios.
Tema 2.- Corpos estraños en vía aérea. Actuación.
Tema 3.- Actuación ante unha crise convulsiva.
Tema 4.- Intoxicacións. Actuación.
Tema 5.- Hemorraxias graves e shock.
BLOQUE IV. PROCEDEMENTOS DE EMERXENCIA- RESUCITACIÓN CARDIOPULMONAR
Tema 1.- Lexislación en primeiros auxilios e valoración inicial da asistencia en emerxencias.
Tema 2.- Exploración inicial da vítima.
Tema 3.- Soporte vital básico e avanzado. Simulación.
Tema 4.- Mobilización e inmobilización en accidentes e transporte
BLOQUE V. CONTIDO PRÁCTICOS. pRÁCTICAS NO LABORATORIO
Tema 1: SVB
Tema 2: SVA
Tema 3: Actuación ante hemorragias
Tema 4: Técnicas de movilización e inmovilización en accidentados.
-Bibliografía básica y complementaria
• Martín Duce A, Martín S, Martín López E. Vocabulario Básico en Ciencias de la Salud. Madrid, 2013.
• Pastrana J. García de Casasola. Fisiopatología y patología general básicas para ciencias de la salud. Ed. Elsevier. 2013.
• Berman A, Snyder S, Kozier B, Erb G. Fundamentos de Enfermería: Conceptos, procesos y práctica. 8ª ed. Pearson Educación, S.A.: Madrid; 2008.
• Silbernagl S, Lang F. Fisiopatología. Texto y Atlas. 3 ed. Ed. Médica Panamericana. Madrid. 2010.
• Günther B, Morgado E: Fisiopatología humana. Ed Mediterráneo. 2008.
• Porth CM. Fisiopatología. Salud-enfermedad: un enfoque conceptual. 7ª Ed. Médica. Panamericana. 2007.
• Hogston R., Marjoran B. Fundamentos de la práctica enfermera, México, Mc GrawHill 2008.
• Wesley K. Huszar Arritmias: interpretación y tratamiento. 4ª. Ed. Barcelona: Elsevier; 2013.
• INACSL Standards Committee (2016, December). INACSL Standards of Best Practice: SimulationSM Outcomes and objectives. Clinical Simulation in Nursing, 12(S), S13-S15.
• INACSL Standards Committee (2016, December). INACSL standards of best practice: SimulationSM Simulation design. Clinical Simulation in Nursing, 12(S), S5-S12.
• Tratado de fisología médica. Guyton y Hall. 13 edición.
• Harrison. Principios de Medicina Interna, 20 edición.
• SMELTZER SC, BORE BG, HINKLE JLM CHEEVER KH. Brunner y Suddarth. Enfermeria medicoquirúrgica.12ª ed. Wolters Kluwers;2018
• GALARRETA APERTE S, MARTÍN GRACIA C. Enferpedia. Técnicas y procedimientos de enfermería. Editorial Panamericana;2018
Normativas
• Real Decreto 1591/2009, de 16 de octubre, por el que se regulan los productos sanitarios
• Real Decreto 1662/2000, de 29 de septiembre, sobre productos sanitarios para diagnóstico in vitro
• Ministerio de Sanidad y Consumo. Instituto Nacional de la Salud. Subdirección General de Coordinación Administrativa. Catálogo de Productos de Material Sanitario. 1ª Ed., Madrid 2001.
• Circular nº 07/2004 de la Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios. Regulación de las investigaciones clínicas con productos sanitarios.
RECURSOS WEB
• Guías de Resucitación Cardiopulmonar del Consejo Europeo de Resucitación https://cprguidelines.eu/
• Lafactoriacuidando. [web en línea] Disponible desde Internet en: <https://www.lafactoriacuidando.com/>
• Servicio murciano de salud. [web en línea] Disponible desde Internet en: <https://www.murciasalud.es/bvms.php?idsec=5
Competencias xerais da materia:
1. Basear as intervencións da enfermería na evidencia científica e nos medios dispoñibles
2. Establecer unha comunicación eficaz con pacientes, familia, grupos sociais e compañeiros e fomentar a educación para a saúde
3. Basear as intervencións da enfermería na evidencia científica e nos medios dispoñibles
4. Protexer a saúde e o benestar das persoas, familia ou grupos atendidos, garantindo a súa seguridade
Competencias específicas da materia:
1. Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermería.
2. Coñecer os procesos fisiopatológicos e as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade.
3. Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado.
4. Capacidade para poñer en práctica principios de saúde e seguridade, incluídos a mobilización e manexo do paciente, primeiros auxilios básicos e procedementos de emerxencia.
Escenario 1. Normalidade adaptada.
1. DOCENCIA EXPOSITIVA: explicaranse os contidos teóricos dos distintos módulos da materia.
2. DOCENCIA INTERACTIVA:
a. SEMINARIOS: destinados ao reforzo e aplicación práctica dos contidos teóricos, mediante a participación activa do estudante, fomentando o seu pensamento crítico. Consistirán, entre outras actividades, na análise e discusión sobre temas específicos, podendo realizarse algunhas destas actividades mediante a participación en grupo.
b. LABORATORIOS: realización de prácticas en aula de simulación para a adquisición de habilidades e destrezas na atención temperá en situacións de risco vital.
Normalidade adapatada
A avaliación realizarase de forma continua e global mediante os seguintes criterios e ferramentas:
DOCENCIA TEÓRICA:
- a asistencia ás sesións expositivas é obrigatoria.
- Avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos da materia por medio de probas obxectivas.
- Terá un valor na nota final do 60%.
DOCENCIA INTERACTIVA:
SEMINARIOS: a asistencia aos seminarios é obrigatoria. Avaliarase:
- A estrutura, calidade do contido, bibliografía empregada, presentación e exposición dos traballos propostos polo docente sobre diferentes aspectos da materia
- A participación activa e actitude do alumnado.
- Os seminarios terán un valor na nota final do 20%.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO:
- A asistencia a prácticas é obrigatoria, sendo imprescindible ter o 90% de asistencia para poder superar a materia.
- É preciso realizalas actividades previas do campus virtual para acceder os laboratorios.
- Valorarase o cumprimento de horarios, asistencia, participación, coñecementos, actitude e aptitudes.
- Realizarase un exame práctico cuxo valor na nota final será do 20%.
CONSIDERACIÓNS XERAIS DA AVALIACIÓN
1.-O ensino desta titulación é de tipo presencial, sendo obrigatoria a asistencia ás clases, tanto expositivas como interactivas. En caso de falta por causa de forza maior, xustificarase debidamente. A non asistencia a clases expositivas, seminarios e prácticas, repercutirá na non superación da materia.
2.-Aplicarase exención de docencia (nos casos determinados polo centro) nas clases expositivas pero non nas interactivas.
3.-Para aprobar a materia será necesario superar tanto a docencia teórica como os seminarios e as prácticas de laboratorio.
4.-Valorarase a actitude do estudante, achegas de interese, participación, traballo en equipo, comportamento e respecto cara ao/a profesor/a e resto de compañeiros/ as, así como o cumprimento de horarios.
5.-Cando o alumno non se presente á proba final escrita considerarase non presentado.
6.-Xustificación das faltas. Para que unha falta considérese xustificada debe presentarse ao profesor/a responsable da materia (nun prazo máximo de 1 semana desde o día da ausencia) un documento que acredite debidamente a causa da falta. Cando a ausencia débase a unha actividade programada (por exemplo, unha cita médica) o estudante deberá comunicarllo con antelación suficiente ao profesor/a responsable para tratar de recuperar a falta mediante unha sesión alternativa (por exemplo, con outro grupo de seminario/laboratorio).
Con caracter xeral, realizaranse actividades de evaluación continua fomrativa como criterio de evvaluación combinada conj probas finais. O peso total da evaluación continua será dun 30% que obterase de cada una das partes (docencia teórica e interactiva)
-Estudo individual 27 horas.
-Lecturas e actividades recomendadas 24 horas.
-Traballo persoal para prácticas de simulación 19 horas.
-Total de horas de traballo persoal do estudante 70 horas.
- Seguimento diario das distintas actividades a realizar.
- Ter acceso ao Campus Virtual da materia.
- Utilizar as titorías para resolver dúbidas sobre a materia.
- Para acceder a aula virtual da materia debe introducir na Internet o seguinte enderezo: http://www.usc.es/campusvirtual - Necesita os datos de RAI (rede de aulas informáticas ). Se non posúe estes datos deberá solicitalos na aula de informática do centro. - Nas clases Interactivas, é obrigatoria a participación dos alumnos e será polo tanto necesaria a preparación previa dos contidos do programa que se desenvolverán nestes.
PLAN CONTINXENCIA
Metodoloxía da ensino
Escenario 2: Distanciamento
Haberá unha convivencia entre a docencia presencial e virtual pendente de definir as fórmulas no momento preciso.
DOCENCIA EXPOSITIVA: realizarase docencia virtual con mecanismo síncronos e asíncronos (preferentemente).
DOCENCIA INTERACTIVA:
Empregarase o campus virtual para o desenvolvemento das clases interactivas e a participación e entrega de tarefas é obrigatoria, o seguimento do alumnado será a través desta ferramenta.
Ademais, empregaranse chat e/ou foros no campus virtual ou na ferramenta TEAMS durante o desenvolvemento da materia.
- SEMINARIOS: realizarase docencia virtual con mecanismo síncronos e asíncronos (preferentemente) pendente das instrucións específicas dese momento.
- LABORATORIOS: Realizarase unha docencia presencial, pendente das instrucións do momento (cocientes alumno-profesor, espazo, distancia social, etc)
A metodoloxía empregada estará condicionada ás instrucións relativa á docencia dese momento. Do mesmo xeito, os contidos dos laboratorios poderán variar en función dos posibles escenarios e a normativa vixente nese momento. Tentarase respectar os contidos adaptando a actividades virtuais os mesmos.
Escenario 3: Pecha dás instalación
Nesta situación realizarase docencia virtual con mecanismo síncronos e asíncronos (preferentemente).
DOCENCIA EXPOSITIVA E INTERACTIVA
Empregarase o campus virtual para o desenvolvemento das clases interactivas e a participación e entrega de tarefas é obrigatoria, o seguimento do alumnado será a través desta ferramenta.
Ademais, empregaranse chat e/ou foros no campus virtual ou na ferramenta TEAMS durante o desenvolvemento da materia.
Os contidos dos laboratorios poderán varías en función dos posibles escenarios e a normativa vixente nese momento. Tentarase respectar os contidos adaptando a actividades virtuais os mesmos
Avaliación
Escenario 2: Distanciamento
DOCENCIA TEÓRICA:
- a realización das actividades relativas ás sesións expositivas é obrigatoria nas datas establecidas.
- Se avaliará o dominio dos coñecementos teóricos da materia por medio de probas obxectivas.
- Terá un valor na nota final do 60%.
DOCENCIA INTERACTIVA:
SEMINARIOS:
- A realización das actividades relativas aos seminarios é obrigatoria nas datas establecidas.
- Avaliarase:A estrutura, calidade do contido, bibliografía empregada, presentación e exposición dos traballos propostos polo docente sobre diferentes aspectos da materia
- Os seminarios terán un valor na nota final do 20%.
LABORATORIO:
- A asistencia a prácticas é obrigatoria, sendo imprescindible ter o 90% de asistencia para poder superar a materia.
- É preciso realizar as actividades previas do campus virtual para acceder aos laboratorios.
- Valorarase o cumprimento de horarios, asistencia, participación, coñecementos, actitude e aptitudes.
- Realizarase unha avaliación dos contidos cuxo valor na nota final será do 20%.
Con carácter xeral, realizaranse actividades de avaliación continua formativa como criterio de avaliación combinada con probas finais. O peso total da avaliación continua será dun 30% que se obterá de cada unha das partes (docencia teórica e interactiva).
Escenario 3. Peche das instalacións
DOCENCIA TEÓRICA:
- a realización das actividades relativas ás sesións expositivas é obrigatoria nas datas establecidas.
- Se avaliará o dominio dos coñecementos teóricos da materia por medio de probas obxectivas.
- Terá un valor na nota final do 60%.
DOCENCIA INTERACTIVA:
SEMINARIOS:
- A realización das actividades relativas aos seminarios é obrigatoria nas datas establecidas.
- Avaliarase:A estrutura, calidade do contido, bibliografía empregada, presentación e exposición dos traballos propostos polo docente sobre diferentes aspectos da materia
- Os seminarios terán un valor na nota final do 20%.
LABORATORIO:
- A realización das actividades relativas aos seminarios é obrigatoria nas datas establecidas.
- Valorarase os coñecementos, actitudes e aptitudes.
- Realizarase unha avaliación dos contidos cuxo valor na nota final será do 20%.
Con carácter xeral, realizaranse actividades de avaliación continua formativa como criterio de avaliación combinada con probas finais. O peso total da avaliación continua será dun 30% que se obterá de cada unha das partes (docencia teórica e interactiva).
Alba Elena Martinez Santos
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Teléfono
- 881812038
- Correo electrónico
- albaelena.martinez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Santiago Martinez Isasi
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- santiago.martinez.isasi [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 2.03 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3.01 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 2.03 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3.01 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 2.03 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3.01 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 2.03 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3.01 |
04.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
04.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
04.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
04.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
30.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
30.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
30.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
30.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |