Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Enfermaría
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer as funcións fisiolóxicas dos diferentes órganos, aparellos e sistemas do corpo humano como base dos coidados xerais.
- Comprender os mecanismos de integración e como o organismo se comporta como unha unidade funcional.
Os obxectivos descritos lograranse mediante a impartición dos seguintes contidos da materia:
- MODULO1. INTRODUCIÓN.
Tema 1. Concepto de Fisioloxía. Concepto de medio interno. Homeostase e mecanismos homeostáticos. Introdución á fisioloxía celular.
Tema 2. Líquidos corporais. Composición, propiedades e funcións dos líquidos corporais.
- MÓDULO 2. SISTEMA HEMATOPOIETICO.
Tema 3. O sangue: Funcións. Composición.
Tema 4. Fisioloxía do eritrocito.
Tema 5. Hemostasia fisiolóxica.
Tema 6. Fisioloxía dos leucocitos.
Tema 7. Fisioloxía do sistema inmune.
- MÓDULO 3. SISTEMA RENAL.
Tema 8. Anatomía funcional do ril. Funcións.
Tema 9. Formación dos ouriños.
Tema 10. Mecanismos renais de de regulación.
Tema 11. Vías urinarias. Eliminación de ouriños.
- MÓDULO 4. SISTEMA CARDIOVASCULAR.
Tema 12. Xeneralidades do sistema circulatorio.
Tema 13. Corazón: Propiedades. Orixe e propagación do ritmo cardíaco.
Tema 14. Ciclo cardíaco. Cambios de presión e volume. Apertura e peche de válvulas. Ruídos cardíacos. Electrocardiograma.
Tema 15. Gasto cardíaco. Concepto, factores que o determinan, cuantificación.
Tema 16. Regulación da actividade cardíaca.
Tema 17. Circulación maior: Arterial, venosa e capilar.
Tema 18. Circulación linfática.
- MÓDULO 5. SISTEMA RESPIRATORIO.
Tema 19. Anatomía funcional do aparello respiratorio.
Tema 20. Intercambio e transporte de gases.
Tema 21. Regulación da respiración.
- MÓDULO 6. SISTEMA DIXESTIVO.
Tema 22. Salivación: secreción, composición e funcións. Mecanismos de control da súa secreción. Mastigación e deglución.
Tema 23. Motilidade gástrica. Secrecións gástricas. Regulación.
Tema 24. Motilidade do intestino delgado. Fisioloxía de: Páncreas exocrino, zume biliar e secrecións intestinais. Regulación.
Tema 25. Motilidade do intestino groso. Secrecións do intestino groso. Formación de materias fecais. Microbiota intestinal. Defecación.
Tema 26. Absorción dos nutrientes.
MÓDULO 7. SISTEMA ENDOCRINO.
Tema 27. Sistemas de control endocrino. Hormonas.
Tema 28. Hipotálamo – Hipófise.
Tema 29. Tiroide.
Tema 30. Paratiroide e metabolismo de calcio e fósforo.
Tema 31. Funcións endocrinas do páncreas.
Tema 32. Funcións da cortiza e medula renal.
Tema 33. Sistemas endocrinos vasoactivos.
MÓDULO 8. SISTEMA REPRODUTOR.
Tema 34. Estructura e funcións do sistema reprodutor.
Tema 35. Fisioloxía da fecundación, embarazo, parto e lactancia.
MÓDULO 9. SISTEMA NERVIOSO.
Tema 36. Organización xeral do sistema nervioso. SNC e SNP.
Tema 37. Fundamentos de neurofisioloxía celular. Excitación e condución.
Tema 38. Fisioloxía xeral da sinapse.
Tema 39. A glándula Pineal.
Tema 40. Arco reflexo-acción reflexa e Fisioloxía xeral dos receptores sensoriais.
Tema 41. Fisioloxía da cortiza motora e o cerebelo.
Tema 42. Sistema Nervioso Autónomo. Simpático e Parasimpático.
Bibliografía básica:
Constanzo, L S. Fisiología. Elsevier, 2018.
Fox, Stuart Ira. Fisiología Humana. McGraw-Hill, 2017.
Guyton, AC. Tratado de fisiología médica. (13ªed). Ed. Elsevier, 2016.
Guyton e Hall: Compendio de fisiología médica. (13ªed). Ed. Elsevier, 2016.
Silverthorn. Fisiología humana: un enfoque integrado. Médica panamericana, 2014.
Bibliografía complementaria:
Berne R. e Levy M. Fisiología. (7ªed). Ed. Elsevier, 2018.
Best – Taylor. Bases fisiológicas de la práctica médica. Ed. Panamericana, 2010.
Boron, Walter F. Fisiología Médica. Elsevier, 2017.
Dubin, D. Dubin: Interpretación de ECG. (6ª ed.). Covee, 2011.
Netter. Fundamentos de Fisiología. (1ªed). Ed. Elsevier,2011.
Thibodeau GA, Patton KT. Anatomía y Fisiología. 6ª ed. Barcelona: Elsevier-Mosby; 2007
Tresguerres, S. A. F. Fisiología humana (4ªed). Ed. Interamericana 2010.
Tortora, J.; Grabowski. Principios de anatomía y fisiología. (13ed). Ed. Panamericana, 2013.
*Garantirase a accesibilidade aos materiais que constitúan a bibliografía básica e complementaria de acordo ás condicións de cada escenario de docencia.
**A equipa docente proporcionará materiais complementarios/de apoio ao estudantado coa vontade de mellorar o acceso aos mesmos segundo o escenario de docencia o requira.
- RECURSOS WEB:
Universidade de Santiago de Compostela (catálogo bibliográfico, revistas electrónicas e libros electrónicos). http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/
Mapas del cuerpo humano 3D. http://www.healthline.com/human-body-maps/
Webfisio. http://www.webfisio.es/.
Segundo a orde ministerial CIN 2134/2008, que regula as titulacións universitarias que habilitan a profesionais para o exercicio da Enfermaría.
Plantéxase a adquisición das seguintes competencias, recollidas na memoria do Título do grao en Enfermería da USC (2ªEd.) e tendo en conta como se priorizan no Libro Branco da ANECA.
Básicas
CB2: que o estudantado saiba aplicar os coñecementos ao seu traballo dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse mediante a defensa e elaboración de argumentos e a resolución de problemas dentro dunha área de estudo.
Xerais
CG1: ser quen, no eido da Enfermería, de prestar una atención sanitaria técnica e profesional axeitada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, dacordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos do momento e con niveis de calidade e seguridade que se establecen en normas legais e deontolóxicas aplicabeis.
CG3: coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da Enfermería.
CG17: realizar os coidados de Enfermería baseándose na atención integral á saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración de procesos e a conitunidade asistencial.
Transversais
CT01: capacidade de análise e síntese.
CT02: capacidade de organización e planificación.
CT05: resolución de problemas aplicando o pensamento crítico.
CT08: traballo en equipa, multidisciplinar e multilingüe.
Específicas
CE01: coñecer e identificar a estructura e funcionamento do corpo humano. Comprender as bases moleculares e fisiolóxicas das células e os tecidos.
2. RESULTADOS DA APRENDIZAXE:
(Alén dos resultados estritamente relacionados coas competencias que se procuran trasmitir no desenvolvemento desta materia).
1) Coñece e aplica ciencias naturais e da vida.
2) Recoñece e utiliza con propiedade a terminoloxía de uso común relativa á estrutura e función do corpo humano de aplicación non seu campo profesional, a nivel de órgano, sistemas e aparellos.
3) Utiliza de xeito coherente vos coñecementos adquiridos sobre a función dous diferentes órganos e sistemas, así como vos mecanismos de regulación e control correspondentes.
4) Utiliza as bases morfolóxicas e funcionais para realizar unha exploración enfermeira eficaz.
A materia desenvolverase a través dos seguintes métodos e técnicas xerais, que se aplicarán diferencialmente segundo as características propias da materia.
Escenario 1: normalidade adaptada
- Docencia expositiva: o profesorado exporá e explicará ao estudantado os contidos principais da materia, fomentando a participación, o debate e a opinión crítica do estudantado na aula.
- Docencia interactiva: seminarios que consistirán na realización de traballos escritos en grupo e a súa posterior exposición oral por parte de todo o estudantado. Ademais plantexarase o debate sobre os contidos tratados na materia. Desenvolveranse análise e resolución de casos/supostos prácticos, así coma simulacións ou actividades performativas que integren a aprendizaxe dos contidos da materia.
-Titorías: o estudantado poderá solicitar titorías, de xeito individual, de acordo ao horario planificado para tal cometido na presente programación docente, de maneira presencial.
A información relativa aos escenarios 2 e 3 figura en "observacións".
A avaliación será realizada de forma global e continua, de acordo ao que se sinala a continuación:
Escenario 1
- Docencia expositiva: Asistencia obrigatoria ás aulas teóricas e realización dunha proba escrita onde se valorarán os coñecementos adquiridos en todas as actividades desenvolvidas polo estudantado. Representa el 60% da nota final. A proba desenvolverase de xeito presencial.
- Docencia interactiva (seminarios):
Representa o 40% da nota final da materia. Consistirá na realización de traballos en grupo. Realizarase unha avaliación en base a criterios que o alumnado coñecerá ao inicio dos seminarios. No caso de realizar supostos prácticos, simulacións, etc... estes representarán a metade da calificación final da docencia interactiva, valorando o traballo individual de xeito que se fará unha avaliación continuada de cada estudiante, na que se recollerán ítems de valoración das competencias seguintes: CB2, CG3, CG17, CT01, CT02, CT05, CT08 e CE01.
A información relativa aos escenarios 2 e 3 figura en "observacións".
Consideracións xerais do sistema de avaliación:
A asistencia é obrigatoria. O estudantado que non supere a parte interactiva da materia, non poderá superar a materia no presente curso académico. Non se admitirán novos traballos ou exposicións para a edición de xuño/xullo.
Valoración continuada da actitude do estudantado, interese, participación, capacidade de traballo en equipa, cumprimento dos horarios establecidos, o bo comportamento e respecto á equipa docente, así coma á totalidade de resto de estudantes.
A falta de asistencia non xustificada, tanto na docencia expositiva coma na interactiva, traducirase na non superación da materia. En caso de falta por causa maior, deberá ser debidamente xustificada. É preciso entregar ao profesor ou á profesora responsábel da materia un documento que acredite a falta á maior brevidade posíbel.
Para superar a materia será preciso ter superada tanto a docencia interactiva coma a expositiva.
Para superar a docencia expositiva é preciso obter unha nota mínima de cinco na primeira ou na segunda oportunidade.
Cabe a posibilidade de realizar unha proba escrita ao remate do primeiro semestre. De realizarse, quen a supere non se terá que examinar deses contidos na primeira oportunidade. Quen non supere esta proba, na primeira oportunidade examinarase dos contidos do primeiro e do segundo semestre, sendo preciso acadar unha nota mínima de 5 en cada unha das probas para superar a materia.
Na segunda oportunidade a avaliación consistirá nunha proba única que se superará cunha nota mínima de 5.
O estudantado que tendo superada a parte interactiva da materia, suspendese un ou ambos exames parciais durante o curso, poderá examinarse en 2ª oportunidade na convocatoria de Xullo, manténdoselle a calificación obtida na docencia interactiva do presente curso académico.
Considerarase Non Presentado o estudantado que non realice o exame escrito.
A nota obtida na docencia interactiva manterase na avaliación de Xullo.
O estudantado con dispensa de asistencia á docencia expositiva será avaliado de acordo aos apartados correspondentes á docencia interactiva e á proba correspondente a cada parte da materia, de acordo aos mesmos criterios que o resto do estudantado.
A materia ten una carga lectiva de 9 ECTS. Cada ECTS equivale a 25 h, das cales 17 corresponden a traballo autónomo do estudantado e 8h a docencia presencial.
Horas na aula: 36 h
Horas seminarios: 43 h
Titorías: 9 h e avaliación: 2h
Horas traballo persoal do estudantado: 135 h
Seguimento diario das actividades, lecturas e resumos dos contenidos desenvolvidos coa finalidade de concretar os contidos obxecto de estudo no programa.
Establecer nexos entre os contidos teóricos das aulas expositivas e as observacións e intervencións realizadas nas aulas interactivas.
Seguimento das novas e dos materiais que se faciliten ao estudantado, coa vontade de facilitar e coñecer os diferentes escenarios docentes e os mecanismos precisos para o seu correcto desenvolvemento.
Facer uso do Campus Virtual da materia para o desenvolvemento das actividades programadas pola equipa docente, así como vía de comunicación de preferencia cara ao profesorado.
Utilizar as titorías, ben de xeito presencial, ben de xeito virtual a través de ferramenta Microsoft Teams e a través do foro de titorías que se habilite no campus virtual cando o escenario docente dificulte o desenvolvemento das mesmas.
Plan de continxencia.
ESCENARIO 2. Distanciamento.
Metodoloxía
- Docencia expositiva: o profesorado exporá e explicará ao estudantado os contidos principais da materia, fomentando a participación, o debate e a opinión crítica do estudantado, tanto na aula coma por vía telemática, segundo o requiran as condicións sanitarias. (Síncrona presencial con quendas alternas na aula ou síncrona virtual. Ferramentas de uso telemático: MS Teams e Campus Virtual.).
- Docencia interactiva: seminarios que consistirán na realización de traballos escritos en grupo e a súa posterior exposición oral por parte de todo o estudantado, ademáis plantexarase o debate sobre os contidos tratados na materia.
Modalidade síncrona presencial con quendas alternas na aula ou síncrona virtual, realizando as pptx e o debate de xeito telemático. Desenvolveranse análise resolución de casos/supostos prácticos así coma simulacións ou actividades performativas que integren a aprendizaxe dos contidos da materia.
Cando non sexa posíbel a presencialidade, as actividades de docencia interactiva desenvolveranse utilizando as ferramentas insitucionais: Ms Forms, MS Teams e Campus Virtual.
-Titorías: o estudantado poderá solicitar titorías, preferentemente de maneira telemática, que se desenvolverán facendo uso das pertinentes plataformas institucionais. Ademais poderá habilitarase un Foro de titoría pública no Campus Virtual da USC para facilitar a resolución de dúbidas do estudantado de xeito colaborativo.
Sistema de avaliación.
- Docencia expositiva: Asistencia obrigatoria ás aulas teóricas e realización dunha proba escrita onde se valorarán os coñecementos adquiridos en todas as actividades desenvolvidas polo estudantado. Representa el 60% da nota final.
A proba desenvolverase de xeito presencial, salvo que o escenario de docencia obrigase a desenvolvelas de xeito telemático, facendo uso do Campus Virtual ou da plataforma MS Teams.
- Docencia interactiva (seminarios): Representa o 40% da nota. Realizarase una avaliación do contido, estrutura e exposición do traballo grupal realizado. Poderase realizar análise e resolución de casos prácticos que representarán a metade da calificación final da docencia interactiva, tendo en conta o traballo individual nas actividades propostas pola equipa docente (resolución de casos, simulacións…), de maneira que se fará unha avaliación continuada de cada estudante, na que se recollerán ítems de valoración das competencias seguintes: CB2, CG3, CG17, CT01, CT02, CT05, CT08 e CE01.
Estas porcentaxes manteranse tanto na modalidade síncrona presencial coma na síncrona telemática.
ESCENARIO 3. Peche das instalacións
Metodoloxía.
Escenario 3: peche das instalacións
- Docencia expositiva: a equipa docente exporá e explicará ao estudantado os contidos principais da materia, fomentando a participación, o debate e a opinión crítica do estudantado de maneira telemática. Farase uso da ferramenta institucional MS Teams e do Campus Virtual. Modalidade síncrona virtual.
- Docencia interactiva: seminarios que consistirán na realización da traballos escritos en grupo e a súa posterior exposición oral por parte de todo o estudantado, ademáis plantexarase o debate sobre os contidos tratados na materia. Farase uso da plataforma MS Teams para a elaboración e a exposición de maneira telemática. Proporanse actividades de análise de casos, que integren os contidos teóricos que se van acadando. Modalidade síncrona virtual.
Con vontade de potenciar a aprendizaxe atónoma do estudantado, proporanse actividades de autoavaliación, facendo uso das diferentes opcións que facilita o Campus Virtual da USC.
-Titorías: o estudantado poderá solicitar titorías telemáticas, que se desenvolverán facendo uso da plataforma MS Teams. Ademais poderá habilitarase un Foro de titoría pública no Campus Virtual da USC para facilitar a resolución de dúbidas do estudantado de xeito colaborativo.
***En calquera dos posibles escenarios, o horario da materia manterase invariábel.
Sistema de avaliación.
Escenario 3
- Docencia expositiva: Asistencia obrigatoria ás aulas teóricas e realización dunha proba escrita onde se valorarán os coñecementos adquiridos en todas as actividades desenvolvidas polo estudantado. Representa el 60% da nota final.
A proba desenvolverase de xeito telemático, na modalidade síncrona, facendo uso do cuestionario do Campus Virtual da USC.
- Docencia interactiva (seminarios): Representa o 40% da nota. Realizarase una avaliación do contido, estrutura e exposición do traballo grupal realizado. Poderase realizar análise e resolución de casos prácticos que representarán a metade da calificación final da docencia interactiva, tendo en conta o traballo individual nas actividades propostas pola equipa docente (resolución de casos, simulacións…), de maneira que se fará unha avaliación continuada de cada estudante, na que se recollerán ítems de valoración das competencias seguintes: CB2, CG3, CG17, CT01, CT02, CT05, CT08 e CE01.
Carlos Rodríguez Abad
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- carlosrodriguez.abad [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Ainara Diaz Geada
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- ainara.geada [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Alba Elena Martinez Santos
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Teléfono
- 881812038
- Correo electrónico
- albaelena.martinez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2.01 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 2.03 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2.01 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 2.03 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2.01 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 2.03 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 2.01 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 2.03 |
24.05.2021 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
24.05.2021 09:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
24.05.2021 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
24.05.2021 09:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
05.07.2021 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.01 |
05.07.2021 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.01 |
05.07.2021 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |
05.07.2021 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.02 |
05.07.2021 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.03 |
05.07.2021 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.03 |
05.07.2021 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3.01 |
05.07.2021 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3.01 |