Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Ser capaz no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada as necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
2. Planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos as persoas, familia ou grupos, orientados aos resultados en saúde avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
3. Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría.
4. Acadar un axeitado coñecemento e comprensión de:
a) Os métodos para o estudo do nivel de saúde colectiva
b) Os factores ambientais, económicos e socioculturais que lle afectan á saúde
c) Os determinantes da conduta sexa cal sexa o estado de saúde
d) Os mecanismos para promover a saúde e previr a enfermidade
e) Os diversos sistemas de coidado da saúde individual e colectiva, con énfase nos programas e servizos da comunidade
f) A aplicación do método científico ao estudo dos problemas e organizacións de saúde, en función da realidade autonómica e nacional
g) A situación sanitario-asistencial do país e a súa interrelación co desenvolvemento sociocultural e económico
5. Comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural.
6. Deseñar sistemas de coidados dirixidos as persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas.
7. Basear as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
8. Fomentar estilos de vida saudables, o autocoidado, apoiando o mantemento de conductas preventivas e terapéuticas.
9. Protexer a saúde e o benestar das persoas, familia ou grupos atendidos, garantindo a súa seguridade.
10. Establecer unha comunicación eficaz cos pacientes, familia, grupos sociais e compañeiros e fomentar a educación para a saúde.
11.Traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
12. Realizar os coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
PROGRAMA TEÓRICO
Bloque I: Epidemioloxía xeral e profilaxe das enfermidades non transmisibles
Bloque II: Prevención da enfermidade e promoción da saúde.
Bloque III: Organización sanitaria. Principios e bases da atención primaria de saúde.
Bloque IV: Programas de saúde na atención primaria
PROGRAMA DE SEMINARIOS E LABORATORIOS
A materia se complementará cun programa de seminarios e laboratorios.
A principio de curso o alumnado recibirá a relación dos temas que serán abordados especificamente cada ano baixo a forma de seminarios e laboratorios.
1- Martínez González MA. Conceptos de Salud Pública y Estrategias Preventivas. Un manual para ciencias de la salud. Elsevier. Barcelona, 2013.
2- Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. (12ª ed). Barcelona: Elsevier 2015.
3- Pineault R, Daveluy C. La planificación sanitaria. Conceptos, métodos, estrategias, 2.a ed. Barcelona: Masson, 1989.
Direccións de Internet:
-Asociación de Enfermería Comunitaria. http://www.enfermeriacomunitaria.org
-Federación de Asociaciones de Enfermería Comunitaria y de Atención Primaria
http://www.faecap.com
-www.semfyc.es/
-http://www.cdc.gov/spanish/ (Centro para el Control y la prevención de Enfermedades)
-http://www.who.int/es/ (OMS)
-www.aepap.org/previnfad
-www.papps.org
1. Aplicar o proceso de enfermería para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
2. Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, a familia e a comunidade.
3. Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, nos que as vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
4. Ser capaces de proporcionar educación para a saúde aos pais e coidadores primarios.
3. Comprender a función, actividades e actitude cooperativa que o profesional ten de desenvolver nun equipo de atención primaria de saúde.
5. Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
6. Capacidade para planificar e desenvolver actividades e coidados de promoción da saúde e prevención da enfermidade partindo da identificación e análise da influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
7. Habilidade para aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade.
8. Analizar os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde
9. Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría ao individuo, a familia e a comunidade.
10. Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
11. Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade.
Metodoloxía docente:
Combinaranse as técnicas de análise (análise de texto, resolución de casos, discusións...), desenvolvemento de habilidades (elaboración de documentos) e expresión (para comunicar as súas experiencias previas, os seus coñecementos e contribucións, partindo das preguntas que se poidan suscitar durante as sesións expositivas e interactivas).
O modo en que se desenvolverán ambos tipos de sesións (tanto as expositivas como as interactivas) virá condicionado pola situación sociosanitaria que se estea a atravesar podendo variar entre actividades exclusivamente presenciais, ata actividades exclusivamente a distancia mediante a plataforma Microsoft Teams.
Utilizaranse sempre, sexa cal sexa o contexto, distintas técnicas de ensino a distancia mediante as ferramentas proporcionadas pola plataforma Moodle do campus virtual (lección, foro de discusión, tarefas, etc.). Farase especial uso daquelas que favorecen a discusión e o traballo colaborativo.
Realizaranse titorías grupais e individualizadas tanto presenciais como telemáticas en función da situación e das necesidades do alumnado.
En calquera das situacións previsibles a puntuación total obtida pola alumna/o na primeira opción da primeira convocatoria será resultado de sumar as fraccións acadadas nos seguintes apartados:
- Avaliación continuada (ata 4 puntos ): traballo individual e en grupos, tarefas no campus virtual, participación en actividades promovidas polo Centro, etc...
- Exame final (ata 6 puntos).
A superación da materia esixirá obter unha puntuación total igual ou maior a 5 puntos e cumprir os dous requisitos seguintes:
- Asistencia (ou participación mediante medios telemáticos) a un mínimo do 80% das sesións interactivas
- Obtención dun mínimo de 2,5 puntos sobre un total de 10 na proba de coñecementos teóricos.
Horas presenciais (en caso de imposibilidade pola situación epidemiolóxica serán desenvolvidas telemáticamente): 60
Horas non presenciais (traballo autónomo): 90
Total de volume de traballo: 150 h
A preparación da materia poderá facerse fundamentalmente a partir dos apuntamentos que a alumna/o recolla durante as exposicións e sesións interactivas na aula (fisicamente ou a través do campus virtual ou da plataforma Microsoft Teams cando sexa preciso). Cando estes resulten insuficientes complementaranse con diversos materiais e documentos que o profesor lle fará chegar ao alumnado mediante o procedemento que no seu momento se determine (fundamentalmente material dispoñible no campus virtual da páxina web da USC).
O uso da bibliografía recomendada é discrecional, e a súa función primordial é servir de axuda naqueles temas nos que o alumnado precise aclaracións complementarias e permitir unha visión máis global e ampla da materia.
Os tópicos obxecto de avaliación no exame extraeranse, polo tanto, da información procedente das clases teóricas e interactivas e dos materiais complementarios aos que se fixo referencia. A inclusión dalgunha pregunta a partir doutras fontes documentais (p.e.: bibliografía recomendada, noticias de medios de comunicación, etc) deberá considerarse excepcional
Carlos Fernández González
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812277
- Correo electrónico
- carlos.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Agustin Montes Martinez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812271
- Correo electrónico
- agustin.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mónica Conde Pájaro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Maria Leonor Varela Lema
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- leonor.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
11:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
Mércores | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
21.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
21.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
21.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
21.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
22.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
22.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
22.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
22.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |